programa
       ELECTORAL
     Maio 2010 Universidade de Vigo




1
PRESENTACIÓN

     O programa que se expresa nestas páxinas é o resultado dun proceso de diálogo intenso
     coa comunida...
Un proxecto de Universidade ten que soster os seus piares nos valores que lle son máis
    xenuinamente propios: a elabora...
AS PERSOAS
                                               Persoal Docente e Investigador
    A Universidade de Vigo leva d...
• Establecer mecanismos de valoración da carga de traballo global soportada polos depar-
    tamentos, que permitan evitar...
• Fomentar a consecución do título de Doutor/a por parte do profesorado pertencente ao
    corpo de Titulares de Escola Un...
• Realizar o cómputo dos encargos docentes en base ao cociente estudantes/docente no
    canto da aplicada ate o de agora ...
• Deseñar métodos de valoración da actividade do PDI que sexan efectivos á hora de
    detectar posibles deficiencias e as...
Persoal de Administración e Servizos
    A situación do colectivo do persoal de administración e servizos ten que ser cual...
Liñas de actuación
     • Actualizar globalmente a Relación de Postos de Traballo e incidir na mellora dos servizos
     m...
Estudantes
     O estudantado constitúe a esencia da Universidade. Non debemos esquecer o papel que
     representan na no...
Obxectivos
     • Ampliar, mellorar e motivar a participación dos e das estudantes nos distintos órganos de
     represent...
Axudar e protexer ao estudantado a través das seguintes medidas:

     • Propoñer bolsas e axudas para que participen en a...
• Impulsar unha relación directa entre a oficina de emprego, OFOE e o alumnado.

     • Aumentar a oferta actual de prácti...
• Difundir en cada titulación aquelas actuacións de voluntariado promovidas pola Universi-
     dade, as ONGs e outras ent...
Benestar e Igualdade
     O “Benestar social” só ten un correlato digno de mención cando se corresponde coa calida-
     d...
-Implantar a modalidade de Teletraballo naqueles postos nos que fose posible, toman-
     do como referente o Acordo marco...
O Plan determinará, ademais, a necesidade de técnicos de acompañamento (intérpretes
     de signos, técnicos para persoas ...
- Ter en consideración ás empresas de iniciativa social para persoas con discapacidade
     na contratación dos seus servi...
UNHA NOVA UNIVERSIDADE
                           Investigación e transferencia de coñecemento
     A investigación, tanto...
Os servizos de apoio á investigación que sexan de interese común deben estar dotados de
     persoal técnico cualificado e...
• Fomentar a mobilidade do persoal investigador para establecer novas colaboracións es-
     tatais e internacionais.

   ...
• Proporcionar un sistema de tarxetas de crédito/débito que permitan realizar os pagos de
     forma áxil e cómoda.

     ...
Titulacións
     Unha das funcións máis importantes da Universidade é, sen dúbida, a de transmitir coñece-
     mento. Alé...
Obxectivos
     • Definir e acordar un novo Mapa de Titulacións axustado ás necesidades das tres Univer-
     sidades gale...
• Elaborar un Plan para incrementar o número de estudantes Erasmus, tanto para os que
     veñen á Universidade de Vigo, c...
- Impulsar un plan de coordinación que permita unha comunicación efectiva entre todos
     os programas de Posgrao que se ...
Proxección Internacional e Social
     O entorno dinámico e cambiante no que a Universidade de Vigo se atopa inmersa, esix...
• Facilitar o acceso ao mercado laboral ao alumnado e titulados da Universidade de Vigo,
     e supervisar as prácticas de...
res da sociedade a buscar profesionais e tecnoloxías axeitadas para as súas necesidades,
     pondo especial énfase na org...
Novas Tecnoloxías
     Nos vindeiros catro anos e dentro do medio cambiante actual preténdese que a Universi-
     dade de...
• Apoiar a utilización de software libre e fomentar o desenvolvemento e investigación de
     aplicacións propias e potenc...
• Actualizar e optimizar as Listas de correo con subscricións mantidas por parte dos servi-
     zos informáticos e facili...
• Potenciar e elaborar ás políticas necesarias para protexer e conservar a biodiversidade
     dos campus.

     • Mellora...
• Fomentar a Educación ambiental con cursos de formación, xornadas e campañas de sen-
     sibilización dirixida á comunid...
Liñas de actuación
     • Fomentar a sinatura de convenios con entidades culturais de ámbito internacional e es-
     tata...
• Colaborar a nivel estatal (Comité Olímpico Español), autonómico (Secretaría Xeral para
     o Deporte, Fundación Deporte...
Políticas Institucionais
     O diálogo é a ferramenta básica dun modelo de Universidade participativa que Nova Uni-
     ...
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010

1,318 views

Published on

Published in: Education



  • <b>[Comment posted from</b> http://conjaimecabeza.blogspot.com/]
       Reply 
    Are you sure you want to  Yes  No
    Your message goes here
  • Be the first to like this

Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010

  1. 1. programa ELECTORAL Maio 2010 Universidade de Vigo 1
  2. 2. PRESENTACIÓN O programa que se expresa nestas páxinas é o resultado dun proceso de diálogo intenso coa comunidade universitaria e de moitos encontros con colectivos diversos que amosa- ron a súa dispoñibilidade a conversaren con nós e a expresaren as súas preocupacións, os seus campos de interese, as súas críticas e os seus desexos para a nosa institución, a Universidade de Vigo. Recollemos moitas destas conversas para que hoxe aparezan, ben como obxectivos estratéxicos, ben como medidas concretas, xa que logo, está construído tras escoitar a alumnado, PDI e PAS e reflicte moitas das xustas arelas que, nun murmurio xigante, hai tempo que ecoan entre todas e todos nós. O programa é asemade froito dun esforzo colectivo de elaboración, discusión e síntese. Nova Universidade leva tempo configurando un proxecto no que ten depositadas as súas esperanzas de cambio. Non hai espazo para a improvisación nin para o descoido. Detrás da máis pequena proposta aniña a elaboración coidadosa e ponderada, o propósito firme de que se vai executar e a ambiciosa teima de que a nosa institución vai dar unha viraxe de rumbo substancial, cara unhas políticas mellor encamiñadas. Non se trata dun programa de grandes palabras e declaracións de intencións. A vaidade das solemnes retóricas constitúe unha práctica, que polo xeral agocha notoria falta de proxecto. Antes ben, Nova Universidade opta pola formulación concreta dos seus eixes estratéxicos de actuación e das súas medidas específicas, ao servizo da meirande clari- dade no contido do seu compromiso universitario. A nosa análise da situación suxire unha concordia entre vellas solucións de eficacia contrastada con novas perspectivas que sexan capaces de artellar propostas específicas de cambio. A proposta de Nova Universidade está alicerzada na humildade. Somos unha institución con enormes potencialidades, que hai que pór en valor de xeito harmónico, con sinerxías, complicidades, e medidas de acción positiva que permitan o desenvolvemento de grupos de investigación e centros hoxe en día lonxe das súas capacidades. Unha análise obxec- tiva da nosa realidade é a premisa básica para mellorar. Somos, cómpre insistir, unha Uni- versidade nova, inzada de capacidades, que ten todo o seu futuro por escribir. O contexto temporal no que se propón este programa vén marcado pola crise económica e pola renegociación do plan de financiamento. Desde logo, non van ser anos expansivos no gasto, senón de obrigada contención. O deseño das prioridades constitúe, neste ámbito, un labor complexo. Pero da propia situación hai que tirar proveito e facer da necesidade virtu- de, na procura de novas fontes de achegas e recursos diversos, públicos e privados, por concorrencias competitivas e por máis e mellor transferencia de coñecemento á sociedade. Estamos certos de que, neste obxectivo, imos contar coa implicación colectiva de toda a Universidade. Porén, e mesmo á marxe da conxuntura económica, a Universidade ten que ser exemplo de austeridade e de contención do gasto. A austeridade converterase en guiei- ro na nosa xestión económica, que ademais ten que ser eficaz, eficiente e transparente. 2
  3. 3. Un proxecto de Universidade ten que soster os seus piares nos valores que lle son máis xenuinamente propios: a elaboración e a difusión da ciencia e do coñecemento, tanto bá- sico canto aplicado. Pero tamén, noutros valores que se lle supoñen: a liberdade de pen- samento e de expresión, a tolerancia, a pluralidade e o contraste de opinións diversas. E, ademais, ten que ser escola de democracia e de respecto polos dereitos humanos univer- sais. Igualdade, solidariedade, cooperación para o desenvolvemento e paz teñen que ser compromisos explícitos e eixes básicos no establecemento de políticas de responsabilida- de social corporativa. Alén doutras consideracións programáticas máis específicas, hai que salientar o obxectivo estratéxico de achegar máis e mellor a Universidade de Vigo á nosa contorna, illada e arre- dada en moitos casos da realidade socioeconómica, cultural e política de Vigo, Ourense e Pontevedra e de cadansúa área de influencia, como estivo nestes últimos anos. A Universi- dade precisa dunha urxente e inaprazable estratexia integral de actuación, unha estratexia que parta de emprender relacións de confianza con entidades e institucións hoxe en día descoñecidas e descoñecedoras da Universidade de Vigo. Sen prexuízo de todo o dito, por riba de calquera outra consideración, están as persoas, en individual e en colectivo. Este programa está redactado e pensado para as persoas: Para o Persoal Docente e Investigador que sinte arelas de cambio, que desexa desenvol- ver o seu labor en condicións máis axeitadas. Que se lle recoñeza o seu traballo esencial e o valor engadido do mesmo. Para o Persoal de Administración e Servizos, porque é un colectivo que quere poder me- llorar na súa carreira de servizo público. Que se racionalice e estruture con eficacia todo o seu traballo. E para o estudantado, como actor principal da educación superior, artífice fulcral dunha Universidade máis limpa, máis democrática, máis transparente e máis universal: a Univer- sidade como escola de participación pública. Como dicía Mario Benedetti, [a los jóvenes] les queda no decir amén no dejar que les maten el amor recuperar el habla y la utopía ser jóvenes sin prisa y con memoria. 3
