Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Hercules

503 views

Published on

Los doce trabajos de Hércules

• Be the first to comment

Hercules

1. 1. God Bless The Child.Keith Jarrett, Gary Peacock, Jack DeJohnnette © Trustees of the British Museum José M. Otero
2. 2. Coypel Noël (1628-1707) Crédit photographique : (C) RMN - ©Gérard Blot Heracles, fillo de Zeus, con moito o máis excelente dos que habitan na terra, a quen pariu en Tebas Alcmena, a das elegantes danzas, despois de se unir co Cronida, amontoador de nubes.
3. 3. Heracles que, errante primeiro pola terra inmensa e polo mar, a causa das tarefas encomendadas polo soberano Euristeo, realizou moitas fazañas temerarias e padeceu moitos sufrimentos. Himno homérico a Heracles Heraclès à la croisée des chemins.Carrache Annibale (1560-1609) (C) Archives Alinari, Florence, Dist RMN / Luciano Pedicini
4. 4. Palacio Vecchio. Florencia. Sala de Hércules Fotografía: José M.Otero
5. 5. Ningún cazador conseguía abater a fera que devastaba os rebaños de Tespio e Anfitrión. Hércules con 18 anos instálase no palacio de Tespio e ó cabo de 50 días consegue dar morte á fera e deixar preñadas ás 50 fillas do rei. Cada noite despois do esforzo da caza o rei metíalle na cama a cada unha das fillas co propósito de ter 50 netos herdeiros do heroe.
6. 6. Fotografía: José M.Otero Palacio Vecchio. Florencia. Sala de Hércules
7. 7. FORZA, PODER, SOBERANÍA Cando Heracles se enfrontou a el por primeira vez, usando o seu arco e as súas frechas, un garrote feito dunha oliveira (que el mesmo arrincara da terra) e unha espada de bronce, todas as armas resultaron inútiles. A morada do animal tiña dúas entradas: Heracles azuzouno ata que o animal penetrou nela, atrancou unha das entradas e, acurralándoo pola outra, atrapouno e estrangulouno meténdolle un brazo pola gorxa ata esganalo .
8. 8. Fotografía: José M.Otero Palacio Vecchio. Florencia. Sala de Hércules
9. 9. A PROLIFERACIÓN DO MAL A hidra tiña corpo de can e nove cabezas, unha delas inmortal. O seu bafo era letal. Como cada vez que Hércules lle rebanaba unha cabeza volvíalle crecer, coas brasas dun bosque incendiado coa a axuda do sobriño Iolao, íalle queimando a ferida para que non se reproducira.
10. 10. Museo Louvre
11. 11. O INSTRUMENTO CEGO DOS DEUSES Euristeo quería que lle entregase o xabarín vivo . O heroe atrapouno cunha rede e levoullo. Euristeo ó velo, cheo de medo, agachouse nunha cuba.
12. 12. Museo Louvre
13. 13. A VELOCIDADE Animal fabuloso consagrado a Artemisa. Tiña cornos de ouro e pezuños de bronce. Era tan veloz que era imposible darlle alcance. Hércules andou detrás dela durante un ano ata abatila cunha frecha.
14. 14. Fotografía: José M.Otero Palacio Vecchio. Florencia. Sala de Hércules
15. 15. As aves do Estinfalo mutiplicáranse ata converterse nunha praga para as xentes veciñas da Arcadia. Devoraban os froitos dos campos, destruían as colleitas. Euristeo mandáralle a Hércules que acabase con elas. A dificultade residía en que as tiñas que facer saír dun tupido bosque. Fabrica unhas castañolas de bronce e co ruido espanta as aves. Logo abáteas a frechazos. Museo Louvre
16. 16. Hércules fai fronte ó humillante traballo de limpar os cortellos, conseguindo desviar o cauce de dous ríos, Alfeo e Peneo, e concentralo no patio do Cortello. Auxías págalle cunha parte do rebaño, como acordaran previamente. Museo Prado. Zurbarán
17. 17. Fotografía: José M.Otero Palacio Vecchio. Florencia. Sala de Hércules
18. 18. A FORZA FÍSICA EN GRADO SUMO Hércules captura o fermoso touro branco que o deus Poseidón fixo tolear; ademais expulsaba lume polo fociño e percorría a illa de Creta destruíndo todo ó seu paso. Sae á procura do touro e, tras unha breve loita, agarrouno polos cornos e subiu ó seu lombo, despois conduciuno, polo mar Exeo, ata Micenas. Unha vez en presenza do rei Euristeo, este decidiu consagralo á deusa Hera, á quen non lle agradou pola ferocidade; Euristeo entón déixao libre.
