Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

PAT ESO BACHARELATO FP 2018 - 2019

613 views

Published on

Planificación da titoría no IES A Sardiñeira para ESO, BAHARELATO e FORMACIÓN PROFESIONAL no curso 2018 - 2019.

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

PAT ESO BACHARELATO FP 2018 - 2019

  1. 1. IES A SARDIÑEIRA CURSO 2018 - 2019 PLANIFICACIÓN DA ACCIÓN TITORIAL ESO BACHARELATO FORMACIÓN PROFESIONAL Departamento de Orientación
  2. 2. 1 PLANIFICACIÓN DAS SESIÓNS GRUPAIS DE TITORÍA_ 1º ESO MES Nº SES. ACTIVIDADE MATERIAIS SETEMBRO 2 ACOLLIDA, PRESENTACIÓN E ORGANIZACIÓN DO GRUPO:  Actividades de presentación.  Calendario, horarios, profesores.  Normas do centro.  Instalacións.  Enquisa inicial de titoría.  Carta presentación do titor a pais.  Elaboración de normas do grupo.  Elección de delegado/a. Fichas fotocopiadas OUTUBRO 4 COÑECEMOS A ESO:  Coñecemos as características da ETAPA de ESO. Coñecemos as normas de Avaliación, promoción e titulación en ESO.  Órganos de goberno do IES (Xunta de delegados, Consello Escolar).  Actividade de motivación "Empezando o curso". ORGANIZAMOS O ESTUDO:  Cuestionario para autoavaliar o estudo  O meu horario de estudo. O ambiente de estudo.  Planificamos unha sesión de estudo. Fichas fotocopiadas Fichas fotocopiadas NOVEMBRO 4 PRESENTACIÓN DO PROGRAMA ALUMNADO AXUDANTE (1 sesión). OBRADOIRO "A que tren te sobes?: prevención do consumo de tabaco e alcol". Obradoiro de 3 sesións. DTO. de Mediación Organismo alleo DECEMBRO 2 OBRADOIRO "Control da ira e resolución de conflitos 1" (Obradoiro de 2 sesións). PRE – AVALIACIÓN: Enquisa e debate para reflexionar e debatir sobre os resultados do trimestre. Adopto acordos e compromisos para mellorar. Organismo alleo Enquisa e guion para o debate XANEIRO 4 APRENDEMOS A ESTUDAR: Método de estudo eficaz (1 sesión) OBRADOIROS DA OMIC:  Redes sociais (1 sesión)  Seguridade en internet (1 sesión)  Comercio electrónico (1 sesión) Fichas fotocopiadas Organismo alleo FEBREIRO 4 APRENDEMOS A ESTUDAR:  Técnicas básicas: O subliñado (1 sesión).  Técnicas básicas: O esquema (1 sesión). OBRADOIRO “Prevención do acoso escolar” (Obradoiro de 2 sesións). Fichas fotocopiadas MARZO 4 OBRADOIRO "A rede e as súas redes: Prevención de riscos asociados ao uso de internet”. Obradoiro de 3 sesións. PRE – AVALIACIÓN: Enquisa e debate para reflexionar e debatir sobre os resultados do trimestre. Adopto acordos e compromisos para mellorar. Organismo alleo Enquisa e guion para o debate ABRIL 3 OBRADOIRO “Nin máis nin menos, socialización sobre diversidades existentes”. Obradoiro de 4 sesións (3 en abril e unha en maio) Organismo alleo MAIO 5 POAP (PROGRAMA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL): (4 sesións)  Coñecemos as profesións.  Repasamos como é o sistema educativo.  Coñecemos como é 2º curso de ESO. Fichas didácticas. Caderniño. Recursos de internet. XUÑO 2 AVALIAMOS O CURSO E A TITORÍA Enquisa de avaliación
  3. 3. 2 PLANIFICACIÓN DAS SESIÓNS GRUPAIS DE TITORÍA_2º ESO MES Nº SES. ACTIVIDADE MATERIAIS SETEMBRO 2 ACOLLIDA, PRESENTACIÓN E ORGANIZACIÓN DO GRUPO:  Actividades de presentación.  Calendario, horarios, profesores.  Normas do centro.  Enquisa inicial de titoría.  Carta presentación do titor a pais.  Elaboración das normas do grupo.  Elección de Delegado/a. Fichas fotocopiadas OUTUBRO 5 REPASAMOS A ORGANIZACIÓN DA ESO E DO INSTITUTO  Repaso dos criterios de promoción e do sistema de avaliación.  Órganos de goberno (Xunta de delegados, Consello Escolar). ORGANIZAMOS O ESTUDO NA CASA  Cuestionario para autoavaliar o estudo.  Elaboramos un horario de estudo.  