Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Memoria prácticas Máster Servizos Culturais

998 views

Published on

MEMORIA PRÁCTICAS RUTH NUÑEZ ARES ALUMNA MASTER SERVIZOS CULTURAIS TITORA ENCARNA LAGO

Published in: Education
  • Be the first to comment

Memoria prácticas Máster Servizos Culturais

  1. 1. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares Introdución As prácticas do Máster en Servizos Culturais foron realizadas naRede Museística Provincial de Lugo e en concreto no Museo Provincial do Mar,o Pazo de Tor e o Museo Etnográfico San Paio de Narla.As prácticas foron coordinadas pola xerente da Rede Museística Dona EncarnaLago, responsable das tutorías previas de carácter teórico, a presentación dostres museos e a supervisión do programa de actividades proposto á entidade.As prácticas ofertadas polo Museo baseáronse no funcionamento da xestióncultural, neste caso, na coordinación dunha Rede de pequenos Museos.O programa de prácticas comezou cunhas sesións teóricas nas que acoordinadora expúxonos os dous pilares básicos sobre os que se sustenta o bofuncionamento dun museo: unha boa xestión cultural e a importante 1
  2. 2. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Aresaccesibilidade para todo tipo de públicos. Neste caso trátase dunha Rede quecoordina a tres museos de pequeno tamaño e poucos recursos que superancalquera tipo de limitación para abrirse á sociedade achegando un amploabanico de actividades culturais tanto para os habitantes da localidade na quese atopan como para persoas de calquera outro lugar.Por iso as prácticas realizadas foron moi interesantes xa que no seu percorridoaprendemos de forma teórica como é a xestión cultural, comprobámolo cosnosos propios ollos ao asistir a unha actividade en cada Museo e vivímolo nanosa propia pel ao deseñar un programa de actividades que finalmentepuxemos en práctica. 2
  3. 3. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez AresMUSEO PROVINCIAL DE LUGOO Museo Provincial de Lugo constituíuse oficialmente como unha Rede no ano2006. Agrupa aos catro museos que nese momento dependían da DeputaciónProvincial de Lugo: Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio deNarla, Museo do Mar, Museo Pazo de Tor.Todos estes Museos xa eran xestionados dende o Museo Provincial dende a súacreación ou dende a súa incorporación ao ente provincial. A creación deste tipode Rede responde á necesidade de mellorar a coordinación dos catro museos epotenciar o aproveitamento dos recursos técnicos e humanos do MuseoProvincial que conta cunha longa e rica traxectoria. A actual dotación de persoale a estrutura en departamentos deste museo cada día é máis ampla e dinámica,permite xestionar unitariamente o conxunto da rede para que cada un dosmuseos integrados cumpra adecuadamente as súas funcións e poida presentarde cara ás respectivas comarcas e conxunto da provincia, unha completa evariada oferta cultural. A concepción dunha rede afecta a todas as funcións domuseo: investigación, financiación, restauración, organización de exposicións,documentación, conservación, oferta educativa e presenza en medios.Todo isto ten importantes vantaxes e aquí non existe o inconveniente de ter quedisputarse un mesmo público xa que se atopan xeograficamente separados,aínda que todos estean na provincia de Lugo, todos contan con colecciónsdiferentes. 3
  4. 4. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez AresCALENDARIO DE PRÁCTICAS28 5 19 10 e 11 19 e 20 24XANEIRO FEBREIRO FEBREIRO AGOSTO AGOSTO AGOSTO1ª Reunión Visita Visita Obradorio Obradoiro Obradoirocon Museo do Pazo de no Museo Pazo de Museo-Encarna Mar Tor do Mar de Tor FortalezaLago San San Paio Ciprián de Narla 4
  5. 5. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares BLOQUE TEÓRICOAs prácticas comezaron cunhas sesións teóricas propostas pola coordinadoraEncarna Lago que coa súa longa traxectoria de experiencias traballando na Redeexpuxo como é o seu traballo nun Museo deste tipo. As sesións teóricascentráronse en dous bloques: A xestión cultural e a accesibilidade, segundo axestora os dous ingredientes fundamentais para o traballo na Rede. 1. A xestión cultural na Rede Museística Provincial de LugoO primeiro paso para a nova xestión do Museo Provincial foi a necesidade decambiar a imaxe negativa que moitos sectores socias teñen dos museos comodepósitos de obxectos antigos. O novo concepto de museoloxía entende osmuseos como centros de actividade vivificadora da cultura, asentados nasociedade. Había que darlle “vida” ó Museo de Lugo e para iso foi necesariaunha programación que abrise novas portas e achegara a todo tipo de público.Pode haber coleccións, poden estar perfectamente conservadas, estudadas ecustodiadas; pero se non hai unha función social, se a sociedade non traspasa afachada do edificio, o Museo falla no esencial. 5
