Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

O mitón

414 views

Published on

Materiais para a dramatización e musicalización do conto "O mitón"
www.afiestradamestra.gal

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

O mitón

  1. 1. Materiais sobre o conto “O mitón” de Jan Brett www.afiestradamestra.gal •Presentación dos personaxes •Caroutas para representación
 (engadir gran mitón de papel contínuo branco) •Musicando a historia (nivel 1: personaxe-instrumento PAI) •Musicando a historia (nivel 1 ) tarxetóns •Musicando a historia (nivel 2: personaxe-patrón rítmico) •Musicando a historia (nivel 2) tarxetóns •Adaptación do conto “O mitón” de Jan Brett
  2. 2. Personaxes: NICKY BABÚ Os mitóns de Nicky! Clip arts creados por KPMDoodles adquiridos para o seu uso en ETSY www.afiestradamestra.gal
  3. 3. TOUPA COELLO OURIZO MOUCHO www.afiestradamestra.gal
  4. 4. TEIXUGO RAPOSO OSO RATO www.afiestradamestra.gal
  5. 5. Caroutas dos personaxes (Ilustracións dispoñibles para descarga da web da autora do libro) www.afiestradamestra.gal
  6. 6. Para musicar: Identificación animal-instrumento Nivel 1 www.afiestradamestra.gal
  7. 7. Para musicar: Identificación animal-patrón rítmico Nivel 2 www.afiestradamestra.gal
  8. 8. Adaptación do conto “O mitón” de Jan Brett www.afiestradamestra.gal
  9. 9. O mitóns Había unha vez un neno chamado Nicky que desexaba uns mitóns de lá brancos como a neve. Ao principio, a sua avoa Babú non lle quería tecer os mitóns brancos. - Se che cae un na neve, nunca o atoparás! - advertiulle. Pero Nicky quería os seus mitóns brancos e, por fin, Babú teceullos.
  10. 10. - Cando volvas, o primeiro que farei será ver se estás san e salvo, e despois mirarei se aínda tes os teus mitóns brancos como a neve.- Así que Nicky saiu a dar un paseo, ao pouco caeulle un dos mitóns na neve e non se decatou.
  11. 11. Unha toupa, cansada de facer túneles, descubriu o mitón e meteuse nel. Alí dentro estaba moi cómoda e quentiña e o tamaño era perfecto, así que decidiu quedar. Un coello branco achegouse brincando, detívose para admirar a súa pelaxe de inverno e entón viu o mitón e meteuse coma unha serpe, coas patas traseiras primeiro. A toupa pensaba que alí non collían os dous, pero ao ver as enormes patas do coello, botouse a un ladiño.
  12. 12. Máis tarde apareceu un ourizo fisgando por alí. Pasara todo o día buscando algo p a r a c o m e r b a i x o a s f o l l a s molladas así que decidiu entrar no mitón para entrar en calor. Á toupa e ao coello molestáronlles os golpes e empurróns pero non querían discutir con alguén cheo de púas… e lle fixeron un sitio.fixeron
  13. 13. No mesmo intre no que o ourizo rematou de acomodarse chegou un moucho grandote intrigado por tanto alboroto. Cando o mocho decidiu meterse tamén a toupa, o coello e o ourizo protestaron, pero ao ver as afiadas garras do moucho… correron a facerlle un sitio. moucho ,
  14. 14. Entón un teixugo saíu da neve. Botou unha ollada ao mitón e comezou a se meter. A toupa, o colleo, o ourizo e o m o u c h o n o n e s t a b a n m o i contentos. Xa non quedaba sitio para ninguén! Pero ao ver as súas potentes patas escavadoras… deixárono pasar. coello
  15. 15. Comezou a nevar, pero os animais estaban moi quentiños no mitón branco. Do mitón saía algo de vapor e, un raposo que pasaba por alí, parou a investigar. Ao ver o mitón tan abrigadiño déronlle ganas de durmir unha sesta. O raposo meteu o fuciño e cando a toupa, o coello, o ourizo, o moucho e o teixugo viron os brillantes dentes… fixéronlle un montón de sitio.
  16. 16. Un enorme oso pasaba por alí e viu o mitón ben gordiño. A el tampouco lle gustaba a idea de quedarse só pasando frío, así que meteu o nariz e comezou a facer un sitio. Todos os animais estaban tan apretados que non collía nin un alfinete pero… quen lle ía dicir que non a un oso? O mitón inflouse, estirou e volveuse moito máis grande. O tecido de Babú aguantaba ben.
  17. 17. Entón apareceu un ratiño de campo, pequeno coma unha landra. Conseguiu meterse no único espazo libre que quedaba e acomodouse sobre o fuciño do oso.
  18. 18. O rato cos seus bigotes fixo cóxegas ao oso que estornudou estrepitósamente. - Aaaaaaaaaaachúúúúúús!- Coa forza do estornudo o mitón voou polo aire e todos os animais saíron voando.
  19. 19. No camiño de volta á casa, Nicky viu algo branco ao lonxe. Era o seu mitón perdido que se vía voando no ceo azul! Mentres corría para atrapar o mitón branco ao voo viu a cara de Babú na fiestra. O primeiro que fixo Babú foi ver se estaba san e salvo e despois mirou se traia os mitóns novos.
  20. 20. Conto: “O mitón” - Jan Brett

×