Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Wonder. Materiais de traballo.

2,006 views

Published on

Materiais de traballo sobre a novela "Wonder. La lecciónde August"
www.afiestradamestra.gal

Published in: Education
  • Be the first to comment

Wonder. Materiais de traballo.

  1. 1. WONDER www.afiestradamestra.gal A LECCIÓN DE AUGUST 1. PREGUNTAS PARA CADA PARTE 2. UN PARÁGRAFO PARA DECIR... 3. PROPOSTAS PARA IR MÁIS ALÁ 4. A CAMPAÑA EN EQUIPO
  2. 2. www.afiestradamestra.gal Preguntas sobre cada parte
  3. 3. Wonder. A lección de August Parte 1: August 1. Quen é o personaxe principal e cántos anos ten? 2. Que significa para ti “ser normal”? 3. Que pediría August a unha lámpada dos desexos? Que pedirías ti? 4. Azul de nenos e rosa de nenas? En que frase demostra August que el tamén ten moito que aprender sobre isto? 5. Quen é o Señor Traseronian e porque le fai tanta gracia o nome a August? 6. August demostra estar moi asustado por ir ao colexo; fai unha lista de pros e contras de ir ao cole como se a fixera el mesmo. 7. Na túa opinión, que tal foi a visita ao colexio de Beecher? 8. Que impresión temos de Julian baseándonos nos seus comentarios e reaccións? 9. Escribe 3 sensacións ou sentimentos que che provoca un primeiro día nunha escola nova. 10.Si te tiveras que presentar nunha aula nova que dirías sobre ti? 11.Que comentario fai Julian en resposta a August que parecendo inofensivo ten un significado insultante? 12.Explica coas túas palabras que é un precepto. 13.Con quen come Agust o primeiro día? 14.Explica de xeito resumido o xogo de “Tocar queixo” ou a “Peste”. 15.Que pasou a mañá de Halloween? Que cres que levou a Jack Will a falar así cando pensaba que August non o esoitaba? www.afiestradamestra.gal
  4. 4. Wonder. A lección de August Parte 2: Via 1. Quen é Via? 2. Cal é a diferencia entre empatía e simpatía? Mira este vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=ALh6NYPSanI Cal cres que ten máis valor e por que? 3. Despois de ler o capítulo “Un paseo por la galaxia” describe o carácter de Via. 4. Escolle unha palabra para describir a sensación que ten Via durante a estancia en Montauk. 5. Lendo o capítulo “August a través de la mirilla” fai un debuxo do rostro de August. 6. Via quere moitísimo a Auggie pero, por que cres que pode pasar momentos difíciles para aceptar a totalidade de como é el? 7. O capítulo Comandante Tom (Mayor Tom) chámase así pola canción Space Oddity d e David Bowie. Escoita e examina detidamente a letra, despois escribe un pequeño parágrafo sobre como a canción pode relacionarse con Via e tamén con August. 8. Que pasa entre Miranda e Via? 9. Por que cres que se enfada Via cando August corta a súa trenza? 10.Por que non foi Via ao cole o día de Halloween? 11.Por que lle gusta tanto Halloween a August? 12.En que se parece a mañá de Halloween de August á de Via? 13.Como cres que se sentiu Via cando a súa nai non pasou a falar con ela na cama? 14.Como cres que se sentiu a nai? 15.Por que Vía convence a August para voltar ao colexio? www.afiestradamestra.gal
  5. 5. Wonder. A lección de August Parte 3: Summer 1. Despois de ler “Niños raros” escribe 3 adxectivos que describan a Summer. 2. Como cres que se sentiu August cando Summer sentou con ela? 3. Resume nunha frase o que sucede na festa de Savanna. 4. Por que August cre que Summer é a súa amiga por obligación? 5. No seu colexio montan unha exposición sobre Exipto. Sobre que cres que sería interesante montala ti? 6. Como reacciona August cando Summer pregunta de xeito educado pola súa apariencia? 7. Que pista da Summer a Jack sobre o enfado de August? Parte 4: Jack 1. “O esencial é invisible aos ollos” é unha frase do libro “O principiño” coa que comeza esta parte. Que cres que quere dicir? 2. Por que Jack comeza a pasar máis tempo con August? 3. De que se decatou Jack na clase de ciencias? 4. Por que Jack pega a Julian? Que consecuencias ten ese acto? Pensas que son xustas? Por que? 5. Sinala as ideas máis importantes dos e-mails, cartas e mensaxes de Facebook. 6. Se tiveras que escoller un “bando” cal escollerías e por que? 7. Por que é importante que xogos inmaduros coma esa guerra deixen de existir nos colexios? www.afiestradamestra.gal
