Teoría elemental sobre as cores

571 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
571
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
4
Actions
Shares
0
Downloads
6
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Teoría elemental sobre as cores

  1. 1. A COR. COR É A SENSACIÓN RESULTANTE DA TRANSFORMACIÓN QUE FAI O CEREBRO DA LUZ EMITIDA POLOS ESTÍMULOS VISUAIS E TRANSMITIDA EN FORMA DE ONDA LUMÍNICA. A luz branca natural está composta de radiacións de diversas lonxitudes de onda, a cada unha delas corresponde unha determinada cor. O espectro de ondas lumínico que percibe o ollo humano oscila entre as 7.600 Ao (7.600 unidades Amstran) do maxenta e as 4.300 Ao do violeta. Por riba das 7.600 Ao están as radiacións infravermellas e os raios X, as ondas con unha lonxitude inferior ós 4.300 Ao corresponden á radiacións ultravioletas. Newton, o científico da manzana e a lei da gravedade, foi o primeiro en experimentar que a cor atópase unida á luz. Colocóu un prisma de vidro na traxectoria dun raio solar para comprobar que a descomposición da luz branca orixina o espectro cromático (igual que o arco da vella). AS CORES NOS CORPOS. A percepción cromática e un fenómeno subxectivo no que interveñen de maneira primordial os factores fisiolóxicos do espectador, pero a cor depende tamén do modo en que o obxecto iluminado reacciona á luz: 1. Cando un corpo está iluminado pola luz solar pode difundir totalmente e de igual maneira tódalas radiacións, a superficie entón aparece de cor branca. 2. Pode absorber algunhas e difundir outras (por exemplo, si un corpo se ve de cor vermella implica que absorbeu tódalas radiacións lumínicas excepto a do vermello que a refracta). 3. Pode absorber tódalas radiacións (polo tanto non difunde ningunha e o corpo verase de cor negra, ausencia de cor). Dado que as distintas fontes de luz facilitan diferentes radiacións, un mesmo corpo verá a súa cor transformada según a procedencia luminosa. Do que derivan as diferencias de coloración dos obxectos se se someten a unha luz natural ou á dunha lámpada eléctrica. Non todas as fontes devolven da mesma maneira as cores. Sen luz non hai cor, e as cores son unha parte desa luz. CORES PRIMARIAS E SECUNDARIAS. 1. COR LUZ. A cor producida pola luz incidente. Ten como cores primarias o VERMELLO, O VERDE E O AZUL. As súas combinación produce mesturas aditivas: 1.1. MESTURAS ADITIVAS: Prodúcense cando se combinan o vermello, o verde e o azul, dando como resultado outra cor de maior intensidade lumínica que a de cada unha das cores orixen, xurde da suma dos caudais luminosos. Caracterízanse por un aumento no valor (intensidade) da cor resultante. A SUMA DAS TRES CORES PRIMARIAS DA O BRANCO 1.1.1. O VERMELLO e o AZUL crean por mestura aditiva o MAXENTA 1.1.2. O VERMELLO e o VERDE crean o AMARELO 1.1.3. O VERDE e AZUL crean o CIAN. -
  2. 2. 1.2. MESTURAS SUBTRATIVAS: Ten por cores básicoas o Cián, o Amarelo e o Maxenta, e por secundarios o vermello, o azul e o verde (ó contrario das mesturas aditivas). A mestura de dúas primarias sustractivas orixinan unha cor de menor intensidade lumínica. A combinación das tres primarias produce a cor Negra. 1.2.1. O MAXENTA e o CIÁN crean por mestura sustrativa o AZUL 1.2.2. O MAXENTA e o AMARELO crean o VERMELLO 1.2.3. E o AMARELO o CIÁN crean o VERDE. 2. COR PIGMENTO. A cor producida pola luz reflexada. O tratamento empírico das cores, a maneira en que as cores se comportan cando as manipulamo equivale a mesma reaccion que as mesturas sustractivas. Por iso, a efectos prácticos nós debemos de entender o comportamento das cores, en pintura ou calquera outra técnica que utilice cores matéricos, tal como reacionan as mesturas sustractivas. CÍ RCUL O CROMÁ T I CO CORES CORES PRIMARIAS SECUNDARIAS deseño de A. Sanmartín -
