Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Receitas1

420 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Receitas1

  1. 1. 1. Entrantes 2. Primeiro prato 3. Segundo prato 4. Sobremesa 5. Establecementos Colaboradores.
  2. 2. 1.-Entrantes. POLBO A FEIRA. INGREDIENTES: • Polbo. • Sal grosa. • Aceite de oliva virxe. • Pimentón picante. ELABORACIÓN: Nunca pota poñemos auga a ferver , cando ferva engadimos o polbo e cando volva ferver deixámolo 20 minutos. Apagamos a lume e tapamos a pota . Deixámolo repousar durante 25 minutos. Sacamos o polbo e poñémolo nunca fonte. Cortámolo en anacos pequenos e servímolo nun prato de madeira. Para servilo botámoslle sal grosa , aceite de oliva virxe , pimentón picante e listo para comer . Este prato foi ofrecido polo establecemento A illa. Recollido polas alumnas: Eva, Patricia, Sofía, Gabriela e Odhra.
  3. 3. CHÍCHAROS ESTUFADOS INGREDIENTES • 200g de chícharos sen casca • Media cullerada de fariña • Unha ceboleta • 25ml de Tío Pepe (viño de Xerez) • 10ml de viño branco • Sal • Maiorana • Caldo de polo • Xema de ovo • Sal Maldon ELABORACIÓN: Picar unha ceboleta ben fina e estufar con un pouquiño de aceite de oliva. Cando a ceboleta estea estufada engadir os chícharos e remover durante dous minutos aproximadamente, logo incorporarlle media cullerada de fariña, revolver un momento e botar o viño de Xerez, viño branco e sal; mesturar ben todo isto e deixar que evapore o alcohol. Despois poñer unhas follas de menta e maiorana. Engadir o caldo de polo ata que os chícharos estean tenros. Rectificar sal. Servir nun prato sopeiro cunha xema no centro e gratinar un minuto, poñer sal Maldon na xema. Observacións: Esta receita só se pode elaborar con chícharos do tempo.
  4. 4. Este prato foi concedido polo establecemento: Prado Viejo Foi recollido por Jacobo e Fátima do IES A Paralaia o día 14/12/201 2- Primeiro prato ARROZ CON LUBRIGANTES INGREDIENTES: • Dous lubrigantes de 700gr. • Cebola • Pirixel • Allo • Loureiro • Pemento vermello e verde • 500gr.de arroz • Sal ELABORACIÓN: Primeiro faise un caldo coas patas pequena do lubrigante, pirixel e loureiro e gárdase para despois. Nunha paelleira ponse; un chorriño de aceite,dous dentes de allo partidos á metade, media cebola, un pemento verde e outro vermello,picados. Refóganse uns cinco minutos. Cando as verduras estén pochadas engádese o lubrigante e movese ata que se poña vermello. Deixase cocer uns cinco minutos tapado e engádese o arroz e dúas veces e media a medida do caldo. Botaselle azafrán e sal e cócese quince minutos.
  5. 5. Este prato foi ofrecido polo establecemento bar canario. Recollido polas alumnas cris,sara e zeltia do ies a paralaia o dia 23 de outubro do 2010.
  6. 6. ROBALIZA D’CARLA INGREDIENTES: • 2 lombos de robaliza • 2 ceboliñas • 2 unidades de chalota • 75 gramos de ovas de ourizo • de mar • 75 gramos de spaguetti de mar • Espárrago trigueiro (opcional) • Un vasiño de viño Branco • Aceite • Sal. ELABORACIÓN: Refógase a chalota; cando colla un ton transparente, régase co viño Branco. Marcamos os lombos de robaliza e engadimos un pouco de caldo, as ovas e as algas. Rematamos no forno a 200º C, máis ou menos 8 minutos. Decoramos con espárragos trigueiros ao vapor. Este prato foi ofrecido polo establecemento: D’Carla Foi recollido polos alumnos: Aarón Tobío Sequeiros e Daniel Martínez Martínez, na data: 20/10/10.
  7. 7. 3.-Segundo prato CALLOS A GALEGA INGREDIENTES: • Garbanzos • Pata • Callos • Morro de tenreira • Chourizo • Pan fritido • Especias de callos • Sal • Pementón • Allo • Cebola ELABORACIÓN: Póñense os garbanzos a remollo a noite anterior cun chico de sal. Escúrrense os garbanzos e póñense a cocer en auga quente unha horaou hora e media máis ou menos.retíranse do lume ó estar a punto. Noutra cacerola coceranse as carnes e ó estar ben cocidas pícanse en anacos e engádeselle a auga dos garbanzos. Nunha Tixtla engádese 250cl. De aceite de oliva e frítese o pan en anacos co allo picado,retírase nun morteiro e machácase ben. No mesmo aceite frítense dous chourizos e unha cebola picada, cando estea ben apagase e engádeselle unha cullerada
  8. 8. de pimentón doce e outra de picante e as especias. engádese todo á cacerola cos garbanzos sazónase ó punto e retírase do lume. Este prato foi ofrecido polo establecemento Alén bar. Recollido polas alumnas cris,sara e zeltia do IES a Paralaia o día 23 de outubro do 2010.