  6. 6. Wonder. A lección de August Parte 5: Justin 1. Por que a Justin gústalle tanto Olivia? 2. Que fai que Olivia sinta nervios cando Justin coñece a August? 3. Por que Justin di que a súa familia non se parece en nada á familia Pullman? 4. Que fai Justin cando Jack se vai no autobús? Que cres que é o que lle fai actuar? 5. A justin ensínanlle a lista dos “bandos” e por exemplo, Charlotte non aparece nela. Son os compañeiros/as “neutrais” aínda máis peligrosos que os “matóns”? 6. Por que Olivia di que é unha “persona horrible”? 7. Que quere decir Justin coa frase “O universo coida de todos os seus paxaros”? Estas de acordo ou en desacordo con esa frase? Parte 6: August 1. Como molestan Julian, Miles e Henry a Jack e August? 2. Que cousas comezaron a cambiar en marzo? 3. August di: “É curioso: ás veces precúpaste un montón por algo que ao final resulta non ser nada”. Pasouche algo así algunha vez? 4. Escribe polo menos 4 palabras para os sentimentos de Via en “El secreto de Via” 5. Escribe polo menos 4 palabras para os sentimentos de August en “Mi cueva” 6. Despois da despedida de Daisy, que experimenta August por primeira vez na casa? 7. Quen fai de Emily na obra de teatro finalmente? www.afiestradamestra.gal
  7. 7. Wonder. A lección de August Parte 7: Miranda 1. Quen é Miranda? 2. Por que minte Miranda no campamento? 3. Por que cambia a apariencia de Miranda? 4. Porque Miranda non chama a Via despois do campamento? 5. Miranda di que Eva é unha amiga máis “fácil” que Via, por que? 6. Describe como é para ti un bo amigo/a. É fácil? 7. Porque se sinte tan feliz Miranda despois da obra de teatro? Parte 8: August 1. Cando a nai de August di que non pode crer todo o que creceu este ano tamén di que non se refire á súa estatura. A que se refire entón? 2. Que pasa mentres están no bosque? 3. Por que cres que Amos, Miles e Henry deciden axudar? 4. Que cambiou cando voltaron ao colexio? 5. Que significa “intentar sempre ser máis amables do necesario”? 6. Que premio recibiu August? Por que? 7. Como remata a historia? www.afiestradamestra.gal
  8. 8. www.afiestradamestra.gal Un parágrafo para decir...
  9. 9. Wonder. A lección de August Dándoo todo nun parágrafo (ou un par) Convence a alguén para que lea Wonder. Que é máis importante: a beleza interior ou exterior. Que é o máis dificil de aceptarse a un mesmo e aos demáis tal e como son? Escribe algo amable que fixeras hoxe. Que podes facer mañá? Define VALENTÍA nas túas verbas e explica a súa importancia. Escribe algo que aprenderas no colexio que non teña que ver coas áreas curriculares. Se ves que están molestando a alguén na escola... Que farías e por que? A perseverancia é o esforzo continuado por lograr algo a pesar das dificultades, erros ou oposicións. Debuxa como cres que é ese termo e explícate brevemente debaixo. www.afiestradamestra.gal
  10. 10. Wonder. A lección de August Se un amigo/a está tendo un día difícil que 3 pequenos consellos lle darías? Mira este vídeo: https://goo.gl/n8fYBq Que diferencia a simpatía da empatía? Cal é máis importante? Por que? Precepto: “Cando teñas que escoller entre ter razón e ser amable, escolle ser amable” Precepto: “Os teus actos son os teus monumentos” Precepto: “Ningún ser humano é unha illa, completo por si mesmo” Escribe e explica o teu propio precepto. www.afiestradamestra.gal
