Tema 5

193 views

Published on

Tema 5

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Tema 5

  1. 1. A IDADE MEDIA TEMA 5
  2. 2. • As invasións dos pobos xermánicos provocaron a caída do Imperio romano e o inicio do período medieval en Europa, que se estendeu entre os séculos V e XV. • Hai que dividilo en dúas etapas: CANTO DUROU A IDADE MEDIA?
  3. 3. • Esta etapa comezou no século V. • O territorio europeo quedou organizado en reinos • Estes pobos vivían da agricultura e a gandería • A sociedade estaba formada: – Por uns poucos nobres donos das terras – Labregos que traballan esas terras • Esta organización coñecese como sistema feudal • O nobres vivían no castelo, que vixía as súas terras • Os labregos vivían nas aldeas de arredor ALTA IDADE MEDIA
  4. 4. • Dende o século XII desenvolveuse o comercio e xurdiron grandes cidades chamadas burgos. • Orixinouse a burguesía que estaba formada polos comerciantes e os artesáns. • O burgo medieval organizábase arredor dunha igrexa ou unha catedral, e da praza do mercado. • A finais deste período, os avances científicos e as exploracións impulsaron un gran desenvolvemento cultural e o descubrimento de América en 1492. Este feito sinala o final da Idade Media. BAIXA IDADE MEDIA
  5. 5. • No sistema feudal a sociedade dividíase en estamentos. • Neles había grandes desigualdades. COMO SE VIVÍA EN EUROPA?
  6. 6. 1. A cambio de terras, os nobres convertíanse en vasalos do rei. 2. O clero dedicábase ao coidado dos enfermos e ao ensino. 3. Os burgueses eran artesáns e comerciantes. 4. Os labregos non tiñan privilexios e vivían en condicións moi duras. PIRÁMIDE SOCIAL
  7. 7. • A cerimonia iniciábase coa investidura: o rei acepta o xuramento do vasalo e entrégalle un feudo. • Despois, na homenaxe, o vasalo, un nobre, xura ao rei fidelidade, axuda militar e consello. A CERIMONIA DA VASALAXE
  8. 8. • Os visigodos foron un dos pobos xermánicos que invadiron e se instalaron en Hispania. • Os visigodos adoptaron a lingua latina e o cristianismo. • Os reinos cristiáns formados polos pobos xermánicos en Europa creceron durante a Idade Media. Así, a mediados do século VI, os visigodos fundaron en Hispania o reino de Toledo. • Porén, unha nova cultura puxo fin ao reino visigodo a inicios do século VIII: o islam. QUE FOI O REINO VISIGODO DE TOLEDO?
  9. 9. • O islam é a relixión dos musulmáns. Estes cren nun único Deus, Alá, e no seu profeta Mahoma. O seu libro sagrado é o Alcorán. • Tras a morte de Mahoma, un imperio islámico estendeuse desde a India ao norte de África, e no ano 711, chegou á Península Ibérica. Os musulmáns venceron o reino visigodo e crearon Al Ándalus, un gran territorio desde o sur peninsular ata as montañas do norte QUE FOI AL ÁNDALUS?
  10. 10. EVOLUCIÓN DE AL-ÁNDALUS
  11. 11. • Al Ándalus foi un importante centro cultural do mundo medieval. Os seus sabios conseguiron grandes avances científicos a medicina, a astronomía e as matemáticas. Eles introduciron en Europa os números que utilizamos hoxe en día. Xunto á ciencia, tivo unha grande importancia a literatura andalusí, escrita en árabe. • Nas cidades andalusís os edificios máis importantes eran a mesquita e o alcázar. Ademais, o zoco ou praza do mercado era un lugar de reunión e intercambio de produtos. En Al Ándalus realizábanse grandes intercambios comerciais, como os que permitiron a chegada do papel e a pólvora desde Asia ata Europa. COMO SE VIVÍA EN AL ÁNDALUS?
