Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Unidade didactica imos_a_publicidade

228 views

Published on

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Unidade didactica imos_a_publicidade

  1. 1. IMOS ÁPUBLICIDADE UNIDADE DIDÁCTICA PARA A DETECCIÓN DE CONTRAVALORES NA PUBLICIDADE DE TVNOME: ........................................................................SEXO: ...................CURSO: .................CENTRO: ...............................................................
  2. 2. SEXO COMO RECLAMO Os publicistas saben que poden captar fácilmente a nosa atenciónempregando os nosos instintos máis básicos como reclamo nos anuncios. Os nosos instintos son “básicos” porque son necesarios para a nosasupervivencia, e un deses instintos é o sexo (outros son o de supervivencia, ode alimentación, o de agresividade, o de medo, etc.). Os publicistasaproveitanse das nosas necesidades e empregan o sexo como reclamo nosanuncios moi a miúdo e de distintos xeitos e non só para anunciar produtosdirectamente relacionados co sexo (como os preservativos). Imos ver como ofan.ANUNCIO Nº 1Produto:Marca:Duración: ¿É un anuncio curto ou longo?Slogan:¿Emprega algunha música como “banda sonora”?A “voz en off” é unha voz que nos informa pero que non se ve a persoa quefala. ¿Recordas o que di?¿Cantas esceas ten este anuncio?¿A que tipo de público cres que vai dirixido?¿Para que época do ano cres que está preparodo este anuncio?¿Cal é o argumento da historia que conta este anuncio?¿Soe pasar iso cando compras ou comes ensalada?En realidade ¿que quere dicir este anuncio?Escribe o guión dun anuncio do mesmo produto que non empregue o sexocomo reclamo.Cando poidas, vai o super, mira o prezo deste produto e o seu peso. Logo mirao prezo e o peso dos elementos que o compoñen (Distintos tipos de leitugas,cenoura, etc.) e logo compara.ANUNCIO Nº 2 Non é imprescindible mostrar corpos espidos ou órganos xenitais pararepresentar o sexo na publicidade. A postura dos actores, o escenario, o quedin, como o din, as cores ou a música tamén poden expresalo.Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Argumento:¿De que cor é o vestido da muller?¿Con que emoción ou sentimento soe asociarse esa cor?¿Como é a música da banda sonora?O anuncio asocia o chocolate co placer sexual mediante un xogo de palabras,¿cal é? 2
  3. 3. ¿Cres que realmente se parecen tanto o feito de comer chocolate e o feito defacer o amor?¿Poderías expresar con esceas a sensación do sabor do chocolate e o gustoque da comelo sen empregar o sexo? Escribe un guión.ANUNCIO Nº 3Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Argumento:¿Recoñeces a modelo do anuncio?A miúdo as axencias de publicidade contratan a actores e actrices famosaspara que anuncien os produtos que vende a empresa anunciante, coma nestecaso. Ademáis, esta actriz traballaba na serie “Sexo en Nova Iorque” de éxitomoi recente. Isto convértese nunha asociación rápida moi conveniente paraeste anuncio.Ela di que vai a “quitárselo todo...todo” gracias o produto que anuncia ¿a quese refire?¿Pero que da que pensar polo seu xesto ou polo seu ton de voz?ANUNCIO Nº 4Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Argumento:Música:¿Por que cres que a “voz en off” é en inglés. ¿Que di?¿A que segmento de público vai dirixido?Aquí faise unha clara asociación entre o sexo e os produtos reforzada ademaispor un paralelismo entre as esceas dos actores e as dos produtos. Fíxate naposición do “masculino” e do “feminino” e nas cores.Escribe un guión dun anuncio destes produtos sen usar o sexo como reclamo.Cando poidas vai a unha perfumería e mira o prezo deste perfume. Fai unhalista das cousas importantes, que verdadeiramente necesitas, que poderíascomprar co importe total deste perfume.ANUNCIO Nº 5Produto:Marca:Slogan:Este anuncio é de debuxos animados e emprega un estilo argumentativo moiconcreto: o humor. Explica o argumento coas túas propias palabras. 3
