Programación club pequeamigos marzo abril e maio 2014 (1)

186 views

Published on

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA REDEMUSEÍSTICA -RESPONSABLE ENCARNA LAGO XERENTE DA REDEMUSEISTICA, TAMARA BERMUDEZ, RAQUEL GUERRERO, MARIA LOSADA, LUCIA DEQUIDT, XOSE MANUEL MENDOZA, PAULA SALINAS , FRANCISCA ABUIN, ANA FERRO , JESUS FERNANDEZ, TAR , SILVIA FIALLEGA, ANGELES MIGUELEZ, AMELIA PERNAS.

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
186
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Programación club pequeamigos marzo abril e maio 2014 (1)

  1. 1. PROGRAMACIÓN REDE MUSEÍSTICA CLUBE PEQUEAMIGOS
  2. 2. COORDINACIÓN : Encarna Lago González Xerente Rede Museística xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org 982242112
  3. 3. Un museo é un espazo onde nos reflectimos nós mesmo e a Rede Museística Provincial de Lugo trata de facelo a través dos seus contidos e das súas experiencias pedagóxicas proxectándoas aos distintos colectivos da sociedade. A programación que presenta vai dirixida ao Clube Pequeamigos da Rede e foi deseñada coma unha proposta conformada por diversos obradoiros, cos que se pretende un achegamento das nenas e nenos aos catro museos da Rede e ás súas coleccións. Queremos que as xeracións do futuro aprendan, respecten e coñezan o noso patrimonio, como medio e como ferramenta para a súa formación, así como para o conxunto da sociedade. É dicir, museos onde a historia convértese en experiencias didácticas, vivenciais e lúdicas, un museo de historias por descubrir e compartir. A programación é trimestral para os meses de marzo, abril e maio e os Obradoiros foron elaborados para dar resposta aos seguintes principios: • SIMPLICIDADE. Un valor que define as actividades seguindo a filosofía de obter satisfacción persoal ao realizar algo por un mesmo. • PARTICIPACIÓN. Fomento das actitudes proactivas que estimulan a creatividade individual e colectiva. • COLABORACIÓN. Propostas colaborativas que fomentan o traballo en equipo. • DEDUCIÓN. Dinámicas que nos permitan aprender da nosa propia experiencia • DIVERSIÓN. O xogo como instrumento clave para o desenvolvemento integral. • EMOCIÓN. A importancia da emoción e o abraio na arte de medrar. • COÑECEMENTO. Todas as actividades propostas neste programa potencian novas capacidades cognitivas: o Aprender a coñecer o Aprender a ser o Aprender a vivir xuntos o Aprender a facer Impartidos por: Encarna Lago (Xerente Rede Museística), Raquel Guerrero, Lucía Dequit, María Montenegro, Paula Salinas, José Manuel Mendoza, Alba Gorgoso, Nieves Neira, Cristina Sánchez, Francisca Abuín, Ana Ferro, Jesús González, Tar López, Silvia Fiallega, Juan Ignacio Márquez Barros, Ángeles Miguélez e Amelia Pernas
  4. 4. Museo Provincial de Lugo MARTES DE CREATIVIDADE Marzo: 11, 18 e 25 Abril: 1, 8, 22 e 29 Maio: 6, 13, 20 e 27 Prazas: 20 MULLER E ARTE. MARUJA MALLO Obxectivo: Repasar a fascinante vida de Maruja Mallo e a súa primeira etapa artística. Analizar a obra “Guía Postal de Lugo” e realizar a nosa propia postal da cidade. Idade: 4 a 8 anos. Data: Martes. Horario: 18:00 h a 19:30 h. RELOXOS DE SOL Obxectivo: Coñecer a orixe e historia do reloxo solar e descubrir o seu funcionamento. Idade: 4 a 8 anos. Data: Martes. Horario: 18:00 h a 19:30 h. O MUSEO EN TRES DIMENSIÓNS Obxectivo: Coñecer as obras do Museo a través dunha perspectiva diferente e descubrir o funcionamento das gafas anaglíficas. Idade: 4 a 8 anos. Data: Martes. Horario: 18:00 h a 19:30 h. FACEMOS A NOSA PROPIA FALTRIQUEIRA Obxectivo: Coñecer as costumes da nosa cultura e aprender a traballar coa tea e o fío. Idade: 4 a 8 anos. Data: Martes. Horario: 18:00 h a 19:30 h. ABANOS. VISITA A COLECCIÓN DE ABANOS DO MUSEO E ELABORACIÓN DUN PROPIO Obxectivo: Coñecer a historia do abano e os diferentes tipos desenvolvendo a creatividade.