  4. 4. AS PERSOAS Persoal Docente e Investigador A Universidade de Vigo leva demasiado tempo sen dispor de política en materia de Persoal Docente e Investigador limitándose nos últimos anos a parchear as situacións máis peren- torias de necesidades docentes, chegándose ao extremo de expor unha situación de foto fixa do persoal e as necesidades de persoal, precisamente, no momento en que se está a producir un cambio importante coa adaptación das titulacións ao EEES. En Nova Universidade pensamos que esta situación non pode seguir así, xa que se está perdendo unha oportunidade única para redefinir o labor do PDI na Universidade. Así, men- tres se lle está esixindo ao profesorado que adapte a súa práctica docente ao novo proce- so de ensino-aprendizaxe, séguese utilizando, de forma exclusiva, o caduco concepto de “hora de clase presencial de aula”, para a medición do seu esforzo e a definición dos cadros de persoal. Debemos definir a contorna adecuada para que o PDI poida realizar adecuada- mente o seu labor docente neste novo escenario e para que os centros, os departamentos e a propia Universidade poidan afrontar este cambio con planificación e seguridade. Cremos que a elaboración do novo Regulamento de Profesorado, paralizada durante xa demasiado tempo, é o mecanismo adecuado para afrontar esta importante tarefa pendente da nosa Universidade. Este Regulamento permitiranos avanzar ademais no recoñecemen- to de dereitos do PDI. Niso poremos todo o noso empeño. Un último apuntamento para indicar que aínda que o Regulamento de Profesorado e, non menos importante, a elaboración dunha Relación de Postos de Traballo, deben marcar o camiño a seguir en materia de PDI por parte da Universidade de Vigo nun horizonte tem- poral amplo, debemos afrontar a política de persoal deste catro anos con criterios de viabi- lidade e realismo, tendo en conta a situación económica que nos vai tocar vivir. Obxectivos • Establecer un marco estable de incorporación, promoción e consolidación do Persoal Docente e Investigador que permita unha planificación da política de profesorado a medio e longo prazo e que elimine incertezas ao profesorado non consolidado. • Fomentar a promoción e estabilización do PDI, e facer especial fincapé en medidas que permitan alcanzar acreditacións para os Corpos Docentes Universitarios. • Avanzar na adecuación do cadro de persoal ás necesidades existentes, e corrixir os des- equilibrios entre campus, centros e áreas. • Recoñecer no POD todas as actividades docentes do PDI en todas as titulacións oficiais da Universidade de Vigo, e relegar o concepto de desgravación docente a actividades non docentes. 4
  5. 5. • Establecer mecanismos de valoración da carga de traballo global soportada polos depar- tamentos, que permitan evitar que as novas contratacións dependan en exclusiva da carga docente de cada ano, e posibiliten, por tanto, o establecemento de políticas plurianuais de captación, formación e incorporación de PDI nos departamentos baseadas na excelencia. • Conseguir que a negociación sindical en temas de PDI se vexa como algo cotián, normal e positivo. Avanzar no recoñecemento de dereitos e prestacións ao PDI • Posta en valor da actividade docente como labor fundamental do PDI, considerándoa ao mesmo nivel que a actividade investigadora, de transferencia e de xestión. • Definir uns mecanismos claros e obxectivos de avaliación do PDI, que permitan a valora- ción axeitada da totalidade da súa actividade académica. • Determinar políticas de formación do profesorado planificadas, baseadas nunha análise de necesidades e demandas do PDI, que permitan avanzar na profesionalización e adap- tación ao Espazo Europeo de Educación Superior do profesorado, así como na adecuada cualificación do profesorado en formación. • Fomentar a utilización de técnicas innovadoras na práctica docente, que faciliten a implan- tación do novo modelo educativo baseado na aprendizaxe activa do estudantado. Liñas de actuación • Deseñar unha carreira docente e investigadora á marxe das diferentes modalidades de bolseiro, que sexa válida para todos os ámbitos e áreas de coñecemento; dita carreira debe ter como obxectivo prioritario a consolidación como Titular de Universidade e establecer unha dobre vía de entrada, ben a través da figura de axudante, ben a través das figuras definidas nos programas de captación de investigadores (Parga Pondal, Ramón y Cajal e equivalentes). • Incorporar a esta carreira docente aos actuais axudantes que non dispoñerán de oportu- nidade de consolidación. • Establecer un plan de consolidación dos actuais contratados en base a programas Ra- món e Cajal e Parga Pondal, que contemplará a xeración dunha praza dentro dos corpos docentes universitarios, sempre que se obteña a acreditación para Profesor/a Titular de Universidade durante o período de vixencia do seu contrato actual. No caso de ter obtido a acreditación como Contratado Doutor, este dereito de consolidación manterase durante os tres anos seguintes á finalización do contrato actual, período no que se gozará dun contrato de Fomento da Contratación Indefinida coa devandita categoría. • Eliminar a figura de invitado (ou contratado por horas) como mecanismo habitual de co- bertura de necesidades docentes sobrevidas, e substituílo por un sistema de horas extras, que fomente a realización de méritos docentes por parte do profesorado non consolidado de cara a súa acreditación. 5
  6. 6. • Fomentar a consecución do título de Doutor/a por parte do profesorado pertencente ao corpo de Titulares de Escola Universitaria mediante o establecemento de plans individua- lizados. • Definir un Plan Específico de incentivos para a consecución da acreditación para o corpo de Titulares de Universidade dos actuais Profesores Contratados Doutores. • Manter o actual programa consensuado de promoción á figura de Catedrático/a de Uni- versidade. • Establecer unha normativa que regule o nomeamento de profesores eméritos. • Manter o plan actual de xubilacións anticipadas, así como pór en marcha medidas orien- tadas a unha xubilación flexible, e contemplar a posibilidade de xubilación a tempo parcial, utilizando figuras como pode ser a de Profesor/a Honorario/a. • Elaborar, cumprindo a lei e por primeira vez na Universidade de Vigo, unha Relación de Postos de Traballo do Persoal Docente e Investigador, que permita obxectivar e planificar a medio prazo as políticas de contratación e consolidación da Universidade, e que substitúa ao POD actual como mecanismo de selección de departamentos nos que contratar e/ou consolidar persoal. • Substituír, na elaboración da Relación de Postos de Traballo (RPT), o concepto de co- ciente carga docente/capacidade docente como criterio exclusivo para establecer o cadro de persoal docente, por un cómputo que teña en conta o rendemento global dos departa- mentos en base ás súas actividades docentes, investigadoras, de transferencia, de xestión e de formación do seu persoal. • Cambiar o actual modelo de POD como mecanismo de toma de decisión das novas contratacións, polo establecemento, en base á Relación de Postos de Traballo (RPT) , de contratos-programa plurianuais cos departamentos, que sirvan de instrumento eficaz para o desenvolvemento dunha verdadeira política de persoal por parte dos mesmos, e lles per- mita planificar axeitadamente a captación, formación e incorporación de PDI. • Contemplar de forma específica no desenvolvemento da Relación de Postos de Traballo (RPT) a captación de talento investigador, con planificación de estabilización coherente a medio e longo prazo. • Establecer as medidas necesarias para un desenvolvemento eficaz dos concursos de PDI contratado, co fin de dispor de todo o profesorado necesario para cada curso académico antes do comezo do mesmo. • Eliminar de maneira inmediata o concepto de “foto fixa” para realizar o cálculo da carga docente dos departamentos. • Contabilizar no cómputo dos encargos docentes todas as actividades docentes realizadas en todas as titulacións oficiais da Universidade, incluíndo as que se atopan en proceso de extinción. 6
  7. 7. • Realizar o cómputo dos encargos docentes en base ao cociente estudantes/docente no canto da aplicada ate o de agora de grupos/docente para cada materia, e contabilizando neste cálculo a todo o alumnado matriculado. • Ampliar o concepto de contrato-programa cos centros e permitirlles realizar unha verda- deira política de planificación en todo o referente ás titulacións que imparten, en colabora- ción cos departamentos aos que encargan a docencia. • Organizar, de forma inmediata, as mesas de negociación, legalmente establecidas e com- prometer a negociación coa representación sindical de todos os aspectos relacionados co PDI e as súas condicións de traballo. • Conseguir un funcionamento efectivo do Comité de Saúde e Seguridade no Traballo. • Defender o recoñecemento do dereito do Persoal Docente Investigador ao pagamento íntegro do complemento específico nas pagas extraordinarias. • Recoñecer o complemento de antigüidade (trienios) a todo o persoal temporal, laboral e estatutario. • Modificar a actual normativa de recoñecemento do complemento específico por mérito do- cente (quinquenios) para aterse ao criterio considerado pola Comisión Académica Sectorial das Universidades Españolas (CASUE) da CRUE. • Establecer unha normativa que regule o dereito do PDI a gozar das súas vacacións fora do mes de agosto. • Garantir a dotación adecuada do seu posto de traballo (mobiliario, computador.), ao pro- fesorado recentemente contratado. • Contemplar a redución progresiva da carga docente por motivos de idade. • Establecer un Programa de vacacións para o PDI en residencias universitarias en España e ou estranxeiro nas residencias das Universidades con Convenio coa Universidade de Vigo. • Promover convenios con entidades aseguradoras médicas para cubrir as necesidades clínico-farmacolóxicas do PDI funcionario cando viaxen ao estranxeiro, realicen estadías, sen necesidade de utilizar a fórmula de anticipos reembolsables. • Elaborar unha normativa para garantir a protección dos dereitos de protección de datos, dereitos de autor e dereitos de imaxe do PDI no exercicio do seu labor. • Substituír os actuais mecanismos de valoración da actividade docente do profesorado por mecanismos de avaliación global da súa actividade académica (docencia, investigación, transferencia, xestión e formación), en liña co adiantado polos borradores do futuro Esta- tuto do PDI. 7
  8. 8. • Deseñar métodos de valoración da actividade do PDI que sexan efectivos á hora de detectar posibles deficiencias e as solucións máis acaídas, así como de identificar valores positivos, que é necesario recoñecer. • Definir un Programa de Formación e Mobilidade do PDI para actividades relacionadas coa docencia e o I+D+i, co obxectivo de mellorar a súa profesionalización e cualificación, e así avanzar de forma efectiva na súa promoción e consolidación. • Considerar as actividades de formación do profesorado como parte da súa actividade aca- démica ordinaria, mediante o adecuado recoñecemento e cómputo dentro da súa xornada laboral. • Definir plans específicos de formación docente para o PDI durante a súa etapa de incor- poración á Universidade e durante o seu período de formación. • Incentivar adecuadamente o uso das novas tecnoloxías e a utilización de métodos inno- vadores mediante a definición de programas de apoio. 8
  9. 9. Persoal de Administración e Servizos A situación do colectivo do persoal de administración e servizos ten que ser cualificada de desorganizada e desestruturada. As relacións de postos de traballo están avellentadas. Non existe un sistema claro e crible de promoción profesional. Amplos colectivos de per- soas non teñen acceso á formación profesional. Numerosos servizos están ateigados de persoal eventual, cando non de bolseiros e bol- seiras. Ademais, produciuse unha desprofesionalización progresiva da xestión da Universi- dade de Vigo cunha xerencia desproporcionadamente grande, coa consecuente perda da confianza nas xefaturas de servizo e administración de centros. Asemade, moitas dirección de área serviron tamén para desenvolver labor propio do PAS. Unha chea de externaliza- cións vulneraron, en fin, os dereitos profesionais do dito persoal. Neste contexto, as verbas fundamentais que compre pronunciar son as de “profesionaliza- ción” e “devolución de competencias”, no contexto dunha Universidade que confía no seu persoal. Obxectivos • Encetar unha reorganización da administración universitaria para adaptala ás necesida- des actuais da Universidade, e fomentar a motivación do persoal mediante a súa implica- ción directa e activa neste proceso. • Rebaixar o nivel de conflitividade nas negociacións, coa implicación directa do reitor nas mesas correspondentes. • Avanzar no establecemento dunha cultura adecuada en materia de seguridade e saúde laboral, e definir os mecanismos axeitados de consulta e participación do persoal. • Progresar na eliminación de mecanismos de contratación de persoal á marxe dos meca- nismos negociados cos/as representantes das traballadoras e dos traballadores, especial- mente, daqueles cun carácter ou modelo de xestión privados. • Establecer e pór en marcha unha política transparente e clara de formación e promoción profesional, que permita o desenvolvemento de carreiras profesionais no persoal funciona- rio e tamén no laboral. 9
