Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Datos Emprego Ourense

572 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Datos Emprego Ourense

  1. 1. Resumo mensual de indicadores do mercado laboral da provincia de Ourense Febreiro de 2010
  2. 2. PARO REXISTRADO No mes de febreiro de 2010 o paro rexistrado na provincia de Ourense ascendía a 26.760 persoas sen emprego, 391 desempregados máis que en xaneiro de 2009 ( un 1,48%) e 2.528 máis que en febreiro de 2009 ( un incremento interanual do 10,43%). Do total de persoas desempregadas na provincia o 53,83% son mulleres ( 14.404 desempregadas) e o 46,17% son homes ( 12.356). A variación mensual do paro rexistrado en termos porcentuais na provincia de Ourense (1,48%) e maior que a do conxunto de Galicia ( 1,10%). Cabe sinalar que neste mes o paro feminino aumentou en 68 paradas, o que supón un incremento do 0,47%, mentres que o paro rexistrado masculino incrementouse un 2,68% con respecto ao mes de xaneiro de 2009, 323 desempregados máis. En cambio, a variación interanual é mellor para Ourense que para o conxunto de Galicia, en Ourense o paro incrementouse con respecto a febreiro de 2009 un 10,43% mentres que en Galicia un 13,36% e un 18,63% máis no conxunto de España. TÁBOA 1: PARO REXISTRADO NO MES DE XANEIRO TOTAL HOMES MULLERES OURENSE 26.760 12.356 14.404 GALICIA 234.171 109.297 124.874 Fonte: Instituto Galego das Cualificacións. Febreiro 2010 TÁBOA 2: PARO REXISTRADO POR IDADES IDADE PERSOAS PARADAS 16 a 19 anos 491 20 a 24 anos 2.116 25 a 29 anos 3.233 30 a 34 anos 3.379 35 a 39 anos 2.960 40 a 44 anos 3.020 45 a 49 anos 2.939 50 a 54 anos 2.789 55 a 59 anos 2.980 60 a 64 anos 2.853 Total 26.760 Fonte: Instituto Galego das Cualificacións. Febreiro 2010 TÁBOA 3: PARO REXISTRADO POR SEXO E IDADE IDADE HOMES MULLERES < de 25 anos 1.441 1.166 Maiores de 25 10.915 13.238 Fonte: elaboración propia a partir de datos mensuais do INEM. Febreiro 2010 2
  3. 3. Case o 25% dos desempregados e desempregadas da provincia pertencen ao intervalo de entre os 25 e os 34 anos (24,7%), é máis, se ampliamos esta franxa de idade de 20 anos ata as persoas de 44 anos, atopámonos con que se aglutina máis da metade do paro rexistrado (54,96%), pola contra as mozas e mozos de menos de 20 anos só supoñen o 1,83% do total do desemprego na provincia de Ourense. A franxa de idade na que máis se incrementou o desemprego con respecto a xaneiro de 2010 é a que vai de 16 a 19 anos, cun incremento en termos porcentuais do 4,69%; seguida pola franxa de 25 a 29 anos co 3,36%. Pola contra, o desemprego diminúe con respecto a febreiro de 2010 entre os 55 e 59 anos, nun 1,68%. Dáse a circunstancia de que mentres no tramo dos menores de 25 anos os homes desempregados (55,27%) reflexan unha maior representatividade que as mulleres (44,73%), no tramo maiores de 25 , sucede o contrario, xa que o peso do paro masculino nesta franxa e case dez puntos porcentuais por debaixo do feminino( que representa ao 54,81%) .O tramo de idade que máis aumentou o desemprego con respecto o mes de novembro foi o de 45 a 49 anos co 4,38 %, seguido do tramo de 40 a 44 anos co 3,92 %. TÁBOA 4: PARO REXISTRADO POR SECTORES PERSOAS SECTOR PARADAS AGRICULTURA 933 INDUSTRIA 4.236 CONSTRUCION 4.050 SERVIZOS 14.739 SEN EMPREGO ANTERIOR 2.802 Total 26.760 Fonte: Elaboración propia a partir de datos mensuais do INEM. Febreiro 2010 Na nosa provincia, a maior parte das persoas paradas pertencen ao sector dos servizos, exactamente o 55,08%; o 15,83% á industria, o 15,13% á construción, e o 10,48% o colectivo sen emprego anterior, e por último, o 3,48% do total de desemprego pertence ao sector da agricultura. No sector servizos é onde máis se incrementa o desemprego con respecto o mes anterior cun 1,72%, seguido da industria cun 1,63% e da construcción cun 1,38%. En canto a variación interanual o sector máis perxudicado é o colectivo sen emprego anterior cun incremento do 34,45%, incremento en termos absolutos de 728 desempregado máis que en febreiro de 2009; a agricultura cunha variación interanual do 13,36% e 110 desempregados máis e a construcción cun 11,48%. 3
