Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

María Victoria Moreno Fichas

6,193 views

Published on

Fichas sobre a autora galardoada no Día das Letras Galegas 2018, María Victoria Moreno. www.afiestradamestra.gal

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

María Victoria Moreno Fichas

  1. 1. MARÍA VICTORIA MORENO Anagnórise é unha obra que narra a historia de Nicolau viaxando facendo autoestop, nel Xulia, que recolle a Nicolaou pregúntalle se botará de menos o mar da súa terra e... – “Non me recorde o mar cando está lonxe nin me fale da auga entre os barbeitos. – Recoiro rapaz! Ti es un poeta! – Quen eu? – Logo. Demorácheste un chisco en responder pero saíronche dous endecasílabos perfectos.” 1. Qué é un verso endecasílabo? _______________________________________________________________________________________________________ 2. Que bota de menos Nicolau? _______________________________________________________________________________________________________ 3. Que botarías de menos ti se marcharas de onde vives? _______________________________________________________________________________________________________ 4. Reescribe a resposta de Nicolau como se contestaras ti: Non me recorde_______________________________________________________________________________________ nin me fale___________________________________________________________________________________________ 5. Ademáis do título desta obra de María Victoria Moreno, que significa a palabra “anagnórise”? _______________________________________________________________________________________________________ 6. Por que se pode chamar así esta obra? _______________________________________________________________________________________________________ www.afiestradamestra.gal
  2. 2. MARÍA VICTORIA MORENO Din de María Victoria que gostaba de madrugar para escribir como ela describiu neste poema: Gústame o cheiro do pan dos amenceres, e as adoriñas tolas, e as luces febles. Gústame a vida cando xermola en gozo ó abrir o día. 1. Conta as sílabas dos versos do poema e pon o número a carón de cada verso. IMPORTANTE: Lembra que unha sinalefa é a unión dunha vogal ou vogais finais dunha palabra coa vogal ou vogais iniciais da seguinte de xeito que forman unha soa sílaba a efectos métricos. 2. Que lle gusta a María Victoria? _______________________________________________________________________________________________________ 3. Que parte do día prefires ti? Que cousas ten esa parte do día que che gustan? _______________________________________________________________________________________________________ 4. Reescribe e ilustra os versos de María Victoria tendo en conta o que che gusta a ti. Gústame... www.afiestradamestra.gal Elexías de Luz
  3. 3. MARÍA VICTORIA MORENO A María Victoria encantáballe escribir, contar contos e tamén os nenos e nenas. Cunha presa de letras e un aloumiño vouche contar un conto coma un sorriso. Un conto ledo coma os ollos dun can e a voz dun neno. 1. Que outras cousas lle poderían gustar a María Victoria? Reescribe: Cunha presa de cores... Cunha presa de notas... Cunha presa de peras... BONUS:Eatí?Quechegusta?Faioteupropiopoemabaseadonestepordetrás! www.afiestradamestra.gal
  4. 4. MARÍA VICTORIA MORENO María Victoria era unha mestra namorada da súa profesión, coñecedora da importancia e tamén da sabedoría dos rapaces e rapazas aos que daba clase. Ela mesma leu na Feira do Libro de Pontevedra de 2003: Cachorros da miña especie, de intelixencias espertas, rebuldeiros e curiosos, que convertestes en festa tantas horas de traballo desta transgresora mestra. 1. Quen serán os “cachorros da miña especie”? _______________________________________________________________________________________________________ 2. Atopa todos os adxectivos que poidas no poema. _______________________________________________________________________________________________________ 3. Por que frase se deduce que a María Victoria lle gusta o seu traballo? _______________________________________________________________________________________________________ 4. Como sería o poema se non lle gustaran nada os nenos nin o traballo de mestra? Cachorros da miña especie... www.afiestradamestra.gal
  5. 5. MARÍA VICTORIA MORENO Na obra “Mar adiante” María Victoria conta a historia duns rapaces e rapazas que viven unha aventura nun barco escola que surca os mares e o vento. Lola, unha das tripulantes érguese cedo e canta... Raparigos do Arroás, fóronse as nubes do ceo e érguese o sol dende o mar... Non sexades preguiceiros Vinde todos almorzar ! 1. Que quere Lola que fagan os demáis cando lles canta esta canción? _______________________________________________________________________________________________________ 2. Como será iso? Pensamos vantaxes e desvantaxes de ir a clase nun barco polo mundo. _______________________________________________________________________________________________________ 3. Como sería a canción se fora para que os raparigos marcharan a durmir? Inventamos baseándonos nesta. Raparigos do Arroás... www.afiestradamestra.gal
  6. 6. MARÍA VICTORIA MORENO Na obra “Mar adiante” María Victoria conta a historia duns rapaces e rapazas que viven unha aventura nun barco escola que surca os mares e o vento. Nela sabemos de Mariquiña, unha nena temerosa dos lobos que se fai amiga dun pensando que é un can e conversan: – Douche eu medo? – Toliño – dixo a rapaza - ti es o meu amigo. O lobo ollouna con tenrura e engadiu: – Eu son un lobo, Mariquiña. A nena quedou abraiada. Díxolle: – Vasme comer neste intre? O lobo moi tristeiro, respondeulle simplemente: – Non. – Vasme gardar logo para o almorzo? – Non , Mariquiña Enton a nena comprendeu que aquel lobo era moi bo. (…) – E todos os lobos son coma ti? – E todas as rapazas son coma ti? Mariquiña púxose vermella de vergoña. – Perdóame amigo lobo. Son un pouquiño tola, eu ben sei que non hai dúas persoas igualiñas. Tampouco hai dous lobos iguais, non si? 1. En parellas interpretamos a conversa entre o lobo e Mariquiña. 2. Improvisamos: Como seguiría a conversa se cando Mariquiña pregunta se a vai comer o lobo respondera que si? (Con medo, de broma...) 3. A que lle tes medo ti? _______________________________________________________________________________________________________ 4. Imaxina a conversa que terías con aquello que che da medo. 5. Imaxina a conversa do lobo cun cazador. (Polo outro lado) www.afiestradamestra.gal

×