SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
Este Nadal
MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS NAVIDEÑAS




www.sogama.es
Xunto coas vacacións estivais, o Nadal é a época do ano na que máis residuos producimos.

O maior consumo, a celebración de festas, os agasallos e as comidas copiosas constitúen,

entre outros, algúns dos exemplos que definen un período marcado en boa medida polo lecer,

as compras compulsivas, a diversión, pero tamén pola menor preocupación pola integridade

do noso contorno e as consecuencias ambientais das nosas accións.


Pero o Nadal tamén é momento para a solidariedade, a axuda aos máis desfavorecidos e,

sobre todo, momento para a reflexión. Proba disto é que para unha boa parte dos cidadáns o

inicio do Novo Ano asóciase á modificación de hábitos e bos propósitos que en moitos casos

vanse desvanecendo conforme transcorren os meses debido á falta de vontade e o esforzo

que supón mantelos.


Azoutados por unha virulenta crise abordamos un Nadal no que debemos despregar

o mellor de nós, facendo máis con menos. Imaxinación, creatividade, empatía, innovación

e perseveranza constitúen conceptos que hoxe, máis que nunca, debemos dotar de contido

para superar os obstáculos que coartan e limitan o noso crecemento e desenvolvemento;

un crecemento envolto nun todo, o medio ambiente, que precisa de coidado, protección

e agarimo.


E que mellor que empezar agora, poñendo en marcha pequenos xestos que Sogama quere

compartir e divulgar con toda a cidadanía a fin de sentar as bases do que deben ser as nosas

condutas de cara ao 2013 e anos posteriores. Recapacitemos.



                                                                             Luís Lamas Novo
                                                                         Presidente de Sogama




                  Este Nadal
01
     Aposta por un consumo responsable. Planifica as túas compras con suficiente
     antelación e non sexas vítima das présas de última hora e da subida desmesurada
     do prezo dalgúns produtos.




02
     Compra con racionalidade. Fai unha lista do que realmente necesites, axústate
     ao teu orzamento e non te deixes levar pola publicidade. Fíxate na data de
     caducidade dos alimentos e opta polos duradeiros, os de tempada e os locais,
     evitando con isto as emisións de CO2 provocadas polo transporte.




03   Descarta a utilización de vaixelas, vasos e cubertos desbotables e opta pola
     reutilización dos mesmos.




04
     Diversos estudos apuntan a que os consumidores europeos e norteamericanos
     arroxamos anualmente ao cubo do lixo, per cápita, ao redor de 95-115 quilos de
     alimentos. A partir de sobras de comidas podes elaborar magníficos menús.
     Consulta o libro de receitas de Sogama http://www.sogama.es/é/info/publicacións.




05
     Fabrica os teus propios agasallos. Non fan falta grandes sumas de cartos
     para que mostres o agarimo aos teus. Nin sequera teñen por que ser obxectos
     tanxibles. “Aprende con Eco os 3R” é un proxecto educativo de carácter interactivo
     promovido por esta entidade pública no que se recollen diversos obradoiros de
     reutilización para fabricar artigos varios (útiles, decorativos, de xogo, etc). Podes
     acceder ao mesmo a través da nosa páxina web www.sogama.es




06   Evita os envases e envoltorios innecesarios. Prioriza as compras a granel e dá
     preferencia aos produtos comercializados en recipientes reenchibles.




07   Adquire xoguetes fabricados con materiais reciclados e reciclables e entrega os
     que xa non utilicedes na túa casa a familias sen recursos ou a organizacións que
     se encarguen de darlles unha segunda vida.




08   As pilas para os xoguetes e aparellos electrónicos deben ser recargables.
     Poden resultar máis caras ao principio, pero a longo prazo sempre compensan,
     económica e medioambientalmente.




09   Opta polas felicitacións de Nadal solidarias e elaboradas a partir de material
     reciclado. O correo electrónico tamén pode ser unha boa opción.