  6. 6. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez AresSegundo a xerente “para programar era preciso escoitar as demandas sociais,non só os ditames dos especialistas nin as esixencias das elites culturais.Escoitamos a asociacións, a colectivos de artistas, a centros escolares... epuxemos en marcha unha programación co lema: Un Museo para todos, entretodos.Un esforzo que se traduciu en centos de actividades e convocatorias e napresenza dun público cada vez máis numeroso, plural e motivado poladiversidade da oferta.”Algunhas das liñas de acción nas que traballaron para a boa xestión no Museoforon: unha programación anual de actividades didácticas e obradoiros,colaboración con outras institucións culturais en proxectos común, exposiciónstemporais de produción propia cunha oferta temática variada e atractiva,organización de coloquios, congresos, xornadas e ciclos de conferencias,presentación de libros, ciclos de cinema, concertos, revista oral, colaboracióncos artistas lucenses, exposicións en concellos e centros culturais de toda aprovincia, ampla difusión da programación de actividades e das nosaspublicacións, creación dunha Rede Museística, entre outras.“Esa liña de traballo,só trazada parcialmente, permitiu programar en sete anosmáis de 2.000 actividades. Non pretendemos presentarnos como modelo dexestión a imitar; cada institución ten un camiño propio e debe atopalo; peroinsistimos na importancia de xestionar racionalmente os recursos, e de definir 6
  7. 7. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Aresobxectivos que permitan formular programacións e obter resultados positivos.É necesario crear novas infraestruturas culturais, pero tamén fortalecer as quetemos e dotalas de contidos reais. Non serven de nada os grandes contedoresculturais se non dispoñen de recursos e equipos con ideas e, sobre todo, se nonhai unha programación constante e atractiva que responda ás expectativas dasociedade que é, en definitiva, quen a vai avalar coa súa presenza.” ComentaEncarna Lago. 7
  8. 8. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 2. AccesibilidadeDentro das tarefas que o persoal e os distintos departamentos do MuseoProvincial de Lugo se propuxeron abordar nos últimos anos ocupaba un lugarprioritario o facer deste centro un museo para todos. O obxectivo máisimportante dun museo do século XXI é ser accesible.Non se trataba tanto de acuñar un slogan como de dar pasos concretos paraconverter pouco a pouco ese obxectivo nunha realidade. “Sabiamos que eranmoitas as barreiras e que tiñamos por diante. Era necesario e urxente, daquela,mellorar a accesibilidade global do museo porque eramos conscientes de quemoitas persoas (e non me estou a referir só ós colectivos de discapacitados)atopaban distintos tipos de barreiras e dificultades á hora de achegarse ó Museocomo visitantes ou usuarios dos seus diferentes servizos.” Expón a xerente.Tratouse de buscar solucións técnicas para facer un museo accesible e sobretodo entender o lado humano, os problemas reais e mesmo persoais daaccesibilidade.Formuláronse estratexias a curto, medio e longo prazo: A curto prazo xurdiuunha autoguía para lograr que as persoas con discapacidade puideran percorrer 8
  9. 9. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Areso Museo autonomamente, sen depender de ninguén. A medio prazo fixeronnunha primeira fase as rectificacións pertinentes e posibles, tendo en conta oscondicionamentos propios dun edificio histórico: incorporación e rectificaciónde ramplas , adaptación e mellora dunha das portas de acceso, colocación duntimbre na entrada principal, redacción dun proxecto arquitectónico deeliminación de barreiras a realizar nun futuro inmediato e que inclúe: accesoaxeitado pola porta principal, adaptación dos servizos hixiénicos, corrección dailuminación de determinadas salas e pezas, supresión de barreirasprogramáticas.O ano 2003, o Ano Europeo da Discapacidade, foi decisivopara sensibilizar ás distintas administracións, incluída a Deputación da quedepende o Museo. Elaborouse un programa de actividades no que colaboraroncoa rede de Museos numerosas asociación de Lugo e que deu lugar a un intensoano de actividades que tiveron lugar no Museo baixo o lema “Museos eaccesibilidade”. Estas xornadas, nas que se tocaron en profundidade moitostemas, contribuíron a xuízo dos participantes, a crear un marco de reflexión ecrítica sobre os problemas que ten cada tipo de discapacidade para a súaintegración. Cada mes estivo dedicado a un lema, unha discapacidade e unhaasociación. Houbo unha actividade constante de exposicións, conferencias,cursos e mesas redondas. 9
