Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
Upcoming SlideShare
Trovadorismo impacto
Next

2

Share

A lírica medieval galego-portuguesa

Related Audiobooks

Free with a 30 day trial from Scribd

See all

A lírica medieval galego-portuguesa

  1. 1. A LÍRICA PROFANA Características xerais, tipos de produción e tradición manuscrita
  2. 2.  Ámbito cronolóxico: finais s.XII e segunda metade do s.XIV  O galego-portugués estaba plenamente constituído como idioma  Funciona como koiné para a lírica  Literatura de carácter oral. Rexistro escrito posterior (modificacións)  Autor como intérprete: trobadores e xograres  A orixe do noso lirismo medieval está vinculada:  movemento trobadoresco provenzal  debido á influencia dos monxes da orde de Cluny
  3. 3. Orixe da lírica medieval galego- portuguesa: a lírica provenzal ♣ Lírica culta escrita en lingua d’oc que se deu na Provenza a comezos do século XII ♣ Estendeuse por Europa como consecuencia do exilio de moitos trobadores a diferentes cortes europeas ♣ O corpus poético occitano componse de máis de 2500 textos atribuídos a uns 350 autores e transmitidos por 95 cancioneiros.
  4. 4. Diferenzas entre a lírica galego portuguesa e a provenzal: Xéneros
  5. 5. Lítrica provenzal Lírica Galego-portuguesa Mindons Senhor Fenhedor: canta á senhor Precador: suplica Entendedor: aceptado por parte da senhor Drut: grao máis alto. Amante O Drut só é insinuado nalgunhas cantigas de escarnio e maldicir Diferenzas entre a lírica provenzal e a galego-portuguesa: Graos de intimidade
  6. 6.  Herdeira directa da cansó provenzal  O xénero mais frecuentado  Contén a expresión de amor de un home que se dirixe a unha dama, a senhor,  Característica a coita, a tristeza que orixina a negativa da dama ao poeta.  Muller abstracta non compartindo vinculación algunha con unha muller real. Cantiga de amor
  7. 7. Qur’eu en maneira de proençal – Don Denis Quer’eu en maneira de proençal fazer agora um cantar d’amor, e querrei muit’i loar mia senhor a que prez nen fremosura non fal, nen bontade; e mais vos direi en: tanto a fez Deus comprida de ben que mais que todas las do mundo val. Ca mia senhor quiso Deus fazer tal, quando a fez, que a fez sabedor de todo ben e de mui gran valor, e con todo est’é mui comunal, ali u debe; er deulhi bon sen, e des i non lhi fez pouco de ben quando non quis que lh’outra foss’igual.
  8. 8. A dona que eu am’e tenho por senhor – Bernal de Bonaval A dona que eu am’e tenho por senhor amostráde-mi-a Deus, se vos en prazer for, se non, dáde-mi a morte. A que tenh’eu por lume destes olhos meus e por que choran sempr’, amostráde-mi-a, Deus, se non, dáde-mi a morte. Essa que vós fezestes melhor parecer de quantas sei, ai Deus!, fazéde-mi-a veer, se non, dáde-mi a morte. Ai Deus, que mi-a fezestes mais ca min amar, mostráde-mi-a u possa con ela falar, se non, dáde-mi a morte lalalla
  9. 9. Cantiga de amigo ♣ Presenza finxida dun emisor feminino nun discurso poético de carácter amoroso. ♣ A natureza paisaxística funciona como un personaxe máis ♣ Desenvólvese nun fondo social de carácter conservador, predominantemente rural e doméstico. ♣ Interlocutores diversos: amigo, nai, irmá, natureza, Deus ….
  10. 10. Eixos temáticos  Panexírico que a protagonista fai da súa beleza ou da arte poética do seu amado  Amor insatisfeito  Paisaxe como protagonista: locus amoenus  Atrancos da relación amorosa  Amor correspondido Simboloxía  A auga: á que se lle atribúe un poder fertilizante e fecundador.  As flores: ocasionalmente serven para crear un “locus amoenus”  As aves: representan en ocasións a figura da amiga, Representan tamén a alegría amorosa ou o seu canto serve de contrapunto á tristura e á coita de amor
  11. 11. Ondas do mar de Vigo – Martin Codax Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? e ai Deus, se verrá cedo? Ondas do mar levado, se vistes meu amado? e ai Deus, se verrá cedo? Se vistes meu amigo, o por que eu sospiro? e ai Deus, se verrá cedo? Se vistes meu amado o por que hei gram coidado? e ai Deus, se verrá cedo?
