Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Boletin xaneiro 2016

763 views

Published on

Boletín parroquial xaneiro 2016
Parroquia San Francisco de Asís dos Tilos
Teo
A Coruña
España

Published in: Spiritual
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Boletin xaneiro 2016

  1. 1. BOLETÍN PARROQUIAL Nº 186 - Xaneiro 2016 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS OBRAS DE MISERICORDIA CONSOLAR O TRISTE Ao longo destes meses imos pormenorizar cada unha das obras de misericordia non só co ánimo de recordalas senón tamén co de poñelas en práctica. Actuando con misericordia manifestamos o Amor a Deus no amor aos irmáns. Comezamos neste boletín desenvolvendo a cuarta obra espiritual: Consolar o triste. Acudimos a María, referente a imitar nas nosas relacións familiares, cos enfer- mos, cos pobres, etc. En María, Deus envíalle o “consolo ao seu pobo”, a tra- vés de Xesucristo. Ela, cando estivo xunto ao seu Fillo na cruz, mereceu esta felicitación prometida polo Evanxeo: “Felices os que choran porque eles serán consolados” (Mt 5, 5). Despois da resurrección do seu fillo Xesús, recibiu este consolo, e por iso pode consolar os demais fillos en calquera loita. María é a nai que sofre ao pé da cruz do seu Fillo e consola os discípulos des- acougados despois da morte de Xesús. María pódenos axudar a poñer en práctica esta obra de misericordia cando na familia, nas relacións sociais, nos encontros ocasionais, nas visitas aos enfer- mos, etc., nos encontramos con persoas aflixidas, desconsoladas ou, simple- mente, necesitadas dunha palabra de agarimo. PREGARIA A MARÍA, NAI DE MISERICORDIA Santa María Nai, consolo dos aflixidos, dámosche grazas por aprendernos a ser misericordiosos cos demais. Fai que, dende a nosa pequenez, te imitemos e nos convirtamos en bálsamo curador dos máis pobres e aflixidos deste mundo. Amén. LOGOTIPO DO ANO DA MISERICORDIA Referencia bíblica: Lc 6, 36-38 “Sede compasivos como voso Pai é compasivo. Non xulguedes e non seredes xulgados. Non condenedes a ninguén, e tampouco Deus vos condenará. Perdoade, e Deus perdoaravos. Dade, e Deus daravos: el encherá a vosa bolsa ata os bordes e fará que reborde.” Explicación do logotipo: Vese como o Fillo de Deus carga sobre os seus ombreiros o home descarreirado. Recupérase así unha imaxe moi querida na antiga Igrexa, na que se expresa o amor de Cristo que completa o misterio da súa Encarnación coa Redención. A obra pon de relevo a imaxe do Bo Pastor que abraza o corpo do home, e faino de tal xeito que cambia a súa vida. O Bo Pastor, con profunda misericordia, carga sobre si mesmo a humanida- de e os seus ollos confúndense cos do home. Cristo ve cos ollos de Adán, e este, cos ollos de Cristo. Cada ser humano descobre deste xeito en Cristo, novo Adán, a propia humanidade e o futuro que lle espera, contemplando na súa mirada o amor do Pai. A escena sitúase dentro dunha mandorla (forma de améndoa), imaxe moi utilizada na iconografía antiga e medieval. Os tres óvalos concéntricos, de cores progresivamente máis claras cara ao exterior, suxiren o movemento de Cristo que leva ao ser humano fóra da noite do pecado. Por outra banda, a profundidade da cor máis escura suxire tamén a profundidade do amor do Pai que o perdoa todo.
