Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Folleto de man

612 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Folleto de man

  1. 1. MARXES FÍLMICAS Agosto 2013 20, 15 h. Museo Etnolóxico Entrada gratuíta Martes 6 Mosconi – ou a quen pertence o mundo (Mosconi - oder wem gehört die Welt) (2007, Alemaña) 78 min Dirección: Jeanine Meerapfel | Guión: Jeanine Meerapfel | Imaxe: Malena Bystrowicz|Montaxe: Paula Goldstein | Música: FlorosFloridis| Reparto: Documental; José “Pepe“ Fernández, Juan CarlosGipi“ Fernández, Inés Torres, Mari Acosta, Sandra Molina |Produción Malena Filmproduktion GmbH & Co. KG Berlin, in Zusammenarbeit mit dem Goethe-Institut e.V. | Distribuidora: Instituto Goethe Madrid | Idioma: castelán, subtitulada en castelán General Mosconi, no norte de Arxentina e a poucos quilómetros da fronteira con Bolivia, é unha cidade na que viven 22.000 persoas, a metade delas sen traballo a pesar de tratarse dunha zona rica polas reservas de gas e petróleo. Ata 1993 Mosconi tiña escolas, hospitais, cine e un club social pero todo desvaneceuse coa privatización de YPF. As multinacionais coas súas instalacións contaminan a auga dos ríos e tamén o ar con gases tóxicos que causan enfermidades; os bosques desaparecen para cultivar soia (transxénico) e os pesticidas intoxican as capas freáticas. Os habitantes de Mosconi non aceptaron esta situación e queren recuperar o traballo xenuíno, os lazos sociais e a vida. Os membros da UTD (Unión de Traballadores Desocupados) paliaron a ausencia do Estado creando escolas, dispensarios, hortas comunitarias e traballo autoxestionado. Martes 13 Princesas (Prinzessinnenbad) (2006, Alemaña) Documental. 92 min. Dirección: Bettina Blümner | Guión Bettina Blümner (Konzept) |Imaxe: Mathias Schöningh | Son: Christian Lutz | Montaxe: Inge Schneider | Reparto: Documental; Klara, Mina, Tanutscha |Produción Reverse Angle Factory GmbH (Berlin) | Distribuidora:Instituto Goethe Madrid | Idioma: alemán, subtitulada en castelán. Klara, Mina e Tanutscha teñen 15 anos e viven coas súas nais no barrio berlinés de Kreuzberg. Coñécense desde a infancia, van xuntas a festas e pasan os veráns na piscina urbana Prinzenbad (piscina de príncipes). A pesar de ser inseparables comezan a buscar diferentes camiños nas súas vidas: Klara cambia de escola, Mina quere mudarse co seu noivo e Tanutscha esíxelle á súa nai máis independencia. O filme retrata a porta á vida dunhas adolescentes que falan por si mesmas, e permite unha percepción que va máis alá das imaxes mediáticas. O ritmo da cidade, a música (Female Rap de Lisi e o dúo turco Bassturk), a expresión dos seus corpos e a mímica da linguaxe outorgan á película, una carácter fascinante.
  2. 2. MARXES FÍLMICAS Agosto 2013 20, 15 h. Museo Etnolóxico Entrada gratuíta Martes 20 En busca da memoria (Auf der Suche nach dem Gedächtnis ) (2008, Austria) 95 min Directora: Petra Seeger | Imaxe: Robert Winkler, Mario Masini | Música : Walter W. Cikan, Marnix Veenenbos, Petr Spatina, Bernhard Fleischmann |Montaxe: Oliver Neumann | Produción: FilmForm Köln GmbH / WDR / ORF / ARTE / Institute for Science and Technology Austria | Distribuidora: Instituto Goethe Madrid | Idioma: inglés, subtitulada en castelán Eric Kandel, premio Nobel e probablemente o neurocientífico máis importante da actualidade, investiga desde os anos sesenta o funcionamento da memoria a curto e longo prazo e é o home a quen Petra Seeger observa en Nova Iorque, Viena e Cahors. Kandel fala das súas investigacións científicas e da relación destas coa súa vida -de neno viviu o Holocausto-. A aprendizaxe modifica as transmisións sinápticas do cerebro e a memoria mantén a vida mental favorecendo a continuidade da nosa existencia. O filme deixanos a sensación de ter coñecido a un científico marabilloso que manifesta con tristeza: “Os xudeus nunca se recuperarán do Holocausto. Había tantos homes con talento”. Andel, encantador, carismático, con sentido do humor e morriña fala sen amargura. Martes 27 O silencio de Gerda (Gerdas Schweigen) (2008, Alemaña) 89 min Dirección: Britta Wauer | Guión: Britta Wauer; nach dem gleichnamigen Buch von Knut Elstermann | Redacción e documentación: Birgit Mehler, Rosemarie Wintgen; Gemeinschaftsproduktion von Zeitsprung Entertainment GmbH u. Rundfunk Berlin Brandenburg | Imaxe: Kaspar Köpke, Bob Hanna, Ton: Johannes Schmelzer-Ziringer, Ivo Hannak |Montaxe Berthold Baule | Música Karim Sebastian Elias | Produción Christiane Plum (Produktionsleitung), Andrea Klüting (Producer); Volker Hahn (Herstellungsleitung, Produzent) | Distribuidora: Instituto Goethe Madrid | Idioma: alemán, subtitulada en castelán Unha charla entre persoas de diferentes xeracións transfórmase nun emocionante documental sobre Gerda, unha sobrevivente do Holocausto que emigrou a Estados Unidos despois da guerra, no que se trata o seu silencio e a difícil historia das súas lembranzas. En 1944, no campo de concentración de Auschwitz-Birkenau, o bebé dunha moza xudía -Gerda- morre de fame pouco despois de nacer, tapar esa inmensa dor ensombrecerá a súa vida. "A primeira frase dunha película é decisiva para establecer unha conexión co espectador: "Cando cheguei aos Estados Unidos, quería esquecelo todo. Quería calar, non falar delo nunca máis", son as primeiras palabras de "O silencio de Gerda", pero esquecer é imposible" (Neues Deutschland, 6/11/2008).

×