                                                             Este Nadal
                                                                                     www.sogama.es
10   Deposita cada tipo de residuo no contedor correspondente:
     CONTEDOR AMARELO: ENVASES DE PLÁSTICO, LATAS E BRIKS
        -Botes de plástico que contiveran líquidos (aceites vexetais, refrescos, leite).
        -Botes de plástico groso que contiveran produtos de aseo ou limpeza
         (xel de baño, champú, lavavaixelas, suavizante, etc).
        -Botes de cosmésticos.
        -Tubos de dentífrico.
        -Latas de bebidas e de conservas
        -Briks de leite, viño ou zumes de froitas.
        -Bandexas de plástico, porexpán ou corcho branco.
        -Redeciñas de envoltorios de froitas, verduras e hortalizas.
        -Plásticos film: bolsas finas, plástico para envolver.
        -Envases mixtos distintos aos briks tales como bolsas de aperitivos,
          envases de bolería industrial, …
        Non debes depositar residuos de plástico que non sexan envases (por exemplo,
        xoguetes, cepillos de dentes, rotuladores, cables eléctricos, enchufes, …)
        e, por suposto, cueiros, restos de alimentos, papel, vidro, pilas, …

     CONTEDOR AZUL: PAPEL E CARTÓN
        -Xornais e revistas.
        -Follas de apuntes.
        -Cadernos sen anelas, grampas nin alames.
        -Papel de envolver ou embalar.
        -Caixas de cartón.
        -Cartóns de ovos.
        -Libros.
        -Acolchado de embalaxes (cando sexa de papel ou cartón).
        Non debes depositar papeis de calco, briks de leite, zume e viño, papeis ou cartóns suxos
        de graxa, cueiros ou compresas, aluminio ou bolsas de papel aluminizadas ou celofán.

     IGLÚ VERDE: VIDRO
        -Botellas, frascos e tarros
        Non debes depositar tapas, tapóns e cortizas, así como vidros especiais
        (parabrisas, pantallas de televisión e ordenador, lámpadas, espellos, etc).

     CONTEDOR VERDE CONVENCIONAL
        - Restos orgánicos e non reciclables (cueiros, compresas, panos de papel, …)

     Se vives no rural e dispós de horta, xardín ou terras de cultivo, pódeste valer da
     compostaxe doméstica para reciclar en orixe a materia orgánica, evitando que esta
     acabe no contedor xenérico. Obterás un abono natural de alta calidade e aforrarás
     custos. Se queres saber máis sobre a autocompostaxe, pincha aquí
     http://www.sogama.es/é/campanha/programa-de-compostaje-domestico

     PUNTO LIMPO
        A súa función é recoller os residuos perigosos xerados no fogar (fluorescentes,
        vernices, envases de insecticidas e fitosanitarios, aceites vexetais usados …);
        voluminosos (mobles, colchóns, ....); residuos de liña branca (lavadoras, frigoríficos, ....)
        e de liña marrón (televisores, equipos de música, ordenadores), así como residuos
        de pequenas obras en domicilios.

     E se queres entretemento e aprendizaxe, sempre che queda
     o xogo interactivo de Sogama “Separa para reciclar”
     http://www.sogama.es/é, onde poderás poñer a proba
     os teus coñecementos e habilidades.

More Related Content

Similar to Manual de boas prácticas gal

En Tempos De Crise... Aforro no fogar
En Tempos De Crise... Aforro no fogarEn Tempos De Crise... Aforro no fogar
En Tempos De Crise... Aforro no fogarBertablog
 
En tempos de crise
En tempos de criseEn tempos de crise
En tempos de criseBergantera
 
Wedureciclaje gall-ei ep--1
Wedureciclaje gall-ei ep--1Wedureciclaje gall-ei ep--1
Wedureciclaje gall-ei ep--1satelite1
 
Wedureciclaje gall2 3-ep
Wedureciclaje gall2 3-epWedureciclaje gall2 3-ep
Wedureciclaje gall2 3-epsatelite1
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursoselsapataky
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursoselsapataky
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursoselsapataky
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursoselsapataky
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursoselsapataky
 
Dossier Residuos.pdf
Dossier Residuos.pdfDossier Residuos.pdf
Dossier Residuos.pdfBerta Campos
 
Wedureciclaje gall eso
Wedureciclaje gall esoWedureciclaje gall eso
Wedureciclaje gall esosatelite1
 

Similar to Manual de boas prácticas gal (20)

Consellos redución residuos
Consellos redución residuosConsellos redución residuos
Consellos redución residuos
 
As 3R
As 3RAs 3R
As 3R
 
Reducir.pdf
Reducir.pdfReducir.pdf
Reducir.pdf
 
Pp acolloante 3º trim.
Pp acolloante 3º trim.Pp acolloante 3º trim.
Pp acolloante 3º trim.
 