  9. 9. COCIDO GALEGO INGREDIENTES: • 1 quilogramo de lacón • 1/2 tira de costela salgada • 1 trozo de touciño salgado • 4 chourizos. • 1/2 quilogramo de entrecosto de tenreira. • 8 patacas • 1 repolo ou 2 feixes de grelos • 1/2 quilogramo de garavanzos cocidos. • Poden empregarse outras partes do porco (orella,rabo…) ELABORACIÓN: Poñemos a cocer toda a carne xunta en moita auga e cando estea case cocida ( de 1 hora e media a 2 ) sácase para outra pota caldo suficiente para cocer as patacas e a verdura. Se non empregamos garavanzos previamente cocidos, deberíamos poñelos en remollo máis ou menos 12 horas e facelos con caldo de cocer a carne ata que se poñan tenros. Cando estea todo cocido, escórrese e sérvese. Este prato foi ofrecido polo establecemento Parrilladas Montevideo. Recolllido polas alumnas: Odhra Victoria Di Martino Fermín, Sofía Portela Diéguez, Gabriela García Blanco, Eva Pena Fandiño y Patricia Meira López do IES A Paralaia o día 1/12/2010
  10. 10. AÑO ASADO INGREDIENTES: • año • aceite de oliva • aceite de xirasol • cebola • laurel • pemento vermello • perejil • cravo • cementa branca • viño Branco • coñac. ELABORACIÓN: Tállase o cordeiro quitándolle a graxa, adúbase con allo, aceite de oliva, e azafrán. Logo dourase con aceite de xirasol, e bótase a unha tarteira. Despois retirase o aceite de xirasol, e botamos bastante aceite de oliva nunca tixola cun pouco de cebola. Cando o aceite estea quente, bótaselle por enriza ao cordeiro que está na tarteira. A seguir engadimos dúas cebolas cortadas, unha folla de laurel cortada, pemento vermello,cravo, cementa e dous vasos de viño. Deixase a facer lentamente ata que se vexa o óso solto da carne. Para acabar pódeselle botar un pouco de coñac e poñelo no forno a dorarse. Se se quere pódeselle engadir unhas patacas fritidas. Este prato foi ofrecido polo establecemento: La Batea
  11. 11. Recollido polos alumnos: Adrián De Matos, Sergio coloret y Ali Boutinguiza do IES A Paralaia. O día 22/10/10.
  12. 12. 4.-Sobremesa TARTA DE LIMÓN INGREDIENTES: • 500g de nata. • 150g de azucre. • 1 vaso de auga. • Caramelo líquido. • Queixo Philadelphia ou similar. • Biscoito ou galletas. ELABORACIÓN: Untamos o molde co caramelo, se o caramelo o fas ti, que o molde non sexa de plástico. Nun bol semimontamos a nata co azucre, non fai falla que se monte de todo, cun pouco é suficiente. Poñemos nun cazo a auga co sobre de xelatina e ferver, unha vez que ferva, retírase do lume e déixase arrefriar un pouco. Mentres, engadímoslle o queixo á nata e mesturámolo ben, sen que queden grumos cando vexamos que está ben disolto o queix, engadímoslle a xelatina e remexemos todo ben mesturado. Vertémolo no molde e cubrímolo coas galletas e o biscoito. Metémolo na neveira unhas tres horas. Este prato foi ofrecido polo establecemento : Fonte das Donas. Recollido polos Alumnos/as: Patricia, Gabriela, Eva, Odhra e Sofía.
  13. 13. TORTA DE TURRÓN INGREDIENTES: • Doce ovos • Cento cincuenta gramos de manteiga • Trescentos gramos de fariña de améndoas • Un Royal • Cen gramos de azucre • Cincocentos mililitros de nata • Catro follas de xelatina • Media libra de turrón brando • Cincuenta gramos de améndoas garrapiñadas • Media libra de chocolate ELABORACIÓN: Bater seis ovos co azucre, unha vez montados, engadir lentamente a fariña de améndoas, despois engadimos a manteiga e o Royal, mesturámolo nun molde e ó forno durante trinta minutos a cento setenta grados. Mousse: Por outra parte montamos as claras de seis ovos a punto de neve con catro culleradas sopeiras de azucre. Montamos a nata con catro culleradas de azucre e mesturámolo todo lentamente coas claras. Unha vez mesturado debemos engadir o turrón en anacos moi pequenos, case desfeitos, e o chocolate derretido, mestúranse ben, lentamente, e engádese a xelatina previamente derretida ( estas métense en auga e quéntanse no microondas), mestúrase e acábase de montar á man, lentamente. Unha vez feito todo, tan só queda montar a torta. Ábrese o biscoito pola metade e reénchese coa mousse e as améndoas.
  14. 14. Tápase a torta e recóbrese coa mousse ben estirada. Gardámolo na neveira durante tres horas e listo para servir. Este prato foi ofrecido polo establecemento O Portovelo, recollido polos alumnos Cristina,Sara e Zeltia do I.E.S A Paralaia o día 23.10.2010
  15. 15. 5.-Establecementos colaboradores -Fonte das Donas: R/Donato Bernárdez S/N 36950 Moaña Tlfno: 986393176 -Montevideo: R/Xunqueira, 4. Baixo 36950 Moaña Tlfno: 98631513 -A Illa: Porto de Meira. 36950 Moaña Tlfno: 663040607 -Con Tapas: R/Daniel Castelao,28 36950 Moaña Tlfno:986312305 -O Alén R/ Alcalde Fandiño, 8 O Rosal 36956 Moaña Tlfno:986134162 -Canario R/ Ribeira, 35 36955 Meira, Moaña Tlfno:927418861 -Portobelo L. Samertolameu de Meira. Porto, 9 36950 Moaña Tlfno:986311831
  16. 16. -Xente Nova Avda. Ramón Cabanillas, 2 Baixo 36950 Moaña Tlfno:986313192 -Ramona Avda. Concepción Areal, 226 36950 Moaña Tlfno:986314394 -Bar Eladio Baixada á Guia. Meira 36955 Tlfno: 986315036 -La Batea Avda. Concepción Arenal 222 36950 Moaña Tlfno: 986311073 -D’Carla A Guía 214 Baixo 36955 Meira-Moaña Tlfno: 986312960

×