  10. 10. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez AresSegundo comenta a xerente “O 15 de febreiro, cando remataban as xornadas oMuseo xa tiña un timbre adaptado para uso dos discapacitados, en marzo xatiñamos unha guía en braille e no mes de xuño xa dispoñiamos de guías -intérpretes da linguaxe de signos en colaboración coas asociaciónslucenses.Cando rematou o amplo programa de actividades tomamos unhadecisión: no noso Museo non íamos programar máis actividades para... todas asactividades do Museo serían accesibles por principio e por sistema, poñendo aodispor das persoas que o precisasen as axudas técnicas e humanas que llespermitisen realizalas. Estamos a traballar niso, tamén na renovación da nosapáxina web para que sexa accesible a todos os colectivos. Avanzamos, paso apaso, porque somos conscientes de que temos obxectivos a longo prazo polosque non imos deixar de loitar, porque queremos conseguir que a integraciónsexa unha realidade e unha esixencia social. Reivindicamos que non só asadministracións senón a sociedade en xeral, se preocupe, coñeza e reflexionepara deseñar un mundo máis doado e agradable para todos. A nivel persoal,coñecín de preto ao colectivo, impúxenme unha reflexión profunda e teño, aodía de hoxe, unha implicación que vai moito máis aló do estritamenteprofesional.” No ano 2007 o día da discapacidade, o Museo provincial convocououtra xornada de traballo “Capacidades diferentes. Museos sen límites”xornada na que foi anunciada a intención de crear un novo departamento noorganigrama do museo: O Departamento de Accesibilidade e Capacidades 10
  11. 11. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Aresdiferentes. A creación do novo Departamento xa foi aprobada polo pleno daDeputación de Lugo no ano 2008. O Museo de Lugo é o primeiro Museo galegoe dos primeiros de todo Estado que conta cun Departamento deste tipo, unDepartamento que ten como obxectivo preferente prestar unha maior atención ádiversidade xa que unha institución museística debe funcionar como unmecanismo propiciador de xustiza e cohesión social. 11
  12. 12. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 3. Visita aos tres Museos da RedeA sesión teórica sobre a xestión na Rede Museística Provincial foi completadacunha visita a cada un dos museos que compoñen a rede. A xerente EncarnaLago invitounos con motivo dalgunha actividade que se ía levar a cabo en cadaun deles.A primeira visita ao Museo do Mar coincidiu cunha xornada de apoio ácurtametraxe “O Labirinto Ario” nominada aos premios Mestre Mateo e que foirodada nas estancias do Pazo de Tor. Ese día os nenos do Museo gravaban oseu programa de radio e nos fixeron unha entrevista como alumnas en prácticasdo Máster. Tamén entrevistaron ao director da curtametraxe Alfredo Pardo e aoDelegado de Cultura Antonio Veiga. Ese día asistimos á proxección dacurtametraxe producida por Chantada Films acompañada dun pequenoconcerto.A visita ao Pazo de Tor concidiu coa Viaxe ao Parnaso de Tor que fixemos encompañía de amigos, familias e nenos asiduos no Museo. Tratouse dunhaxornada moi completa na que paseamos na procura das musas, merendamos undelicioso chocolate con biscoitos e asistimos á proxección dun video homenaxea Uxío Novoneira “Un berro pola lingua”. A xornada rematou cun programa de 12
  13. 13. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Aresradio da man dos mais pequenos no que entrevistaron a veciños do Pazo e áxerente do Museo Encarna Lago.Nestas visitas aprendimos que a pesares dos escasos recursos financieiros estesMuseos están cheos de posibilidades e sobre todo sobreviven grazas ás ilusiónsda xente que acude a eles habitualmente non só coma un Museo senonsuperando os seus límites e convertendo a este nun punto de encontro social. 13
  14. 14. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares BLOQUE PRÁCTICOA miña achega á Rede Museistica Provincial tivo lugar no bloque práctico.Nesta parte e co aprendido acerca da xestión cultural o obxectivo foi ser capazde elaborar a miña propia programación de actividades para os museos da redeque finalmente ía levar a cabo na realidade. 1. Elaboración dun programa didácticoA continuación adxunto o programa deseñado titulado:“Tratando e Retratando: Taller de AvóRetratos” 14
  15. 15. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 15
  16. 16. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 16