Presentación Sogama Escolares ESO (2010)
Presentación Sogama Escolares ESO (2010)Presentación Sogama Escolares ESO (2010)
Presentación Sogama Escolares ESO (2010)
 
En Tempos De Crise... Aforro no fogar
En Tempos De Crise... Aforro no fogarEn Tempos De Crise... Aforro no fogar
En Tempos De Crise... Aforro no fogar
 
En tempos de crise
En tempos de criseEn tempos de crise
En tempos de crise
 
Wedureciclaje gall-ei ep--1
Wedureciclaje gall-ei ep--1Wedureciclaje gall-ei ep--1
Wedureciclaje gall-ei ep--1
 
Wedureciclaje gall2 3-ep
Wedureciclaje gall2 3-epWedureciclaje gall2 3-ep
Wedureciclaje gall2 3-ep
 
Pres. Axenda Eucambio
Pres. Axenda EucambioPres. Axenda Eucambio
Pres. Axenda Eucambio
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursos
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursos
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursos
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursos
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursos
 
Decálogo da auga
Decálogo da augaDecálogo da auga
Decálogo da auga
 
Dossier Residuos.pdf
Dossier Residuos.pdfDossier Residuos.pdf
Dossier Residuos.pdf
 
Wedureciclaje gall eso
Wedureciclaje gall esoWedureciclaje gall eso
Wedureciclaje gall eso
 
Rs Lixo2
Rs Lixo2Rs Lixo2
Rs Lixo2
 
C.C
C.CC.C
C.C
 

More from Plastilina3

Calendario exames febreiro_13_14
Calendario exames febreiro_13_14Calendario exames febreiro_13_14
Calendario exames febreiro_13_14Plastilina3
 
Xeometría descritiva para 3 eso
Xeometría descritiva para 3 esoXeometría descritiva para 3 eso
Xeometría descritiva para 3 esoPlastilina3
 
Tutorial para subir las fotos a flickr
Tutorial para subir las fotos a flickrTutorial para subir las fotos a flickr
Tutorial para subir las fotos a flickrPlastilina3
 
30 días 30 fotos
30 días 30 fotos30 días 30 fotos
30 días 30 fotosPlastilina3
 
Circular libros 12 13
Circular libros 12 13Circular libros 12 13
Circular libros 12 13Plastilina3
 
Carta fin de curso 11 12
Carta fin de curso 11 12Carta fin de curso 11 12
Carta fin de curso 11 12Plastilina3
 
Instrucions reclamacions finais de cualificacións
Instrucions reclamacions finais de cualificaciónsInstrucions reclamacions finais de cualificacións
Instrucions reclamacions finais de cualificaciónsPlastilina3
 
Folleto linguas extranxeiras
Folleto linguas extranxeirasFolleto linguas extranxeiras
Folleto linguas extranxeirasPlastilina3
 
Guia de orientación académica profesional 2011 12
Guia de orientación académica profesional 2011 12Guia de orientación académica profesional 2011 12
Guia de orientación académica profesional 2011 12Plastilina3
 
Titorial google maps
Titorial google mapsTitorial google maps
Titorial google mapsPlastilina3
 
Proporcion y escalas
Proporcion y escalasProporcion y escalas
Proporcion y escalasPlastilina3
 
Extracto lei de convivencia educativa
Extracto lei de convivencia educativaExtracto lei de convivencia educativa
Extracto lei de convivencia educativaPlastilina3
 
Poligonos regulares basico
Poligonos regulares basicoPoligonos regulares basico
Poligonos regulares basicoPlastilina3
 

More from Plastilina3 (20)

Calendario exames febreiro_13_14
Calendario exames febreiro_13_14Calendario exames febreiro_13_14
Calendario exames febreiro_13_14
 
Xeometría descritiva para 3 eso
Xeometría descritiva para 3 esoXeometría descritiva para 3 eso
Xeometría descritiva para 3 eso
 
Blogs de immaa
Blogs de immaaBlogs de immaa
Blogs de immaa
 
Tutorial para subir las fotos a flickr
Tutorial para subir las fotos a flickrTutorial para subir las fotos a flickr
Tutorial para subir las fotos a flickr
 
