Anxo Ferreira GarcíA´ 2º Bach A Nº

924 views

Published on

Published in: Technology
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
• Be the first to comment

• Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
924
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
41
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Anxo Ferreira GarcíA´ 2º Bach A Nº

1. 1. Anxo Ferreira García 2º Bach A Nº 11 O tesouro dos nosos avós
2. 2. ÍNDICE

Presentación

Xogos

Comida

Diversión de mozos

Afiliarse a sindicatos

Manifestacións

Diferencias entre épocas

UPG nas primeiras eleccións

A transición

Estatutos de autonomía

Idioma galego

A represión

Folgas xerais

Mellora da situación da muller

3. 3. Presentación

Emilio:62 anos

Reside na Guarda

4. 4. Xogos

“ Xogábamos ás canicas, ao peón,ao fútbol,..”

5. 5. ¿Que se comía?

“ Comer comíase de todo. Tanto carne como peixe e tamén pasta, aínda que daquela non había estas galdrumadas que hai agora para os pequenos como poden ser donuts e cousas destas. Do resto comíase máis ou menos como hoxe en día.”

6. 6. ¿Como vos divertiades de mozos?

“ Nós éramos unha pandilla que xogábamos xuntos ó balonmán. Según épocas íamos a guateques daquela, ao cine, moito e no verán moita praia e monte.”

7. 7. ¿Cando aparecen as primeiras discotecas?

“ A finales dos 60 empezaron a aparecer discotecas. Había un par delas en Vigo pero traballaban máis ben de noite que os domingos pola tarde.”

8. 8. ¿Había posibilidades de afiliarse a sindicatos?

“ Non, ata despois do 76 ou 77 non había maneira de estar afiliado a un sindicato. Ademais, así que se comenzaba a traballar xa tiñas o chamado Sindicato Vertical que atendía, entre comillas, ás demandas dos traballadores.”

9. 9. Afiliaches a algún sindicato?

“ Bueno, nos tempos da ditadura, cando non se podía estar afiliado a ningún sindicato si que había unha corriente obreira que case toda estaba rexida polo que é hoxe Comisions Obreiras e non era a palabra afiliado senón organizados.”

10. 10. Asistiches a algunha manifestación?

“ As manifestacións estiveron prohibidas durante muito tempo incluso durante a folga xeral que se viviu en Vigo no ano 72. As manifestacións eran espontáneas, non se podían convocar pero máis ou menos andaban de boca en boca. Facíanse concentracións de traballadores ata que viñan as forzas de represión a ciscarnos como buenamente podían.”

11. 11.

“ Iso foi unha época, no 72 onde despertou moito o mundo obreiro sobre todo nas cidades donde había industria como Vigo ou Ferrol ou donde había ensino como Santiago. Foi aí onde se viviron os episodios máis duros deses anos.”

12. 12. ¿Qué diferencias atopas entre a época de antes e a de agora?

“ O que máis me chama a atención é a falta de compromiso que ten a mocidade. Calquera rapaz de dezasete anos nos 60 era un home e hoxe segue sendo un rapaz. Non hai un compromiso sindical nin un ideario político. Creo que a xuventude anda un pouco perdida nese sentido aínda que está máis formada e máis preparada do que o estábamos nos.”

13. 13. UPG nas primeiras eleccións

“ Como a UPG non podía presentarse as elecións, creouse a Asamblea Nacional e Popular Galega que baixo esas siglas se presentaron nas primeiras eleccións.”

14. 14. ¿Como se viviu a transición?

“ A transición viviuse dun xeito moi tranquilo aparentemente, porque por debaixo había un pequeno roxe roxe entre os partidos que non querían legalizar nun principio. Algúns destes partidos foron o Partido Comunista a nivel de Estado e aquí en Galiza como foi a UPG que daquela nas primeiras eleccións non puido concorrer. Polo resto non houbo moito movemento, foi máis tranquila do que moita xente esparaba.”

15. 15. ¿Esa tranquilidade na transición foi só aquí ou en todo o Estado?

“ Eu penso que foi a nivel de todo o Estado e aquí en Galiza pois tamén. Pero vivíronse uns momentos quizais un pouquiño tensos, cos Estatutos de Autonomía.”

16. 16. ¿Que pasaba cos Estatutos?

“ Había algunha xente que estaba a favor e despois había dous grupos diferenciados que estaban claramente en contra. O Estatuto de Autonomía como tal, marcaba unhas razóns nacionalistas e razóns de herdanza franquista digamos, que aínda perdura.”

17. 17. ¿Que pensas dos Estatutos de hoxe en día?

“ Eu penso que os Estatutos de autonomía que hoxe están en vigor, sobre todo nas nacionalidades históricas ou nas nacións de Estado como poden ser Euskadi, Cataluña e Galiza están desfasados. Tiñan que ter unha reforma porque son 25 ou 26 anos que están en vigor e penso que facía falta unha reforma e unha maior autonomía para estas nacións en Estado para que teñan maior índice de autogoberno”

18. 18. Que opinas sobre os cambios da normalización lingüística?

“ O do idioma é peculiar porque agora hai un ruxe ruxe con isto de que hai que facer o 50% do estudo en galego.”

19. 19. En que situación estaba o galego?

“ Nos meus tempos na escola só se falaba castelán e praticamente o galego estaba mal visto. Os que nos pegamos a el foi parte pola familia e parte polo mundo laboral porque dentro de distintos traballos en case todo o mundo laboral se falaba en galego.”

20. 20. Como era a represión?

“ Era brutal. Había dous tipos de represión que se daba polas forzas chamadas de seguridade. Ten comparación co que se mira algunha vez nos informativos da televisión, noutras partes do mundo. Isto deuse aínda despois da transición ata principios dos 80.”

21. 21. Que utilizaba a policía para reprimir os manifestantes?

“ A base de paus, pelotas de goma, botes de fumo, as cargas desproporcionadas.”

22. 22. A quen se dirixía esa represión?

“ Sobre todo cara á parte traballadora porque o nivel adquisitivo dos traballadores no franquismo e na transición eran bastante baixos. Aínda que empezou a haber melloras ían lentas e houbo movementos. O do ano 72 foi quizais o máis nomeado e tamén do 78,do 80, do 81 e do 83.”

23. 23. Folgas xerais

“ Por esa época houbo un par de folgas xerais a nivel de Estado e che podo dicir que nesas manifestacións que, estaban autorizadas, había vixilancia. Cando a cousa era espontánea ou unha folga diante dunha fábrica que eu vivín dúas ou tres, pois as cargas que facían as forzas de seguridade eran demasiado desproporcionais. Pódeste imaxinar: carreiras, paus, saltos, de todo.”

24. 24. Similitude de manifestacións de antes e de agora

“ Eu penso que si hai similitude. Bueno, en Galiza que eu recorde houbo unha carga un pouco desproporcionada en Pias en Ferrol cando foi das mariscadoras, ou cando protestaron con reganosa, pero son as cousas digamos, máis moderadas. Aínda case, penso que moitas veces se pasan de rosca”

25. 25. Mellora da situación da muller

“ A situación da muller cambiou porque a muller despois da transición por fin empezou a ter acceso ó mundo laboral. Aínda que nun principio non era como nestes últimos anos acceso directo aos mesmos postos de traballo cos homes.

26. 26.

Daquela tiñan outro tipo de traballo pero si houbo un movemento no que a muller integrouse no traballo. Penso que ela mesma se foi integrando porque se o típico machista que está cómodo con esa situación non vai a cambiala el terá que facela trocar.”

27. 27. Protagonistas
28. 28. Fin