  5. 5. Idade: 4 a 8 anos. Data: Martes. Horario: 18:00 h a 19:30 h. INICIACIÓN Á ESCULTURA. Obxectivo: Analizar algunhas das esculturas da colección do Museo e facer a nosa propia Idade: 4 a 8 anos. Data: Martes. Horario: 18:00 h a 19:30 h. XOVES DE CREATIVIDADE Marzo: 6, 13, 20 e 27. Abril: 3, 10 e 24. Maio: 8, 15 e 29. Dous horarios segundo a idade: -De 12 a 14 anos. Horario: De 17:15 a 18:15 horas. -De 9 a 11 anos. Horario: De 18:30 a 19:30 horas. Prazas: 10 / grupo. TIC-TAC NOVAS TECNOLOXÍAS Achegarémonos ao mundo das novas tecnoloxías cun programa eminentemente práctico: animación, blogs, páxinas web, aplicacións para móbiles e programas de radio serán algúns dos aspectos sobre os que traballaremos e aprenderemos de maneira divertida. SABADOS E DOMINGOS DE VIAXE POLO MUSEO 1ª RUTA: ARTES DECORATIVAS Faldriqueiras Reloxos Acibeches Abanos Ourivería Útiles de fumador Entroido (1 e 2 de Marzo) MARZO Sábados: 1, 8, 15, 22 e 29 De 4 a 8 anos Domingo: 2, 9, 16, 23 e 30
  6. 6. Idade: 9 a 14 anos Horario: De 12:00 a 13:30 Prazas: 25 2ª RUTA: BELAS ARTES Cor e texturas Composición Temas Técnicas Interpretación ABRIL Sábados: 5, 12 e 26. De 4 a 8 anos. Domingos: 6, 13 e 27. Idade: 9 a 14 anos. Horario: De 12 a 13:30 h. Prazas: 25 3ª RUTA: ARQUEOLOXÍA Vivendas Comidas e bebidas Vestimenta Armas Ritos e costumes Vida cotiá MAIO Sábados: 3, 10, 24 e 31. De 4 a 8 anos. Domingos: 4, 11 e 25. De 9 a 14 anos. Horario: De 12 a 13:30 h. Prazas: 25 INSCRICIÓNS O prazo de inscrición estará aberto do (martes 11 ao venres 21 de febreiro), no horario de 9:00 a 14: 30h pola semana, sábados de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h e domingos de 11:00 a 14:00 h. Na matrícula poderase marcar varias opcións. A reserva de praza realizarase por estrito orde de inscrición, sendo obrigatoria a sinatura e presentación das mesmas no departamento de didáctica do Museo Provincial de Lugo .