30 días 30 fotos
30 días 30 fotos30 días 30 fotos
30 días 30 fotos
 
Leccion 4
Leccion 4Leccion 4
Leccion 4
 
12 13 grupos
12 13 grupos12 13 grupos
12 13 grupos
 
12 13 desdobles
12 13 desdobles12 13 desdobles
12 13 desdobles
 
Circular libros 12 13
Circular libros 12 13Circular libros 12 13
Circular libros 12 13
 
Carta fin de curso 11 12
Carta fin de curso 11 12Carta fin de curso 11 12
Carta fin de curso 11 12
 
Instrucions reclamacions finais de cualificacións
Instrucions reclamacions finais de cualificaciónsInstrucions reclamacions finais de cualificacións
Instrucions reclamacions finais de cualificacións
 
Folleto linguas extranxeiras
Folleto linguas extranxeirasFolleto linguas extranxeiras
Folleto linguas extranxeiras
 
Guia de orientación académica profesional 2011 12
Guia de orientación académica profesional 2011 12Guia de orientación académica profesional 2011 12
Guia de orientación académica profesional 2011 12
 
Titorial google maps
Titorial google mapsTitorial google maps
Titorial google maps
 
Cartel 2012
Cartel 2012Cartel 2012
Cartel 2012
 
Proporcion y escalas
Proporcion y escalasProporcion y escalas
Proporcion y escalas
 
Pratos de polbo
Pratos de polboPratos de polbo
Pratos de polbo
 
Rula e vincula
Rula e vinculaRula e vincula
Rula e vincula
 
Extracto lei de convivencia educativa
Extracto lei de convivencia educativaExtracto lei de convivencia educativa
Extracto lei de convivencia educativa
 
Poligonos regulares basico
Poligonos regulares basicoPoligonos regulares basico
Poligonos regulares basico
 