  11. 11. www.afiestradamestra.gal Propostas para ir máis alá
  12. 12. Wonder. A lección de August Twitter: En 140 caracteres (letras, puntación, espazos...) resume a novela, despois compartiremos os chíos coa clase e poderemos darlle a “favorito” aos que máis se axusten e crear chíos mellorados. #wonder Crítica: Unha revista contrátate para escribir unha reseña ou crítica do libro. Nun parágrafo escribe a túa opinión e por que os lectores deben ou non deben ler este libro. Valora tamén o libro cunha puntuación de 1 a 10. ________________________________________________________________________ ________________________________________________________________________ ________________________________________________________________________ ________________________________________________________________________ ________________________________________________________________________ ________________________________________________________________________ ________________________________________________________________________ ________________________________________________________________________ ________________________________________________________________________ ________________________________________________ www.afiestradamestra.gal
  13. 13. Wonder. A lección de August Poesía: Escribe un poema (mínimo 8-10 versos) desde a perspectiva dun dos personaxes. Escribe tamén unha pequena explicación sobre o significado da poesía. Sé creativo/a! www.afiestradamestra.gal
  14. 14. Wonder. A lección de August Cómic: Escolle a túa escena favorita do libro e crea un comic (unhas 5 viñetas) da escena. Colle o papel e emprega coidadosamente os debuxos, palabras, cores, etc. Música: Os productores da película sobre este libro contactan contigo para axudarlles coa banda sonora. Escolle 5 cancións que ti pensas que irían ben coa peli e explica as túas escollas. www.afiestradamestra.gal
  15. 15. Wonder. A lección de August Máis alá: Ao final do libro, August e os seus compañeiros entrarán en 6º, escribe un capítulo extra sobre o primeiro día de curso. Que sucede? Como son os/as profes? Que personaxe mostra o seu punto de vista? (mínimo 4 parágrafos) www.afiestradamestra.gal
  16. 16. Wonder. A lección de August ¿Cómo é August? Enche o seu retrato de palabras que reflictan os seus sentimentos ao longo da novela (Emprega cores, tipos de letra, direccións...) www.afiestradamestra.gal
  17. 17. Wonder. A lección de August O teu retrato Wonder Nesta tarefa crearás o teu retrato “Wonder”, sigue as instruccións! 1. Selecciona e debuxa ao estilo “wonoder” (trazo groso e negro) a forma da túa cara. 2. Selecciona e engade aos debuxos os seguintes elementos co mesmo estilo: • Pelo • Ollo (dereito ou esquerdo) • Orellas (si é que se ven) • Accesorios (gafas, gorros/as, diademas, lazos,...) 3. Enche todo o debuxo con palabras, frases e/ou pequenos debuxos que che representen a ti e ao que verdadeiramente lle das importancia. Como queres que te vexan? 4. Unha vez rematado escribe nunha tarxeta unhas liñas que expliquen o teu retrato para engadilas á túa obra. www.afiestradamestra.gal
  18. 18. Wonder. A lección de August _________________________________________________ www.afiestradamestra.gal
  19. 19. www.afiestradamestra.gal A campaña en equipo