Planificamos unha sesión de estudo. PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DE ALUMNADO AXUDANTE (1 sesión). Fichas fotocopiadas Fichas fotocopiadas. Recursos de internet. DTO. de Mediación NOVEMBRO 4 PRACTICAMOS AS TÉCNICAS DE ESTUDO (1 sesión).  As condicións do estudo.  Repasamos o método de estudo. OBRADOIRO "Sentidiño na rede: prevención de adicións dixitais". (Obradoiro de 3 sesións). Fichas fotocopiadas. Recursos de internet. Organismo alleo. DECEMBRO 3 PRACTICAMOS AS TÉCNICAS DE ESTUDO (1 sesión).  Técnicas para memorizar.  O repaso PRE – AVALIACIÓN: Enquisa e debate para reflexionar e debatir sobre os resultados do trimestre. Adopto acordos e compromisos para mellorar. Enquisa e guión para o debate. XANEIRO 3 OBRADOIRO de "Primeiros Auxilios" (Obradoiro de 1 sesión) OBRADOIRO “Prevención do acoso escolar”: (Obradoiro de 2 sesións) Organismo alleo Organismo alleo FEBREIRO 4 OBRADOIRO "Control da ira e resolución de conflitos 2" (Obradoiro de 2 sesións). Organismo alleo MARZO 3 OBRADOIRO "Fuga de cerebros, habilidades sociais frente a ás drogas" (Obradoiro de 3 sesións). Organismo alleto ABRIL 3 PRE – AVALIACIÓN: Enquisa e debate para reflexionar e debatir sobre os resultados do trimestre. Adopto acordos e compromisos para mellorar. OBRADOIRO "Libres de etiquetas, socialización diferenciada" (Obradoiro de 3 sesións). Enquisa e guión para o debate. Organismo alleo. MAIO 4 POAP (Programa de orientación académica e profesional):  Autocoñecemento: enquisas para coñecer as miñas aptitudes, as miñas habilidades e os meus intereses profesionais.  Información: Coñecemos o sistema educativo. Coñecemos o 3º curso de ESO.  Tomar decisións: enquisa para escoller as optativas de 3º. Enquisas. Recursos de internet. Caderniño. Sesións informativas, XUÑO 3 AVALIAMOS O CURSO E A TITORÍA Enquisa de avaliación.
  4. 4. 3 PLANIFICACIÓN DAS SESIÓNS GRUPAIS DE TITORÍA_3º ESO MES Nº SESIÓNS ACTIVIDADE MATERIAIS SETEMBRO 2 ACOLLIDA, PRESENTACIÓN E ORGANIZACIÓN DO GRUPO  Actividades de presentación.  Calendario, horarios, profesores.  Normas do centro.  Instalacións.  Enquisa inicial de titoría.  Carta presentación do titor a pais.  Elaboración das normas do grupo.  Elección de Delegado/a. Fichas fotocopiadas OUTUBRO 5 REPASAMOS A ORGANIZACIÓN DA ESO E DO INSTITUTO  Repaso dos criterios de promoción e do sistema de avaliación.  Órganos de goberno (Xunta de delegados, Consello Escolar). ORGANIZAMOS O ESTUDO NA CASA  Actividades de planificación do estudo. Fichas fotocopiadas NOVEMBRO 4 OBRADOIRO "Prevención, abordaxe e xestión de conflitos": (Obradoiro de 4 sesións). Organismo alleo. DECEMBRO 4 PRACTICAMOS AS TÉCNICAS DE ESTUDO:  Repaso do método de estudo  Preparación de exames PRE – AVALIACIÓN: Enquisa para reflexionar e debatir sobre os resultados do trimestre. Adopto acordos e compromisos para mellorar. Organismo alleo. Enquisa e guión para o debate. XANEIRO 3 OBRADOIRO "Regularte en parella, como evitar as relacións tóxicas" (Obradoiro de 2 sesións). PRACTICAMOS AS TÉCNICAS DE ESTUDO:  Aprender a relaxarse  Mellorar a concentración  A toma de apuntes Fichas fotocopiadas. Recursos de internet. FEBREIRO 4 OBRADOIRO “Saúde afectivo – emocional e sexual” (Obradoiro de 6 sesións). Organismo alleo. MARZO 3 ABRIL 3 OBRADOIRO “Todos contamos 1: prevención do consumo de drogas": (Obradoiro de 3 sesións). Organismo alleo. MAIO 4 POAP (Programa de orientación académica e profesional):  Autocoñecemento: enquisas para coñecer as miñas aptitudes, as miñas habilidades e os meus intereses profesionais.  Información: Coñecemos todas as opción académicas. Coñecemos o 4º curso de ESO.  Tomar decisións: enquisa para escoller o itinerario en 4º de ESO. Enquisas Recuros de internet Caderniño Sesións informativas XUÑO 3 AVALIAMOS O CURSO E A TITORÍA Enquisa de avaliación.