  7. 7. Museo Fortaleza San Paio de Narla ÁRBORE XENEALÓXICO. HERÁLDICA PERSOAL. Obxectivo: Ensinar á nenas e nenos a historia dos seus apelidos a través dos seus antepasados. Aprender a esquematizar ideas nunha estrutura dunha árbore xenealóxica. Idade: 4 a 12 anos. Data: Maio. O PASO DO TEMPO NO SEÑORIO DE SAN PAIO DE NARLA. Obxectivo: Afondar na realidade do tempo, é dicir como flúe e pasa. Reflexionar sobre o paso do tempo na sociedade. Idade: 4 a 12 anos. Data: Febreiro. ARMADURA Obxectivo: Dar a coñecer ás nenas e nenos o mundo bélico na idade media e o tipo de vestimenta para poder loitar e gozar. Idade: 4 a 12 años. Data: Marzo. BARGUEÑOS – ENCAIXANDO A CREATIVIDADE Obxectivo: Descubrir unha peza do patrimonio moble. Entender o seu significado dentro dun contexto. Analizar o concepto de continente e contido. Idade: 4 a 12 anos. Data: Maio. OLLANDO A CULTURA – PRISMÁTICOS Obxectivo: Analizar a funcionalidade dunha peza que cobra vida fora de exposicións. Aprender a afondar nos diferentes tipos de visión. Teorizar entre o que o ollo ve, percibe e descubre. Idade: 4 a 12 anos. Data: Maio. POTE DE COCIÑA Obxectivo: Reivindicar a importancia dunha peza clave na economía galega doméstica. Diferenciar os estilos de cocción antigos cos actuais. Comparar o material tradicional co moderno. Idade: 4 a 12 anos. Data: Abril. DE UN GREMIO MEDIEVAL A UN GREMIO ACTUAL.
  8. 8. Obxectivo: Aprender a organizar en estruturas sociais. Descubrir o traballo en cadea e en equipo. Aprender a desenvolver con entorno e incentivar e desenvolver calidades e destrezas manuais. Idade: 4 a 12 anos. Data: Abril. LUPERCALIAS ROMANAS Obxectivo: Investigar a festividade de San Valentín en familia. Idade: 4 a 12 anos. Data: Febreiro. OS SABERES DA COCIÑA: A COCIÑA CREATIVA Obxectivo: Visitar a cociña para ver a transformación que esta dependencia sufriu ao longo do tempo. Comparar as vellas cociñas e as actuais, pasando pola de leña, de gas ata a vitrocerámica. Idade: 4 a 12 anos. Data: Marzo. INSCRICIÓNS O prazo de inscrición estará aberto do (martes 11 ao venres 21 de febreiro), no horario de 9:00 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h. pola semana, sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 h. Na matrícula poderase marcar varias opcións. A reserva de praza realizarase por estrito orde de inscrición, sendo obrigatorio a sinatura e presentación das mesmas no departamento de didáctica do Museo Fortaleza San Paio de Narla.
  9. 9. Museo Pazo de Tor AS LUPERCALIAS ROMANAS Obxectivo: Coñeceremos as orixes da festa de S. Valentín e celebraremos esta data dedicada á amizade e ao amor creando mensaxes. Idades: de 4 a 14 anos. Data: 15 de febreiro. Horario: de 12 a 13:30 h. OS MECOS DE ENTROIDO: OS COMPADRES E AS COMADRES. XOGAMOS COS ROLES DE XÉNERO Obxectivo: Usaremos as figuras dos Compadres e das Comadres, tradicionais do Entroido de Lemos, para traballar os roles de xénero. Idades: de 4 a 14 anos. Data: 22 de febreiro. Horario: de 12 a 13:30 h. CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA ÁRBORE Obxectivo: Coincidindo coa entrada da primavera no noso hemisferio, o 21 de marzo, celébrase o Día Forestal Mundial, para recordarnos a importancia das árbores para o noso ecosistema e para a vida humana. Plantaremos unha árbore para lembrar a importancia de respectar a natureza. Idades: actividade familiar. Data: 22 de marzo. Horario: de 12 a 13:30 h. FERRADO, FANEGA, CAÑADO, REAL… ¿CÓMO VAS PAGAR O FORO? Obxectivo: Tratar de entender a importancia que tiveron na vida fidalga e campesiña, e como usaban as diferentes medidas para as súas transaccións comerciais. Idades: Todas a idades. Data: 12 de abril. Horario: de 12 a 13:30 h. A LÁ EN TOR: DA RAPA Ó TECIDO Obxectivo: Levar a cabo o proceso de conversión da lá en tecido, desde a rapa ata o urdido. Idades: Todas a idades. Data: 24 de maio. Horario: de 12 a 13:30
