Manifesto

604 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
604
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
146
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Manifesto

  1. 1. MANIFESTO: QUE NOS PEDIRÍA UNNENO OU UNHA NENA CON AUTISMO?1- Penso en imaxes, as palabras poden ser como aire para min.2- Sabedes que? Que me custa un montón manter a atención! Pero se vos poñedes ámiña altura e me dades un pouco de tempo seguro que vos fago caso.3- Se me organizades o mundo e me dicides o que vai pasar antes de que pase estareimáis tranquilo. Podedes facerme un horario con imaxes para axudarme.4- Non vos poñades nerviosos comigo porque eu tamén me poño nervioso. Respetade omeu ritmo.5- Non me faledes demasiado, nin demasiado rápido. Se queredes que faga moitascousas decídemo pouco a pouco, por pasos, ao final conseguireino, xa o veredes!6- Ás veces necesito que me escribades as normas, tamén podedes usar imaxes.7- Como a todos os nenos e aos maiores, a min tamén me gusta facer as cousas ben,aínda que ás veces non o consiga. Faime saber cando o fago ben, dame unha recompensa:pode ser un bico, un abrazo, un caramelo, unha pegatina….8- Sabes que? Cando teño demasiados fallos sucédeme o que a ti: enfádome e terminopor non querer facelo. Non me gusta non saber facer as cousas.9- Temos que negociar os meus rituais para convivir. Por exemplo, ás veces, gústame dicirfrases sen sentido, balancearme na silla, rirme…. E como cando ti trabas nas uñas, tenpaciencia, non podo controlalo.10- Entendo as cousas tal e como son, non entendo as bromas nen as pillerías, explícamasde forma sinxela para que as vaia entendendo.11- Ás veces gústame dicir frases que aprendo dos debuxos animados ou dos contosporque iso axúdame a que me entendas. Pouco a pouco, se me ensinades, aprenderei acambiar estas frases por outras.12- Ainda que non fale, non permitades que me aburra e esté sen facer nada, tratade dedarme cousas que teñan sentido para min, podo ter moito que dicir.13- Cústame entender o que sinto e o que sintes, poñerme no lugar dos demais, axúdamea entendelo.14- As emocións (estar triste, contento, enfadado, aburrido…) son moi complicadas paramin. A min gústame facer amigos pero non sei como facelos. Axudádeme ao principio,achegádevos, non me teñades medo!
  2. 2. 15- Tamén me gusta xogar, pero ás veces os meus xogos poden ser aburridos porquesempre estou repetindo a mesma cousa, axudádeme a cambialos pouco a pouco.16- Se algún día me enfado, non é contra ti. Se me enfado moito e tiro cousas, berro… aomellor é porque me é difícil atender ou facer algo do que me pides, non estou tratando defacerche mal. Recordades que teño un problema de intencións? Non me atribúades as malas!17- Ás veces fago cousas que vos parecen “raras” pero é a miña especial maneira de ver omundo.18- Ainda que me gusta facer sempre máis ou menos o mesmo non fai falta que me pidassempre as mesmas cousas, Podedes e debedes ir introducindo cambios. O que teño autismoson eu, non vos!19- Gústame estar con vos e divertirme! Quérolle moito ao meu papá, á miña mamá, ámiña profe… como calquera outro neno.20- Ninguén ten a culpa do que me pasa, teño unha forma de ser un pouco diferente peronon peor. Por favor, aceptádeme e querédeme tal como son porque podo cambiar algo pero oautismo, de momento, non ten cura. Recordade que é máis o compartimos que o que nossepara.

×