  12. 12. A CIDADE ANDALUSÍ
  13. 13. 1. A muralla protexía a cidade. Tras ela había barrios populares e cultivos. 2. A mesquita era o lugar de oración e de estudo. 3. O alcázar era un castelo fortificado 4. O zoco era a praza do mercado, punto de reunión
  14. 14. OS NOVOS REINOS CRISTIÁNS
  15. 15. • A maioría da poboación dos reinos cristiáns peninsulares vivía da agricultura e a gandaría ovina. A diferenza do que sucedía en Al Ándalus, o comercio foi moi limitado. • A repoboación beneficiou a diferentes grupos sociais: COMO SE VIVÍA NOS REINOS CRISTIÁNS?
  16. 16. • Ademais era importante defender os territorios para evitar novas invasións. • cando se construían novas cidades, tamén se fortificaban con murallas e un castelo. Incluso nas pequenas poboacións se construíron fortalezas. COMO SE VIVÍA NOS REINOS CRISTIÁNS?
  17. 17. • Nos reinos cristiáns só o clero e a nobreza dominaban o latín. • A mediados da Idade Media a maioría da poboación falaba un latín vulgar que evolucionou, porén formáronse as chamadas linguas románicas PORQUE XA NON FALAMOS LATÍN?
  18. 18. • en cada aldea e cidade construíase unha igrexa de pequeno tamaño ou unha gran catedral. • As igrexas decorábanse con esculturas e pinturas de historias sagradas. • Os dous estilos principais foron o románico e o gótico. UNHA CULTURA MOI RELIXIOSA
  19. 19. • A arte románica é propia da Alta Idade Media. Pódese ver en igrexas pequenas e mais en grandes templos para peregrinos, como Santiago de Compostela. • A arte gótica desenvolveuse nas cidades da Baixa Idade Media. O diñeiro do comercio permitiu a construción de grandes catedrais como as de Burgos ou León. A ARTE MEDIEVAL
  20. 20. • No século ix desenterráronse en Galicia uns restos humanos que se relacionaron con un dos primeiros cristiáns, Santiago. Para os ástures o achado era un sinal a favor da súa loita contra os musulmáns. • Os monarcas encargaron a construción dunha igrexa e miles de peregrinos chegaron de Europa para adorar o santo que albergaba. • Nas rutas que seguían os peregrinos construíronse grandes igrexas de peregrinación para rezar, así como albergues para durmir. QUEN ERA E QUE É O CAMIÑO DE SANTIAGO?
  21. 21. • As tres culturas máis estendidas na Península Ibérica na Idade Media eran os musulmáns, os cristiáns e os xudeus. – En Al Ándalus, a poboación musulmá chegada de África e Asia convivía cos muladís, que eran os hispanorromanos e visigodos convertidos ao islam. Tamén convivían cos cristiáns, chamados mozárabes, e cos xudeus. – Nas cidades cristiás conquistadas a Al Ándalus residían os cristiáns con xudeus e musulmáns, chamados mudéxares UNHA ÉPOCA DE GUERRA E CONVIVENCIA. QUE CULTURAS CONVIVÍAN?
  22. 22. • Houbo momentos de tensión entre as tres grandes culturas, provocados en moitos casos polo descoñecemento, e noutros polos intereses económicos e políticos. • Esta desconfianza e o proceso da Reconquista terminaron coa convivencia das tres culturas. • En 1492 os exércitos dos reis Isabel de Castela e Fernando de Aragón, os Reis Católicos, tomaron o último reino musulmán da Península Ibérica: o reino nasarita de Granada. A toma de Granada marcou a fin da Reconquista e da convivencia entre reinos cristiáns e musulmáns. Tamén en 1492, os Reis Católicos decretaron a expulsión dos xudeus. UNHA ÉPOCA DE GUERRA E CONVIVENCIA. POR QUE ACABOU ESA CONVIVENCIA?

×