  4. 4. Según o anunciante ¿Que efecto ten o produto sobre as “persoas” que obeben?¿Ti cres que ese efecto pode ser certo?ANUNCIO Nº 6Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento:Aquí a asociación entre o sexo e o produto está moi elaborada polo publicista.Verdadeiramente dedícanlle tempo e creatividade ó seu traballo. É o escenarioda acción e a música do propio escenario (unha cabina de “strip-tease”) o quesuxire o concepto de sexo, e ademais de sexo barato (a cabina funciona cunhamoeda), igual de barato que o produto que anuncia (a hamburguesa) Só sae unpequeno cartel coa silueta dunha muller espida que reforza aínda máis aasociación. Outra ferramenta para reforzar a asociación e a voz en off que di oslogan do anuncio; ¿recordas cal é?Na vida real ¿Hai algunha relación entre as hamburguesas e as cabinas de“strip-tease”?ANUNCIO Nº 7Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento:¿Resulta apetecible o produto?¿Emprega o sexo como reclamo tal e como facía o de Chocolates Valor?¿Que tipo de ton emprega a voz en off?ANUNCIO Nº 8Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento:¿Que tipo de actividades realizan os mozos que saen no anuncio? 4
  5. 5. ¿Son actividades agradables e placenteras?¿Recórrese o sexo para chamar a nosa atención sobre o produto? É posible facer anuncios sen empregar o sexo como reclamo. DELGADEZA Parece que na maioría dos anuncios, sobre todo os que van dirixidos aun segmento de público novo, saen modelos de rapazas e rapaces bastantedelgados, ás veces demasiado. Isto correspóndese co “modelo de beleza”imperante na nosa sociedade no momento actual. Tamén sae reflectido namoda, no cine, nas revistas, etc. Noutras épocas da nosa historia o modelo debeleza era o contrario, mulleres e homes con máis volume corporal que inclusoestaba asociado ó concepto de maior status social (se podían comer de máis éque tiñan diñeiro de máis). Os modelos ou patróns de beleza, sexan cales sexan, sempre resultan“ideais”, é dicir lonxe da realidade, porque a maioría da xente non se axusta aeles. A relidade é moito máis variada. A delgadeza excesiva non só se usa na publicidade para anunciarprodutos dietéticos se non tamén noutros incluso de alto contido calórico.ANUNCIO Nº 1Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento:¿Para que serve o produto, que promete?¿En que época do ano cres que se emite este anuncio?¿Por que a Arbore de Nadal se sube a báscula da rapaza?Realmente, ¿cres que a rapaza do anuncio necesita adelgazar, é dicir necesitao produto que anuncia?¿Ti cres que é unha rapaza de peso habitual ou que está un pouco fraca?¿Serías capaz de calcular a idade que ten, o que mide de altura e pesa, e atalla que usa?Entre a xente que coñeces desa idade ¿cantas miden, pesan e usan a mesmatalla?¿Viste a dieta que sae en letra pequena? O que non di o anuncio é que pormoito produto que se coma, se non se fai dieta non se adelgaza, e se se comemoito do produto, tampouco. Por iso poñen unha dieta e un servizo deasesoramento. 5
