Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

O liberalismo político

Apuntes para 4º da ESO. Historia

  • Login to see the comments

  • Be the first to like this

O liberalismo político

  1. 1. O liberalismo político: A burguesía1 decatouse de que os reis absolutos, mesmo cando se convertían en déspotas ilustrados2 e aplicaban as ideas da Ilustración, non cambiaban a fondo o sistema político, económico e social. Xurdiulles a necesidade de alcanzar o poder para conseguir realizar cambios profundos e acabar co Antigo Réxime. Chamamos revolucións burguesas ao proceso de conquista do poder por parte da burguesía. A primeira revolución liberal foi a dos Estados Unidos, que conseguiu a independencia das 13 colonias do Reino Unido. Pero en Europa tivo máis repercusión a Revolución Francesa que comezou en 1789. O liberalismo político foi o pensamento no que se apoiaron as revolucións burguesas. Esta ideoloxía política deriva do pensamento ilustrado: foron os pensadores da ilustración os que aportaron os principais conceptos do liberalismo como a separación de poderes (Montesquieu) o a soberanía nacional (Rousseau). Os principios que defende o liberalismo son:  Igualdade xurídica e dereitos naturais. O liberalismo considera, en teoría, que todos os individuos deben ser iguais ante a lei e ter os mesmos dereitos, ao contrario do que sucedía no Antigo Réxime, no que había privilexios reservados a determinados estamentos. Defenden que hai unha serie de dereitos fundamentais que teñen todos os seres humanos e que toda sociedade e sistema político debe defender e protexer. Estes dereitos naturais son a liberdade3 , a propiedade e a igualdade ante a lei. Na práctica o sufraxio quedou reservado aos homes que tiñan unha determinada capacidade 1 Burguesía: é a clasesocial formada por persoas acomodadas quelogran ter propiedades e capital,ou sexa,cartos.O nome venlle de cando no Antigo Réxime vivían no burgo ou cidade.A burguesía no Antigo Réxime formaba parte do Terceiro Estado, é dicir,aínda queeran ricos ericas non tiñan privilexios.Tiñan quepagar impostos,eran xulgados por leis diferentes aos privilexiados (nobreza e clero),non podían acadar determinados cargos da administración eo exército, etc. No século XIX a burguesía converterase na clasedominanteimpoñendo a súa visión económica epolítica do mundo. 2 Déspotas ilustrados: monarcas quedurante o Antigo Réxime, aplicaron asmedidas propostaspola Ilustración paramellorar a vidados seus súbditos esúbditas.Melloraban as cidades (medidas de hixiene, empedrado, construción demonumentos, etc), investían en industria (reais fábricas),favorecían o progreso (Sociedades Económicas deAmigos do País),etc. Pero non soltaban as rendas do poder, seguían a ser reis absolutos etiñan a soberanía e os tres poderes. 3 Liberdade de movementos, de residencia,depensamento, de opinión, de relixión,dereunión, de asociación,detraballo,de empresa, de mercado...