  4. 4. TÁBOA 5: PARO REXISTRADO POR SECCIÓNS DA CNAE 2009(*) Nº DE PERSOAS PARADAS A Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca 933 B Industrias extractivas 350 C Industria manufactureira 3.749 D Subministración de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado 19 Subministración de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e E 119 descontaminación F Construción 4.050 G Comercio por xunto e polo miúdo; reparación de vehículos de motor e motocicletas 3.424 H Transporte e almacenamento 681 I Hostalaría 2.303 J Información e comunicacións 210 K Actividades financeiras e de seguros 128 L Actividades inmobiliarias 80 M Actividades profesionais, científicas e técnicas 789 N Actividades administrativas e servizos auxiliares 1.821 O Administración pública e defensa; seguridade social obrigatoria 2.007 P Educación 1.035 Q Actividades sanitarias e servizos sociais 1.154 R Actividades artísticas, recreativas e de entretemento 254 S Outros servizos 727 Actividades dos fogares como empregadores de persoal doméstico; actividades dos T 125 fogares como produto X Sen sección asociada 2.802 Total Comarca 26.760 Fonte: elaboración propia a partir do Instituto Galego de Cualificacións. Febreiro 2010 Se desagregamos o paro segundo seccións da CNAE 2009, obtemos que o desemprego comarcal reflexa a maior concentración na construción (que supón o 15,13% do total), a industria manufactureira ( 14%) e o comercio por xunto e polo miúdo; reparación de vehículos de motor e motocicletas (12,79%), mentres que a subministración de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado (0.07%) ten unha escasa presenza no desemprego comarcal. A maior variación mensual en termos absolutos produciuse na industria manufactureira onde se incrementou o paro en 70 persoas,un 1,9% en termos porcentuais, seguida da hostalaría con 68 desempregados máis, un 3,04% en termos porcentuais. Entre as actividades en que se produciu un incremento do paro rexistrado destaca a hostalaría cun 4,48%, o transporte e almacenamento cun 3,5% e as actividades financeiras e de seguros cun 3,22%. O maior descenso no número de parados produciuse na agricultura, gandaría, silvicultura e pesca cun -2,61%, 25 desempregados menos en termos porcentuais en relación co mes de xaneiro. As actividades que sufriron un maior ascenso no número de parados en termos porcentuais foron as actividades de información e comunicacións cun incremento do 4,48%, seguida polo 3,5% do transporte e almacenamento e das actividades financeiras e de seguros cun 3,22%. 4
  5. 5. OFERTAS DE EMPREGO Durante o mes de febreiro publicáronse na provincia de Ourense 148 ofertas de emprego; destas, só o 8,78% facían un requerimento explícito de que a persoa traballadora sexa home, no 11,48% o requerimento era feminino e no restante dos casos non fan requerimento algún. En relación co mes de xaneiro de 2010 as ofertas publicadas na provincia de Ourense descenderon un 41,96%. As ofertas con requerimento de sexo masculino descenderon en 8 ofertas en termos porcentuais ( o que supón un descenso do 38,09%%), sen embargo, as ofertas con requerimento de sexo feminino descenderon un 41,38% (12 ofertas menos en valores absolutos). Cabe mencionar tamén o descenso das ofertas sen requerimento de sexo con respecto o mes de xaneiro que foi do 42,44% ( 87 ofertas menos en termos absolutos). TÁBOA 6: OFERTAS DE EMPREGO CON REQUIRIMENTO DE SEXO E SEN EL N.