  20. 20. Wonder. A lección de August A campaña: Toda fotografía conta unha historia. Todos/as buscamos de xeito natural historias e significados nas imaxes, cando as vemos unimos a nosa subxectividade, valores e experiencias para darlles un significado. A fotograía é unha ferramenta moi poderosa para unha campaña, un modo único de, seleccionando coidadosamente un momento e un espazo, transmitir unha mensaxe. Sodes os encargados/as de realizar unha campaña fotográfica que sirva para concienciar a toda a escola da importancia da amabilidade e o valor da diversidade e o respecto! En equipos deberedes pensar que é o que queredes transmitir e como podedes transformar esa mensaxe nunha fotografía (e unha pequena mensaxe/slogan). Aquí tedes roles para os membros do equipo e tarefas que debedes acometer. Pensade que unha única persona pode asumir varios roles e que un rol que esixa moito traballo pode ser asumido por máis de un membro do equipo! • Creativos/as (todos/as!): Pensan a ídea que queren transmitir, a mensaxe (en contra da discriminación por razóns de... /a favor de.../ pedindo.../advertindo...) • Deseñador/a de arte: Plantexa como se vai plasmar a mensaxe nunha imaxe, fai o boceto da fotografía antes de realizarse (imaxe, ángulo, encadre, luz...) • Modelos/Atrecistas: Listan e preparan todo o preciso para a foto (quen sae (eles mesmos?), que sae, obxectos, roupa, localización...) • Fotógrafo/a: Toma a instantánea. • Deseñador/a gráfico: Realiza o deseño do cartaz que acompaña á fotografía e no cal se manda unha mensaxe escrita directa. • Redactor/a e presentador/a: Preparan como presentarán o seu traballo aos compañeiros/as. Como explican o seu traballo. www.afiestradamestra.gal
  21. 21. Wonder. A lección de August Equipo:__________________________________________________________________ Idea xeral (Que queremos transmitir?) • Non esquezades redactar e preparar a presentación. • Non esquezades o final dos bocetos (tomar a imaxe e realizar o cartaz) • Non esquezades reflectir impresións personais do proceso no diario/ portfolio. www.afiestradamestra.gal Boceto da imaxe: Listaxe de elementos necesarios: Boceto do cartaz
  22. 22. Wonder. A lección de August Importante: Aquí podedes ver os elementos principais que se terán en conta no traballo, tédeos moi presentes para a realización do mesmo! 0 - 2.4 2.5 – 4.9 5.0 – 7.4 7.4 - 10 Mensaxe O producto non envía unha mensaxe definida O producto envía unha mensaxe correcta O producto envía unha mensaxe clara e dacordo cos valores que se procuran O producto e envía unha mensaxe interesante e positiva dacordo cos valores que se procuran transmitir. Creatividade O producto e o proceso non foron creativos, están inacabados, copiados... O producto é correcto e implica certo desenvolvemento creativo O producto mostra creatividade grupal para crear unha imaxe única O producto mostra un esforzo creativo grupal para elaborar unha peza xenuína Linguaxe fotográfica (luz, encadre...) Non emprega ningún elemento de linguaxe fotográfica Emprega polo menos un elemento da linguaxe fotográfica Emprega a linguaxe fotográfica para crear unha imaxe adecuada. Emprega a linguaxe fotográfica tendo en conta tanto a imaxe como o mensaxe que quere transmitir Presentación Non realizan presentación ou está improvisada. Realizan unha presentación correcta pero escasa da imaxe creada. Explican a súa imaxe de xeito correcto. Explican tanto a imaxe, o que queren transmitir, por que escolleron esa mensaxe e tamén o proceso levado a cabo. Traballo en equipo Tívose que intervir en numerosas ocasións para o funcionamento do grupo, resolver conflictos, cambios, etc. O equipo precisou de algunha intervención para funcionar, reorganizar roles ou tarefas, etc. O equipo funcionou correctamente, cada membro asumiu os seus roles e precisaron e intervención puntuais. O equipo funcionou correctamente, cada membro asumiu os seus roles e tarefas, traballaron de forma coordinada e creativa, con respecto, axuda, paciencia, etc. www.afiestradamestra.gal

×