Manual de boas prácticas gal

  • 1. Este Nadal MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS NAVIDEÑAS www.sogama.es
  • 2. Xunto coas vacacións estivais, o Nadal é a época do ano na que máis residuos producimos. O maior consumo, a celebración de festas, os agasallos e as comidas copiosas constitúen, entre outros, algúns dos exemplos que definen un período marcado en boa medida polo lecer, as compras compulsivas, a diversión, pero tamén pola menor preocupación pola integridade do noso contorno e as consecuencias ambientais das nosas accións. Pero o Nadal tamén é momento para a solidariedade, a axuda aos máis desfavorecidos e, sobre todo, momento para a reflexión. Proba disto é que para unha boa parte dos cidadáns o inicio do Novo Ano asóciase á modificación de hábitos e bos propósitos que en moitos casos vanse desvanecendo conforme transcorren os meses debido á falta de vontade e o esforzo que supón mantelos. Azoutados por unha virulenta crise abordamos un Nadal no que debemos despregar o mellor de nós, facendo máis con menos. Imaxinación, creatividade, empatía, innovación e perseveranza constitúen conceptos que hoxe, máis que nunca, debemos dotar de contido para superar os obstáculos que coartan e limitan o noso crecemento e desenvolvemento; un crecemento envolto nun todo, o medio ambiente, que precisa de coidado, protección e agarimo. E que mellor que empezar agora, poñendo en marcha pequenos xestos que Sogama quere compartir e divulgar con toda a cidadanía a fin de sentar as bases do que deben ser as nosas condutas de cara ao 2013 e anos posteriores. Recapacitemos. Luís Lamas Novo Presidente de Sogama Este Nadal
  • 3. 01 Aposta por un consumo responsable. Planifica as túas compras con suficiente antelación e non sexas vítima das présas de última hora e da subida desmesurada do prezo dalgúns produtos. 02 Compra con racionalidade. Fai unha lista do que realmente necesites, axústate ao teu orzamento e non te deixes levar pola publicidade. Fíxate na data de caducidade dos alimentos e opta polos duradeiros, os de tempada e os locais, evitando con isto as emisións de CO2 provocadas polo transporte. 03 Descarta a utilización de vaixelas, vasos e cubertos desbotables e opta pola reutilización dos mesmos. 04 Diversos estudos apuntan a que os consumidores europeos e norteamericanos arroxamos anualmente ao cubo do lixo, per cápita, ao redor de 95-115 quilos de alimentos. A partir de sobras de comidas podes elaborar magníficos menús. Consulta o libro de receitas de Sogama http://www.sogama.es/é/info/publicacións. 05 Fabrica os teus propios agasallos. Non fan falta grandes sumas de cartos para que mostres o agarimo aos teus. Nin sequera teñen por que ser obxectos tanxibles. “Aprende con Eco os 3R” é un proxecto educativo de carácter interactivo promovido por esta entidade pública no que se recollen diversos obradoiros de reutilización para fabricar artigos varios (útiles, decorativos, de xogo, etc). Podes acceder ao mesmo a través da nosa páxina web www.sogama.es 06 Evita os envases e envoltorios innecesarios. Prioriza as compras a granel e dá preferencia aos produtos comercializados en recipientes reenchibles. 07 Adquire xoguetes fabricados con materiais reciclados e reciclables e entrega os que xa non utilicedes na túa casa a familias sen recursos ou a organizacións que se encarguen de darlles unha segunda vida. 08 As pilas para os xoguetes e aparellos electrónicos deben ser recargables. Poden resultar máis caras ao principio, pero a longo prazo sempre compensan, económica e medioambientalmente. 09 Opta polas felicitacións de Nadal solidarias e elaboradas a partir de material reciclado. O correo electrónico tamén pode ser unha boa opción. Este Nadal www.sogama.es
  • 4. 10 Deposita cada tipo de residuo no contedor correspondente: CONTEDOR AMARELO: ENVASES DE PLÁSTICO, LATAS E BRIKS -Botes de plástico que contiveran líquidos (aceites vexetais, refrescos, leite). -Botes de plástico groso que contiveran produtos de aseo ou limpeza (xel de baño, champú, lavavaixelas, suavizante, etc). -Botes de cosmésticos. -Tubos de dentífrico. -Latas de bebidas e de conservas -Briks de leite, viño ou zumes de froitas. -Bandexas de plástico, porexpán ou corcho branco. -Redeciñas de envoltorios de froitas, verduras e hortalizas. -Plásticos film: bolsas finas, plástico para envolver. -Envases mixtos distintos aos briks tales como bolsas de aperitivos, envases de bolería industrial, … Non debes depositar residuos de plástico que non sexan envases (por exemplo, xoguetes, cepillos de dentes, rotuladores, cables eléctricos, enchufes, …) e, por suposto, cueiros, restos de alimentos, papel, vidro, pilas, … CONTEDOR AZUL: PAPEL E CARTÓN -Xornais e revistas. -Follas de apuntes. -Cadernos sen anelas, grampas nin alames. -Papel de envolver ou embalar. -Caixas de cartón. -Cartóns de ovos. -Libros. -Acolchado de embalaxes (cando sexa de papel ou cartón). Non debes depositar papeis de calco, briks de leite, zume e viño, papeis ou cartóns suxos de graxa, cueiros ou compresas, aluminio ou bolsas de papel aluminizadas ou celofán. IGLÚ VERDE: VIDRO -Botellas, frascos e tarros Non debes depositar tapas, tapóns e cortizas, así como vidros especiais (parabrisas, pantallas de televisión e ordenador, lámpadas, espellos, etc). CONTEDOR VERDE CONVENCIONAL - Restos orgánicos e non reciclables (cueiros, compresas, panos de papel, …) Se vives no rural e dispós de horta, xardín ou terras de cultivo, pódeste valer da compostaxe doméstica para reciclar en orixe a materia orgánica, evitando que esta acabe no contedor xenérico. Obterás un abono natural de alta calidade e aforrarás custos. Se queres saber máis sobre a autocompostaxe, pincha aquí http://www.sogama.es/é/campanha/programa-de-compostaje-domestico PUNTO LIMPO A súa función é recoller os residuos perigosos xerados no fogar (fluorescentes, vernices, envases de insecticidas e fitosanitarios, aceites vexetais usados …); voluminosos (mobles, colchóns, ....); residuos de liña branca (lavadoras, frigoríficos, ....) e de liña marrón (televisores, equipos de música, ordenadores), así como residuos de pequenas obras en domicilios. E se queres entretemento e aprendizaxe, sempre che queda o xogo interactivo de Sogama “Separa para reciclar” http://www.sogama.es/é, onde poderás poñer a proba os teus coñecementos e habilidades.