  2. 2. económica (sufraxio censatario), deixando fóra ás mulleres e a determinados grupos pola súa cor ou etnia. Pero isto vémolo claro hoxe en día. Daquela o sufraxio era algo moi avanzado e á meirande parte da xente parecíalles normal que as mulleres e os escravos non votasen.  Soberanía nacional. Fronte á soberanía real (do rei) de orixe divino característica das monarquías absolutas do Antigo Réxime, o liberalismo defendeu a idea da soberanía nacional, é dicir, a soberanía a ten o pobo.  Separación de poderes. Fronte á concentración de poderes do Antigo Réxime, o liberalismo defendeu a limitación do poder e a súa división funcional en tres grandes áreas: executivo, lexislativo e xudicial, exercidas por distintas institucións: Goberno, Parlamento e Tribunais. Con este sistema pretendíase impedir as arbitrariedades e os abusos do poder.  Constitucións escritas e declaracións de dereitos. A garantía dos dereitos e liberdades e os poderes do Estado deben estar recollidos por escrito en solemnes Declaracións de dereitos e fundamentalmente nunha constitución ou lei suprema da organización do Estado. A primeira constitución foi a dos EE.UU en 1787, seguida das constitucións da Francia Revolucionaria e a Constitución española de 1812. O liberalismo é a expresión ideolóxica dos intereses das clases burguesas, convertidas nos grupos dominantes da sociedade no século XIX grazas ao desenvolvemento e expansión da revolución industrial e o triunfo das revolucións políticas. Co paso do tempo o liberalismo dividirase en dúas tendencias:  O liberalismo doutrinario, que defende os intereses da clase alta. Este liberalismo mantén gran parte do poder monárquico. O rei ou a raíña comparten a soberanía co pobo. O sufraxio será censatario.  O liberalismo democrático, que defende os intereses das clases medias. O liberalismo democrático limita moito o poder da monarquía ou incluso camiña cara ao republicanismo4 nalgúns momentos, e considera que a soberanía debe de ser do pobo e os sistemas electorais deben ter sufraxio universal. 4 República:forma de goberno na que o cargo de xefe de Estado está en mans dunha persoa elixida por votación por un tempo determinado, en lugar de ser un monarca que herda o trono durante toda a súa ida.A república éo contrario da monarquía. Non confundircondemocracia, quenonten nada quever. Ademocraciaé o contrario deditadura.Na democracia manda o pobo. Pero unha democracia podeser república (comoa democracia francesa, que ten un presidentecomo xefe deEstado) ou unha democracia podeser unha monarquía (comoa actualdemocracia española que ten comoxefe deEstado a unrei, FilipeVI).
  3. 3. A Independencia dos Estados Unidos de América (As fotocopias do libro de texto non as hai que saber) O Reino Unido tiña, no século XVIII, unhas colonias5 na costa leste de América do Norte.O ReinoUnido aproveitábase economicamente destes territorios: conseguía materias primas e reservábase o monopolio6 comercial. Isto dificultaba o comercio entre as Trece Colonias e outras zonas de América. A orixe do problema tivo, por tanto, unha base económica, pois as colonias vían na metrópole unha barreira para o seu desenvolvemento. A tensión política agravou a situación. Recordemos que o Reino Unido non tiña unha situación de absolutismo como tiñan Francia ou España, por exemplo. No Reino Unido había un sistemaparlamentarionoque orei tiña moitopoder,peroaspersoascon podereconómico (burgueses ou nobres adiñeirados) podían votar a parte dos membros do parlamento e o parlamento controlaba un pouco o que facía o rei. Os impostos aprobábanse no parlamento. As Trece Colonias non tiñan representación no parlamento do Reino Unido. Así que moitas veces se negaban a pagar impostos, posto que os aprobaban no parlamento británico sen consultalos.O rei de do Reino Unido, tratou de corrixir este problema e obrigalos a pagar. As Trece Colonias responderonboicoteandoosprodutos británicos (é dicir,deixaronde comprar determinados produtos que se fabricaban no Reino Unido e se vendían nas colonias). Como conseguíanboicotearesesprodutosse oReinoUnidotiñao monopolio?.Poisporexemplo, en lugar de comprar o te á compañía británica á que llo tiñan que mercar (que o traía de China), comprábano de contrabando, a compañías que o traían de outras colonias que non eran británicas. Así que o ambiente xa era tenso. E a gota que colmou o vaso foi que o Reino Unido lle permitiu á Compañía Inglesa das Indias Orientais vender o te practicamente sen pagar impostos, co que resultaba aínda máis barato que o de contrabando. As Tea Acts, que deron ese monopolio da venda de te tan vantaxoso a esa compañía, prexudicaba aos comerciantes americanos, que responderon atacando uns barcos británicos cargados de té que estaban no porto de Boston (motín do te). Este foi o comezo da guerra da Independencia. Pero o máis importante non foi que estas colonias se independizaran, senón como o fixeron.Podíanindependizarsee nomear rei a algún parente do rei británico, por exemplo, e establecer un sistema semellante ao do Reino Unido, ou un sistema absolutista como o que tiñan a meirande parte dos países de Europa. Pero non fixeron tal. Tiñan as ideas da ilustración na cabeza e ademais viñan dunha situación que xa non era absolutista, a do parlamentarismo inglés. Organizáronse segundo os principios do liberalismo político. A Declaración de Independencia xa deixa ver ese concepto liberal do poder, que ven da Ilustración, no que o poder do rei, en realidade emana do pobo. O rei debe defender os dereitos do pobo, e se non o fai, o pobo estaría no seu dereito de opoñerse a el. O concepto 5 Colonia:territorio dominado por unha potencia estranxeira. 6 Monopolio comercial:so pode comprar e vender un produto determinado unha entidade concreta. É dicir,O Reino Unido facía leis que prohibían queoutros puideran comerciar coas 13 colonias.Así por exemplo, se eu son un burgués e fabrico algo,só llelo podo vender ao Reino Unido, e non podo facer negocio con España,por exemplo, sen a intervención do Reino Unido que sacará beneficio.
