Successfully reported this slideshow.
Your SlideShare is downloading. ×

Día da Biblioteca

Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Upcoming SlideShare
Bibliotecas alternativas
Bibliotecas alternativas
Loading in …3
×

Check these out next

1 of 1 Ad
Advertisement

More Related Content

More from Olga Lalín (20)

Advertisement

Recently uploaded (20)

Día da Biblioteca

  1. 1. Estudante 1: Desculpade a interrupción pero queremos anunciarvos que hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas Escolares. É unha xornada establecida pola IASL, sigla en inglés da Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares, e ten como obxectivo concienciarnos sobre a importancia das bibliotecas na educación da mocidade. As bibliotecas son ese lugar de encontro e saber onde conflúen o pracer da lectura e mais a inquedanza por aprender dun xeito diferente. Lembrade que na nosa biblioteca temos un fondo de máis de dezaseis mil libros e todos están alí, agardando por vós, dispostos a que os abrades para contarvos historias e transmitirvos coñecemento". Estudante 2: Un dos autores que temos na nosa biblioteca é o recente gañador do Premio Nacional de Literatura Xuvenil, concedido polo Ministerio de Cultura, o poeta galego Antonio García Teijeiro. Se me permitides, vouvos ler un poema seu, un fermoso texto que nos fala do tremendamente irresponsables que somos os seres humanos no coidado da natureza (acabámolo de ver tamén co desastre dos incendios forestais). O poema describe unha paisaxe de pesadelo no que a vida e a beleza desapareceron, por culpa da contaminación humana: QUE OCORRE NA TERRA? Non hai follas verdes nin perlas no mar, areas nas praias nin ondas de sal. Xa non funga o vento nin voa o pardal. As flores non medran nin quenta o verán. As árbores perden as pólas sen máis e nos amenceres o sol non está. As nubes no ceo están a falar, e a lúa na noite non quere alumar. Que ocorre na terra? Que ocorre, rapaz? Se son pesadelos, eu quero espertar. Antonio García Teijeiro, Paseniño, paseniño (2003)

×