  17. 17. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 1. Presentación O proxecto concíbese como unha experiencia que utiliza aarte nun espazo concreto, a Rede de museos de Lugo, e foi deseñado coafinalidade de facilitar e promover a comunicación, as relacións, a aprendizaxe, omovemento, a expresión, a organización e para satisfacer as necesidades físicas,emocionais, mentais, sociais e cognitivas dos participantes, neste caso nenos eavós.Con esta experiencia dedicada a nenos e avós preténdese establecer un nexo deunión entre eles a través do museo e ao mesmo tempo promover o coñecementoe acceso dun público moi diverso ás artes nas súas diversas manifestacións.A actividade plantexa unha aproximación ao retrato ao alcance do neno e o avó.Ao longo da actividade abordarase a natureza do retrato, a súa capacidade 17
  18. 18. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Aresexpresiva,e o seu contido figurativo e abstracto. Tamén analizaremos o papel doretrato na historia así como a súa presenza na nosa vida cotiá, os seus posiblessignificados e o seu carácter simbólico.Mediante unha experiencia levada a cabo en común polos nenos e os seus avóspreténdese reflexionar sobre as raíces que lles unen e os puntos que manteñenen común a pesar da diferenza de idade. É fundamental comprender ao outro,sempre dende o respecto, aínda que en ocasións resulte difícil polas diferentescircunstancias nas que creceron os avós e nas que crecen os nenos naactualidade.A elección deste grupo de destinatarios non é aleatoria xa que responde ánecesidade de que todos os nenos deberían poder gozar dos seus avós e todosos avós deberían ter netos, porque nestas dúas épocas da vida a seguridade e oafecto que nenos e avós danse son imprescindibles: os nenos revitalizan erexuvenecen aos seus avós facéndoos máis activos e felices porque volven asentirse necesarios, cando non imprescindibles e os nenos aprenden o respectoaos máis maiores. Os avós son para os nenos os xigantes pacientes,comprensibles, tolerantes e protectores que lles colman de tempo e tenrura. Confrecuencia, os avós compensan a falta de tempo, as esixencias e a disciplina dospais, que moitas veces son incapaces de dispor de tempo, tranquilidade oucoñecementos para estar, compartir, falar ou xogar cos seus fillos. A relaciónnetos-avós é sempre frutífera para ambos, porque se basea nun potente lazo 18
  19. 19. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Aresafectivo que aumenta conforme o fai o tempo de convivencia. De modo que éinteresante dedicar actividades no museo a este colectivo de idades tandiferentes. Os nenos conviven cos seus avós dunha nova forma e ao mesmotempo danos a coñecer entre os seus compañeiros. A actividade que pretendeser un medio de unión, ao mesmo tempo considera a importancia de coñecer aooutro, indagar ata o fondo na súa historia, aprender cales son as raíces dos seusavós, os seus gustos, as súas historias, as súas teimas…aprender aRETRATÁLOS. 19
  20. 20. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez AresBLOQUE 1: OS NENOS NO MUSEO 2. Recorrido a través do retrato A primeira parte do programa consiste nunha pequena introduciónao tema do RETRATO: qué é?, de qué se compón?, como foi a súa evolución nomundo da arte?...e tódalas conversas e dúbidas que o retrato poida espertar nosnenos.Obxetivos: - Entender o concepto de retrato. - Comprender a evolución do concepto na historia da arte. - Aprender a describir as características dun retrato. - Debatir sobre os posibles puntos de vista dos participantes. - Defender as propias ideas. - Reflexionar sobre o retrato no noso entorno. 20
  21. 21. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 21
  22. 22. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez AresUn retrato é unha pintura, fotografía, escultura ou representación artísticadunha persoa. Utilízase para describir tanto as calidades físicas coma da formade ser e actuar das persoas.Nos retratos predomina a cara e a súa expresión para mostrar a semellanza, apersonalidade ou o estado de ánimo da persoa. …O retrato non é unha mera reprodución mecánica dos trazos físicos dunhapersoa senón que entran en xogo a sensibilidade do artista, que interpreta ostrazos segundo o seu gusto e as características da arte do seu tempo.Normalmente, cando describimos a unha persoa, non só nos referimos ao seufísico, senón que intentamos reflectir a súa forma de ser e de actuar, e tamén oque nós pensamos desa persoa. Describir a unha persoa reflectindo os seussentimentos, os seus costumes e todo o que forma a súa personalidade é unretrato.Para facer un bo retrato e que este sexa completo hai que ter en conta:- Observar e seleccionar os trazos máis destacados da persoa,tanto físicos coma do carácter.- Non acumular demasiados trazos, só os máis característicos.- Presentar ao personaxe nun ambiente, para que cobre vida e sexa máis crible.- Elixir ben como debuxalo e utilizar recursos expresivos para dar viveza e forzaá pintura. 22