  4. 4. absolutista do poder era que o rei tiña todo o poder sen limitacións, e só Deus podería obxectaralgo. No conceptoliberal o rei si que tenlímites. Asoberanía7 é da nación,non dorei ou a raíña. Esta era unha idea que viña da Ilustración. Organizáronse segundo os principios liberais, as ideas políticas da burguesía, que se espallarán por Europa no século XIX: - Constitución8 . - División de poderes9 . - Sufraxio10 . A Constitución dos Estados Unidos foi a primeira constitución da historia. Nela recoñecíanse a soberanía nacional e a separación de poderes. O poder lexislativo residía en dúas cámaras, elixidas por sufraxio universal masculino (homes brancos), algo moi avanzado na época (pensemos que na maior parte de Europa reinaba o absolutismo), o executivo nun presidente elixido por votación, algo totalmente revolucionario nun mundo de reis que herdabandosseusantepasadosodereitoagobernare o xudicial eranxuícesindependentes.A elección do presidente era por votación indirecta. En 1789, o mesmo ano que estalaría a Revolución Francesa, George Washington converteuse no primeiropresidente dos Estados Unidos. 7 Soberanía = poder 8 Constitución: é a lei fundamental dun Estado, superior a calquera outra lei que se faga nese Estado, que define os dereitos e liberdades da cidadanía e que establece como se van repartir os poderes e as institucións. As constitucións defende os dereitos da poboación e limita o poder para que non se cometan abusos. Hoxe en día a constitución é a base de calquera democracia, unha característica fundamental das democracias da Idade Contemporánea. O primeiro que fai un ditador cando toma o poder a través dun golpe de Estado na actualidade é eliminar ou suspender a Constitución. 9 División de poderes: sepáranseo poder lexislativo,executivo e xudicial para evitar tiraníaseque uns controlen aos outros. 10 Sufraxio: voto. No absolutismo non había sufraxio.Como moito había voto por estamento como veremos na Revolución Francesa,pero non voto por persoa.Ao comezo na meirande parte dos países,o sufraxio será censatario, é dicir,só poden votar as persoas que están nun censo que sefai en función da riqueza,o sexo e a raza.Só podían votar en principio,os homes brancos ricos.En Estados Unidos o sufraxio era moi avanzado,pois era sufraxio universal, é dicir,poden votar todos, aínda que neste momento “todos” eran só os homes de raza branca.As mulleres e os escravos non votaban.