  10. 10. Liñas de actuación • Actualizar globalmente a Relación de Postos de Traballo e incidir na mellora dos servizos máis deficitarios, como por exemplo a biblioteca, OTRI ou CACTI. • Devolver ao PAS os labores directivos non políticos, administrativos e de xestión asumi- dos na actualidade por direccións de área. • Deseñar e negociar un modelo claro e estable de carreira administrativa, vertical e hori- zontal, en desenvolvemento do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP), e contem- plar sistemas de promoción profesional regrada. • Definir un plano de estabilización de traballadores/as temporais e precarios/as a partir da Relación de Postos de Traballo. • Ter unha maior confianza na profesionalidade do PAS da Universidade de Vigo. Revalori- zar as xefaturas de servizo. • Establecer unha xerencia externa cun máximo dunha vicexerencia. • Negociar de forma inmediata un proceso de funcionarización. • Suprimir radicalmente a figura dos bolseiros que prestan servizos propios dos PAS. • Establecer unha bolsa de emprego para o persoal contratado con cargo a proxectos de investigación que non deba entrar en Relación de Postos de Traballo (RPT) . • Actualizar a valoración de postos de traballo aos efectos de renegociar o complemento específico. • Organizar mesas de negociación híbridas –laborais e funcionarios- para temas concer- nentes a ámbolos dous grupos. • Negociar a mellora do plan de acción social. Delimitar o acceso ao mesmo. Implementar novos servizos de benestar. • Asegurar a implicación do reitor nas mesas de negociación. • Mellorar os dereitos das seccións sindicais das organizacións sindicais máis representa- tivas. • Fortificar os mecanismos de consulta e participación en materia de seguridade e saúde laboral. • Por en marcha medidas orientadas a unha xubilación flexible, e contemplar a posibilidade da xubilación a tempo parcial. Regular as condicións para a mobilidade entre campus do PAS 10
  11. 11. Estudantes O estudantado constitúe a esencia da Universidade. Non debemos esquecer o papel que representan na nosa institución e na sociedade. Da calidade da formación que reciban, e das súas ideas novas e orixinais, depende en boa parte o futuro da nosa institución e da sociedade. Para logralo a Universidade ten que axudarlles a transformar as súas aptitudes en habili- dades, recoñecendo as súas fortalezas e apoiándoos para superar as súas debilidades de partida. Debe facilitarlles unha formación integral, mantendo a motivación, ideais, e espe- ranzas coas que chegan o primeiro día. Estamos nun momento de adaptación ao EEES e a Universidade debe estar alerta para que neste proceso ningunha e ningún estudante vexa truncadas inmerecidamente as súas ilusións e expectativas xa que, neste caso, non só deberá superar a súa frustración senón que terá que esforzarse en manter firmes os seus ideais e logralos baseándose na súa tenacidade. A Universidade non só debe pór medios materiais suficientes e de calidade para asegurar- lle unha boa formación senón que debe prestar especial atención ao seu ben estar, para que as accións dirixidas ao alumnado teñan unha maior efectividade. Tamén debe darlle seguridade. Non esquezamos que a seguridade económica e académica leva en boa parte asociada unha estabilidade emocional necesaria para que as persoas se centren nos seus obxectivos. A seguridade de que pode acceder doadamente á información que necesita, académica e administrativa, para permitirlle alcanzar un maior rendemento. Pero sobre todo darlle a seguridade de saberse cunha boa formación para a súa integración profesio- nal. Se a formación académica é importante non o é menos a súa formación noutras compe- tencias transversais. A Universidade debe ofrecer tarefas de Participación en temas sociais que poidan contribuír á formación do estudantado nos valores de solidariedade, tolerancia, convivencia, liberdade e xustiza social. En definitiva, a Universidade debe lograr que as egresadas e os egresados se sintan sa- tisfeitos e orgullosos da institución que os axudou a formarse, que estean dispostos a regresar a ela para manter a súa formación continua, tal e como proclama o EEES, e ta- mén, dende a súa futura situación profesional, a cooperar coa Universidade na formación doutras e doutros estudantes. 11
  12. 12. Obxectivos • Ampliar, mellorar e motivar a participación dos e das estudantes nos distintos órganos de representación da Universidade de Vigo. • Pór en marcha axudas e medidas de protección ao estudantado que permitirán facilitar, desde o punto de vista económico e académico, que o/a estudante finalice os seus estudos. • Adaptar os diferentes servizos ás necesidades que sinalan as novas xeracións de es- tudantes e o EEES mellorando as que son fundamentais para eles, utilizando as novas tecnoloxías. • Recompilar a información de interese para o alumnado facéndoa facilmente accesible. • Aproveitar o nivel académico do potencial humano da Universidade para acometer a formación e a participación en cooperación ao desenvolvemento, así como dinamizar o voluntariado. Liñas de actuación Ampliar, mellorar e motivar a representación dos e das estudantes: • Crear o Consello de estudantes da Universidade de Vigo. A súa composición consensua- rase coas actuais estruturas de representación do alumnado. Algunhas das súas funcións serían as seguintes: - Exercer de elemento integrador das Delegacións de Alumnos. - Velar polo cumprimento dos dereitos e deberes do estudantado: participar na comisión do regulamento do estatuto de estudantado; debater os problemas que indique o estudan- tado a través das delegacións e establecer estratexias de actuación que se levarán a cabo a través dos canles que establece a Universidade de Vigo. - Propoñer e debater actividades de participación estudiantil: charlas informativas e cursos de formación de interese poñendo especial atención aos cursos de verán (como software libre e formación en novas tecnoloxías, por ser o manexo destes medios unha esixencia do EEES) e participar nas accións de captación de alumnado, entre outras. - Asesorar sobre as accións da Universidade de Vigo que repercutan directamente so- bre o alumnado: como a avaliación docente do profesorado, organización das festas dos patróns dos distintos centros, horarios e adaptación dos espazos de Biblioteca ao EEES, Avaliación Curricular. • Potenciar, motivar e dinamizar as Delegacións de Alumnos. 12
  13. 13. Axudar e protexer ao estudantado a través das seguintes medidas: • Propoñer bolsas e axudas para que participen en actividades universitarias culturais, de- portivas, de representación estudiantil, solidarias e de cooperación. Estas axudas serán in- dependentes do recoñecemento de créditos por actividades en titulacións oficiais de grao. • Impulsar a figura de “asistente persoal” de estudantes con discapacidade e/ou necesida- des especiais. • Impulsar a figura de titor de estudantes estranxeiros procedentes de países de especial dificultade de integración. • Apoiar as e os estudantes considerados como as e os mellores deportistas da Universida- de de Vigo ou deportistas de alto nivel. • Potenciar bolsas e axudas “exprés” para estudantes con dificultades económicas, unha vez comezado o curso académico. • Normalizar e concretar a normativa de Avaliación Curricular que se recollerá no regula- mento do estatuto do estudantado. • Optimizar o servizo de transporte universitario mediante a negociación coas empresas concesionarias, concellos e órganos municipais que correspondan. Negociar o servizo de transporte desde poboacións actualmente non atendidas. • Crear un servizo integral de atención ao alumnado telefónico e virtual que complemente a la e-Administración e evite a presencialidade e os desprazamentos. • Abrir salas de estudo, en período de avaliación, durante 24 horas, sábados e domingos. Acadar que as bibliotecas teñan o mesmo horario que os centros. • Resolver a escaseza de exemplares nas bibliotecas, para os títulos de maior demanda en cada Titulación. • Revisar os servizos de reprografía, comedor e máquinas expendedoras; tamén, as pres- tacións, o prezo e as terminais do carné universitario. • Impulsar o Centro de Linguas Modernas (CLM) para que poida expedir diplomas e títulos de carácter internacional de maior prestixio. • Pór en marcha un servizo que proporcione os apuntes e os exames en galego ao estu- dantado que así o solicite nos sobres de matrícula. • Incrementar as axudas a produción, como as teses de doutoramento. • Potenciar o Gabinete Psicopedagóxico para lograr unha maior presencialidade nos cen- tros a través das Delegacións de Alumnos. 13
  14. 14. • Impulsar unha relación directa entre a oficina de emprego, OFOE e o alumnado. • Aumentar a oferta actual de prácticas en empresa estendela a empresas internacionais. • Implicar á Universidade na organización do Foro Tecnolóxico de Emprego para que o peso da organización e recrutamento de empresas non soamente recaia polas Delegacións de Alumnos do ámbito tecnolóxico. • Ampliar a idea do Foro Tecnolóxico ás titulacións doutros ámbitos. • Establecer a matrícula gratuíta para prácticas non remuneradas nas empresas. • Activar o diálogo coas empresas para procurar mellores condicións e axudas para as e os estudantes. • Facilitar as iniciativas empresariais do alumnado que teña finalizado os seus estudos na Universidade de Vigo. • Revisar a normativa para a selección de estudantes que representen á Universidade nos distintos deportes e establecer a participación gratuíta nos campionatos internos da Univer- sidade e ligas universitarias. • Defender a conxelación das taxas de matrícula e a igualación dos prezos dos créditos experimentais aos non experimentais. • Emitir os certificados en español, galego e/ou inglés segundo o soliciten o estudantado. • Facilitar, na implantación do Grao e o Posgrao, a continuidade dos seus correspondentes estudos: garantir os dereitos das antigas titulacións; posibilidade de pasar dos ciclos, curtos ou largos, ao grao; dispoñer dunha ampla oferta de mestrados baseados na calidade e na innovación; programas docentes flexibles que permitan combinar estudo e traballo se fose necesario. Informar ao estudantado: • Substituír a páxina web do Vicerreitorado de estudantes polo Servizo Integral de Atención ao Estudantado. • Dispoñer de espazo web suficiente nas delegacións de estudantes para que poidan infor- mar convenientemente aos seus representados Potenciar, fomentar e apoiar a participación: • Ofrecer ao estudantado a posibilidade de acadar parte da súa formación integral a través da participación nos grupos de traballo do Consello de Estudantes, actividades solidarias, nos programas europeos para estudantes que ofrece a Comunidade Económica, nos pro- gramas internacionais, nacionais e autonómicos en Cooperación ao desenvolvemento. • Substituír a actual Oficina de voluntariado pola Oficina de Cooperación ao Desenvolve- mento e Voluntariado. 14