  6. 6. ANUNCIO Nº 2Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento:¿Que personaxe representa a primeira voz en off?¿Que intención ten recurrir a esa personaxe?¿Ti cres que son mulleres que teñen un peso acorde coa súa altura?ANUNCIO Nº 3Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento:Todos os rapaces e rapazas que aparecen no anuncio son moi altos edelgados, pero fíxate sobre todo na rapaza da última parte que sae disfrazadade brasileira, ¿cres que come moitos produtos dos que ela mesma anuncia?ANUNCIO Nº 4Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento:¿Cres que a silueta da actriz é adecuada para a súa altura?Existen táboas de peso ideal según a altura e o peso, que son standares dapoboación adecuados e saudables.Calcula a idade, a altura, o peso e a talla da actriz do anuncio.Compara o seu peso e talla coa seguinte táboa. 6
  7. 7. Homes Mulleres Altura (cm) Peso ideal (Kg) Altura (cm) Peso ideal (Kg) 153 60.5 145 49.8 154 61.9 147 50.1 155 63.0 150 50.1 156 63.0 151 51.3 157 63.1 152 51.8 158 63.9 153 52.1 159 64.6 154 53.3 160 65.3 155 54.2 161 65.4 156 54.6 162 67.2 157 55.1 163 68.1 158 55.1 164 69.5 159 55.4 165 69.8 160 55.8 166 69.5 161 55.8 167 69.5 162 55.9 168 69.9 163 57.8 169 71.4 164 58.2 170 71.7 165 58.9 171 73.7 166 60.3 172 73.7 167 61.4 173 74.3 168 63.2 174 76.3 169 65.9 175 76.4 170 65.3 176 76.8 171 65.1 177 77.8 172 65.3 178 80.0 173 65.5 179 80.1 174 65.5 180 80.6 181 81.0 182 81.1 183 82.9 184 83.0 185 83.5 186 83.6 187 86.0Tamén existe o Indice de Masa Corporal (IMC) para saber se a proporciónentre o noso peso e altura son adecuadas.A formula do IMC é: Peso (Kg) IMC= ----------------- (expresado en Kg/m2) Altura 2 (m) 7
  8. 8. Calcula o IMC da actriz do anuncio e logo compárao coa seguinte táboa. Valores límites de IMC (Kg/m2) Peso Insuficiente < 18.5 Peso Normal 18.5-24.9 Sobrepeso Grao I 25-26.9 Grao II 27-29.9 Obesidade Obesidade I 30-34.9 Obesidade II 35-39.9 Obesidade III (mórbida) 40-49.9 Obesidade IV (extrema) >50.0ANUNCIO Nº 5Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento:Calcula o peso e a altura do rapaz e da rapaza protagonistas deste anuncio ecompárao coa táboa de Peso Ideal.Logo calcula os seus IMC e compáraos coa segunda táboa.ANUNCIO Nº 6Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:PúblicoArgumento:¿Cres que unha rapaza co IMC da actriz do anuncio sería capaz de facer oesforzo físico que fai ela?Cando poidas vai á perfumería, mira o prezo deste perfume e calcula cantosfrascos doutro que cheire tamén ben pero máis barato poderíaste comprar.ANUNCIO Nº 7Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música: 8
  9. 9. Público:Argumento:¿Que tipo de mulleres saen no anuncio? ¿Cales son as súas diferenzas?¿Resultan atractivas aínda que non todas sexan moi delgadas?ANUNCIO Nº 8Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:PúblicoArgumento:Se calculas o IMC da actriz deste anuncio non é tan baixo como as de outrosanuncios anteriores e tamén resulta guapa e atractiva. É posible facer anuncios sen empregar modelos excesivamente delgados/as. DISCRIMINACIÓN DA MULLER A publicidade reflicte o tipo de sociedade onde vivimos, cos valoresimperantes nese momento. Os publicistas din que eles non pretenden cambiarnada, que só reflicten, como se se tratara dun espello, a realidade social. Poisben, aínda debemos de ser unha sociedade moi machista polo que se venalgúns anuncios. A discriminación da muller non só se reflexa nos anuncios de produtosde limpeza e fogar, tamén noutros de consumo tanto para homes como paramulleres.ANUNCIO Nº 1Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento:¿Que profesións saen no anuncio?¿Cales son exercidas por homes e cales por mulleres?¿Existen outras profesións artesanais realizadas por mulleres ou que aspoderían realizar? ¿Cales?Dáse a casualidade de que a maioría dos empregos nas fábricas de conservasde peixe son realizados por mulleres. 9
