Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Ulises no Hades (2)

686 views

Published on

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Ulises no Hades (2)

  1. 1. A ruta de Ulises 7ª etapa. País dos Cimerios, NO PAÍS DOS CIMERIOS ITACADesde Troya O HADESHacia ItacaEmpujado por los vientosavista y se aleja de ItacaIda y vuelta a lasColumnas de Hércules
  2. 2. National Gallery. LondresChegou a aurora, de áureo trono, Circe vestiume un manto e cinguiume cun cinto de ouro. Faleilles aos meus compañeiros con dozura: - Non sigades durmindo, Circe aconséllanos partir. Reunidos e espertos todos:- Credes sen dúbida que imos a casa. Pois ben, antes debemos visitar o Hades.
  3. 3. Botamos á auga a negra embarcación, izamos omastro e despregamos as velas; cargamos logo as reses e embarcamos nós tristes e chorosos.Remamos con vento de popa favorable, regalo de Circe, a de lindas trenzas, e fíxosenos de noite.
  4. 4. As tebras ocuparon todos os camiños. Arribamos aosconfíns do Océano, de profunda corrente, onde estáa cidade dos cimerios entre néboas e brumas. Unhanoite perniciosa esténdese sobre os míseros mortais. Chegamos e varamos o barco na praia.
  5. 5. Andamos ao longo da corrente do Océano ata chegar ao sitio que nos indicara Circe.Fresco dunha casa romana 1 a.C. Biblioteca Vaticana
  6. 6. Despois de ter rogado con votos e súplicas aos defuntos, tomei as reses e degoleinas; correu o sangue, e congregáronse, saíndo do Érebo, as almas de mulleres, mozas, mancebos, anciáns, que noutro tempo padeceron moitos males.
  7. 7. Esfoladas as reses, queimeillas a Hades e Perséfone. Desenvaiñei a espada e non permitín ás sombrasinanes que se acercasen antes de que puidese consultar a Tiresias.
  8. 8. A primeira sombra que veu foi a do compañeiro Elpénor que non recibira sepultura na terra inmensa. Ao velo chorei. E faloume:- Suplícoche, xa que sei que ao saír de aquí pararásen Ea, que chores e enterres o meu corpo, para quenon se excite contra ti a cólera dos deuses. Eríxemeun túmulo na beira do espumoso mar e crava nel o remo co que remaba cos meus compañeiros.
  9. 9. Veu despois a alma de Tiresias que empuñaba áureo cetro: - ¿Por que, infeliz, deixaches a luz do sol e ves a ver os mortos? Apártate do foxo para que, bebendo sangue, che revele a verdade do que queiras. Bebeu sangue e falou:- Buscas o regreso á patria, pero un deus faracho difícil; non esquece que lle cegases o seu fillo. Na illa Trinacria, se deixases indemnes as ovellas e vacas do sol, aínda chegarías a Ítaca. Girodet De Roussy-Trioson Anne-Louis (1767-1824) Dijon, musée Magnin
  10. 10. -Tiresias, vexo a alma de miña nai defunta que está silenciosa a carón do sangue. Dime como poderá recoñecerme: - Aquel dos defuntos que se acerque ao sangue darache noticias certas. Dicindo estas palabras foise á morada do Hades. -
  11. 11. Veu miña nai, bebeu do negro sangue, entre saloucos dixo: - Fillo, ¿como baixaches en vida a esta escuridade tenebrosa? - A necesidade de consultar a Tiresias, pois sempre andoerrante e padecendo desgracias. ¿Que fado acabou contigo? ¿E meu pai? ¿E meu fillo? -Telémaco cultiva en paz as herdades. Teu pai queda no campo e durme entre os escravos.
  12. 12. - Revélame o pensamento e a vontade da miña esposa Penélope. - Penélope continúa aflixida no palacio, chorando sen parar.Leandro da Ponte, 1557-1622
  13. 13. Quixen entonces abrazar a miña nai defunta.Tres veces achegueime a ela, tres veces fóiseme voando entre as mans, como sombra ou soño.
  14. 14. Vin a Agamenón que me contou o crime de Existo e Clitemnestra:- A filla de mala nai afastouse, deixándome ir ao Hades, sen dignarse pecharme os ollos. Conversabamos e apareceron as sombras de Aquiles e Patroclo e Aiax.
  15. 15. E díxome Aquiles chorando: - Desgraciado, ¿como, insaciable ás aventuras, ousaches baixar ao Hades? - Necesitaba os consellos de Tiresias. Aquiles, non haberáxamais un home máis afortunado ca ti. Es un príncipe entre os mortos - Non me consolas. Preferiría ser o último dos campesiñosque se envorcallan na esterqueira entre os vivos que ser rei entre os mortos que xa non son nada. Jacques Louis David,1780
  16. 16. Vin a Minos, sentado e empuñando uncetro dourado, pois administraba xustiza aos defuntos.
  17. 17. Vin o atormentado Tántalo de pé nun lago. A auga ata a barba, tiña sede e non podía beber. Cantasveces intentaba saciarse, outras tantas desaparecía a auga absorbida pola terra. Sobre el colgaban as froitas de altas árbores e, cando o vello alzaba os brazos para collelas, o vento leváballas.
  18. 18. Vin a Sísifo, que padecía empurrando coas mans unha enorme pedra. Ía conducíndoa cara ao cume, pero, cando lle faltaba pouco para deixala, unhaforza poderosa derrocaba a insolente pedra, que caía a rebolo ata o pé do monte.
  19. 19. - Astuto Ulises, perséguete un fado funesto como o que eu padecía. Sufrín males sen conto por estar sometido a un home infame que me ordenaba penosos traballos. Envioume aquí para que sacase o can, créndoo imposible.Guiado por Hermes e Atenea, a de ollos de curuxa, nada hai imposible.
  20. 20. Hércules tornou a internarse na morada de Hades eeu quedei inmóbil por se viña algún heroe dos que morreron anteriormente. Congregáronse un gran número de defuntos cun inmenso balbordo ...
  21. 21. ... e, palidecendo de medo, temín quePerséfone me enviase do Hades a horrenda cabeza da Gorgona. Volvín de seguido á embarcación e ordenei aos compañeiros embarcar e soltar amarras.
  22. 22. Deixando a nave atrás o inmenso Océano,chegamos de novo á illa de Circe, onde están amansión e as danzas da Aurora, filla da mañá, e o orto do sol. Varámola na area eentregámonos ao sono, agardando a aparición da divina Aurora. Champaigne Jean-Baptiste de (1631-1681)

×