  23. 23. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 23
  24. 24. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez AresSenecio, Paul KleeOs cadros de Paul Klee destacan pola súa imaxinación que recorda á infanciaelaborando dentro dos seus cadros os seus propios mundos e paisaxes.Pinta mundos que conteñen a personaxes cheos de maxia como Senecio, oprotagonista deste cadro. Trátase dunha personaxe misteriosa na que as formase as cores, a luz e a harmonía xeran na nosa mirada unha idea sobre apersonaxe retratada. Cada un pode verse reflectido no retrato.O cadro pintado coa técnica do óleo mostra unha especie de máscara. A cabezaredonda do suxeito é unha circunferencia dividida no seu interior. Trátase dunxogo composto de liñas e figuras xeométricas. Podemos ver por exemplo ascellas: unha en forma de triángulo e a outra un arco de círculo perfecto.A metade de camiño entre humano adulto e neno, ten un título, Senecio, quealude ao nome dunha flor velenosa e ao soado filósofo Séneca. O conxuntotransfórmase nunha máscara ambigua e dramática, similar á do Arlequín. Poderecordar á temática do teatro, a representación artística do ser humano e as súasilusións. 24
  25. 25. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 25
  26. 26. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez AresA habitación de Van Gogh en ArlesEsta obra pictórica pertence a Vincent Van Gogh.Trátase dunha das moitas versións que fixo deste cadro, que representa a súahabitación na Casa Amarela en Arles.Ao longo da súa carreira Van Gogh realizou moitos autorretratos pero esteintrodúcenos na súa dimensión máis íntima e privada.Caracterízase polo uso das cores que para él tiñan significados e das formassimplificadas.Os tons claros e tenues teñen un efecto de tranquilidade no observador.O espazo da habitación ábrese ante nós, parece acollernos.Todos os obxectos, as cadeiras, a mesa, os cadros das paredes diríxense cara aointerior. Vincent representou un ambiente feliz, onde poder sentirse agusto:ordeado e armonioso.Os obxectos persoais como os cadros, o pano, a manta vermella, o xerro, dan áhabitación o aspecto dun lugar que representa o carácter de alguén que vive aí. 26
  27. 27. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 27
  28. 28. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez AresRetrato de Dora Maar, Pablo PicassoPicasso realizou numerosos retratos de familiares e amigos, entre eles atópase oda imaxe que representa a Dora Maar, unha fotógrafa que foi a moza do artista.O retrato reflexa unha figura feminina de mans afiadas, morena, elegante esofisticada. Trátase dunha obra chea de cor, liñas e formas moi sinxelas. Como écaracterístico de Picasso e o movemento que máis lle caracterizou, o cubismo,usa o dobre perfil do rostro representando unha visión simultánea do perfil e afronte da figura. A tensión da obra maniféstase no diferente uso da cor e asformas do ollo esquerdo e o dereito. Esta obra pictórica reflexa a visión quePicasso nese momento tiña da súa compañeira Doura Maar. 28
  29. 29. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 29
  30. 30. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez AresRetrato de Dora Maar, Pablo PicassoA obra pictórica de Joan Miró recolle motivos extraídos do reino da memoria eo subconsciente con gran fantasía e imaxinación, e que se achan entre as máisorixinais do século XX. Mostra unha ampla gama de cores, liñas e formasfragmentadas.A miúdo contén imaxes distorsionadas de persoas, como a da imaxe, conformas orgánicas retortas ou estrañas construcións xeométricas que conformanos seus rostros. As composicións destas obras organízanse sobre neutros fondosplanos e están pintadas cunha gama de cores brillantes, especialmente azul,vermello, amarelo, verde e negro. Nelas disponse sobre o lenzo, como de modoarbitrario, siluetas de amebas amorfas alternando con liñas bastante acentuadas,puntos, rizos ou plumas. Posteriormente, Miro produciu obras máis etéreas nasque as formas e figuras orgánicas redúcense a puntos, liñas e explosións decolorido abstractos. 30
  31. 31. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 31
  32. 32. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez AresLa criada sentada, ModiglianiAs pinturas de Modigliani son suaves e delicadas, caracterízanse pola súasimplificación, as súas liñas sinuosas, as formas planas e as proporciónsalargadas. A maior parte da súa obra intégrana retratos e estudos da figurahumana, sendo característicos destes os rostros ovalados que tan popular llefixeron.Neste cadro retrata á figura de forma frontal cun fondo escuro e frío, dun grisvioláceo que resalta a importancia das liñas da figura. As cores escuras e aactitude do rostro cobren o ambiente dunha sensación de nostalxia. A síntesedos volumes non diminúe o impacto emotivo causado pola expresión damuller, cuxos ollos, aínda estando enteiramente recubertos cunha cor escuraque fai indefinible a dirección da súa mirada, parecen perdidos naprofundidade do infinito. 32