  12. 12. Sedia-m'eu na ermida de Sam Simion e cercarom-mi as ondas, que grandes som! Eu atendendo meu amig' Estando na ermida ant'o altar cercarom-mi as ondas grandes do mar. Eu atendendo meu amig' E cercarom-mi as ondas, que grandes som! Nom ei i barqueiro nem remador. Eu atendendo meu amig' Sedia-m’eu na ermida de Sam Simion - Meendinho
  13. 13. Cantigas de escarnio e maldicir Na Arte de Trovar, que precede ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, diferénciase entre a cantiga de escarnio e a de maldicir. ♣ As de escarnio serían “aquelas que utilizan palabras encubertas que ajan dous entendimentos” ♣ As de maldizer son “aquelas que fazen os trobadores descubertamente”
  14. 14. Características xerais ♠ Trátase dun tópico ou xogo literario que establece unha lúdica subversión da orde establecida ♣ Maior riqueza lingüística con respecto ás outras cantigas, e unha grande variedade temática ♣ Na nosa tradición predomina o carácter concreto e personalizado, destinatarios identificados ♣ Serve con frecuencia de crónica, de reflexo da forma de vivir cortesá Clasificación temática -Sátira literaria: trobadores atacan aos xograres pola súa ineficacia ou pouca pericia compositora e literaria -Sátira moral: póñense de manifesto tópicos como o “ubi sunt”, a decadencia das virtudes ou a corrupción. -Sátira persoal ou de costumes:nelas aparecen afectadas distintas capas sociais sen exclusión de ningún tipo
  15. 15. Do que sabia nulha rem nom sei, polo mundo, que vej'assi andar; e quand'i cuido, hei log'a cuidar, per boa fé, o que nunca cuidei: ca vej'agora o que nunca vi e ouço cousas que nunca oí. Aquesto mundo, par Deus, nom é tal qual eu vi outro, nom há gram sazom; e por aquesto, no meu coraçom, aquel desej'e este quero mal: ca vej'agora o que nunca vi e ouço cousas que nunca oí. Do que sabia nulha rem nom sei – Pero Gomes Barroso
  16. 16. Foi um dia Lopo jograr- Martim Soares Foi um dia Lopo jograr a cas d'um infançom cantar; e mandou-lh'ele por dom dar três couces na garganta; e fui-lh'escass', a meu cuidar, segundo com'el canta. Escasso foi o infançom em seus couces partir em dom, ca nom deu a Lopo, entom, mais de três na garganta; e mais merece o jograrom, segundo com'el canta
  17. 17. Ai, dona fea, foste-vos queixar que vos nunca louvo en meu cantar; mais ora quero fazer un cantar en que vos loarei toda vía; e vedes como vos quero loar: dona fea, velha e sandía! Dona fea, se Deus mi pardón, pois havedes atán gran coraçón que vos eu loe, en esta razón vos quero ja loar toda vía; e vedes qual será a loaçón: dona fea, velha e sandía! Dona fea, nunca vos eu loei en meu trobar, pero muito trobei; mais ora ja un bon cantar farei, en que vos loarei toda vía; e direi-vos como vos loarei: dona fea, velha e sandía! Ai, dona fea, foste-vos queixar – Joan García de Guilhade
  18. 18. Xéneros menores ♠ Cantigas de romaría: Considerada un tipo de cantiga de amigo. Caracterizada pola referencia da voz lírica á peregrinaxe a un santuario ♠ Tenzón: cantiga composta por dous trobadores que en estrofas alternas se satirizan, xeralmente por asuntos relacionados co seu oficio, ou manteñen opinións opostas ♠ Cantiga de seguir: imitación dun poema alleo. O “seguidor” podía imitar a música ou a estrutura. Ton paródico. ♠ Pranto: composicións nas que se lamenta a morte de algunha persoa con poder social e económico e nas que se exalta a súa figura ♠ Pastorela: considerada tamén unha variedade da cantiga de amigo e de amor. Diálogo entre un cabaleiro e unha pastora ♠ Alba: queixa dunha voz lírica feminina pola separación do seu amigo ao entrar o día
  19. 19. Cancioneiros ♣ O máis antigo é o Cancioneiro de Ajuda, que foi realizado na Península Ibérica nos dous últimos decenios do século XIII ♣ Foron descubertos no século XIX e só a comezos do XX sairía do reducido círculo de especialistas. ♣ O coñecemento parcial dos cancioneiros no século XIX foi un argumento de autoridade para a dignificación da nosa cultura e, especialmente da nosa literatura.