  10. 10. ANUNCIO Nº 2Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento:¿Qué profesións van xurdindo no anuncio?Estas profesións van dirixidas á muller do anuncio á medida que vai facendocousas na súa casa, relacionándoas con cada unha das cousas que fai “denatural”, reforzando a idea coa voz en off que di “dentro de ti tienes una aficcióno profesión que está a punto de salir”. Este anuncio parece dicir que asmulleres están preparadas e predispostas por natureza para certas profesións.Se xa están “preparadas” ¿para que necesitan aprender? E dicir ¿para quenecesitan unha empresa como CEAC. Entón ¿os homes tamén xa veñenpreparados pola natureza para ser camioneiros, médicos ou fontaneiros?ANUNCIO Nº 3Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:PúblicoArgumento:¿De que sexo son as personaxes que persiguen os seus soños?A única muller que sae en primeiro plano é a esposa do astronauta que lle da omaletín co almorzo para a viaxe espacial.Na realidade na que vives ¿as mulleres persiguen os seus soños? ¿conducencoches coma os do anuncio?ANUNCIO Nº 4Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:PúblicoArgumento:Cousas que fan os homes neste anuncio.Cousas que fan as mulleres neste anuncio. 10
  11. 11. ANUNCIO Nº 5Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento:Cousas que fan os homes neste anuncio.Cousas que fan as mulleres neste anuncio.Escribe un guión dun anuncio deste mesmo produto sen que sexadiscriminatorio para a muller.ANUNCIO Nº 6Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento:¿Quen se supón que ven de traballar neste anuncio?¿Quen se supón que estivo facendo o biscoito na casa?ANUNCIO Nº 7Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento:¿Quen se mancha?¿Quen pon a lavadora?ANUNCIO Nº 8Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento: 11
  12. 12. ¿Que vantaxe quere transmitir o anuncio sobre o produto con respecto a outrossimilares?¿Saen igualmente homes e mulleres traballadores?¿Saen igualmente homes e mulleres deportistas? É posible facer anucios sin discriminar as mulleres. VIOLENCIA Outro dos nosos instintos básicos ós que soen recorrer os publicistas é ode agresividade, moi útil cando temos que sair de situacións de perigo. Unhasveces empregan a violencia de forma moi explícita, pero outras fano de formamoi sutil, encuberta e elaborada. Non só emprégase a violencia para anunciar produtos xa agresivos en simesmos (por exemplo, certos videoxogos), se non tamén para anunciar cousasque non conteñen nada agresivo no seu interior (telefonía, guías telefónicas oucoches)ANUNCIO Nº 1Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento:Na primeira parte do anuncio saen unhas esceas que parecen unha película deacción, que soen ser moi violentas. E é a mesma película que logo se ve natele. Fíxate no contraste que supón co resto das esceas.¿ É necesario empregar a violencia para anunciar telefonía?Escribe un guión dun anuncio do mesmo produto pero sen empregar aviolencia?ANUNCIO Nº 2Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento: 12
  13. 13. O roubo é un acto violento aínda que non teña consecuencias ou lesións físicaspara a víctima. Ó protagonista deste anuncio parece non importarlle porque tendiñeiro para comprarse outro. ¿Reaccionarías ti de igual modo?Se o ladrón quere seguir vendo a TV de pago terá que roubarlle todos osmeses.ANUNCIO Nº 3Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento:Pegar a outra persoa, aínda que sexa escondido e cun artiluxomecánico, é un acto violento. ¿Que lle pasaría ó carteiro se lle chegaa dar?“Matar ó mensaxeiro” non soe solucionar o problema, por iso o mesmo anuncioridiculiza en certo modo ó agresor, pero ¿era necesario intentar pegar a uncarteiro para dicir que o produto é máis barato que outros?Escribe un guión dun anucio do mesmo produto sen empregar a violencia.ANUNCIO Nº 4Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento:Un puñetazo é un acto violento. ¿Soen os cans actuar así?¿Como lle quedaría a cara ó adestrador?ANUNCIO Nº 5Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento:Aquí tamén se recurre a un personase famoso ¿quen é?Os debuxos animados e humor poden disimular a violencia que vai inmersaneste anuncio: ¡as árboles cortanlle a cabeza á xente! 13