º OFERTAS Muller 17 Home 13 Sen requirimento 118 Total 148 Fonte: elaboración propia a partir do Instituto Galego de Cualificacións. Febreiro 2010 TÁBOA 7: OFERTAS DE EMPREGO EN FEBREIRO DE 2010 POR SECCIÓNS DA CNAE 2009(*) Nº OFERTAS A Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca 1 C Industria manufactureira 17 F Construción 23 G Comercio por xunto e polo miúdo; reparación de vehículos de motor e motocicletas 17 I Hostalaría 18 J Información e comunicacións 1 K Actividades financeiras e de seguros 6 M Actividades profesionais, científicas e técnicas 7 N Actividades administrativas e servizos auxiliares 12 O Administración pública e defensa; seguridade social obrigatoria 14 P Educación 7 Q Actividades sanitarias e servizos sociais 6 R Actividades artísticas, recreativas e de entretemento 3 S Outros servizos 14 X Sen sección asociada 1 Total Comarca 148 Fonte: Instituto Galego das Cualificacións. Febreiro 2010 O maior número de ofertas de traballo teñen lugar na construcción (o 15,54% do total) con 23 ofertas no mes de febreiro, seguida pola hostalaría con 18 ofertas (un 12,16%). Mentres que obteñen unha escasa representatividade nas ofertas a agricultura, gandaría, silvicultura e 5
  6. 6. pesca, as actividades de información e comunicacións e as actividades sen sección asociada cunha oferta de traballo cada unha. Con respecto a xaneiro as ofertas de emprego diminúen na administración pública e defensa;seguridade social obrigatoria un 75% (42 ofertas menos), e na educación nun 75,86%.Mentres que as ofertas de emprego aumentan nun 100% nas actividades financeiras e de seguros ( 3 ofertas máis) e nun 53,33% na construcción ( 8 ofertas máis). CONTRATACIÓN REALIZADA No mes de febreiro de 2010 formalizáronse na provincia de Ourense 3.514 contratos (un 16,8% menos que en xaneiro); deles menos da metade realizouse con mulleres (un 47,67%) . En Galicia a porcentaxe da contratación feminina é moi semellante a da provincia de Ourense, un 47,89% dos contratos realizanse entre as mulleres. A contratación na provincia de Ourense sufriu un descenso do 16,8% en termos porcentuais con respecto a xaneiro ( 708 contratos menos en termos absolutos). A contratación masculina descendeu nun 9,09% ( 184 contratos rexistrados menos); sen embargo, a máis afectada é a contratación feminina cun descenso do 23,83% ( 524 contratos menos que en xaneiro). En canto a variación interanual, o descenso no número de contratos asinados é semellante entre homes e mulleres; os contratos masculinos reducíronse nun 3,92%% mentres que a reducción na contratación feminina foi do 3,4%. TÁBOA 8: CONTRATOS POR SEXO OURENSE GALICIA Mulleres 1.675 21.691 Homes 1.839 23.598 Total 3.514 45.289 Fonte: Elaboración propia a partir de datos mensuais do INEM. Febreiro de 2010 TÁBOA 9: CONTRATOS POR IDADE (*) PERSOAS CONTRATADAS 16 a 19 150 20 a 24 551 25 a 29 733 30 a 34 638 35 a 39 468 40 a 44 395 45 a 49 260 50 a 54 187 55 a 59 81 60 a 64 49 65 a máis anos 2 Total 3.514 Fonte: Instituto Galego das Cualificacións. Febreiro 2010 A franxa de idade que aglutina un maior número de contratos é a comprendida entre os 25 e os 34 anos (supón o 39% do total), sendo tamén relevante a porcentaxe que reflicten as mozas e mozos de 20 a 24 anos (cun 15,68% do total); porén, os menores de 20 anos e as persoas maiores de 55 só supoñen en conxunto 8% do total da contratación rexistrada. 6
  7. 7. En canto a variación intermensual con respecto a xaneiro resulta negativa en case todas as franxas de idade excepto para os mozos menores de 20 anos e para a franxa de idade que vai dende os 30 aos 34 anos. O maior descenso no número de contratos asinados produciuse nos maiores de 65 anos cunha diminución do 75% ( 6 contratos menos en termos absolutos), seguido pola franxa de idade que vai dende 55 a 59 anos nun 40,44% ( 55 contratos menos). Sen embargo, entre os 30 e os 34 anos o número de contratos incrementase un 16,6%, 127 contratos menos en termos absolutos que no mes de xaneiro. O sector dos servizos concentra a maior parte dos contratos asinados en febreiro, para ser exactos o 70,92%, mentres que os contratos rexistrados na construcción só supoñen o 12,86%, na industria o 12,78% e na agricultura o 3,44% da contratación total. Con respecto ao mes anterior os contratos descenderon no sector servizos e na industria, e póla contra incrementáronse na construcción e na agricultura; na construcción os contratos