Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

a muller na posguerra española

694 views

Published on

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

a muller na posguerra española

  1. 1. Ana Lage Cagide Daniel Sánchez Gómez Leticia López Vázqez
  2. 2. Comezaremos falando da perda de dereitos que sufriron. En primeiro lugar de suprimíronse todos os avances xurídicos, administrativos e a presencia social e pública das mulleres, como a supresión do dereito a voto. Ademais, prodúcense cambios xurídicos que reducen os dereitos da muller, como a supresión do recoñecemento da igualdade entre os fillos naturales e lexítimos. Elimínase tamén o recoñecemento da muller como unha persoa adulta, que non require os permisos do marido e que si son necesarios na posguerra. A muller sufría tamén os castigos dos delictos que cometían os homes, só por ser fillas de ou mulleres de. Na época da posguerra española para que unha muller se poidese casar era necesario que o fixese pola igrexa. Esta controlaba gran parte da sociedade e estaba presente no día a día. O divorcio tamén estaba totalmente prohibido. Cando unha muller se casaba con un home esta debía permanecer con el toda a sua vida. Se unha muller escapa do seu fogar e abandonaba ó seu marido quedaba para sempre fóra da sociedade e era perseguida polas autoridades. As rapazas tiñan que traballar como ‘’escravas’’ para poder saír da casa coas súas amigas. Para saír da casa as rapazas tiñan que ir cun irmán ou cun familiar masculino. Dito esto, debemos falar da chamada sección femenina. A sección femenina é a institución creada en España en 1934, que constituía a falanxe femenina, e que foi dirixida dende o principio desta por Pilar Primo de Rivera. Esta convertiu a Isabel católica e a Teresa de Xesús nos símbolos da sección femenina. Adicábase a prestar apoio á militancia falanxista e asistencia ós presos do Partido ou ás familias dos caídos na loita. Rematada a guerra o seu labor centrouse en instruír ás rapazas novas sobre como ser boas patriotas, boas cristiás e boas esposas, relegando o seu papel como mulleres independentes a unha subordinación total ó home. Fixéronse tamén películas protagonizadas por mulleres, estes son algúns exemplos: -A tía Tula > Película española de Manuel Picazo. A tía Tula é o retrato psicolóxico e social da sociedade española de provincias, con persoas como a tía Tula, un cúmulo de contradiciones poderosas e infranqueables: por un lado, unha rixideza e rectitude espartana, e por outro, un volcán en plena ebulición, zarandeado polo desexo e a trasgresión a poder derribar toda a monotonía que a envolve. Aurora Bautista fai un traballo memorable da personaxe, desa muller/nai educadora e de poderosa personalidade, pero sumida na mediocridade vital máis absoluta.
  3. 3. A muller que loita por un ideal político > Película española de Vicente aranda Narra a Guerra Civil Española vista dende o punto de vista dunhas mulleres milicianas anarquistas que loitaron na fronte de Aragón. O dezaoito de xullo de 1936, o exército español sublévase contra o Goberno da República. Un grupo de mulleres reclama ás tropas milicianas o seu posto na fronte. No nome da liberdade, as mulleres libran a súa propia batalla para igualarse ós dereitos dos homes na loita armada. Ademáis de películas, tamén se fixeron carteis propagandísticos para defender a causa, estes son dous exemplos: De entre as mulleres que defenderon os dereitos destas, é destacable Clara Campoamor, que loitou ata conseguir o sufraxio feminino. Debémoslle a ela a que hoxe é a nosa democracia, sendo ademais unha das primeiras deputadas das pimeiras Cortes da II República.

×