  2. 2. Poderiamos preguntarnos: “Que é o que na miña vida crea tensións, con- flitos, agresividades? O meu carác- ter, o meu egoísmo, a miña intoleran- cia... Que impide a harmonía, a paz e a alegría arredor de min? E que hai na miña vida, nas miñas actitudes, nas miñas palabras que resulta alen- tador, que axuda aos demais a ser felices, que lles proporciona paz e axuda, para potencialo durante o ano que iniciamos? Que podería facer de positivo que non fago para converte- lo en compromiso?”. Isto si que axu- daría a que ese gran saco de semen- tes que é o ano que comezamos se convertese nunha gran colleita... O mesmo hai que dicir da paz, pois só temos paz cando a promovemos. Pódese afirmar dela o que san Juan de la Cruz dicía do amor: Regala paz e recollerás paz. Ao final da vida só teremos o tempo que vivimos para amar, para servir, para medrar, para sementar paz e felicidade... Só teremos a colleita das sementes de ben. O Señor agasállanos con 365 sacos de sementes e cómpre sementalas todas. Como di Disraeli: “A vida é demasiado breve para sermos mes- quiños ou para perdela de forma tonta...” PARROQUIA VIVA 1.- Festa de Santa María, Nai de Deus. Só misa ás 12 horas. 6.- Festa dos Reis Magos. 10.- Prosegue o curso catequético, ás 11 horas. 19.- Reunión do grupo sinodal, ás 20:15 horas. 21.- Reunión dos pais e nais dos nenos/as de 2º de Primeira Comuñón, ás 8 do serán, nun local da Asociación Recreativa e Cultural. 22.- Pleno do Consello Pastoral Parroquial, ás 20:30 horas. 24.- Xornada da Infancia misionei- ra. 27.- Reunión do grupo de Cáritas, ás 20 horas. Feliz ano novo! É unha frase moi pronunciada nestas datas. Pero esta felicitación non debe reducirse a un simple bo desexo, senón que debe traducirse nun bo compromiso. Lembremos as palabras de Santiago sobre a axuda ao indixente: “Se chama á túa porta un home farrapen- to, tremendo de frío e co estómago baleiro, tendendo a súa man supli- cante, e ti lle dis: “Párteseme a alma de verte así, procura buscar algo de comer e algo co que defenderte do frío e un acubillo”, de que lle serviría que lle deses só palabras de alento? Non serían, acaso, un sarcasmo?” (St 2, 14-16). De que serviría dicirlles ás persoas que están ao meu carón: “Deséxovos un ano moi feliz!”, se moitas veces son eu a causa de moitos dos seus sufrimentos, se, podendo darlles a man para alentalos ou proporcionar- lles paz, non o fago? Non é isto unha especie de mofa? O gran regalo que debemos facernos uns a outros ao comezo do ano non debe reducirse a desexarnos un ano próspero e feliz, senón que debe con- sistir en comprometernos a facernos mutuamente felices, sendo fieis e solidarios uns cos outros ao longo dos 365 días do ano. REFLEXIÓNS EN CÁRITAS “Toda forma de discriminación nos dereitos fundamentais da persoa, xa sexa social ou cultural, por motivos de sexo, raza, cor, condición social, lingua ou relixión, debe ser vencida e eliminada por ser contraria ao plan divino. Verdadeiramente, é lamenta- ble que os dereitos fundamentais da persoa non estean aínda protexidos na forma debida por todas partes.” Const. Gaudium et spes, n. 29 “Cáritas está inserta na misión da Igrexa, e hoxe ser Evanxeo, ser Boa Nova, con todas as consecuencias, é un imperativo urxente. Encarnar a coherencia e a radicalidade do Evanxeo, ser Boa Nova en cada encontro, con cada persoa, en cada acción, en cada escoita, en cada pro- xecto, en cada proceso, en cada escri- to, en cada presenza... Boa Nova para as persoas en situación de exclusión, boa nova para a sociedade, boa nova para o mundo, boa nova que entraña esperanza. Chámasenos a ir ao mundo enteiro, sen fronteiras, sen límites, sen exclusións, nun mundo que é único, no que todos somos unha soa familia humana. Por iso, o noso pensamento e acción debe con- templar a todos os pobos e a todas as persoas.” A. Abril, Presencia profética de Cáritas en el contexto actual, Madrid 2012, p. 13 COS MELLORES DESEXOS FELIZ ANO NOVO! ACONTECEMENTOS Bautismo: Javier Taboada Bao, de Xacobo e Ana (26-12-2015) Matrimonio: Xacobo Taboada Iglesias e Ana Bao Díaz (26-12-2015)

×