  15. 15. • Difundir en cada titulación aquelas actuacións de voluntariado promovidas pola Universi- dade, as ONGs e outras entidades, que estean en correspondencia coas competencias dos e das estudantes desa titulación. • Desenvolver programas de voluntariado axeitados ás posibilidades das titulacións da Uni- versidade de Vigo: programa de didáctica hospitalaria e post-hospitalaria (domiciliaria) con especial atención ao propio estudantado universitario e preuniversitario, programas de con- servación do medio ambiente. • Fomentar e canalizar a comunicación entre os centros de voluntariado nacionais, autonó- micos e locais para facilitar o traballo en rede. • Colaborar nos cursos de formación de estudantes da Universidade de Vigo en programas concretos de ONGs e de entidades nas que presten ou teñan previsto prestar servizos de voluntariado. • Certificar ao alumnado aquelas actividades de voluntariado que leven a cabo. • Incentivar a representación das e dos estudantes da Universidade de Vigo nos eventos europeos para accións voluntarias. Emprender e promover a Cooperación ao Desenvolvemento: • Promover a formación en Cooperación ao Desenvolvemento por parte da Universidade e outros organismos externos. • Establecer estratexias de información e asesoramento a todas as iniciativas. • Emprender a participación en programas internacionais de Cooperación e informar das axudas procedentes de distintos organismos. • Activar e consolidar a participación no Observatorio de Cooperación Universitaria, até o de agora, testemuñal. 15
  16. 16. Benestar e Igualdade O “Benestar social” só ten un correlato digno de mención cando se corresponde coa calida- de de vida da xente. É vontade deste equipo reitoral facer do benestar das persoas o eixe básico da política institucional da Universidade de Vigo, porque son as persoas o realmente importante da nosa Institución e darlle satisfacción -laboral, académica,- é a súa finalidade principal. O benestar e a Igualdade serán polo tanto transversais a todas as Vicerreitorías e actividades da Universidade de Vigo e afectarán a toda comunidade universitaria: PDI, PAS e Estudantes. Concretar o Benestar social das persoas da Universidade de Vigo expresarase, principal- mente, a través de Prestacións, de Servizos á comunidade universitaria e de conciliación dos tempos das persoas. Obxectivos • Establecer e promover unha política de benestar social na Universidade de Vigo. • Establecer e promover activamente unha política de igualdade na Universidade de Vigo Liñas de actuación • Actualizar, conxuntamente cos Sindicatos, o Plan de acción social para todo o persoal da Universidade de Vigo. Isto supón a posta ao día do tipo de axudas, os requisitos. Incremen- tar os seus fondos e xestionar a súa distribución no 1º semestre de cada ano. • Modernizar e incrementar os fondos do Plan de Pensións. • Establecer os dereitos sociais do PDI-PAS, modificando entre outros, e completando os Plans de Conciliación da vida persoal, familiar e laboral, atendendo nomeadamente ao seguinte: -Propoñer medidas integrais de conciliación, da vida persoal, familiar e laboral das tra- balladoras e dos traballadores da Universidade de Vigo, en especial, respecto do coidado de fillas/os menores, fillas/os maiores á cargo, e persoas dependentes á cargo (ascenden- tes, familiares.) e atender á tipoloxía familiar, ao xénero, aos destinos xeográficos e aque- les outros factores que dificulten o benestar das traballadoras e dos traballadores. -Establecer os horarios flexibles de traballo para PDI-PAS que poidan ser escollidos polo traballador/a por quendas. 16
  17. 17. -Implantar a modalidade de Teletraballo naqueles postos nos que fose posible, toman- do como referente o Acordo marco europeo. -Incluír a formación continua preferentemente en horario laboral de PAS e PDI para mellorar a conciliación da súa vida persoal e familiar coa laboral. -Elaborar un calendario de vacacións para PAS e PDI onde prevaleza a conciliación da vida familiar e laboral. -Abrir unha escola infantil en cada Campus. -Establecer en cada Campus fora do horario escolar un servizo de ludoteca e/ou un Centro de atención temperá de xeito que exista unha cobertura de coidados para os nenos/ as que cubra todo o horario laboral dos seus proxenitores -Reforzar as actividades do CAMPUS CAMP nos tres campus universitarios -Establecer, na medida do posible, servizo de ludoteca puntual en cada acto oficial da Universidade de Vigo -Promover un Banco de tempo que poida, cos recursos materiais e humanos da Uni- versidade de Vigo (p.ex. parque móbil), resolver dificultades dos PAS, PDI e Estudantes • Crear a Oficina de Intervención social. Contratarase un/unha traballador/a social para a Universidade de Vigo que xestione as peticións de dependencia de proxenitores e persoas á cargo de PDI, PAS, e Estudantes; casos relacionados con discapacidade e outras pro- blemáticas sociais (familiares con problemas de saúde mental, exclusión social, violencia de xénero, documentación de estranxeiría); e derive os casos que correspondan aos Ser- vizos sociais comunitarios dos concellos, aos Servizos sociais especializados, aos Centros de Información á Muller, ás Oficinas de inmigración. • Modernizar e actualizar o Gabinete Psico-Pedagóxico. Ampliarase, na medida do posible, o seu servizo a toda a comunidade universitaria: estudantes, PDI e PAS. Reforzarase a atención psicolóxica do servizo e atenderase, en especial, as situacións de risco de vulne- rabilidade de saúde mental: estrés, ansiedade. Tamén se ampliará o servizo pedagóxico a PAS e PDI (técnicas para falar en público, para superar o pánico escénico) • Implantar un Programa de cobertura médica da Universidade de Vigo naquelas situacións non cubertas pola Seguridade social. Asegurarase a cobertura de prestacións/situacións sociais non cubertas pola Seguridade social co asinamento de seguros por parte da Uni- versidade de Vigo para PAS e PDI. • Crear a Oficina de atención á diversidade que coordine todas as accións relacionadas coa atención á persoas con discapacidade e necesidades especiais da Universidade de Vigo, para PAS, PDI e, en especial, para estudantes. Serán funcións desta Oficina: -Establecer e implantar o Plan de acollida individualizado (PAI) para cada estudante con discapacidade e/ ou necesidades especiais, xusto despois da recepción da súa matrí- cula. Este Plan valorará: o transporte ao Campus e á súa facultade (transporte adaptado); a súa residencia adaptada; as posibles barreiras arquitectónicas do seu centro, así como as axudas técnicas necesarias para a realización dos seus estudos. 17
  18. 18. O Plan determinará, ademais, a necesidade de técnicos de acompañamento (intérpretes de signos, técnicos para persoas con mobilidade reducida...) e a necesidade e a oportu- nidade de asignar “asistentes persoais” voluntarios para a incorporación do/a estudante ao Campus. Por último, o PAI establecerá o xeito de adaptar a programación docente ás súas condicións (por exemplo, o ritmo de aprendizaxe, titorías específicas, duración dos exames) - Analizar a posibilidade de que a Universidade de Vigo posúa no seu parque móbil transporte adaptado para a comunidade universitaria con problemas de mobilidade redu- cida que, ademais, podería usarse, de selo caso, para resolver problemas de familiares dependentes de PAS, PDI e estudantes. - Esixir que en cada Campus, en cada residencia universitaria, se dispoña de polo menos unha habitación adaptada para cubrir as necesidades de estudantes con discapa- cidade. - Eliminar as barreiras arquitectónicas dos Centros da Universidade de Vigo e faranse mais accesibles, por exemplo, instalando en cada edificio polo menos un acceso de aper- tura automático. - Colocar carteis informativos en braille nas facultades para estudantes cegos/as e re- visar aqueles elementos que aínda non os teñen como, por exemplo, ascensores. - Subtitular toda a información oficial da Universidade de Vigo para estudantes xordos/ as (incluídos os vídeos oficiais da DUVI) - Contratar, na medida do posible, intérpretes de signos nos eventos oficiais da Univer- sidade de Vigo - Proporcionar as axudas técnicas e os materiais necesarios para unha axeitada docen- cia e aprendizaxe das persoas con discapacidade (por exemplo, apuntes en braille) - Revisar que cada aula da Universidade de Vigo permita a “integración normalizada” das persoas con discapacidade e de selo caso asumir a súa adaptación. - Revisar a existencia e situación dos aparcadoiros para persoas con discapacidade que se ampliarán para persoas con necesidades especiais: embarazadas, persoas con muletas. - Contratar tantos técnicos de acompañamento para persoas con discapacidade como sexan precisos. - Promover a empregabilidade dos titulados con discapacidade de Universidade de Vigo. - Realizar campañas de sensibilización e eliminación de estereotipos en relación á discapacidade - Promover un Mestrado interdisciplinario sobre persoas con discapacidade e persoas con dependencia. 18
  19. 19. - Ter en consideración ás empresas de iniciativa social para persoas con discapacidade na contratación dos seus servizos - Solicitar asesoramento técnico ás entidades de iniciativa social ligadas á discapaci- dade para que poidan opinar sobre as novas infraestruturas planificadas pola Universidade de Vigo, sobre o desenvolvemento das actuacións da Oficina de atención á diversidade ou calquera outro aspecto ligado a promoción da igualdade entre as persoas. - Establecer como criterio de calidade, entre outros: o respecto e cumprimento da lexis- lación para persoas con discapacidade; o respecto e cumprimento da lexislación laboral sobre reserva para persoas con discapacidade (PAS); a posta en marcha de dispositivos de atención específica á discapacidade de PDI, PAS e estudantes; a contratación por parte da Universidade de Vigo de servizos e materiais á empresas de iniciativa social para persoas con discapacidade; o asesoramento –órgano consultivo- das entidades de iniciativa social ligadas á discapacidade. • Cumprir estritamente a lexislación relativa á igualdade. Verificar o seu cumprimento en toda a Universidade de Vigo. • Implementar un Plan de Igualdade para a Universidade de Vigo. Profundar sobre o diag- nóstico en relación ao xénero na Universidade de Vigo. Verificar a implantación do Plan de Igualdade en cada unha das áreas e servizos dependentes de cada Vicerreitoría • Cumprir a paridade nos órganos de toma de decisións, nos nomeamentos e designación de cargos, nos órganos colexiados, nos comités da Universidade de Vigo. • Revisar e facer cumprir a linguaxe non sexista en toda a papelería, documentación, comu- nicación da Universidade de Vigo, servizos informáticos. • Formar en xénero (incluíndo a violencia de xénero) a toda comunidade universitaria: es- tudantes, PAS, PDI. • Potenciar os Estudos específicos de Posgrao de Xénero. • Aplicar criterios tendentes a acadar a igualdade nas axudas á investigación da Universi- dade de Vigo. • Previr o acoso sexual e/ou laboral por razón de sexo na Universidade de Vigo • Elaborar Informes anuais de impacto de xénero dos que se dará conta no Claustro e no Consello social da Universidade de Vigo. • Potenciar na medida do posible a Cátedra Caixa Nova de Estudos feministas. 19