  20. 20. Cancioneiro de Ajuda -Gardado na Biblioteca do Palácio de Ajuda (Lisboa) -Descuberto en 1759 entre os documentos dos xesuítas, expulsados nesa altura. -Composto por 88 follas -Non ten nomes de autores, notación musical e ten numerosas miniaturas sen rematar
  21. 21. Cancioneiro Colocci-Brancuti ou da Biblioteca Nacional ♠ Atópase na Biblioteca Nacional de Lisboa desde 1924 ♣ Copiado en Italia no inicio do s.XVI ♣ Debe o seu nome ao humanista italiano Angelo Colocci que encargou a súa execución e á familia dos condes Brancuti, dona da biblioteca onde foi atopado ♣ O de maior contido: 440 cantigas ♣ Precedido pola Arte de Trovar: único tratado de poética coñecido na tradición da lírica galego-portuguesa
  22. 22. Cancioneiro da Vaticana ♣ Atópase na Biblioteca Apostólica Vaticana ♣ Mandado copiar por Ángelo Colocci a comezos do s.XVI ♣ Contén 1200 cantigas de todos os xéneros, leva os nomes dos trobadores
  23. 23. Compilacións menores 1.Pergamiño Vindel Contén texto e música das sete cantigas de Martin Codax 2. Pergamiño Sharrer -Atopado no Arquivo da Torre do Tombo de Lisboa en 1990 -Contén sete cantigas de amor de Don Denís que xa aparecían noutros cancioneiros. Neste caso musicadas 3. Tavola Colocciana Índice dun cancioneiro descoñecido elaborado por Colocci 4. Cancioneiro Berkeley: copia do Cancioneiro da Vaticana
  24. 24. A LÍRICA RELIXIOSA As cantigas de Santa María
  25. 25. Introdución ♣ Lírica de carácter relixioso en homenaxe á Virxe. Século XIII ♣ Únicos casos de narracións versificadas que conservamos na literatura medieval galego-portuguesa ♣ Produción realizada na Corte de Afonso X “o Sabio” ♣ Intencionalidade ♠ Conflito Monarquía-Igrexa: afán propagandístico da monarquía toledana -Santiago de Compostela era o centro do poder relixioso -Toledo era o centro do poder político ♠ Moda europea das coleccións de milagres marianos a partir do século XI ♣ Uso do romance galego-portugués como estratexia de difusión
  26. 26. Tipos Segundo a súa estrutura diferenciamos: -Cantigas narrativas ou de milagres: Estrutura narrativa. Cóntase a algún milagre realizado pola Virxe. -Cantigas líricas ou de loor: estrutura lírica, de oración. Cantos en honra da Virxe
  27. 27. Transmisión: Códices As 427 Cantigas de Santa María consérvanse en catro códices: -Cancioneiro do Escorial (E): o máis importante e completo con 417 cantigas ilustradas e con 40 miniaturas e notación musical. -Cancioneiro de Florencia (F): contén 104 cantigas. Ten tamén miniaturas pero están incompletas. -Cancioneiro de Toleado (To):Está incompleto. Ten 193 composicións, 1275 miniaturas e notación musical. Conservado na Biblioteca Nacional de Madrid
  28. 28. Rosa das rosas et Fror das frores, Dona das donas, Sennor das sennores, Rosa de beldad' e de parecer e Fror d'alegria e de prazer, Dona en mui piadosa seer, Sennor en toller coitas e doores. Rosa das rosas et Fror das frores... Atal Sennor dev' ome muit' amar, que de todo mal o pode guardar; e pode-ll' os peccados perdõar, que faz no mundo per maos sabores. des i dos erros nos faz repentir, que nos fazemos come pecadores. Rosa das rosas et Fror das frores... Esta dona que tenno por Sennor e de que quero seer trobador, se eu per ren poss' aver seu amor, dou ao demo os outros amores. Rosa das rosas et Fror das frores... [Esta é de loor de santa maría, com'é fremosa e bõa e á gran poder]
  29. 29.  GUTIÉRREZ IZQUIERDO, Ramón, Lecturas de nós: Introducción á literatura galega, Xerais, Vigo 2000.  PENA X.R, Literatura galega medieval. Sotelo Blanco 1990.  TARRÍO VARELA, Anxo, Literatura galega: aportacións a unha historia crítica, Xerais, Vigo 1998.  TAVANI, Giuseppe, A poesía lírica galego-portuguesa. Galaxia 1986.  VILAVEDRA FERNÁNDEZ, Dolores, Historia da literatura galega, Galaxia, Vigo 1999.
  • AnadeMuoz

    Dec. 15, 2015
  • Arabier

    Nov. 12, 2014

Views

Total views

2,969

On Slideshare

0

From embeds

0

Number of embeds

575

Actions

Downloads

3

Shares

0

Comments

0

Likes

2

×