  14. 14. ¿É necesaria tanta violencia para anunciar un coche?Cambia o guión.ANUNCIO Nº 6Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento:Aquí a violencia é moi sutil. Unha persoa tira unha maceta desde o seu balcóna outra que parece non sufrir danos. ¿Sucedería así na vida real?O anuncio transmite a idea de que posuir un tipo de coche nos fai más duros,resistentes ás feridas e a dor ¿cres que eso é certo na realidade?ANUNCIO Nº 7Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento:O “rei”, en vez de roubar ó rapaz ó sair do caixeiro automático, dalle unhahamburguesa. Un roubo é un acto violento. Fronte a violencia este anuncioemprega outro concepto ¿cal é?ANUNCIO Nº 8Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento:Neste anuncio saen persoas facendo un tipo de actos completamente opostosá violencia. Noméaos e trata de poñerlles un calificativo a todos en conxunto. É posible facer anuncios sen empregar a violencia. 14
  15. 15. AGORA TI VALORAS Imos analizar este anuncio traballando en pequenos grupos de 4 ou 5alumnos/as.1º- Resposta ás seguintes preguntas, debatento o necesario.Produto:Marca:¿Cantas esceas ten?Slogan:Música:Público:Argumento:¿Que dicía realmente o anuncio?¿Como está presentada a información? Estilo argumental, que elementos usanpara completar o argumento: humor, ironía, etc.¿Emprega o sexo como reclamo?¿Emprega a violencia como reclamo?¿Fomenta a delgadeza?¿Fomenta a discriminación da muller?¿Emprega algún outro valor ou concepto: discriminación social, consumismo,mentira, etc.?2º- Resume do significado do anuncio coas vosas propias palabras reflexandoa opinión do pequeno grupo (cada un o escribe no seu caderno)3º- Posta en común dos resumos de cada grupo, tratando de chegar a unhaopinión xeral do grupo de clase.4º- Opinión persoal das afirmacións do anuncio, posibles contradiccións,valores que fomenta, etc. VOCABULARIO SOBRE PUBLICIDADE Repasa esta unidade didáctica e trata de definir coas túas palabras osseguintes conceptos: - Produto: - Marca: - Argumento: - Estilo argumental: - Segmento de público: - Mensaxe: - Slogan: - Voz en off: - Banda sonora: - Publicista: 15
  16. 16. - Axencia de publicidade: - Anuncio: - Anunciante: AGORA TI GRAVAS Propoñémosche que graves ti en video anuncios que mostren os valoresaquí tratados e os contrarios, ou calquera outros valores que ti observes. Logoexplicarasllos ó resto do grupo. Podes seguir o esquema que empregamosnesta unidade. AGORA TI ERES PUBLICISTA Es un publicista que ten que idear un anuncio de TV para un produto.Elixe o produto, a marca e o logotipo.Escribe o guión do anuncio, empregando valores positivos no argumento.Elixe os teus actores, vestiario, escenarios, musicas, voz en off, etc.Represéntao na clase, e se é posible grávao coa cámara de video do centro. Esta actividade tamén pódese levar a cabo en grupo.Autora: Marta Moro Rodríguez Xefa do Dpto. de Orientación IES Auga da Laxe, Gondomar (Pontevedra)Esta unidade didáctica foi realizada durante unha licenza de estudos concedidapola Consellería de Educación da Xunta de Galicia (2º cuadrimenstre do curso2005-06) 16

×