  5. 5. 4 PLANIFICACIÓN DAS SESIÓNS GRUPAIS COS ALUMNOS _4º ESO MES Nº SES. ACTIVIDADE MATERIAIS SETEMBRO 2 ACOLLIDA, PRESENTACIÓN E ORGANIZACIÓN DO GRUPO:  Actividades de presentación.  Calendario, horarios, profesores.  Normas do centro.  Instalacións.  Enquisa inicial de titoría.  Carta presentación do titor a pais.  Elaboración das normas do grupo.  Elección de Delegado/a. Fichas fotocopiadas OUTUBRO 5 REPASAMOS A ORGANIZACIÓN DA ESO E DO INSTITUTO  Repaso dos criterios de titulación e do sistema de avaliación.  Órganos de goberno (Xunta de delegados, Consello Escolar). ORGANIZAMOS O ESTUDO NA CASA: Actividades de planificación do estudo. Fichas fotocopiadas NOVEMBRO 4 OBRADOIRO "Todos contamos 2: surfeando as drogas": (Obradoiro de 3 sesións). Organismo alleo. DECEMBRO 3 PRE – AVALIACIÓN: Enquisa para reflexionar e debatir sobre os resultados do trimestre. Adopto acordos e compromisos para mellorar. Enquisa e guion para o debate. XANEIRO 3 MELLORAMOS AS TÉCNICAS DE ESTUDO: Repaso das condicións do estudo e das principais técnicas de estudo. OBRADOIRO "Primeiros auxilios" (Obradoiro de 1 sesión). Fichas fotocopiadas. Recursos de internet. Organismo alleo. FEBREIRO 4 OBRADOIRO "Somos dous, eu tamén conto, relacións de parella sás": (Obradoiro de 3 sesións). Organismo alleo. MARZO 3 OBRADOIRO "Prevención no uso de internet, redes sociais e xogos interactivos": (Obradoiro de 2 sesións) Organismo alleo. ABRIL 3 PRE – AVALIACIÓN: Enquisa para reflexionar e debatir sobre os resultados do trimestre. Adopto acordos e compromisos para mellorar. Presentación do CMIX: Charla impartida por técnicos do Centro de información xuvenil do Concello. (1 sesión). Enquisa e guion para o debate. Técnicos do CMIX. MAIO 4 POAP (Programa de orientación académica e profesional):  Autocoñecemento: Test de preferencias profesionais.  Información: Coñecemento de todas as opcións académicas. Prazos, preinscripción e matrícula.  Tomar decisións: Enquisa para escoller o itinerario. Tests. Sesións informativas. Recursos de internet. Caderniño. XUÑO 3 AVALIAMOS O CURSO E A TITORÍA Enquisa de avaliación.