19. 19. dd Johann Gottfried Schadow:  Herkules und die Rosse des Diomedes , Relief, gebrannter Ton, Berlin, um 1790 (Modell für einen der Tondi am Brandenburger Tor) Diomedes era rei de Tracia, dono dunhas eguas que alimentaba con carne humana. Hércules, que parte para Tracia co propósito de acabar coa desgraza, entrega o propio Diomedes á voracidade das bestas e quedan definitivamente saciadas e domanadas.
20. 20. O noveno traballo  foi obter o cinto de Hipolíta, a raíña das amazonas, un antollo de Admete, filla de Euristeo. Hércules secuestra a irmá da amazona e pidelle como botín o cinto; outras versións falan de que foi un testimonio de namoramento, xa que Hipolita perdera o sentido polo heroe. Museo Louvre Hermitage Museum
21. 21. Museo Louvre
22. 22. Euristeo manda a Hércules a illa de Eritia, situada no occidente extremo onde Xerión tiña unha manada de fermosos bois gardados por Eritión e o monstruoso can Ortro. Para poder cruzar o Oceano o heroe pide prestada a copa do Sol, na que este se embarcaba todas as noites para regresar ó seu palacio de oriente.
23. 23. Fotografía: José M.Otero Palacio Vecchio. Florencia. Sala de Hércules
24. 24. Fotografía: José M.Otero Palacio Vecchio. Florencia. Sala de Hércules
25. 25. Anteo, fillo da deusa da terra Xea, desafiaba a todo aquél que atravesaba os seus dominios. Sempre vencía nas súas pelexas, posto que cada vez que caía na terra Xea dáballe forzas de novo. Deste xeito retou tamén a Hércules, quen ó descubrir os enganos de Anteo, mantívoo no alto impidíndolle recibir o alento da súa nai ata esganalo.
26. 26. Fotografía: José M.Otero Palacio Vecchio. Florencia. Sala de Hércules
27. 27. O xardín das Hespérides estaba a carón do monte Atlas . Como as fillas de Atlas acostumaban saquear o xardín, Hera encoméndalle a súa garda a un dragón inmortal de cen cabezas, a quen acompañaban tres ninfas, as Hespérides, Egle (A Respladecente), Eritia (A Vermella) e Hesperaretusa (Aretusa de poñente). Hércules busca o camiño con distintas artimañas, mata o dragón e consegue as mazás de ouro.
28. 28. Fotografía: José M.Otero Palacio Vecchio. Florencia. Sala de Hércules
29. 29. +- 510 av J.-C. Amphore à figures noires . Paris, musée du Louvre . O DEMO INTERIOR Hércules pídelle a Hades autorización para levar a Cerbero, quen acepta coa condición de que debe dominar o animal só coas armas habituais, revestido coa coraza e a pel de león.
30. 30. O heroe ataca a Cerbero: colleuno polo gañote e pese a que o rabo remataba nunha especie de dardo como o dun escorpión, pero non soltou a presa ata tela dominada. Sae á terra coa presa e cando lla entrega a Euristeo , este, do medo que lle entra, escapa a esconderse nunha xarra. Hércules ó non saber que facer co can Cerbero devólvello a Hades.
31. 31. Despois de matar a Ifito, fillo de Eurito, para quedar purificado debía venderse como escravo e servir ó dono durante tres anos. O diñeiro da venda sería para Eurito en concepto de prezo de sangue. Hércules foi comprado por Ónfale, raíña de Lidia por tres talentos: mentres viviu con Ónfale un intenso amor disfrazábase de muller e ela tomaba os atributos do heroe. Hermitage Museum
32. 32. Zurbarán . Museo del Prado A celosa Deianira, a esposa esquecida en beneficio de Iole, filla de Eurito e novo amor do heroe, ofreceulle a túnica empapada do sangue envelenado do centauro Neso (filtro amoroso). Ó poñela o heroe foi atacado polo veleno e consumido por terribles dores…..
33. 33. Hercule sur le bûcher. Auteur : Reni Guido (1573-1642), le Guide (dit) Giordano Luca. Museo del Prado … ordenou que lle fixesen unha pira no monte Eta e botouse ó lume. Deianira, chea de remorsos, afórcase por telo perdido.
34. 34. Zeus ordena sacalo do lume e condúceo ó Olimpo onde lle concede a immortalidade
35. 35. Agora habita compracido a fermosa sede do nevado Olimpo…
36. 36. e ten como esposa a Hebe, a de fermosos nocellos.
37. 37.

A maza , feita por el mesmo no primeiro traballo.

A espada que recibe de Hermes.

O arco e as frechas de Apolo.

A couraza dourada de Hefesto.

O peplo de Atenea

38. 38. Video : Sala de Hércules. Palazzo Vecchio. Florencia