  10. 10. COCENDO A HISTORIA: DA CASTAÑA Ó MILLO. COCEMOS PAN DE CASTAÑAS, CENTEO, MILLO E TRIGO Obxectivo: Analizar as diferentes evolucións dos cereais e froitos secos para facer o pan ao longo da historia Idades: Todas as idades. Data: 26 de abril. Horario: de 12 a 13:30 h. OS SABERES DA COCIÑA : OBRADOIRO DE COCIÑA CREATIVA Obxectivo: Construír unha maqueta dunha cociña para que en familia as rapazas e rapaces se co-responsabilicen das tarefas domésticas e se acheguen á cultura culinaria a través dos obxectos e das prácticas cotiás, comparando a cociña tradicional coas cociñas de hoxe en día. Idades: de 4 a 14 anos. Data: 17 de maio. Horario: de 12 a 13:30 h. XOGO DE PERSONAXES: REDE DE HISTORIAS, XOGO DE ROL: CRIADOS E SEÑORES Obxectivo: Encarnar as diferentes personaxes que podían vivir nun pazo, e procuraremos reflectir as diferenzas sociais existentes entre os señores e os seus serventes na súa vida cotiá. Idades: de 4 a 14 anos. Data: 3 de maio. Horario: de 12 a 13:30 h. Prazas: 25 INSCRICIÓNS O prazo de inscrición estará aberto do (martes 11 ao venres 21 de febreiro), no horario de 11:00 a 14:00 h e 16:00 a 18:00 pola semana, sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 h. Na matrícula poderase marcar varias opcións. A reserva de praza realizarase por estrito orde de inscrición, sendo obrigatorio a sinatura e presentación das mesmas no departamento de didáctica do Museo Pazo de Tor.
  11. 11. Museo Provincial do mar PESCUDANDO E CREANDO Obxectivo: Investigar a tradición do Entroido na Mariña, facer un disfrace, e ser membros dun grupo no que colaborar uns con outros Data: 22 de febreiro. A MULLER MARIÑEIRA NO MUSEO Obxectivo: Coñecer a dureza da vida da muller mariñeira.Aprenderemos a ser membros dunha sociedade igualitaria e a vivir todas as persoas xuntas colaborando na procura dun mundo mellor. Data: 8 de marzo. OS SABERES DA COCIÑA: DO LUME Á VITRO PASANDO POLA LAREIRA Obxectivo: Analizar a importancia do descubrimento do lume para o desenvolvemento do home, e a evolución da forma e das técnicas de cociñar, ademais aprenderemos a facer maquetas de cociñas de ferro, vitrocerámicas ou lareiras. Data: 22 de marzo. COCIÑA CREATIVA, COCIÑA DIVERTIDA Obxectivo: Investigar que e como comían os mariñeiros, facer sinxelos pratos divertidos compartindo os materiais dispoñibles e colaborando uns cos outros. Idades: 4 a 14 anos. Data: 5 de abril. ESCOITANDO Ó MUSEO Obxectivo: Apreciar todos os sentidos e recoñecer sons que identificar con pezas do Museo, vivindo xuntas e xuntos esta experiencia e colaborando na procura das pezas. Data: 26 Abril. UN MAR DE LIBROS Obxectivo: Transformarse en lectores e apreciar as sensacións que invade a nosa mentes a través das mensaxes que nos transmite a palabra escrita e elaborar un marcador de páxinas para os nosos libros. Data: 17 de maio. OS CASTREXOS NO MUSEO. Obxectivo: Coñecer a cultura castrexa usando os castros da Mariña. Idades: 4 a 14 anos. Data: 31 de maio.