  6. 6. 5 PLANIFICACIÓN DA ACCIÓN TITORIAL EN BACHARELATO 1º BACHARELATO 1º TRIMESTRE OBXECTIVOS ACTIVIDADES 1. Facilitar a acollida e integración do alumnado no grupo e no centro. 2. Inciar a creación dun clima positivo de comunicación e de convivencia dentro do grupo de alumnos e entre estes e o titor. 3. Dar a coñecer aos alumnos e aos pais as características distintivas da nova etapa educativa e da organización do centro. 4. Estimular a participación na vida do instituto: Xuntas de delegados, actividades extraescolares, etc., e fomentar a implicación dos alumnos no seu bo funcionamento. 5. Implicar aos pais no proceso educativo do seus fillos e favorecer a súa colaboración no centro. 6. Axudar aos alumnos a consolidar novos hábitos de traballo para adaptarse ós requerimentos das novas ensinanzas. 1. PRESENTACIÓN: - Presentación do titor. - Calendario escolar, calendario de avaliacións. - Horario e profesorado do grupo. - Coñecemento dos espacios do centro para os alumnos novos. - Enquisa inicial. 2. INFORMACIÓN SOBRE AS CARACTERÍSTICAS DA ETAPA: - Ordenación da etapa: finalidades do bacharelato, obxectivos, metodoloxía, recomendacións para o estudo, etc. - Avaliación e reclamacións: sistema de avaliación, notas, promoción, titulación, posibilidades de permanencia e cambio de modalidade, reclamacións, etc. 3. NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO: - Dereitos e Deberes dos alumnos. - Faltas de asistencia a clase. - Conductas contrarias ás normas de convivencia. 4. ELECCIÓN DO DELEGADO/A: - Determinar as responsabilidades do delegado e, se se considera conveniente, outras responsabilidades e normas dentro do grupo. - Elixir ó Delegado/a. 5. ESTUDO: Ofrecer ó alumnado documentación e orientacións sobre técnicas de estudo. 6. REUNIÓN COLECTIVA DE PAIS/NAIS. 7. ENTREVISTAS INDIVIDUAIS CON ALUMNOS/ PAIS. 8. PRE – AVALIACIÓN: Enquisa e/ou debate de revisión do trimestre. Preparación da xunta da 1ª avaliación. 9. POST- AVALIACIÓN: Informar aos alumnos sobre os acordos tomados na sesión da avaliación. Entrega de notas. 2º TRIMESTRE OBXECTIVOS ACTIVIDADES 1. Proporcionar orientación personalizada aos alumnos sobre as 1. POAP (PROGRAMA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL):
  7. 7. 6 súas dificultades de aprendizaxe e posibilidades de mellora no rendemento académico. 2. Axudar aos alumnos a previr situacións de abandono e desmotivación. 3. Axudar aos alumnos a profundizar no autocoñecemento dos seus intereses profesionais. *Actividades de Autocoñecemento: APLICACIÓN DO TEST DE PREFERENCIAS PROFESIONAIS de BACHARELATO de Yuste. (Orientadora). * Actividades de Información: XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL do centro. 2. ENTREVISTAS INDIVIDUAIS CON ALUMNOS/ PAIS. 3. PRE – AVALIACIÓN: Enquisa e/ou debate de revisión do trimestre. Preparación da xunta da 2ª avaliación. 4. POST- AVALIACIÓN: Informar aos alumnos sobre os acordos tomados na sesión da avaliación. Entrega de notas. 3º TRIMESTRE OBXECTIVOS ACTIVIDADES 1. Proporcionar información académica das opcións que se lle presentan ao rematar a etapa. 2. Proporcionar orientación aos alumnos sobre as optativas a escoller en 2º curso. 3. Informar individualmente aos alumnos con poucas posibilidades de superar o curso sobre os itinerarios posibles ao rematar o mesmo. 1. POAP (PROGRAMA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL): * Actividades de Información: SESIÓN DE INFORMACIÓN ACADÉMICA (Orientadora) - Os itinerarios de 2º de Bach. e o seu vínculo con estudos posteriores. - Entrega dun cadernillo de información académica. *Actividade de Toma de decisións: ENQUISA “ELECCIÓN DO ITINERARIO EN 2º CURSO DE BACHARELATO”. 2. ENTREVISTAS INDIVIDUAIS CON ALUMNOS/PAIS. 3. POST- AVALIACIÓN: Informar aos alumnos sobre os acordos tomados na sesión da avaliación. Entrega de notas.