  33. 33. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 33
  34. 34. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez AresRetrato de Paul Éluard, DalíDalí é o maior representante dun movemento artístico denominado surrealismoque podemos definir como deixarse levar polos sentimentos e pintar deixandoao carón o pensamento racional. Os surrealistas intentan plasmar por medio deformas abstractas o mundo interior do ser humano e o mundo dos soños.Neste retrato aparece Paul Éluard, un poeta amigo de Dalí que pintou nunhadas súas visitas en Cadaqués, o pobo onde residía o pintor. Esta pintado comase fose un busto escultórico e suspendido no aire sobre unha paisaxe baleira,triste e abatida. Nese espazo aparecen personaxes diminutos que realizandiferentes movementos na distancia.Ao redor de Paul Élouard ,que parece mirar fixamente cos seus grandes ollosazuis, apíñanse unha serie de cousas que se converterán nas chamadaspantasmas dalinianas: mans, insectos, fauces de león, monstros que representanos pesadelos do escritor.Trátase dun retrato psicolóxico no que Dalí conta a súa propia historia sobre apersonaxe desa forma complexa que caracteriza a súa obra. 34
  35. 35. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 3. Os retratos no museoDespois de recibir unhas nocións básicas sobre o retrato comeza a caza deretratos no museo. Recorreremos cada sala na busca de obxectos, esculturas,pinturas…ou calquera cousa ca que identifiquemos trazos físicos oupsicolóxicos dalgunha persoa. - San Paio de Narla - Museo do Mar - Pazo de TorObxectivos: - Pasear na procura de retratos. - Poñer en práctica o aprendido na introdución teórica. - Aprender a comunicarnos cos demais. - Diferenciar qué obras son retratos. - Explicar o por qué das nosas ideas. - Descubrir os segredos que esconden os obxectos e as obras de arte do museo. 35
  36. 36. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares Complemento para a primeira parte:- Taller de autoretratos: Despois do aprendido cada participante fará o seu propio autorretrato de forma completamente libre. Obxetivos: - Imaxinar unha imaxe de sí mesmos. - Exteriorizar trazos da súa personalidade. - Compartir cousas íntimas cos seus compañeiros. - Aprender a indagar nos seus gustos, aficións, estados de ánimo, carácter, formas de actuar, recordos… - Practicar diferentes técnicas artísticas: debuxo, collage, fotografía, escultura... - Aprender a aproveitar os recursos do medio no que nos atopamos. 36
  37. 37. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez AresBLOQUE 2: OS NENOS E OS AVÓS 4. Presentación da actividade práctica: TRATANDO E RETRATANDOEste bloque comeza ca presentación da actividade práctica que os nenos debencontinuar na súa casa. Partindo do aprendido na presentación sobre o retrato een compañía dos seus avós deberán recopilar información para rematalaactividade ao día seguinte no taller do museo.Cada neno deberá converterse en detective por un día e interesarse polopasado, os gustos, aficcións e forma de ser dos seus avós e recoller toda ainformación necesaria para poder facer un bo retrato deles. Os nenos podenfotografiar obxetos, anotar historias, facer debuxos, e traer ao museo todo o que 37
  38. 38. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Aresconsideren necesario para levar a cabo a actividade no taller no queconfeccionarán unha caixa-álbum que represente o seu avó.Trátase da parte máis importante do programa e o nexo de unión entre o neno eo avó a través do museo. Como obxectivo imprescindible o neno aprenderá acomunicarse tanto cos seus avós coma cos seus compañeiros no museo aopresentar aos seus seres queridos e representalos como parte moi importantedeles, da súa vida e da súa educación. Obxetivos: - Comunicar a idea do seu proxecto. - Tratar con respeto os seus avós. - Escoitar as cousas interesantes que non sabemos deles. - Compartir os nosos desexos, pensamentos e sensacións. - Aprender a tratar, coñecer, retratar e dar a coñecer aos avós. - Buscar información, fotografías, debuxos e obxetos representativos.. - Idagar nos recordos e no carácter dos avós para saber máis cousas sobre eles. 38
  39. 39. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez AresBLOQUE 3: OS NENOS NO TALLER TALLER DE AVÓRETRATOSUnha vez recollida a información cada neno será capaz de compoñer un retratoque represente o seu avó. 39