  20. 20. UNHA NOVA UNIVERSIDADE Investigación e transferencia de coñecemento A investigación, tanto básica como aplicada, nos diferentes ámbitos do saber, constitúe o alicerce fundamental no que se sustenta o desenvolvemento produtivo e económico, e a formación de profesionais. A Universidade de Vigo debe, polo tanto, apostar clara e contun- dentemente a favor da investigación de excelencia e da transferencia do coñecemento. A produción investigadora desta Universidade presenta, actualmente, un bo nivel no contexto estatal, grazas ao esforzo individual e colectivo do seu persoal investigador. Con todo, o potencial destes atópase lonxe de ser desenvolvido na súa plena capacidade, xa que non contan con todas as axudas e facilidades necesarias para optimizar o seu traballo, a pesar do excelente persoal de apoio administrativo e de servizos informáticos propios dos que dispón. Existen numerosos problemas que deben corrixirse entre os que se poderían destacar: (1) a excesiva carga administrativa do persoal investigador; (2) a escasa flexibilidade e infor- matización na xestión dos recursos; (3) a falta de claridade nos protocolos de xestión; (4) a escasa información sobre a potencialidade dos servizos de apoio á investigación; (5) a escaseza de persoal técnico estable cualificado de apoio á investigación, de forma particu- lar, nos servizos xerais de investigación e (6) a falta de criterios de valoración da produción investigadora específicos de cada ámbito de coñecemento. Un obxectivo fundamental do noso programa é, polo tanto, corrixir na medida do posible as anteriores deficiencias e, en xeral, mellorar os servizos de apoio á investigación e proporcionar o persoal cualificado estable de apoio, clarificando as funcións do persoal administrativo, e proporcionando fe- rramentas de xestión verdadeiramente útiles. Así mesmo, son obxectivos primordiais do programa dirixir as axudas á investigación, pro- pias da Universidade, a potenciar a colaboración das nosas investigadoras e dos nosos investigadores no contexto estatal e, sobre todo, internacional, para alcanzar maiores cotas de competitividade, promover a xeración de novas solicitudes de proxectos de gran enver- gadura, patentes e contratos de I+D, fomentar a investigación e a transferencia en todos os ámbitos, e potenciar a incorporación da mocidade investigadora. Os distintos centros de investigación da Universidade constitúen ferramentas fundamen- tais, en distinto grao de madurez, para o desenvolvemento científico e tecnolóxico punteiro da Universidade, para a interacción con institucións externas e para a transferencia de coñecemento ao mundo empresarial. Debe ser un obxectivo prioritario, polo tanto, propor- cionar o apoio necesario para o bo funcionamento dos que xa están en marcha desde hai anos, e para o desenvolvemento dos que comezan a súa andaina. Na súa xestión debe pórse especial fincapé en que estes centros constitúan verdadeiras unidades integradoras, que fomenten a colaboración entre grupos e se rexan por normas claras, con comisións de usuarias e usuarios revitalizadas. 20
  21. 21. Os servizos de apoio á investigación que sexan de interese común deben estar dotados de persoal técnico cualificado estable que garanta a súa calidade e a regularidade no servizo, con infraestruturas a disposición de todas as usuarias e todos os usuarios, e un uso eficien- te e transparente. Así mesmo, a Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación debe dotarse de maiores competencias e recursos para potenciar a interacción co tecido empresarial, e unha maior participación dos grupos de investigación coas convocatorias internacionais. Obxectivos • Promover unha política de investigación e transferencia baseada na transparencia na xestión, a valoración dos méritos investigadores, o interese xeral e o uso eficiente dos re- cursos. • Incrementar a competitividade dos grupos de investigación da Universidade de Vigo no contexto internacional. • Promover o desenvolvemento das potencialidades de investigación nos diferentes ámbi- tos universitarios. • Potenciar a interacción da Universidade co tecido empresarial e social, e a transferencia do coñecemento á sociedade. • Simplificar os procesos de xestión da investigación e reducir a carga administrativa do persoal investigador. • Facilitar e promover a incorporación de mozos e mozas investigadores nos grupos de investigación. Liñas de actuación • Potenciar a capacidade dos grupos e centros de investigación para establecer colabo- racións externas e obter financiamento de programas internacionais e proxectos de gran envergadura. • Apoiar a creación de grupos emerxentes de calidade que poidan desenvolver novas liñas de investigación. • Establecer o financiamento aos grupos en función dunha valoración directamente propor- cional á súa produción investigadora. • Incrementar, en termos relativos, o número de axudas predoutorais da Universidade, e establecer criterios rigorosos para que se adxudiquen preferentemente en función da exce- lencia no expediente académico dos solicitantes, corrixida para cada Titulación. 21
  22. 22. • Fomentar a mobilidade do persoal investigador para establecer novas colaboracións es- tatais e internacionais. • Fomentar a formación da mozas investigadoras e mozos investigadores. • Potenciar o papel da Comisión de Investigación na elaboración, discusión e seguimento de políticas científicas na Universidade. • Ofrecer o máximo apoio ao proxecto de Campus do Mar e a outras iniciativas de excelen- cia e internacionalización da Universidade. • Dotar a Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación de maiores competen- cias e recursos con obxecto de incrementar a participación da Universidade nos programas internacionais, a posta a punto de Empresas de Base Tecnolóxica, o desenvolvemento de patentes, e a colaboración co tecido social e empresarial da contorna. • Promover a posta en valor dos resultados dos grupos de investigación, con obxecto de aumentar o número de patentes en explotación. • Crear unha comisión de ética na investigación. • Pór en marcha un programa de contratación e estabilización de persoal de apoio técnico aos grupos de investigación e departamentos. • Elaborar criterios de avaliación da actividade investigadora específicos de cada un dos ámbitos universitarios, con comisións independentes. • Regularizar no tempo a valoración e o financiamento da produción investigadora. • Revisar e mellorar as actuais ferramentas informáticas de avaliación da produción inves- tigadora, ata que se poida pór a punto un programa propio da Universidade de Vigo que realice esta función de xeito eficiente. • Desenvolver regulamentos nos centros de investigación, para convertelos en verdadeiras unidades integradoras, con xestión transparente, que fomenten a colaboración entre gru- pos, o interese xeral e o uso eficiente dos recursos. • Crear ou revitalizar as comisións de usuarios e usuarias como ferramenta consultiva das decisións dos centros de investigación. • Dotar aos servizos de apoio á investigación de persoal técnico cualificado estable que garanta a súa calidade, a regularidade no servizo e o interese xeral. • Abrir un debate na Universidade sobre a posibilidade de converter os centros de investiga- ción en Institutos Universitarios, con autonomía suficiente para poder solicitar subvencións e prazas autonómicas, estatais ou internacionais de forma independente. • Establecer un sistema de presentación de documentación en liña, baseado na firma elec- trónica, que permita acelerar os trámites, permitir unha eficiente xestión en todos os cam- pus, e reducir o gasto innecesario de tempo e recursos. 22
  23. 23. • Proporcionar un sistema de tarxetas de crédito/débito que permitan realizar os pagos de forma áxil e cómoda. • Reducir a unha partida orzamentaria única, ou ás mínimas necesarias, os distintos ingre- sos dos grupos de investigación, co obxecto de simplificar a súa xestión. • Simplificar e flexibilizar a xestión administrativa de fondos de investigación propios da Universidade de Vigo. • Desenvolver un sistema en liña para que os/as investigadores/as principais dos grupos, ou de proxectos, poidan xestionar os fondos dos que dispoñen de xeito sinxelo e inmediato. • Delimitar, clarificar e informar na páxina web da Universidade das funcións de cada un dos servizos de apoio administrativo e os protocolos de actuación en todos os procedementos relacionados coa investigación. • Coordinar os servizos de apoio para evitar duplicidades na solicitude de información aos investigadores e investigadoras. • Coordinar ao persoal de apoio, para que en todo momento se poidan resolver problemas específicos de cada servizo. • Establecer programas de formación do persoal administrativo naqueles aspectos que se consideren necesarios (idiomas, internet, informática) 23
  24. 24. Titulacións Unha das funcións máis importantes da Universidade é, sen dúbida, a de transmitir coñece- mento. Alén de ensinar, o actual momento obriga ás Universidades a realizaren un esforzo, non só dirixido a completaren o novo sistema de Titulación, senón a procuraren solucións para faceren da crise actual unha oportunidade de cambio e progreso. No proceso de internacionalización do Ensino Superior, o ano 2010 é unha data fulcral, porque significa o punto no que converxen os procesos de adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior de todas as Universidades europeas. Non debemos entender este “espazo” coma un proceso de homoxeneización único, senón tamén, e de xeito principal, como unha plataforma para definirmos un novo modelo de educación propio, que nos sitúe no mapa do coñecemento estatal e internacional. A Universidade de Vigo ten participado neste proceso ao longo destes últimos oito anos, coa implantación paseniño dos novos Graos e Posgraos, un proceso que en moitos casos ten amosado unha acusada desorde e unha certa falta de control. Os novos estudos de Grao representan a base fundamental da actividade universitaria e, como tal, teñen que concibirse con rigor e innovación, xa que constitúen a primeira conexión que teñen as e os estudantes cos estudos superiores e coa adquisición dos coñecementos básicos que poden capacitar para o exercicio profesional. No que atinxe ao Posgrao, o proceso tense caracterizado, en xeral e agás casos moi con- cretos, por unha notable improvisación, o que ten creado confusión e fundo malestar entre os responsables directos dos mestrados que teñen procurado enriquecer a oferta formativa da Universidade de Vigo coas súas propostas. En troques de favorecer e simplificar a ta- refa, os excesos burocráticos e a aplicación de regulamentacións ríxidas lograron dificultar o de per se complexo labor de organizar estes novos estudos. Defendemos, logo, que a oferta de Posgrao sexa dinámica e innovadora e que se resolva cun maior rigor e cunha máis eficiente organización dos mesmos, para que non se convertan en meros apéndices dos graos ou en bastas substitucións dos derradeiros cursos das anteriores licenciaturas. No que se refire aos estudos de Doutoramento cómpre subliñar a importancia na educación superior universitaria da mellora da investigación e, coma consecuencia, da promoción do desenrolo económico e cultural da nosa sociedade. Un dos retos preferentes deste equipo é, sen dúbida, o de situar a Universidade de Vigo no contexto internacional, a través de posgraos interuniversitarios de referencia ou de marcado carácter multidisciplinar. Traballaremos, tamén, para ampliarmos as oportunidades educativas a novos sectores so- ciais e garantirmos a participación equitativa. Consideramos, xaora, esencial establecer- mos contactos que funcionen entre a Universidade e a Empresa, nunha maior implicación cos sectores productivos da sociedade. Queremos facer da Universidade de Vigo un es- pazo de coñecemento aberto, dinámico, atractivo e cooperativo coa sociedade. Debemos, neste aspecto, dar o pulo necesario á comunicación, internacionalización, imaxinación, sin- gularidade, mobilidade, avaliación e acreditación, como trazos eminentes e capaces de identificar a calidade da Institución universitaria. 24