  3. 3. CARACTERÍSTICAS DAS CORES. 1. TONO. É cada unha das cores primarias puras. Técnicamente defínese como a medida cualitativa da lonxitude de onda da cor. A cada medida distinta de lonxitude de onda lumínica corresponde unha cor diferente. Lonxitude de onda é a distancia entre dous puntos da onda lumíca que reproducen o mesmo movemento ondulatorio. A cor que ten maior lonxitude de onda é o vermello (7.600 Ao) e a de menor a violeta (4.300 Ao). 2. VALOR. Unha cor ten maior grado de valor cando está no seu maior grado de pureza, a medida que perde valor a cor aproxímase ó negro. Nun laboratório, cun espectómetro poderíamos observar que unha mesma lonxitude de onda (por exemplo a do amarelo) ten distintas amplitudes, a cada unha destas amplitudes dunha lonxitude de onda correspondelle un valor e intensidade de luz. A amplitude de onda é "a barriga" ou grado de curvatura da onda dentro dunha determinada lonxitude de onda. Exemplo: Vermello + Branco ---------> Disminue a Saturación. 3. SATURACIÓN ou INTENSIDADE. Unha cor ten maior grado de intensidade cando está no seu maior grado de pureza, a medida que perde intensidade a cor aproxímase ó branco. Exemplo: Vermello + Negro ----------> Disminue o valor INTERRELACIÓN DAS CORES. A percepción das cores é sempre relativa. Para percibir unha cor tal cal é, e non como se manifesta xunto a outras, sería necesario aillala, que non houbera inxerencias cromáticas distintas. Dúas cores que no campo visual percebímolas xuntas, si teñen o mesmo valor compiten en intensidade, e no ollo tenden a "saltar", a competir pola predominancia visual. Dúas CORES COMPLEMENTRARIAS cando están xuntas tenden a realzar mutuamente o seu cromatismo. LEI DE CONTRASTE. Se o ollo se satura de ver unha cor, tende a ver a súa complementaria. CORES ANÁLOGAS son as contíguas no círculo cromático. Cando nunha composición están próximas, tenden a atenuarse mutuamente. Reaccionan de forma contraria que as cores complementarias. Defínese unha GAMA CROMÁTICA como a composición realizada con cores análogas. Definimos unha DEGRADACIÓN CROMÁTICA cando a unha cor lle desminuimos o seu valor ou a súa saturación. Rebaixamos a súa capacidade de reflexar a luz. -
  4. 4. ... MAIS CARACTERÍSTICAS CROMÁTICAS. 4. MATIZ. É o grado de pureza da cor. Depende do aillamento da onda reflexada. Cando o estímulo reflexa únicamente unha lonxitude de onda a cor que se percebe é pura, pero si refracta máis combínanse (por exemplo un 70 % de azul cun 30 % de verde) resultando outras variantes (todas as cores secundarias, terciarias, etc.). 5. PESO. 6. TEMPERATURA. Cores frías e quentes. 7. RELEVO. A temperatura e o relevo están moi relacionados, as cores calídas son saintes (relevo hacia fora), as cores frías son entrantes (sensación de lonxanía).A sensación de relevo non é so sicolóxica, con determinadas cores producense unhos efectos ópticos nos ollos que realmente fannos ver unhas cores sobre outras. Para percibir as cores con lonxitude de onda larga o ollo necesita pechar a entrada de luz, contraendo os músculos ciriaís do cristalino, elo significa o aumento da curvatura concava da retina o que produce un efecto de lente de aproximación. Pola contra as cores frías necesitan ter os músculos do cristalino plano. -
  5. 5. EXERCICIOS COAS CORES 1) Representar con cores frías un obxecto sobre fondo cálido, e viceversa, representalo con cores quentes sobre un fondo de cores frías. 2) Exercicio vidriera. Fondo con cores frías ou quentes e figura con cores quentes ou frías. 3) Cores Complementarias. Competencia visual de cores complementarias do mesmo valor. 4) Circulo Cromático. 5) Matiz.  Composición con cores complementarias.  Composición con cores análogas  Composición con unha cor entonadora  Contrastes de matices con valores aproximadas. Distintas cores, todas ca mesma intensidade de luz. Expl.: Cores pastel 6) Valor.  Crontrastes acromáticos  Partindo dunha cor modificala com brancos e negros (gama cromática).  Contrastes cromáticos sobre fondo negro (recomendable as ceras e non as témperas) 7) Saturación. Mesturas dunha cor con análogas ou con neutras. 8) Peso. Equilibrios de masas: lixeiros, pesados. 9) Relevo.  Cálidos sobre fríos (relevo)  Fríos sobre cálidos (profundidade) 10) Temperatura.  Cálidos.  Fríos  Unha cor fría co resto cálidas.  Unha cor cálida xunto a outras todas frías 11) Ritmos cromáticos. 12) Mesturas ópticas. Puntillismo, veladuras. -

×