  8. 8. 7 2º BACHARELATO 1º TRIMESTRE OBXECTIVOS ACTIVIDADES 1. Facilitar a integración do novo alumnado no grupo (se o hai). 2. Iniciar a creación dun clima positivo de comunicación e de convivencia dentro do grupo de alumnos e entre estes e o titor. 3. Fomentar a participación dos alumnos na vida do Instituto. 7. Dar a coñecer aos alumnos e aos pais as características distintivas do 2º curso. 4. Implicar aos pais no proceso educativo dos seus fillos e fomentar a súa colaboración. 1. PRESENTACIÓN: - Carta de presentación do titor e do departamento de orientación - Calendario escolar, calendario de avaliacións. - Horario e profesorado do grupo. - Enquisa inicial do titor. - Lembrar os aspectos de interese para os alumnos sobre as normas de organización e funcionamento do centro: dereitos e deberes dos alumnos, faltas de asistencia a clase, conductas contrarias ás normas de convivencia, etc. 2. ELECCIÓN DO DELEGADO/A: - Determinar as responsabilidades do delegado e, se se considera conveniente, outras responsabilidades e normas dentro do grupo. - Elixir ó delegado. 3. REUNIÓN COLECTIVA DE PAIS/NAIS. 4. ENTREVISTAS INDIVIDUAIS CON ALUMNOS/ PAIS. 5. PRE – AVALIACIÓN: Enquisa e/ou debate de revisión do trimestre. Preparación da xunta da 1ª avaliación. 6. POST- AVALIACIÓN: Informar aos alumnos sobre os acordos tomados na sesión da avaliación. Entrega de notas. 2º TRIMESTRE OBXECTIVOS ACTIVIDADES 1. Proporcionar orientación personalizada ós alumnos sobre as súas dificultades de aprendizaxe e as súas posibilidades académicas. 2. Axudar aos alumnos a previr situacións de abandono e desmotivación. 3. Proporcionar Información específica sobre os estudos superiores. 1. POAP (PROGRAMA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL): *Actividades de Información: XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. 2. ENTREVISTAS INDIVIDUAIS CON ALUMNOS/PAIS. 3. PRE – AVALIACIÓN: Enquisa e/ou debate de revisión do trimestre. Preparación da xunta da 2ª avaliación. 4. POST- AVALIACIÓN: Informar aos alumnos sobre os acordos tomados na sesión da avaliación. Entrega de notas. 3º TRIMESTRE OBXECTIVOS ACTIVIDADES 1. Continuar coas as actividades de información académica. 2. Proporcionar orientación específica aos alumnos sobre as opcións ó rematar o curso. 3. Informar aos pais dos alumnos con poucas posibilidades de superar o curso sobre os itinerarios posibles ao rematar o mesmo. 1. POAP (PROGRAMA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL): * Actividades de Información: SESIÓNS DE INFORMACIÓN ACADÉMICA (Orientadora): Normas específicas e desenvolvemento ABAU, normas de preinscripción e matrícula en estudos posteriores, bolsas de estudo e residencias. 2. ENTREVISTAS INDIVIDUAIS CON ALUMNOS/PAIS. 3. POST- AVALIACIÓN: Informar aos alumnos sobre os acordos tomados na sesión da avaliación. Entrega de notas.