  5. 5. A Revolución Francesa A Revolución11 Francesa foi a revolución liberal de maior repercusión, por iso moitos a consideran o fito que marca o cambio da Idade Moderna á Idade Contemporánea. A Revolución Francesa foi a revolución que puxo fin ao Antigo Réxime. Cales foron as súas causas? En primeirolugar hai que falar das ideas da Ilustración12 . A Ilustración espallara, a través de diferentesescritos,libros, debates, etc., ideas como a soberanía nacional, a separación de poderese o sufraxio.Estasideasserándecisivasparaque aoproducirse revoltas, estas acaben derivandonunharevoluciónque cambie a organización política e transforme o absolutismo13 en liberalismo14 . Pero que situación concreta derivou nun estoupido revolucionario? - O descontento social do Terceiro Estado15 : o A burguesía enriquecida quería acceder ao poder político e quitar os privilexios á nobreza. o O campesiñado apenas podía sobrevivir polos numerosos impostos aos que debía facer fronte. - A crise económica. o Desde 1760 houbo unha serie de malas colleitas que provocaron o aumento dos prezos e o descontento dos grupos populares. o A FacendaReal taménestabaencrise,poloselevadosgastosestatais (luxo da corte e participación na guerra da independencia americana). o Os privilexiados non pagaban impostos e o terceiro Estado afogaba coas últimas subidas. - Perda de apoio de Luis XVI. o A ilustración estaba descontenta porque Luis XVI non aplicaba as reformas que levasen ao país ao progreso. o A nobreza desconfiaba porque os ministros de economía intentaban conseguir que pagasen impostos. 11 Non debemos confundir revolucióne revolta. Unha revolta sonsimplemente desórdenes públicos, que poden ser moi graves pero noncambiana forma de organizarse. Unha revolucióné uncambio brusconas estruturas políticas, económicas ousociais que pode ser conseguidode forma pacífica (como a revoluciónindustrial) ouviolenta. 12 Ilustración:corrente de pensamentoque se desenvolveu noséculoXVIII que pretendía iluminar o mundo coas luces da razón. O séculoXVIII é coñecido por iso como o “século das luces”. Os pensadores e pensadoras ilustradas estabanconvencidos de que o mundopodía mellorarse grazas aocoñecementohumano. Criticabana superstición, os estamentos e privilexios e todoaquilopropiodoAntigoRéxime que considerabanque entorpecía o progreso da humanidade. 13 Absolutismo: réxime político habitual noAntigo Réxime e que se caracteriza por concentrar todos os poderes (lexislativo, executivo e xudicial) nasmans dunrei oudunha raíña. 14 Liberalismo político: réxime políticoque se estendeupor Europa noséculoXIXe que entregaba o poder á cidadanía que elexía aos seus representantes de forma libre e soberana. O liberalismodefende as liberdades individuais e unha mínima intervención doEstadonos asuntos públicos. É o sistema político que viña benaos intereses da burguesía doséculoXIX. 15 Terceiro Estado: estamento nonprivilexiado doAntigo Réxime. Nel estabandesde o campesiñado máis pobre ata a burguesía máis rica, pero todos elese elas sen privilexios, tiñanque pagar impostos, no campo estabansometidos ao réxime señorial e nonpodían acadar os postos máis altos da administraciónoudo exércitopor moi ricos que foran.
  6. 6. o As clasespopularesnonlle tiñandemasiadorespecto aunrei que empezara a gobernar moi novo e inexperto, que tardou demasiado tempo en ter descendencia e que dilapidaba os cartos en luxos innecesarios. En 1787 o rei convocou unha asemblea de notables para convencer aos privilexiados de que pagasenimpostos(nontiñanobrigaperopodíanfacelovoluntariamente).Estes negáronse e Luis XVI viuse obrigado a convocar os Estados Xerais, a única asemblea que podía autorizar novos tributos. Esta asemblea, non era como os parlamentos actuais. Era unha asemblea propia do Antigo Réxime, que se reunía cando o rei a convocaba para facerlles algunha consulta. Reuníanse representantesdostresestamentos,que deliberabansobre asconsultasque facía o soberano e votaban por separado: cada estamento un voto. Cada estamento aproveitaba a convocatoria para escribir unhas cartas con peticións para o rei, nas que comentaban os seus problemas. En Francia estes Estados Xerais non se reunían dende principios do século XVII. Os diferentesgrupossociaiselaborarone enviaronas súas queixas e peticións, recollidas enmultitude de cadernosde queixas,panfletose escritos,que constitúenunavaliosafontede información para a historiografía actual, para obter numerosísimos datos sobre a situación antes da revolución. A nobreza e o clero querían votar por estamento como se fixera sempre, pois así tiñan maioría osestamentosprivilexiados. O Terceiro Estado quería que o voto fora individual, por persoa.Os debatessobre como sería o voto prolongábanse e non parecían chegar a ningunha parte. Aquí é onde entra en xogo a ideoloxía da Ilustración. Ante a falta de acordos, os representantesdoTerceiro estado, contando co apoio de representantes do baixo clero e da baixa nobreza de orixe burgués, deciden cambiar o sistema de reunión e formar unha Asemblea Nacional, considerada por eles como a única representación lexítima da nación francesa. O rei, co apoio da meirande parte dos privilexiados, tentou clausurar as súas reunións impedíndolles o acceso á sala. O Terceiro Estado reaccionou radicalizando as súas posturas. Cambiaron o lugar de reunión e, esta vez, en lugar de autoproclamarse Asemblea Nacional,decidenredactarnadamenosque unha constitución,polo que pasan a considerarse Asemblea Constituínte. Isto en si mesmo é moi revolucionario. Rompían cos principios de legalidadepolíticaataentónvixentes (sometementoávontade dorei absoluto,orixe divinodo poder do rei por enriba do cal non pode estar ninguén) e organizábanse polos principios da Ilustración: soberanía nacional. Paralelamente o ambiente en París era de gran axitación. Ante as manobras do rei, que comezou a reunir tropas, o 14 de xullo de 1789, os habitantes de París asaltan a Bastilla, o cárcere real, símbolo do absolutismo, e fanse co control do poder na cidade. Esta data simbólica considérase o inicio da revolución. A imitación do que acontecera na capital, nas cidades de provincias prodúcese a substitución das autoridades existentes por outras novas, partidarias das reformas.
