Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Riveira Programa do Entroido 2017

116 views

Published on

Riveira Programa do Entroido 2017

Published in: Entertainment & Humor
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Riveira Programa do Entroido 2017

  1. 1. 1/5 ENTROIDO 2017 – RIVEIRA Do 24 de febreiro ao 1 de marzo! VENRES, 24 de Febreiro. nReda no Entroido: Carpa da rúa de Galicia, de 17 a 20 h. Actividades infantís, obradoiros, inchable, visita de mascotas animadas, música e animación, zona de peques (de 3 a 6 anos). ANIMACIÓN DAS RÚAS E PRAZAS DA HOSTELERÍA DE RIVEIRA COA CHARANGA: “O SANTIAGUIÑO DE PADRON”, a partir das 10 da noite! SÁBADO, 25 de Febreiro. ANIMACIÓN DAS RÚAS E PRAZAS DA HOSTELERÍA DE RIVEIRA COAS CHARANGAS: “PONMEUNKINTO de Noia”, a partir das 9 da noite! “O SANTIAGUIÑO de Padrón”, a partir das 11 da noite! EXPRESO DO ENTROIDO: Tren infantil que percorrerá as distintas rúas da cidade. Saída e chegada da Praza do Concello, de 11 a 14 e de 17 a 20 h. As entradas poderanse recoller gratuitamente no propio tren ata encher aforo! Nota: Priorizarase un neno/a por adulto no caso de cheo.
  2. 2. 2/5 nReda no Entroido: Carpa da rúa de Galicia, de 11 a 14 e de 17 a 20 h. Actividades infantís, obradoiros, inchable, música e animación, zona de peques (de 3 a 6 anos). SESIÓN DJ PARA A MOCIDADE Na Carpa do Entroido, de 20:30 a 23:30 horas. Dirixida a mozas e mozos ata 18 anos. Organiza a Concellería de Xuventude de Riveira. DOMINGO, 26 de Febreiro. CHOQUEIRADA INFANTIL Aviso a todas as máscaras e caretas, choqueiros, príncipes e princesas, demos, elfos, merlíns, piratas, cavernícolas, ratos, gatos, lunnis, gormittis, pallasos, monsters high, patrulla canina, monstermachine e demais seres de fantasía que queiran pasar unha tarde de entroidada. Ás 17:00 h. na Carpa da rúa de Galicia; unha reviravolta de bulicio, algarabía, barafunda e profano divertimento, dará comezo á GRANDE FESTA INFANTIL para os máis cativos, amenizada por animadores de xogos, mascotas, karaoke, desfile de disfraces con entrega de diplomas, obradoiros variados e moito máis... Entrada libre e de balde! Todos os nenos e nenas deberán ir disfrazados. ANIMACIÓN DAS RÚAS E PRAZAS DA HOSTELERÍA DE RIVEIRA COA CHARANGA: “O SANTIAGUIÑO de Padrón”, a partir das 18:30 h! BAILE DOS NOSOS MAIORES: Na Casa do Mar de Corrubedo. a partir das 7 da tarde! Entrada gratuíta.
  3. 3. 3/5 LUNS, 27 de Febreiro. EXPRESO DO ENTROIDO: Tren infantil que percorrerá as distintas rúas da cidade. Saída e chegada da Praza do Concello, de 11 a 14 e de 17 a 20 h. As entradas poderanse recoller gratuitamente no propio tren ata encher aforo! nReda no Entroido: Carpa da rúa de Galicia, de 17 a 20 h. Actividades infantís, obradoiros, inchable, visita de mascotas animadas, música e animación, zona de peques (de 3 a 6 anos). ANIMACIÓN DAS RÚAS E PRAZAS DA HOSTELERÍA DE RIVEIRA COAS CHARANGAS: “PONMEUNKINTO de Noia”, a partir das 8 da tarde! “OS CELTAS da Baña”, a partir das 10 da noite! “O SANTIAGUIÑO de Padrón”, a partir das 12 da noite! MARTES, 28 de Febreiro. FESTIVAL DE MURGAS E COMPARSAS Ás 17:00 h. sairán do Auditorio Municipal as murgas e comparsas, acompañadas no desfile polas charangas “O SANTIAGUIÑO” de Padrón e “PONMEUNKINTO” de Noia, así como unha morea de personaxes que advertirán ao cidadán dos perigos de andaren a soas polas rúas. Desfile por rúas de Portugal, Romero Ortiz e Galicia ata a praza de España. As “Murgas Adultas” competirán no festival por un Primeiro Premio de 1.000 €, un Segundo Premio de 600 €, un Terceiro Premio de 400 € e un Premio Local de 350 €, para o que haberá un Xurado Entroido-Profesional composto por seis membros, especialistas en Artes Escénicas e Caracterización, Letra e Música, Vestiario, Maquillaxe e Peluquería, un escollido ao azar de entre o público e a Presidencia que recaerá na Concelleira de Cultura, ademais do Secretario, con voz e sen voto. Festival e actuación: Praza de España. Nota: En caso de choiva será na carpa da rúa de Galicia. Bases en www.riveira.gal
