Successfully reported this slideshow.
Your SlideShare is downloading. ×

Revandaina 1

Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Revandaina
Revista dixital da Asociación de Nen@s con Necesidades Especiais de Redondela
                                 ...
Revandaina
                                          FESTA DE NADAL
                                     Comezábamos o ano...
Revandaina                        CAMIÑO DA ILLA




   Outro dos momentos a lembrar dentro das nosas actividades, foi a
 ...
Advertisement
Upcoming SlideShare
Revandaina 2
Revandaina 2
Loading in …3
×

Check these out next

1 of 5 Ad
Advertisement

More Related Content

Similar to Revandaina 1 (20)

More from Olga Lalín (20)

Advertisement

Revandaina 1

  1. 1. Revandaina Revista dixital da Asociación de Nen@s con Necesidades Especiais de Redondela Xaneiro 2013 Edición especial ANDAINA EN REDONDELA Resumo 2012 Neste segundo ano de traballo, a Asociación Andaina conseguiu consolidarse na nosa comarca coma referente asociativo da infancia no campo das necesidades especiais. Tras un primeiro ano de información, divulgación e integración na nosa sociedade, a día de hoxe contamos con mais de trinta familias as que damos apoio e ofrecemos os nosos servizos. Contamos ademais coa colaboración de preto de vinte familias e persoas colaboradoras que fortalecen o noso traballo. Con esta revista dixital queremos faceros partícipes do noso traballo, e que sirva de canle para medrar e achegarnos a todo o noso entorno. O principal fin da Asociación e conseguila plena integración escolar, social e familiar dos nosos asociados, desenrolando actividades dirixidas a mellorala sua calidade de vida e das suas familias. É por iso fundamental seguir medrando para ser cada día mais fortes e ter acceso a mais medios para logar os nosos fins. UNHA OLLADA O PASADO UN PASO ATRÁS No mes de Abril do ano 1997 É no ano 2011, cando por nace en Redondela a Asociación iniciativa dun dos seus de pais de persoas con fundadores iniciais, esta necesidades educativas especiais asociación decide retomar a co fin de dar atención a familias sua actividade, integrando nesta situación. Despois de pouco novas familias de nenos e mais de tres anos de labor, e nos nenas con diversas que se empezou a formar unha necesidades especiais e base de traballo en Redondela, adaptándose aos novos ésta queda parada e transcurren tempos adopta a nova forma varios anos nos que non ten actual que coñecemos coma actividade. Asociación Andaina.
  2. 2. Revandaina FESTA DE NADAL Comezábamos o ano da mellor forma posibel, e non é outra que de troula. Disfrutamos da actuación do ENTROIDO mago Eloy Crespo, fixemos Tivemos tempo tamén en concurso de debuxos, xogamos e febreiro para enmascararnos e cantamos. Como remate visita disfrutar coa fantasia do do rei Gaspar, que agasallou a entroido, acompañado dunha tódolos nenos con moitas estupenda merendola. sorpresas. XORNADA DE CONVIVENCIA EN POUSADOURO Sen dúbida, o mellor momento familiar deste ano, foi a xornada que disfrutamos o 21 de Xullo nas instalacións de Pousadouro. Comezábamos o día cun taller de cociña para os nosos cativos, nos que demostraron as suas dotes, e o que lles gusta andar coas “mans na masa”. Alí preparáronos o que ía ser a delciosa sobremesa que despois teríamos ocasión de degustar. Xa chegado o mediodía, xuntámonos todas as familias para compartir un xantar familiar, no que parecía que todos éramos vellos amigos. Contamos anectotas, experiencias, e muitas vivencias. Logo das sobremesas feitas polos nosos “Chefs”, tocaba queimar calorias. E para iso os nosos cativos son auténticos expertos. Pasaron a tarde troulando entre xogos populares, cáma elástica e xogos de orientación. E cando xa era hora de marchar, ainda había quen se resistía a parar.
  3. 3. Revandaina CAMIÑO DA ILLA Outro dos momentos a lembrar dentro das nosas actividades, foi a visita que poidemos realizar a Illa de San Simón, en colaboración co Concello de Redondela. Foi unha experiencia moi gratificante, especialmente para os nen@s, que disfrutaron da viaxe pola ría, observando o fondo mariño, e da visita a illa na que se divertioron xogando e paseando por un entorno inigualable.. Para os maiores tamen foi unha visita interesante, uns que non a coñecían, outros que volvían logo de muitos anos atopando unha illa moi cambiada. OBRADOIRO DE NADAL O pasado nadal, os nosos nenos e nenas tiveron a oportunidade de elaborar uns fermosos adornos navideños, da man de Vanesa, Angeles e Bea, as que lle queremos dar as grazas pola sua colaboración. Foi unha mañan divertida e na que todos aportaron o seu inxenio.
  4. 4. Revandaina NOVAS O pasado mes de Agosto, e despois de varias reunións con representantes do noso Concello, o Sr alcalde Javier Bas, otorgounos a concesión dunha das “casas dos mestres” da Avda de Mendiño, para a sua utilización como local social da Asociación Andaina. Estamos a espera de que o Concello solucione os problemas administrativos, e arranxe os seus desperfectos para a sua ocupación. Confiamos en que despois de 6 meses xa falte pouco e poder disfrutar tódolos socios dela en breve. Dende o noso inicio como Asociación loitamos ante as administracións locais para conseguila integración e facilitar a tod@s as mesmas oportunidades. Un dos nosos obxetivos, era que en tódalas actividades organizadas polo Concello, se cumpra esa normativa, e ninguen poida quedar fora po mor das suas necesidades especiais. Esta vez xa o conseguimos, e nos programas para nen@s “Concilia o nadal” facilitáronse prazas para nen@s con Necesidades Especiais, dotando a estos de persoal específico. Foi un pequeno paso que temos que seguir afianzando en demais programas. Pola nosa banda seguiremos loitando polos dereitos que nos corresponden. A Fundación La Caixa, a través da sua oficiña en Redondela, concedeulle a nosa Asociación unha importante donación, que permitirá seguir desenrolando as actividades programadas para o ano 2013. Esto supón un gran impulso para nos ante o recorte nas subvencións públicas. Damos dende aquí as grazas a esta entidade e en especial o seu director en Redondela, Enrique Iglesias (na foto a dereita) que tivo a oportunidade de visitar un dos nosos talleres, e ver o traballo que realizamos, co cal eles van contribuir.
  5. 5. ACTIVIDADES O longo do pasado ano, a nosa asociiación asumiu un dos seus principais proxectos e que se encuadra nos fins prioritarios de Andaina. A elaboración dun programa permanente de actividades complementarias nos principais ambitos, educativo, terapeutico e social. E así, que dende o mes de Setembro puxemos en marcha dous talleres de Habilidades Sociais, divididos en dous grupos de idade, unha aula de Musicoterapia para os mais pequenos e un programa de Apoio Escolar de 6 a 14 anos. Todos estes programas véñense desenvolvendo con grupos reducidos e impartidos por persoal específico, con ampla experiencia nas Necesidades especiais e nas materias impartidas. O lugar de traballo é nunha das aulas do Multiusos da Xunqueira, que a Asociación utiliza para as suas actividades. Estamos en: Colabora: Avda Ernestina Otero 16 – 3º B Redondela facebook.com/AsociacionAndainaRedondela andainaredondel@hotmail.com http://andainaredondela.wordpress.com

×