Successfully reported this slideshow.
Your SlideShare is downloading. ×

Os bolechas van ao hospital

Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad

Check these out next

1 of 14 Ad

More Related Content

More from Por Dereito (20)

Advertisement

Os bolechas van ao hospital

  1. 1. 2 3 Os Bolechas van ao hospital a visitaren a súa amiga Montse. –Montse Regueiro? Está no cuarto 203, no segundo andar, pero os cans non poden entrar –dilles a recepcionista. Os Bolechas van ao hospital a visitaren a Montse A enfermeira di Prohibido cans
  2. 2. 4 5 –Tes que esperar na porta, Chispa, os cans non podedes entrar nos hospitais. E non fagas ningunha travesura. Oíches ben? –ordénalle Carlos ao can. Carlos a Chispa Espera Non entres no hospital Prohibido cans
  3. 3. 6 7 Os Bolechas buscan o cuarto de Montse polos corredores do segundo andar. –É este. O 203 –berra Pili. –Chama antes de entrarmos. A ver se vai estar en coiros –di Braulio. Os Bolechas buscan o cuarto de Montse
  4. 4. 8 9 Ei, Montse non está no seu cuarto! Pois é o 203. Onde iría? –Montse vai na escola do hospital. Se a queredes visitar, tendes que ir alá. Está cara ao final do corredor –di a enfermeira. A enfermeira di Montse vai na escola do hospital
  5. 5. 10 11 –Montse, non sabiamos que había escola nos hospitais, gha, gha, gha! –Ola! Que sorpresa! Non contaba coa vosa visita hoxe –berra Montse. Os Bolechas entran na escola Montse di Ola!
  6. 6. 12 13 –E Chispa tamén veu? –di Montse, admirada por ver o can no hospital. –Ei, Chispa, díxenche que esperases na porta! Os cans non podedes entrar nos hopitais –rífalle Carlos ao can. Chispa entrou no hospital Carlos a Chispa Prohibido cans
  7. 7. 14 15 Montse busca un sitio para esconder a Chispa. Se o ven os enfermeiros, chímpano á rúa. –Coidado, agáchadevos detrás da cortina, aí vén un enfermeiro –avisa ela. Montse agacha a Chispa Montse di Ollo! Un enfermeiro
  8. 8. 16 17 Chispa foxe. Igual se asombrou co enfermeiro. –Ondiá! Onde irá? –di Pili. –Temos que pillalo antes de que o descubran –dispón Montse. Chispa foxe
  9. 9. 18 19 –Alá o vai –berra Braulio. –Chispa, ven aquí –berran todos. Pero Chispa corre polos corredores do hospital sen facer caso. Vano ver os enfermeiros. Os Bolechas e Montse chaman a Chispa
  10. 10. 20 21 –Chispaaaaaa, ven aquí! Chispaaaaa! Nada, Chispa non atende. El continúa correndo coma unha moto. A enfermeira xa o viu. Vaino chimpar á rúa. A enfermeira ve a Chispa
  11. 11. 22 23 –Agáchase no almacén do hospital. Aí é onde gardan as caixas coas medicinas. A ver se o pillamos dentro antes de que faga unha falcatruada –di Montse. Chispa agáchase
  12. 12. 24 25 Vaia rebumbio! Chispa gabeou polas caixas do almacén e veñen todas abaixo. –Ui! Vaia croque levei! –láiase Pili. –Ai, o meu brazo! A caixa mancoume o brazo –quéixase Carlos. Perigo! Caen cousas
  13. 13. 26 27 Os Bolechas mancáronse coas caixas. –Logo sandaredes, pero tendes que pasar uns días no hospital –dilles a médica. –Só tendes que pór unhas cantas inxeccións, ghe, ghe –retruca Montse. Os Bolechas mancáronse A médica di Tendes que durmir no hospital
  14. 14. 28 29 –Que ben, Montse! Así estamos contigo no hospital. E tamén temos que ir á escola? –preguntan os Bolechas. –Tamén, pero temos recreo, gha, gha, gha –di ela. Os Bolechas + e Montse dormen no hopital Montse di Temos que ir á escola do hospital

×