  7. 7. No campo, as noticias do que estaba a suceder e o temor ás represalias aristocráticas causaron, a finais de xullo e comezos de agosto, unha onda de pánico masivo con asaltos ás casas e castelos da nobreza e queima das escrituras onde se recollían as obrigacións e as rendas feudais. A Asemblea Nacional, co apoio popular, comezou a gobernar e transformar Francia. A Asemblea rematou co Antigo Réxime: - Aboliron o réxime feudal dos señoríos. - Fixeron A Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán que recolle o programa básicodeste movemento liberal e burgués. Xa non haberá estamentos privilexiados senón igualdade ante a lei. - En 1791 a A Asemblea Nacional aprobou a primeira Constitución francesa. Organizábanse como unha monarquía constitucional, con soberanía nacional, separación de poderes e sufraxio (aínda que era un sufraxio censatario o feito de poder votar nun contexto europeo absolutista era moi revolucionario). - Aprobaron leis moi favorables aos intereses da burguesía. Aprobáronse medidas contra a Igrexia:expropiacióndosseusbens,aboliciónde conventos...Estableceuse a liberdade de comercioe industria suprimindoosgremios e prohibindo as asociacións obreiras. A partir de aí os revolucionarios foron dividíndose en función da maior ou menor radicalización das súas demandas. Os había que apoiaban unha monarquía constitucional e estaban xa contentos coas reformas, pero os había que estaban a favor dunha república. Os había satisfeitos co sufraxio censatario e os que eran partidarios dunha maior democracia. Houbo varios feitos que marcaron a evolución da revolución. Por unha parte o rei dedicouse a frear as reformas, co poder que lle outorgaba a monarquía constitucional. Ademais varias potencias absolutistas europeas declaráronlle a guerra a Francia, por medo a que se estendese a revolución. O rei conspirou coas potencias inimigas e tratou de fuxir de Francia. Ante a gravidade dos feitos a Asemblea Nacional convocou novas eleccións por sufraxio universal masculino e a nova asemblea aboliu a monarquía e proclamou a República en 1792. O novosistemapolíticochamábase convención.A Asembleaasumíatodosospoderesdo Estado e os exercíaa travésde Comités. Promulgaríase unha nova constitución que recoñecía o sufraxio universal masculinoe a soberanía popular.O rei foi xulgado e condenado a morte. A execución do rei agravou a guerra contra os Estados veciños e radicalizou as posturas internas. Incluso houbo un período ditatorial dirixido por Robespierre. Foi a época do terror, na que perseguiron e executaron a todas as persoas sospeitosas de estar en contra da revolución. Ao final acabáronse impoñendo os burgueses moderados e caendo Robespierre. A inestabilidade políticae asguerras fixeronque osmilitares tivesen cada ve máis poder. En 1799, apoiado pola burguesía, partidaria do mantemento da orde para beneficiarse das conquistas realizadas, o xeneral Napoleón Bonaparte deu un golpe de Estado.