  4. 4. 4/5 ANIMACIÓN DAS RÚAS E PRAZAS DA HOSTELERÍA DE RIVEIRA COAS CHARANGAS: “O SANTIAGUIÑO de Padrón” e “PONMEUNKINTO de Noia”, a partir das 6 e media da tarde! MÉRCORES, 1 de marzo. ENTERRO DO FELIPE O finado FELIPE DE RIVEIRA Falecido e Confortado con Filloas e Augardente R.I.P. A súa dona, fillos, irmáns, curmáns e demais familia . Pregan unha oración polo seu eterno descanso e agradecen a asistencia ao funeral do corpo presente que se vai oficiar no día 1 de marzo, ás 19.30 horas e ao posterior acto de incineración dos seus restos mortais na Praza de Pontevedra. Oficiará o Sr. Bispo de Moldes, a Súa Eminencia Re-verendísimo Doutor Da Folla Seca quen virá na compaña do Sr. Marqués de Cacharrachada e o Sr. Gobernador do Entroido Excmo. Sr. D. Pedro Pateiro, ao ritmo da comparsa “O SANTIAGUIÑO” de Padrón, polo que a familia suplica encarecidamente o máis rigoroso loito nos actos de sepelio e as moi ferventes manifestacións de dor e pranto por tan irreparable perda e por mor de abrandar os corazóns de tan importantes persoeiros e por aquilo de que “quen non chora non mama”. Unha vez enterrado afogaremos todos xuntos os pesares na Rúa de Portugal (Auditorio), -e se chove a mares e escacha na rúa será na Carpa da rúa de Galicia -, con preñados, orellas e rosquiñas, todo isto regado co mellor viño do País e demais bebidas para os padais máis exquisitos. Favores polos que anticipan grazas. Saída do acompañamento ás 19.30 h, dende o Palco de Pedra do Malecón (R/ Romero Ortiz) pasando por Malecón, Concordia, Galicia, Canarias, Miguel Rodríguez Bautista, Mariño de Rivera, Praza do Concello, Rosalía de Castro, Galicia, Manzanares ata chegar á Praza de Pontevedra. Máis información en www.riveira.gal e Entérate!
  5. 5. 5/5 ACTIVIDADES DA HOSTALERÍA DE RIVEIRA Organiza a Concellería de Cultura de Riveira e a Asociación de Empresarios de Riveira. Sábado 25 de Febreiro. CONCURSO DE DISFRACES: O sábado 25 de febreiro levarase a cabo desde as 22.00 h ata as 3.00 h o concurso de disfraces polos distintos locais participantes da hostalería de Riveira. Haberá gratificacións económicas nas modalidades de individual, parella e grupo. Premios ao mellor disfrace individual (100 € ao primeiro e 50 € ao segundo), mellor parella (200 € ao primeiro e 100 € ao segundo ), mellor grupo composto por un mínimo de tres persoas (350 € ao primeiro e 200 € ao segundo). Todos as persoas que desexen participar deberán coller a tarxeta ou cartón en calquera dos locais integrantes no concurso e ir selándoa nos mesmos. Todos os participantes serán fotografados por un responsable ou traballador do local e esta instantánea deben de enviala ao enderezo electrónico correo@empresariosriveira.com cos seguintes datos (nome, apelidos, DNI e un teléfono de contacto) dunha das persoas (representante) que apareza na mesma. O prazo de envío das fotografías para a deliberación do xurado é dende o sábado 25 de febreiro a partir das 22.00 h ata o mércores día 1 de marzo ás 22.00 h. Bases dos concursos en www.empresariosriveira.com e www.riveira.gal Sábado 4 de marzo. RUTA DE TAPAS DO PEQUENO ENTROIDO: O sábado 4 de marzo de 2017, de 12:00 a 16:00 h, polos locais participantes poderánse degustar as tapas típicas do Entroido por 1,50 € e a cambio recibirán unha careta exclusiva de agasallo. Organiza a Concellería de Cultura en colaboración coa Asociación de Empresarios de Riveira.

×