incrementáronse un 20,53% ( 77 contratos máis) e na agricultura un 18,63. Sen embargo, no sector servizos os contratos descenderon en 729 con respecto a xaneiro ( un 22,63%) e na industria un 14,31%. TÁBOA 10: CONTRATOS POR SECTORES SECTOR CONTRATOS Agricultura 121 Industria 449 Construción 452 Servizos 2.492 Total 3.514 Fonte: Elaboración propia a partir de datos mensuais do INEM. Febreiro 2010 TÁBOA 11: CONTRATOS POR SECCIÓNS DA CNAE 2009(*) Nº DE PERSOAS CONTRATADAS A Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca 121 B Industrias extractivas 19 C Industria manufactureira 417 Subministración de agua, actividades de saneamento, xestión de residuos e E 13 descontaminación F Construción 452 Comercio por xunto e polo miúdo; reparación de vehículos de motor e G 468 motocicletas H Transporte e almacenamento 147 I Hostalaría 408 J Información e comunicacións 13 K Actividades financeiras e de seguros 9 L Actividades inmobiliarias 4 M Actividades profesionais, científicas e técnicas 110 N Actividades administrativas e servizos auxiliares 520 O Administración pública e defensa; seguridade social obrigatoria 238 P Educación 87 Q Actividades sanitarias e servizos sociais 216 R Actividades artísticas, recreativas e de entretemento 195 S Outros servizos 77 Total Comarca 3.514 Fonte: Instituto Galego das Cualificacións.Febreiro 2010 7
  8. 8. Nunha desagregación segundo as seccións da CNAE 2009, observamos coma nas actividades administrativas e servizos auxiliares acapara o maior número de contratos asinados na provincia (o 14,8% do total), seguido do comercio por xunto e polo miúdo; reparación de vehículos de motor e motocicletas (co 13,32% do total) e a construcción co 12,86%, sendo as actividades inmobiliarias as que rexistran un menor número de contratos realizados. En canto a variación intermensual, as actividades nas que máis diminúen o número de contratos por seccións da CNAE son nas actividades da información e comunicación nun 73,47% seguidas pola educación nun 56,06%. Cabe destacar que nas actividades profesionais, científicas e técnicas o número de contratos con respecto a xaneiro incrementase nun 66,67%, seguidas da construcción nun 20,53%. TÁBOA 12: TIPOLOXÍA CONTRACTUAL (*) CONTRATOS Indefinido 343 Indefinido tempo parcial 100 Temporal 2.198 Temporal tempo parcial 781 Prácticas/Formación 63 Outros 29 Total 3.514 Fonte: Instituto Galego das Cualificacións. Febreiro 2010 No mes de xaneiro (e en xeral, todos os meses) o contrato predominante todos os meses é o temporal, que, entre as súas dúas vertentes, supera o 84% do total. Os contratos menos utilizados son no mes de febreiro do 2010 son os contratos en practicas e os indefinidos a tempo parcial, que supoñen un 1,79% e un 2,84% , respectivamente. Os contratos indefinidos descenderon respecto a xaneiro nun 18,72% e os temporais nun 11,08%. Cabe destacar a reducción do 60,62% nos contratos en prácticas/formación con respecto ao mes anterior. TÁBOA 13: TIPOLOXÍA CONTRACTUAL EN FUNCIÓN DO SEXO SEXO TIPO CONTRATO N.ºCONTRATOS Inicial indefinido 174 Homes Inicial temporal 1.584 Convertido a indefinido 81 Inicial indefinido 120 Mulleres Inicial temporal 1.487 Convertido a indefinido 68 Total 3.514 Fonte: elaboración propia a partir de datos mensuais do INEM.Febreiro 2010 Este mes as mulleres asinaron 1.675 contratos dos cales o 88,77% foron temporais, dáse a circunstancia de que na contratación masculina os temporais supoñen unha menor porcentaxe (o 86,13%); porén, a contratación temporal feminina aglutina o maior número de contratos rexistrados (o 42,32% do total), mentres que a menor representatividade recae nas conversións a indefinidas femininas (tan só o 1,93 % do total). 8
  9. 9. (*) Os datos de estes cadros son estimados para algún dos rangos, tendo en conta a confidencialidade imposta pola Lei de protección de datos. 9
  10. 10. Coordinación: Secretaría de Emprego, Economía Social e Autoemprego Elaboración: Rede de Axentes de Emprego de Galicia Febreiro de 2010 10

×