Traballo Museo Marta Fernández

600 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
600
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
15
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Traballo Museo Marta Fernández

  1. 1. A romanización. A cultura castrexa. A idade de bronce. O calcolítico. Oneolítico. O paleolítico. Hola! Eu son a daga de bronce que vaiche guiar po lo pasado,por todas eses lares que nunca coñecimos.
  2. 2. A romanización é o proceso de aculturación das zonas conquistadas por Roma durante a República Romana ou durante o Imperio. Mediante este proceso os pobos autóctonos conquistados empezaron a usar tecnoloxías, institucións políticas e relixiosas, formas organizativas ou principios de dereito de tipo romano, e en moitos casos tamén pasaron por un proceso de substitución lingüística polo cal pasaron pouco a pouco a usar latín. Nos obxectos máis chamativos vemos nha lámpada a que tiña unha forma moi peculiar.Tiña dous buraquiños, por un botábase o aceite e por outro o lume
  3. 3. A cultura castrexa foi unha cultura que se desenvolveu, dende finais da Idade do Bronce ata principios da nosa era, no noroeste da Península Ibérica, dentro dunha zona que abranguería o norte do actual Portugal dende as ribeiras setentrionais do río Douro, Galicia, as zonas occidentais do Principado de Asturias, provincia de León e a provincia de Zamora (tamén delimitada ao sur polo río Douro). Nesta época temos moitos máis obxectos, temos un colar, un prato e unha maza. Nesta época facían as casas xuntas,con forma redondeada, nas que pasando o tempo e as invasións só queda o pé da casa e con sorte sen o faiado. Nesta época temos máis obxectos coma un colar, un prato cun símbolo celta e unha maza.
  4. 4. A Idade do Bronce é o período da prehistoria no que se desenvolveu a metalurxia deste metal, resultado da aliaxe de cobre con estaño.O termo, que acuñou en 1820 o arqueólogo danés Christian Jürgensen Thomsen para clasificar en tres idades as coleccións da Comisión Real para a Conservación das Antigüidades de Copenhague, só ten un valor cronolóxico estrictamente local, pois xorde en distintas épocas en diferentes lugares do mundo. Xeralmente, en cada rexión, precédelle unha idade do cobre e ségueo unha Idade do Ferro. Nesta época temos unha espada de bronce, un mango de espada e unha punta de lanza.
  5. 5. O Neolítico (Nova Idade de Pedra) -por contraposición ao Paleolítico (Antiga Idade de Piedra)- é un dos períodos en que se considera dividida a Idade de Pedra. O termo foi acuñado por John Lubbock na súa obra de 1865 que leva por título Prehistoric Times. Provén do grego, néos: 'novo'; , líthos: 'pedra'. Nesta época temos un tarro de barro e unha gadaña.
  6. 6. O Paleolítico é unha etapa da prehistoria caracterizada polo uso de útiles de pedra tallada; aínda que, tamén se usaban outras materias primas orgánicas para construír diversos utensilios: óso, hasta, madeira, coiro, fibras vexetais, etc. (mal conservadas e pouco coñecidas). É o período máis longo da historia do ser humano (de feito abrangue un 99% desta), esténdese dende fai uns 2,5 millóns anos (en África) ata hai uns 10.000 anos. Nesta época temos unha pedra,que utilizaban os prehistóricos para afiar outras cousas, chámanse bifaz.
  7. 7. Imaxes: google images Información: wikipedia É hora de despedirse. Ata logo!

×