  25. 25. Obxectivos • Definir e acordar un novo Mapa de Titulacións axustado ás necesidades das tres Univer- sidades galegas. • Adaptar a actividade docente ao EEES e propulsar un sistema que garanta o prestixio e a calidade das Titulacións na Universidade de Vigo. • Impulsar a internacionalización nos estudos de Grao e, especialmente, nos de Posgrao. • Propulsar a interdisciplinariedade e a transversalidade. • Defender o desenvolvemento harmónico e ortodoxo dos Mestrados e Posgraos. • Potenciar a vinculación co mundo empresarial e impulsar a relación cos ámbitos empren- dedores. • Promover unha oferta ampla e eficaz de Ensinos Propios da Universidade de Vigo. Liñas de actuación • Adaptar o Mapa de Titulacións á Universidade e promover as Titulacións transversais e interuniversitarias. Fuxir de visións restrinxidas e localistas. • Definir un procedemento claro e áxil para a homologación de títulos • Incorporar as tecnoloxías necesarias para o completo desenvolvemento do novo modelo de actividade docente. Realizar un diagnóstico sobre a situación actual das infraestruturas para a docencia en cada Centro. • Elaborar un plan que racionalice o gasto, co fin de adecuar o orzamento ás novas necesi- dades. Aproveitar e optimizar os recursos que ten a Universidade. • Traballar para que as novas Titulacións capaciten ao alumnado para desempeñar o exer- cicio das súas profesións nas mellores condicións de competencia e eficacia. Reforzar a dimensión práctica dos estudos. • Revitalizar o concepto de ‘prestixio’ mediante un modelo de ensino baseado na Calidade e na Innovación. Idear novas fórmulas de recoñecemento para as boas prácticas docentes. • Promover a firma de convenios que permitan impartir Graos e Posgraos con outras Uni- versidades españolas e estranxeiras. Impulsar a mobilidade de profesorado e estudantado. 25
  26. 26. • Elaborar un Plan para incrementar o número de estudantes Erasmus, tanto para os que veñen á Universidade de Vigo, como para os que se dirixen a outras Universidades, espe- cialmente, naquelas Titulacións onde en número é aínda moi baixo. Impulsar os programas de excelencia como o doutoramento Erasmus Mundus. • Elaborar os programas cunha oferta docente que contribúa a captar estudantes doutras Universidades galegas, estatais e internacionais. Potenciar a captación do talento. • Potenciar a utilización de linguas estranxeiras na docencia tanto en Grao como en Pos- grao • Impulsar Titulacións conxuntas de Grao e Posgrao. • Propor fórmulas de estímulo para o rendemento académico. • Promover a interdisciplinariedade mediante a implantación paulatina de liñas emerxentes, como: as Humanidades no século XXI e a súa relación co mundo científico e tecnolóxico; a aplicación de métodos matemáticos ás Ciencias Sociais; a Enxeñería biomédica. • Potenciar a formación transversal, como parte da formación doutoral (desenvolvemento da capacidade de comunicación oral e escrita, coñecementos sobre principios de ética e integridade na investigación, perspectiva de xénero.) • Crear o Centro Internacional de Posgrao que coordine, regule e xestione os estudos de Mestrado e Doutoramento. Entre as principais funcións do Centro de Posgrao estarán: - Definir un programa de Posgraos cunha oferta formativa de alta calidade docente e investigadora, relevante para a preparación específica no exercicio profesional. - Informar sobre o desenvolvemento e xestión dos mestrados e Posgraos. - Adecuar os estudos de Doutoramento ao novo Real Decreto, coa flexibilidade que require regular estudos de distintos ámbitos de coñecemento, con diferentes necesidades e métodos de formación investigadora. - Fomentar os programas de Doutoramento que satisfagan as necesidades do mercado laboral, de acordo coa Declaración de Glasgow (abril 2005), mediante o desenvolvemento de competencias investigadoras e capacidades transferibles. - Articular as vías necesarias para promover a Calidade dos programas de Doutora- mento, o seu papel de formación de investigadores e a incorporación destes ao Espazo Europeo de Investigación. - Potenciar a mobilidade nos programas de Doutoramento, a participación en redes internacionais docentes. - Instar á Xunta a posibilidade de derrogar a cláusula que impide o acceso á realización da Tese, co Título de Mestrado Profesionalizante. Propor un módulo complementario de Formación investigadora de 30 créditos a tal efecto 26
  27. 27. - Impulsar un plan de coordinación que permita unha comunicación efectiva entre todos os programas de Posgrao que se desenvolvan na Universidade de Vigo, así como entre os profesores con temáticas relacionadas. - Prestar apoio estratéxico a aqueles Posgraos e centros que o soliciten. - Unificar as tarefas administrativas relacionadas co Posgrao, de maneira que os trámi- tes resulten áxiles e eficaces. - Fomentar a participación en Feiras e Foros de Posgrao. • Conectar Universidade e Empresa. Promover a inclusión de prácticas externas para o estudantado de Grao e Mestrado, como un aspecto prioritario da formación recibida na Universidade. • Ofrecer ás empresas e institucións galegas, estatais e internacionais, a posibilidade de que a Universidade deseñe e imparta cursos de formación especializada que respondan as súas necesidades. Concretar mecanismos que permitan manter unha relación permanente co mundo empresarial e laboral, para coñecer mellor as ofertas e as demandas. • Impulsar os programas de Ensinos Propios na Universidade de Vigo: Cursos profesio- nalizantes, Cursos de especialista, Títulos Propios e Cuarto Ciclo, como instrumento de transmisión do coñecemento e da especialización, nomeadamente os demandados pola contorna social, cultural e empresarial de Vigo, Ourense e Pontevedra. • Fomentar a relación cos Colexios Profesionais. 27
  28. 28. Proxección Internacional e Social O entorno dinámico e cambiante no que a Universidade de Vigo se atopa inmersa, esixe desenvolver e implementar accións tendentes a adaptarse ás novas necesidades que a sociedade lle expón. Neste contexto, o Vicerreitorado de Proxección Internacional e Social ten como misión integrar á Universidade de Vigo na contorna económica e social no que desenvolve a súa función, así como estimular o proceso continuo da súa internacionaliza- ción. O desenvolvemento da actividade do Vicerreitorado de Proxección Internacional e Social coordínase e desempeñase desde as Áreas e Unidades administrativas dependentes or- ganicamente do mesmo: Proxección Social, Proxección Internacional, Responsabilidade Social. Tendo en conta os medios dos que dispón, e cunha utilización mais axeitada dos mesmos, esta Vicerreitoría deberá recoñecer os sinais que envía a sociedade á Universidade, e mirarse máis criticamente. Isto permitiralle realizar unha adecuada lectura e interpretación das situacións e posibilitará que a súa actuación se encamiñe cara á solución dos proble- mas internos e da contorna. Pensamos que esta é a vía para promover unha inserción máis efectiva da Universidade no contexto no que está a desenvolver a súa actividade, o que provocaría como contrapartida, unha mellor comprensión dos seus problemas por parte da comunidade; un maior com- promiso social ante as dificultades financeiras, administrativas e académico-científicas da institución universitaria e un coñecemento máis detallado do que ocorre dentro dos muros da Universidade. Todo o cal permitirá, en definitiva, o establecemento dunha imaxe social máis clara e positiva dela. Si desexamos que as actuacións expostas pola Universidade conteñan un sentido social real, deberán anticiparse aos posibles escenarios futuros e, ademais, deberán mostrar a intención de modificar, si fose necesario, a realidade vixente. Obxectivos • Construír unha Universidade pertinente, para lograr que a educación superior estea en función das necesidades e demandas dos diversos sectores sociais. • Avanzar no fortalecemento da dimensión internacional da Universidade de Vigo, e garantir a súa presenza en foros e encontros de educación internacional, co fin de converter a Vigo nun enclave estratéxico para outras Universidades. • Fomentar a relación da Universidade coas Institucións pertencentes ao ámbito económico público, mediante a sinatura de convenios e colaboracións. 28
  29. 29. • Facilitar o acceso ao mercado laboral ao alumnado e titulados da Universidade de Vigo, e supervisar as prácticas de empresa, as iniciativas de emprendedores e o emprego, co- ordinando todos as oficinas coas que conta a Universidade en materia de emprego, para que sexan máis accesibles e comprensibles non só para estudantes e egresados/as, senón para o conxunto da sociedade. • Promover o desenvolvemento integral da persoa, así como o fomento dun marco de pen- samento no que os dereitos humanos, a solidariedade entre as xeracións, o desenvolve- mento sustentable e a paz sexan obxecto de investigación, formación e difusión en todos os seus ámbitos. • Impulsar cátedras institucionais e/ou de empresas como ferramenta para potenciar a in- vestigación, o desenvolvemento e a innovación, así como traballar a favor de diferentes causas sociais e culturais. • Impulsar o Centro de Linguas Modernas (CLM). Liñas de actuación • Creación do Primeiro Foro de colaboración proactiva entre Universidade e Empresa. • Fomentar as relacións externas da Universidade para favorecer a súa integración na contorna económica e social a través dunha Convocatoria de axudas ao fomento de rela- cións Universidade-Sociedade, dirixida a entidades legalmente constituídas, que executen proxectos cuxo contido estea relacionado coa actividade universitaria en xeral e que favo- rezan e promovan as relacións da Universidade coa Sociedade. • Impulsar a apertura ao marketing en liña para captar novos estudantes a través do rexistro co-registro, ou correo electrónico marketing, entre outros, tendo en conta a crecente oferta de institucións. • Mellorar a dimensión internacional da Universidade de Vigo, mediante a posta en marcha de iniciativas de internacionalización non cubertas polos diferentes programas estatais e europeos; complementar, en caso necesario, os fondos externos obtidos para a realización de actividades non cubertas ou cubertas só parcialmente por financiamento externo. • Coordinar o proceso de tramitación de convenios nos que participe a Universidade de Vigo mediante a creación dun Gabinete de Convenios cuxa misión sexa garantir e tutelar todo o proceso derivado do tramite dos convenios en que participa a Universidade de Vigo, así como o seu arquivo e posta a disposición de quen o soliciten. • Impulsar as cátedras institucionais e de empresas como unha ferramenta que permita potenciar a investigación, o desenvolvemento e a innovación, así como traballar a favor de diferentes causas sociais e culturais. O fío conductor vai máis aló do ámbito estritamente económico e pon especial énfase en accións que promovan a innovación e a interdisciplina- riedade. Outros propósitos deste tipo de cátedras son: organizar seminarios, conferencias, xornadas e cursos específicos, promover prácticas de estudantes, impulsar traballos de fin de grao, traballos de fin de mestrado, teses de doutoramento, e axudar os diversos secto- 29