  40. 40. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 40
  41. 41. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 2. Posta en práctica do programa educativo: “Tratando e Retratando” nos Campamentos de Verán da Rede Museística Provincial de Lugo.As actividades deseñadas no programa didáctico “Tratando e Retratando”foron incluídas nos campamentos de verán da Rede Museística que se levaron acabo no Museo do Mar, O Pazo de Tor e San Paio de Narla ao longo do mes deagosto.Intentei axustarme o máximo posible á programación deseñada pero na xestióncultural ademais de ter un programa ben definido é necesario contar co factorsorpresa e saber amoldar o programa a calquera situación que poida xurdir deimprevisto. Neste caso contaba cun problema fundamental que me obrigou acambiar o sentido do programa: ao tratarse de campamentos de verán onúmero de participantes era elevado e moitos procedentes de fóra de Galiciapor motivo das vacacións de verán, polo que reunir a avós e netos no Museoera un pouco complicado. Finalmente levei a cabo a actividade só cos nenos e otraballo de explorar as vivencias dos seus avós fixérono nas súas casas. 41
  42. 42. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 1. OBRADOIRO “TRATANDO E RETRATANDO” NO MUSEO DO MAR DE SAN CIBRAOO MUSEO DO MARO Museo do Mar de San Cibrao Este debe o seu nacemento no ano 1969 a D. FranciscoM. Rivera Casás, gran coleccionista de obxectos mariños, que exerceu a súa profesión demestre desde 1934 ata 1982 en San Cibrao combinándoa con ensinanzas marítimo-pesqueiras. Dende 1994 a Asociación de Veciños “Cruz da Venta” de San Cibraoocupouse da xestión do Museo ata que, no ano 2004, a Deputación Provincial de Lugose fixo cargo da súa dirección a través do Museo Provincial de Lugo. O Museo contacon catro salas. 42
  43. 43. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 1- Achegamento ao RETRATO na Historia da ArteA primeira parte do programa, a presentación teórica, foi realizada nunha dassalas do Museo en concreto na que acolle a exposición de maquetas de barcos.Os nenos comprenderon á perfección o tema do retrato na historia da arte eforon moi participativos o expresar as súas sensacións acerca das obras de artepresentadas. 2- Autorretrato na praiaComo complemento á presentación teórica cada participante realizou unautorretrato sobre un pequeno lenzo. Como facía moi bo día decidimos levar acabo o obradoiro na Praia de San Cibrao polo que foi todo un éxito. 43
  44. 44. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 3- Albumretrato – álbum dos seus avósNa seguinte sesión dos obradoiros “Tratando e Retratando” cada participanteachegou ao museo un montón de recordos e historietas dos seus avós quecomentamos entre todos. A continuación cada un fixo un álbum retrato do seuavó no xardín do Museo. 44
  45. 45. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 2. OBRADOIRO “TRATANDO E RETRATANDO” NO PAZO DE TOR O PAZO DE TORO Pazo de Tor esta situado nunha elevación que lle serve de miradoiro sobre o val deLemos na parroquia de San Xoán de Tor, pertencente ó concello de Monforte de Lemos.As orixes do pazo están ligadas á liñaxe dos Garza no século XIV e a súa posesiónmantívose en mans dos seus descendentes directos ata a súa derradeira propietaria DonaMaría de la Paz Taboada de Andrés y Zúñiga que fixo doazón da propiedade áExcelentísima Deputación Provincial de Lugo.Cando a Deputación Provincial de Lugo recibe a doazón do pazo acomete unha serie deobras de acondicionamento e mellora do edificio, respectando escrupulosamente a súaestrutura e distribución. A un tempo desde o Museo Provincial procédese amusealización do pazo que se abre ós visitantes o día 13 de xullo do ano 2006.A visita ó Pazo de Tor non só permite coñecer de primeira man unha das máisimportantes mostras da arquitectura pacega galega, permite tamén coñecerintegramente todas as salas e dependencias do mesmo, co seu mobiliario orixinal e coascoleccións artísticas que a familia foi atesourando ó longo dos séculos, un testemuñoprivilexiado do modo de vida da nobreza na Galicia da Idade Moderna. 45
  46. 46. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 1- Achegamento ao retrato na historia da arteSeguindo a mesma dinámica que no Museo do Mar, os obradoiros no Pazo deTor comezaron cunha sesión teórica sobre o retrato dentro dunha das estanciasdo Museo. Os participantes responderon dun xeito moi activo ás explicacións eaportaron a súa propia visión acerca da arte do retrato. 2- Pintando aos seus avósA continuación e como complemento ás explicacións teóricas os nenos fixeronun retrato, neste caso dos seus propios avós. Foi unha actividade moireconfortante e divertida que fixemos no propio xardín do Pazo. 46
