Os xogos para botar a sortes son recitados cun
ritmo ben marcado que serven para designar ao/
á neno/a que panda ou que libra no xogo que se
vai desenvolver a continuación. Os/as
participantes póñense en roda ou en ringleira
diante do botador. Este sinala un a un os/as
compañeiros/as, recitando ou cantando a
cantinela escollida.
Son moi ricos e variados en todas as culturas.
Aquí vai unha pequena recompilacion de xogos
para botar a sortes da nosa querida Galicia
INDICE
• UN, DOUS
• PINTO, PINTO
• PAVÍS, PAVÓS
• SORTELLIÑA, PEQUENIÑA
• GALIÑA PINTADA
• PELO GATO
• MEU PAI TEN UN CAIXÓN
• DON EMILIO
• DON XULIÁN
• PAXARIÑO RECHINCHIÑO
• PIN, PIN, ZARRAMACUTÍN
• ESPETO FERRUXENTE
• GATO, GATO
• TACO, TACO
• BARRABÍS, BARRABÁS
• DEDÍN, DEDÍN
• UNHE, DOLE
• PACO. REPACO
• XAN PERILLÁN
• UN, DOUS, TRES
UNHE, DOLE
Unhe , dole
tele, catole
quile, quilete
estaba a raiña
no seu gabinete
chegou don Xil
apagou o candil
candil candilón
conta vinte
que vinte che son
XAN PERILLÁN
Xan Perillán
a cabalo dun can
o can era coxo
e tirouno a un pozo
o pozo era frío
e tirouno a un río
o río era branco
e tirouno a un campo
o campo era roxo
e tirouno a un toxo
Xan Perillán berraba
e o can escapaba.