  12. 12. Horario: 11:30 a 13:00 h Prazas: 25 Actividades Complementarias da Exposición : A Arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0 “Olladas de Mulleres Guía Postal de Maruja Mallo (Dentro do marco do festival estatal MIRADA DE MULLERES). BAILAMOS UN CADRO? Obxectivo: Obradoiro de danza para nenas e nenos baseado en obras pictóricas. Estamos acostumados a mirar os cadros. E non poñemos en dúbida que este sexa o punto inicial de partida de calquera viaxe que facemos por un museo. Pero tamén pensamos que é posible ir máis alá. Que tamén podemos continuar mirando e tecendo a historia e historias dos cadros con outros sentidos. É posible bailar un cadro? Pensamos que si. Nesta ocasión, o punto de partida da nosa viaxe é a obra Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo. Formas, cores, trazos, composición... como se traduce isto no noso corpo e no espazo que nos rodea? Este será o punto de inicio; a nosa primeira investigación. A partir de aquí, construiremos atmosferas correspondentes a cada postal da Guía Postal de Lugo, mesturando o mundo de Maruja Mallo cos recordos da nosa vida ao recorrer eses lugares coñecidos por nós. Deste xeito, faremos dialogar a ollada artística e a ollada cotiá e veremos como se interrelacionan. Cada nena e neno observará, elixirá, completará e inventará cada rectángulo, cada postal, dándolle unhas cualidades concretas que converteremos en movemento a través de distintas propostas de danza-teatro. Para iso, delimitaremos o chan con diferentes rectángulos, correspondentes ao formato postal, espazos baleiros que delimitarán mundos imaxinarios rexidos por distintos movementos. Viaxaremos entre eses espazos, observando as nosas sensacións en cada un deles. Que di esa postal que viaxa? Que obstáculos encontra? Que tesouros atopa? Contaremos todo isto a través do corpo. Deste xeito, descubriremos unha forma lúdica de relacionarnos coa arte, con nós mesmos e cos espazos que habitamos. Aprenderemos que hai máis ollos cos que mirar e novas posibilidades de interpretar e de facer nosas as historias que nos contan os cadros. Datas: 15 e 22 de marzo Idades: 9 a 13 anos Prazas: 25
  13. 13. PEQUE OLLADAS DA GUÍA POSTAL DE MARUJA MALLO Obxectivo: Cada museo está enclavado nunha zona da Provincia, e terá que buscar varios elementos que identifiquen a comarca; no caso do Museo do Mar por exemplo as Catedrais, a festa da Maruxaina, San Martiño, Sargadelos, a pesca, o marisco, etc.. A cada participante daráselle un deses elementos que terá que plasmalo graficamente con pintura, papel, goma eva, telas, ou calquera outro elemento, e sobre unha cartolina ou base de tamaño A3. Todas as interpretacións das nenas e nenos montaranse nun panel, e esa será a guía postal da comarca. Os catro paneis dos catro museos xuntos serán a guía da provincia ao completo. Dedicado a accesibilidade faremos unha guía interactiva, mesturando por exemplo sons, que ao tocar unha postal referente ao mar se escoite o son das olas ao romper; nun paisaxe o son da chuvia; nun bosque as follas movidas polo vento; nun campo as vacas, ou nalgunha comida o son da auga fervendo ou o son das cazarolas. Data: Marzo, Abril , Maio. Idades: 4 a 14 anos. Prazas: 25. O COTIA NA ARTE CONTEMPORANEA Obxectivo: As nenas e nenos xogarán a ser comisarios exposición e críticas/os de arte: son muller artista r son home artista. Realizaremos un programa de radio como actividade complementaria. Data: Marzo , Abril e Maio. Idades: 4 a 14 . Prazas: 25 Actividade Común aos catro museos da Rede O PASO DO TEMPO NA REDE MUSEÍSTICA Obxectivo: Afondar na realidade do tempo, é dicir, como flúe e pasa. Reflexionar sobre o paso do tempo na sociedade. Realizaremos o obradoiro baseándonos nas pezas que temos nos museos: os reloxos. Estudaremos a historia do reloxo ao longo do tempo e ao final converterémonos en reloxos mediante un disfrace de reloxo que elaboraremos.
  14. 14. Data: Marzo, Abril , Maio. Idade: 4 a 12 anos.

×