  30. 30. res da sociedade a buscar profesionais e tecnoloxías axeitadas para as súas necesidades, pondo especial énfase na organización de actividades de reflexión, debate e difusión. • Potenciar neste ámbito a creación de novas cátedras que cumpran ditos obxectivos. Estas iniciativas achegaranse a toda a comunidade universitaria, e basearanse en criterios de transparencia e coñecemento dos mesmos. • Impulsar a organización de cursos de linguas modernas orientados, tanto á comunidade universitaria, como ás persoas alleas a Universidade. • Organizar actos como exposicións, teatros, ciclos de cine, lecturas; que permitan coñecer a cultura dos países cuxas linguas se ofrecen. • Impulsar a firma de convenios para a realización de exames internacionais e a obtención de diplomas e títulos de carácter internacional. • Promover unha maior implicación dos membros da comunidade universitaria na execu- ción e a coordinación de proxectos de cooperación académica e institucional no marco de programas internacionais. • Mellorar o índice de éxito en solicitudes de proxectos de cooperación académica inter- nacional e na firma de acordos de cooperación interuniversitaria con institucións de todo o mundo para unha ampla gama de actividades académicas. • Involucrar a todos os estamentos da Universidade para mellorar a acollida e a calidade da estancia de estudantes e docentes procedentes do exterior, nomeadamente os de Ibero- américa e/ou os de países lusófonos: Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Timor leste, e promover a interculturalidade dentro da Universidade. • Elaborar unha memoria de responsabilidade social para coñecer a situación real da Uni- versidade de Vigo e asinar o compromiso cos principios básicos en materia de Respon- sabilidade social. Analizar a situación da Universidade de Vigo respecto do tres aspectos fundamentais (económico, social e ambiental). • Contactar de forma inmediata cos diferentes grupos de interese cos que estamos interre- lacionados en especial con : - Estudantes, aos que se lle potenciará a conciencia de voluntariado e aos que se for- mará nesta materia para obter un alumnado máis solidario. - Empresas da contorna para conseguir das mesmas unha actitude máis solidaria. • Definir e expor indicadores en materia de Responsabilidade Social Universitaria para converternos en pioneiros das Universidades Españolas e relacionarnos con outras inter- nacionais para o desenvolvemento de programas de formación nesta materia. 30
  31. 31. Novas Tecnoloxías Nos vindeiros catro anos e dentro do medio cambiante actual preténdese que a Universi- dade de Vigo estea o máis próxima ás persoas e á sociedade e para iso soportarase nas ferramentas que nos brindan ás Novas Tecnoloxías da Información. Neste sentido, faise necesario utilizar, axeitada e intelixentemente, as capacidades dispoñibles, así como me- llorar as infraestruturas e os procedementos que soportan as Novas Tecnoloxías, tanto a nivel de servizo de redes como de comunicacións. A mellora na calidade dos servizos é un compromiso estratéxico, e a innovación no uso da tecnoloxía é unha ferramenta ao servizo dos usuarios. Necesítase crear e implantar un Sistema de Información Integrado con criterios de usabili- dade, accesibilidade, e seguridade que sirva de base á docencia, á investigación e á xes- tión, co obxecto de superar as inconveniencias que supón a implantación de aplicacións que comportan problemas de adaptación, e sen contar coas achegas do usuario final. Os servizos prestados aos usuarios deben ser accesibles telematicamente e tramitados por medios electrónicos para garantirlles seguridade, fiabilidade, información, eficiencia, transparencia, e dispoñibilidade en relación coa administración. Con iso contribuirase a unha xestión máis respectuosa co medio. En definitiva, en contraposición ao concepto actual de adaptación das persoas aos siste- mas, débese chegar a ter a idea de que a implantación e utilización das Novas tecnoloxías teñen como finalidade a mellora das condicións laborais, docentes e investigadoras das persoas da comunidade universitaria. Obxectivos • Incrementar e mellorar a utilización, o desenvolvemento e a implantación das Novas Tec- noloxías en todos os ámbitos da comunidade universitaria. • Analizar, optimizar, deseñar e implantar un Sistema Integrado de Información que permita a asistencia á xestión, á docencia e á investigación. • Servir de soporte á E-administración e implementar os recursos necesarios que velen pola idoneidade e calidade dás aplicacións informáticas que se implanten na Universidade. • Mellorar e normalizar os recursos informáticos existentes así como integrar as aplicacións informáticas utilizando criterios racionais de usabilidade e accesibilidade; facilitar a partici- pación e integración dos equipos de investigación propios da Universidade, para a análise, desenvolvemento e implantación de aplicacións sinxelas, eficientes e seguras. • Optimizar e implantar novas tecnoloxías na rede de comunicacións, mellorando os servi- zos de rede e voz á comunidade universitaria, apostando pola implantación dun sistema de mellora continua. 31
  32. 32. • Apoiar a utilización de software libre e fomentar o desenvolvemento e investigación de aplicacións propias e potenciar ás oficinas e asociacións de software libre. Liñas de actuación • Establecer un sistema de medición do estado actual de implantación das Novas tecno- loxías que sirva de base para o estudo e análise da mellora dos recursos e procedementos. • Incorporar accesos de toma de rede para facilitar o uso das Novas Tecnoloxías nas aulas docentes, mediante a utilización de portátiles. • Incrementar as zonas de cobertura de rede sen fío, nas zonas verdes dos campus, con dotación de zonas e puntos de encontro acordes co medio ambiente. Materializarase no Programa Vive o Campus coa instalación de observatorios e puntos de encontro con me- sas, bancos e marquesiñas. • Estudar e analizar os procesos administrativos en coordinación coa Secretaría Xeral para poder optimizar e modernizar a administración, tanto a quen ofrece o servizo como aos usuarios membros da comunidade universitaria. • Fomentar o uso do certificado dixital e establecemento de sinatura dixital como o único medio que permita garantir técnica e legalmente a identidade dunha persoa na internet xa que se trata dun requisito indispensable para que as institucións poidan ofrecer servizos seguros a través de internet. • Poñer en marcha un sistema de xestión de identidade, que permita aos membros da comunidade universitaria acceder, de forma integral, aos datos de perfil persoal, datos administrativos, académicos, docentes e de investigación, evitando a duplicidade de infor- mación, e integrar o conglomerado de aplicacións que actualmente existe. • Analizar, coordinar e implantar o Sistema de Información Integrado, que sirva de soporte aos procesos administrativos, docentes e de investigación. • Implantar un sistema de solicitudes e incidencias en rede centralizada, dentro do con- cepto de administración única, que nos permita implementar e supervisar un sistema de mellora e innovación continua • Estudar e asumir telefonía por VoIP co obxecto de abaratar os custos da rede de telefo- nía. Propoñer a posibilidade de cambiar os custos de contratos de telefonía, e estudar a posibilidade de incorporación de contratos integrais de telefonía fixa e móbil a empresas de Galicia. • Desenvolver e optimizar o portal da Universidade tendo en conta sempre os estándares do World Wide Web Consortium (W3C). • Desenvolver a plataforma Tele Campus Virtual, en coordinación co Centro de recursos de aprendizaxe e investigación (CRAI) e integrar ás distintas plataformas de teledocencia existente. Incorporar á Universidade de Vigo no proxecto OpenCourseWare. 32
  33. 33. • Actualizar e optimizar as Listas de correo con subscricións mantidas por parte dos servi- zos informáticos e facilitar as subscricións voluntarias. • Potenciar o software libre e open source con campañas de divulgación e apoio de forma- ción; facilitar o desenvolvemento de aplicacións propias por parte dos profesionais, inves- tigadores e estudantes da comunidade científica. Favorecer ás oficinas e asociacións de software libre. • Facilitar e fomentar o desenvolvemento das redes sociais. Medio Ambiente Sen ser unha industria que xere gran contaminación, a Universidade, como institución pú- blica ten un impacto negativo, no referente ao uso do papel, transporte diario de moitas per- soas aos campus, uso de moitos produtos contaminantes, tanto en laboratorios docentes como de investigación, utilización de edificios e espazos pouco eficientes enerxeticamente falando, produción de residuos, contaminación de augas e terras e impacto ambiental das construcións. Por estas razóns, a Universidade de Vigo debe asumir o compromiso de responsabilidade social, non soamente nos ámbitos referentes ás políticas de xestión, docencia e investiga- ción ética, senón que debe ser un referente nos aspectos concernentes ao compromiso co Medio e coas políticas de sustentabilidade. Nesta liña, débense asumir políticas proactivas de implicación e promover iniciativas de investigación ecolóxica para a determinación racional das interrelacións e impactos am- bientais, así como favorecer e divulgar campañas de información e educación ambiental. Como punto de partida débese propor o obxectivo prioritario de implantar un sistema de certificación europea que permita, en primeiro lugar, definir e medir os indicadores medio- ambientais, para coñecer o estado actual e de seguido analizar, deseñar e planificar as accións correctivas en materia de xestión ambiental que obrigue a Universidade a embar- carse nun camiño sen retorno cara á mellora continua e o respecto ao medio. Obxectivos • Promover e asumir a responsabilidade social no aspecto ambiental, como tema transver- sal na estrutura da organización da Universidade de Vigo e incluíla na planificación estra- téxica. • Implantar un sistema de xestión ambiental homologable ao Regulamento Europeo de Ecoxestión e Ecoauditoría e intentar manter unha mellora continua das prácticas medioam- bientais. • Reducir o impacto ambiental e a pegada ecolóxica. 33