  8. 8. Progresivamente foi concentrando todos os poderes nas súas mans e en 1804 proclámase emperadore Francia transfórmase nun imperio.O prestixiode Napoleón baseábase nos seus éxitosmilitares.Oimperionapoleónicoconverteusenunhacuriosamesturaentre liberalismoe ditadura.A extensióndoimperiopropagouideasliberaiscomoaelaboraciónde constitucións. A Restauración e as revolucións liberais do XIX Napoleón Bonaparte: liberalismo ou absolutismo?. A RevoluciónFrancesa marcou a entrada do liberalismoenEuropa.Na última etapa da revolución, tomou o poder, como vimos, Napoleón Bonaparte, que constitúe unha curiosa mestura entre liberalismo e absolutismo. Napoleón foi o primeiro ditador contemporáneo. Moitos outros ditadores responderán máis tarde a este patrón ao longo da Idade Contemporánea: un militarde éxito,que procede máis ou menos do pobo (non da realeza), que chega ao poder apoiado por un grupo político e que goberna co apoio das Forzas Armadas. Napoleónconcentratodosospoderesdo Estado, o que o aproxima ao absolutismo. Pero tamén introduce ou mantén, aínda que ás veces só formalmente, algunhas das conquistas liberais: - Constitución. - Cámaras de representantes (aínda que quitándolles o verdadeiro sentido democrático). - Creou un Código civil que recollía as principais achegas do liberalismodarevoluciónfrancesa,aorecollermoitos dereitos civís: dereito de propiedade, liberdade de conciencia e de traballo... O Estado era laico, separando Igrexa e Estado. Admitíase o matrimonio civil e o divorcio. A caída de napoleón en 1815 marcou a fin do ciclo revolucionario comezado en 1789 e o comezo do período denominado Restauración, porque restauraba o absolutismo. O Congreso de Viena As principais potencias europeas reuníronse no congreso de Viena, presidido polo chanceler do imperio austríaco, Metternich. Alí acordaron que os países que estiveran sometidos a Napoleón volverían ao absolutismo cos seus reis lexítimos. Refixeron as fronteiras á súa conveniencia,senterencontaos desexosda poboación de cada territorio. Crearon unha serie de Estados – tapón ao redor de Francia e uniron e desuniron ao seu antollo. Para evitar que ocorrera de novo algo semellante ao que acontecera coa Revolución Francesa, crearon unha serie de alianzas internacionais, para intervir nos países nos que se viranameazadososmonarcas absolutoslexítimos:aSantaAlianzae a CuádruplaAlianza.A isto
  9. 9. chamóuselle o “sistema Metternich”: un sistema de relacións internacionais que se mantivo dende ocongresode Vienaata a I Guerra Mundial e que consistía en convocar congresos cada vez que había un conflito para tratar de manter o equilibrio de poder. As revolucións liberais Os intentos da Restauración de volver ao Antigo Réxime, sen máis, non tiveron éxito. Nalgúns lugares xurdiron revolucións. Houbo varias ondas revolucionarias en 1820, 1830 e 1848. Porqué se produciron estas revolucións?. Houbo varios motivos: - As ideas liberais e a oposición ao absolutismo. Agora o liberalismo era algo posible, nonsó unha ideana cabezadunpuñadode intelectuais,senónalgoque xa se levara á práctica. - Os sentimentosde pertenza aunha nacionalidade.A invasión napoleónica acentuaba entre a poboacióndospaísesinvadidoso sentimento de pertenza a unha nación. Ese sentimento aumentou cando no Congreso de Viena se refixeron as fronteiras de forma artificial. - As condicións económicas e a desigualdade social. A primeiraondarevolucionariainiciouse enEspañaonde en 1820 o comandante Riego se pronuncioucontraa monarquía absolutade FernandoVII.Asícomezouunhaetapade goberno liberal na que o rei tivo que gobernar respectando a constitución de 1812. Este período finalizoucoaintervenciónda Santa Alianza: os seus exércitos (os chamados “Cen mil fillos de San Luis”) invadiron España e restauraron o absolutismo. A segunda onda revolucionaria foi en 1830 e comezou en Francia. As revolucións de 1848 afectaron a numerosos países. Nalgúns lugares reivindicábase tamén o sufraxio universal masculino.

×