  47. 47. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 3- Albumretrato dos seus avósNa seguinte sesión os nenos chegaron ao Pazo cargados de historietas erecordos que contar aos seus compañeiros e todo foi representado no seupropio álbum-retrato. 47
  48. 48. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 3. OBRADOIRO “TRATANDO E RETRATANDO” EN SAN PAIO DE NARLAMUSEO- FORTALEZA SAN PAIO DE NARLAOs primeiros documentos que fan referencia á primitiva Torre de Xiá son do século XIV,aínda que con motivo das Revoltas Irmandiñas a Fortaleza vese moi afectada e no XVIten que ser reconstruída. O actual edificio está composto por elementos que abarcan doséculo XVI ó XIX, aínda que reaproveitando materiais medievais.A Fortaleza foi adquirida pola Deputación Provincial no ano 1939 e no 1983 abre assúas portas coma Museo Etnográfico e da Historia, sendo obxecto dunha última reformano ano 2003.O Museo está composto por tres corpos (Torre da Homenaxe, corpo central e torreón) eunha capela exterior. 48
  49. 49. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares 1- Achegamento ao retrato na historia da arteNo último dos Museos sucedeu o mesmo que nos anteriores comezando osobradoiros cunha presentación teórica sobre o retrato nunha das salas deexposición do Museo. 2- Pintando aos avósDebido á falta de tempo neste Museo reducín a programación a unha sesiónpolo que os participantes fixeron o retrato dos seus avós sobre un lenzo. Grazasao bo tempo tamén fixemos a actividade nos xardíns do exterior do Museo. 49
  50. 50. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Ares Conclusión A miña experiencia durante as prácticas na RedeMuseística Provincial de Lugo foi moi interesante e reconfortante. A dinámicaseguida pola coordinadora pareceume moi acertada xa que aínda que as sesiónforon moi curtas, foron moi intensas e abarcaron os distintos ámbitos damaneira de xestionar un Museo que coma este constitúe unha Rede. Aprendínque é fundamental ter unha planificación das actividades moi precisa, aíndaque o máis imprescindible é saber moldearse a tódalas circunstancias quepoden xurdir a medida que se vai levando o programa á práctica.O que máis chamou a miña atención nesta experiencia foi o sentimento queexiste por cada un dos museos da Rede no lugar no que se sitúan. Creo queestes pequenos museos sobreviven grazas ao cariño que lles ten a xente.Acuden ao museo como punto de encontro, apúntanse a todo tipo de 50
  51. 51. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Aresactividades e non existe ese certo rechazo que hai moitas veces por este tipo deinstitucións sobre todo nas cidades. Senten o Museo como algo que llespertence, como algo de seu, co que teñen a obriga de participar e conservar. E omáis importante é que os máis pequenos tamén o senten así e calquera visita aoMuseo é o máis grande. Por iso encantáronme as actividades cos nenos.Participaban pequenos de tódalas idades, dende os tres anos ata os dezaseis e oque me resultou estraño foi que a pesares das diferenzas todos facían piña e seaxudaban uns aos outros. Aprendín moito dos nenos e creo que disfrutaronmoito coa actividade. Conseguín que fixeran unha reflexión sobre os recordosdos nosos maiores que serán o que os manteña vivos por moito tempo.Aprenderon a importancia de escoitar aos avós, de tratalos e de saber retratalos.Eu aprendín a importancia que teñen estes museos e a necesidade de mantelosabertos e de facer moitas actividades neles xa que contan cun público particular.Foi moi reconfortante descubrir que aínda existen nenos que se conforman coaspequenas cousas, que disfrutan da pintura e que son capaces de compartir unlapis entre dez se é necesario.En realidade as prácticas no Museo non foron tal e como eu imaxinara. Nonseguiron a típica dinámica de traballar nunha entidade por un pequeno períodode tempo, xa que máis que aprender sobre o traballo aprendín sobre as persoase sobre as miñas propias capacidades. Ademais de aprender sobre a teoríaaprendín sobre sentimentos que intúo era o obxectivo da coordinadora. Por iso 51
  52. 52. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez Aresresulta moi difícil recoller todo o aprendido nunha memoria de prácticas quemáis ben considero como un diario de acontecementos, dos que podo dicir quequedei moi satisfeita. 52
  53. 53. Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo Ruth Nuñez AresBIBLIOGRAFÍA http://www.museolugo.org/ http://encarnalagogonzalez.blogspot.com/ http://museodomar.blogspot.com/ http://pazodetor.blogspot.com/ http://museosanpaio.blogspot.com/ http://es.wikipedia.org/wiki/Retrato http://www.retratosalapiz.galeon.com/productos1417726.html http://www.omni-bus.com/n1/sara.html 53

×