  34. 34. • Potenciar e elaborar ás políticas necesarias para protexer e conservar a biodiversidade dos campus. • Mellorar as políticas de xestión, tratamento e investigación no ámbito dos residuos. • Optimizar e incrementar as políticas de eficiencia enerxética, e involucrar a todos os mem- bros da comunidade universitaria que traballen na medición da eficiencia, no aproveitamen- to e na implantación de enerxías renovables. • Apoiar o novo modelo académico especializado no medio e facer partícipes aos grupos de investigación que contribúan á transformación da nosa sociedade recoñecendo a urxencia e a magnitude da crise ecolóxica actual. Liñas de actuación • Implantar un sistema de xestión ambiental homologable ao Regulamento Europeo de Ecoxestión e Ecoauditoría e intentar manter unha mellora continua das prácticas medioam- bientais, segundo a certificación EMAS (Environmental Management and Audit System). • Realizar o autodiagnóstico permanente acerca da pegada ecolóxica, das actividades da Universidade de Vigo tratando de resolver do xeito máis eficiente posible os problemas diagnosticados. • Respectar e protexer a biodiversidade dos campus e incorporar observatorios como pun- tos de encontro con información sobre os ecosistemas e as especies identificadas. • Realizar estudos de eficiencia enerxética e mellora da mesma en edificios e laboratorios universitarios e acelerar a aplicabilidade de Enerxías Renovables, así como fomentar a participación de todos os grupos de investigación que estean implicados. • Mellorar os indicadores de contaminantes medioambientais e emisións de CO2 e optimi- zar a eficiencia enerxética dos edificios, conxuntamente, con medidas de optimización dos sistemas de calefacción e aire acondicionado. • Fomentar o aforro enerxético nos sistemas de iluminación de interiores e exteriores, e estender a utilización de luminarias de baixo consumo, e balastros electrónicos regulables. • Fomentar Plans de Mobilidade do Campus, con sistemas internos de transporte colectivo e individual sostibles. • Fomentar e aplicar as 4RE (Reciclar, Reempregar, Reducir e Respectar). En particular, promover e propor proxectos de investigación dás 4 R na xestión e tratamento de residuos. • Reducir o consumo de papel, como resultado da implantación da administración electró- nica e a utilización de lectores e libros electrónicos. • Promover a reutilización de sistemas informáticos como terminais, en servizos de acceso público, en que só, se necesitan acceso á rede. 34
  35. 35. • Fomentar a Educación ambiental con cursos de formación, xornadas e campañas de sen- sibilización dirixida á comunidade universitaria e á sociedade. • Impulsar o Programa de Voluntariado e Cooperación ambiental, con programas de actua- cións encamiñadas á protección do medio, dirixidos aos membros da comunidade univer- sitaria Cultura e Deporte Elevar o rango da cultura e o deporte na Universidade de Vigo supón unha aposta definiti- va pola potenciación e proxección académica, social e institucional, da cultura e o deporte universitarios, na súa promoción e difusión. Dende Nova Universidade apostamos, claramente, por estas tres grandes áreas programá- ticas, conectadas en sintonía de xeito vertical e horizontal. De xeito vertical, en colaboración coas distintas entidades, administracións (Xunta de Ga- licia, Deputacións de Pontevedra e Ourense, Concellos de Vigo, Ourense e Pontevedra) e organismos dependentes e, horizontalmente, entre as facultades e centros dependentes da Universidade de Vigo directamente relacionados con estas competencias. Unha proxección intra e extrainstitucional no achegamento da cultura e o deporte e na súa consideración estratéxica e vertebradora dentro dos fins propios dunha administración pú- blica como a Universidade de Vigo, que se poña ao servizo da comunidade universitaria e, por suposto, da sociedade viguesa, pontevedresa e ourensá. Obxectivos • Elevar o rango da Cultura e o Deporte na Universidade de Vigo • Promover a difusión da Cultura e o Deporte a través da Comunicación • Potenciar a consideración estratéxica e vertebradora na súa proxección intra e extrainsti- tucional, de xeito horizontal (intercentros) e vertical (institucional). • Contar cos propios recursos humanos, técnicos e docentes, na organización de activida- des e na prestación de servizos internos e externos. 35
  36. 36. Liñas de actuación • Fomentar a sinatura de convenios con entidades culturais de ámbito internacional e es- tatal, autonómico, provincial e local; buscar sinerxías entre a Universidade de Vigo e as distintas entidades, públicas e privadas, na procura de actividades en sala, mais tamén, en espazos abertos, achegando a cultura a rúa, coma un espazo público compartido de expresión artística e performance: - No ámbito autonómico: Consello da Cultura Galega (colaboración na investigación e recuperación dunha cultura propia, incluíndo a realización de congresos), Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), Consorcio Audiovisual de Galicia, Axencia Audiovisual Galega, Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), Centro de Documenta- ción das Artes Escénicas e Musicais de Galicia. - No ámbito provincial e municipal: centros culturais, auditorios e conservatorios, aulas de teatro, museos (Pontevedra, Arqueolóxico de Ourense e MARCO de Vigo), Bienais de Arte, liceos, sociedades recreativas e asociacións culturais do sur de Galicia. • Potenciar a Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU). Incrementar a súa proxección de fora cara dentro, pero tamén de dentro cara fora, contando cos distintos axentes xa consolidados da propia escena e contorna, como a Mostra de Teatro Infantil (MOTI), a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, o Festival Alternativo das Artes Es- cénicas de Vigo ou o “Festiclown” de Pontevedra. • Propulsar unha participación máis activa da Universidade de Vigo nos Festivais de Cine de Ourense, no “PlayDoc” de Tui e no Festival de Cans, e colaborar con cineclubs de refe- rencia na organización de ciclos e xornadas. • Fomentar o intercambio de experiencias artísticas e musicais con outras Universidades, tanto nas especialidades e centros dependentes da Universidade de Vigo, como na súa dimensión extraacadémica (corais, tunas universitarias). Incentivar a promoción de concer- tos e grupos de base universitaria. Incorporar o baile, a danza e a ópera clásicas ao circuíto universitario. • Establecer vías e canles para a colaboración coa Universidade de Vigo de persoeiros da cultura galega e do sur de Galicia nos distintos ámbitos. • Contribuír na extensión do potencial creativo dos titulados pola Universidade de Vigo, coa correspondente atención e promoción institucional das súas obras e creacións artísticas. • Contar co persoal docente e investigador especializado (historia, lingua e literatura, arte, fotografía, deseño, música, debuxo, pintura, escultura, cine, interpretación), na realización de exposicións, cursos, charlas, conferencias, talleres e roteiros culturais, en colaboración cos concellos. • Incrementar a oferta de convocatorias e concursos destinados á propia comunidade uni- versitaria e, conxuntamente, coas restantes Universidades galegas. 36
  37. 37. • Colaborar a nivel estatal (Comité Olímpico Español), autonómico (Secretaría Xeral para o Deporte, Fundación Deporte Galego), e a nivel local cos distintos clubs, federacións e asociacións deportivas. • Facer extensibles os beneficios das actividades e instalacións deportivas dependentes da Universidade de Vigo aos familiares da comunidade universitaria, coa expedición dun carné familiar. • Implicar e aproveitar os recursos humanos (administrativos, técnicos e docentes) da Uni- versidade de Vigo nas distintas actividades deportivas, contando cos propios membros da comunidade universitaria especializados na materia, como monitores e adestradores. • Facer extensible todas as actividades novas e de iniciación aos tres campus, determinan- do o nivel periódico de aceptación das mesmas, co fin de valorar as súas posibilidades de implantación, e superar a disparidade de prezos na oferta dalgunhas actividades deporti- vas. • Ampliar a programación dos cursos e actividades deportivas ao mes de xullo. • Emprender accións de patrocinio e mecenado deportivo, tamén nas categorías de vetera- nos/as (egresados/as), Terceiro e Cuarto Ciclo. • Revisar e actualizar o catálogo de escolas deportivas da Universidade de Vigo, analizan- do as distintas modalidades e a demanda das mesmas. • Incentivar os propios especialistas en fisioterapia e rehabilitación da Universidade de Vigo na atención ao deporte universitario. • Promover a Universidade de Vigo como sede de campionatos de España universitarios, naquelas modalidades máis demandadas e con maior grao de implicación. • Fomentar a política de captación de alumnado dos últimos cursos dos centros galegos de ensino pre-universitario, a través dunha política de bolsas, destinadas tamén a estudantes doutras Universidades con bo historial deportivo, que compitan e estuden na Universidade de Vigo. 37
  38. 38. Políticas Institucionais O diálogo é a ferramenta básica dun modelo de Universidade participativa que Nova Uni- versidade ten pensado levar a cabo nos próximos catro anos. A procura de consensos permitirá unha maior implicación e corresponsabilidade de toda a comunidade universitaria. Para iso é necesario pór en marcha unha serie de liñas de actuación que garantan a coor- dinación e a transversalidade das decisións e das actuacións. Por outra banda, o grupo de Nova Universidade ven demandando dende hai moito tempo a procura da revitalización do órgano colexiado máis importante da Universidade que é o Claustro Universitario. Neste aspecto, na redacción dos novos Estatutos, o grupo aportou iniciativas que foron aprobadas por unanimidade na procura deste obxectivo. Con todo, é preciso que ditas iniciativas non queden reflectidas unicamente no papel, senón que é necesario levalas á práctica. Esta candidatura establecerá unha relación fluída cos órganos colexiados da Universida- de (Claustro Universitario, Consello de Goberno, Consello Social, Tribunal de Garantías e Consellos de Campus) de tal xeito que a xestión pública non só sexa transparente, senón que tamén sexa coñecida, tanto pola comunidade universitaria como pola sociedade que llo demanda. Para este fin, a Secretaría Xeral publicará, periodicamente, un Boletín Oficial da Universi- dade, como xa existe noutras universidades, e procederá á regularización de toda a norma- tiva universitaria incluíndo a regulamentación dos departamentos e centros da universida- de. Priorizará, así mesmo, o recoñecemento do rexistro xeral da universidade como rexistro público a efectos de tramitación de cuestións relacionadas coa universidade. Ademais, porá en valor a Asesoría Xurídica, dotándoa de autonomía de criterio para poder exercer de defensora dos valores universitarios. Do mesmo xeito, a Secretaría Xeral exercerá o control da legalidade das actuacións da Universidade, o cumprimento estricto da legalidade nos procesos electorais, a adaptación e modificación de normativas, o protocolo necesario nos actos académicos, así como todas as funcións establecidas no artigo 22 da LOU e 63 dos Estatutos da Universidade de Vigo. Tamén exercerá a representación ante a ACSUG na Comisión Galega de Informes, Avalia- ción, Certificación e Acreditación, CGIACA, cunha presenza activa na toma de decisións. Co fin de que a información se presente dunha maneira máis cómoda e directa, desenvol- verase como proxecto estratéxico a Administración Única, que simplificará os trámites ad- ministrativos e evitará a duplicidade de petición e xeración de información. Esta Administra- ción Única virá complementada pola progresiva implantación da Administración Electrónica (e-administración), que permitirá realizar os trámites administrativos a distancia e facer un seguimento en tempo real dos mesmos. Outro proxecto estratéxico desta candidatura é o Centro de Recursos para a Aprendizaxe e a Investigación (CRAI) que servirá como elemento central de soporte ao proceso de en- sinanza-aprendizaxe que define o Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). Neste novo marco, o perfil do estudantado, profesorado e persoal de administración e servizos muda. O estudantado pasa a ser un axente activo no proceso de aprendizaxe, o profeso- rado pasa dun mero transmisor de coñecemento a un ensinante de coñecemento e desen 38

×