  9. 9. 8 PLANIFICACIÓN DA ACCIÓN TITORIAL EN CICLOS DE FP SETEMBRO Antes do inicio do curso ● Convocar reunión do equipo docente para coordinar a elaboración da programación do ciclo, responsabilizarse dela e enviar unha copia á xefatura do departamento. ● Programar as actividades complementarias e extraescolares a realizar durante o curso. Primeiro día ● Recepción na aula: Entrega do horario no grupo, listado de profesores, información xeral (normas básicas de convivencia, dereitos e deberes, regulamentos, xustificación de faltas de asistencia, trámites,...). ● Informar da normativa en canto a perda de avaliación continua, anulacións, baixas e renuncias de matrícula, aspectos xerais da avaliación, matrícula de honra (Orde do 12 de xullo de 2011 e Resolución do 24 de xullo de 2018). ● Comprobación e corrección dos datos personais do alumnado e tomar aqueles que resulten necesarios para a avaliación inicial. ● Co alumnado de nova incorporación, efectuar unha visita guiada polas instalacións. Segunda semana Pasar o Cuestionario Inicial do alumnado. Terceira semana Convocar a reunión do equipo docente para facer a avaliación inicial do grupo:  O titor/a pode facer unha breve exposición do perfil do grupo, cos datos obtidos no Cuestionario Inicial.  Adaptar coas debidas xustificacións as programacións ás necesidades educativas do alumnado que forme o seu grupo.  Informarase nesta reunión de si existe alumnado con discapacidades ou necesidades educativas especiais (NEE).  No caso de alumnado con discapacidade informarase das orientacións descritas no informe que realizou o Departamento de Orientación para a súa escolarización.  No caso de determinarse, nesa reunión, algunha necesidade específica, o profesorado titor solicitará, previo acordo do equipo docente, e segundo os trámites legais establecidos, o apoio educativo e as flexibilizacións modulares necesarias para o seguimento formativo do alumnado con NEE. (Orde do 12 de xullo de 2011)  No caso de detectar no grupo alumnado de altas capacidades, programar para eles, xunto co equipo docente, actividades de ampliación adecuadas ás súas capacidades. En ningún caso estas actividades poden ser obrigatorias nin avaliables. OUTUBRO Primeira quincena  Presidir a elección de delegado/a do grupo e entrega da acta de elección na xefatura da área de formación. Posteriormente informará ao delegado/a e subdelegado/a das súas funcións e lle facilitará información sobre a xunta de delegados.  Atender ao novo alumnado que se incorpore procedente das listaxes de espera.  Facilitar ó alumnado documentación con orientacións sobre técnicas de estudo. Segunda quincena Convocar a reunión do equipo docente: Seguimento da programación e seguimento do grupo.  Facer o seguimento das programacións de cada módulo, con indicación
  10. 10. 9 do grao de cumprimento con respecto á programación, e -en caso de desviacións- reflexar a xustificación razoada.  Valorar o progreso do grupo e, no caso do alumnado que non responda globalmente aos obxectivos programados, adoptará xunto co equipo docente as oportunas medidas de reforzo educativo. NOVEMBRO Segunda quincena Convocar a reunión do equipo docente: Seguimento da programación e seguimento do grupo. DECEMBRO Segundo o calendario establecido.  Avaliación do trimestre co alumnado mediante a enquisa de pre- avaliación e/ou debate.  Presidir a reunión da 1ª avaliación e realizar as seguintes funcións:  Revisar que as cualificacións estean correctamente cubertas previamente á sesión de avaliación.  Levar ás sesións de avaliación o borrador da acta de avaliación coas cualificacións do alumnado.  Coordinar as informacións que o profesorado posúe do alumnado do grupo e dar información disponible sobre as características académicas ou personais -con incidencia educativa- de catos alumnos/as o compoñen.  Recoller en acta os acordos que adopte o equipo docente na sesión de avaliación.  Comprobar que está debidamente cumprimentada a acta de avaliación coas cualificacións e que está asinada por todo o profesorado do grupo correspondente.  Entregar á xefatura de estudos a acta de avaliación coas cualificacións.  Entregar á xefatura de estudos a acta de asistencia da sesión de avaliación á xefatura de estudos.  Asinar e entregar os boletíns coas cualificacións ao alumnado do grupo así como transmitirlle, de forma global ou particular segundo o caso, os acordos ou peticións do equipo docente do ciclo. XANEIRO Segunda quincena  Convocar a reunión do equipo docente: Seguimento da programación e seguimento do grupo.  Informar ó alumnado da súa participación nas XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL do centro. FEBREIRO Segunda quincena Convocar a reunión do equipo docente: Seguimento da programación e seguimento do grupo. MARZO Segundo o calendario establecido.  Avaliación do trimestre co alumnado mediante a enquisa de pre- avaliación e/ou debate.  Presidir a reunión da 2ª avaliación.  Informar ó alumnado da súa participación nas XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E PROFESIONAL do Concello. ABRIL Segunda quincena Convocar a reunión do equipo docente: Seguimento da programación e seguimento do grupo. MAIO Segunda quincena Convocar a reunión do equipo docente: Seguimento da programación e seguimento do grupo. XUÑO Presidir a reunión de avaliación final e realizar as seguintes funcións:
  11. 11. 10  Revisar que as cualificacións estean correctamente cubertas previamente á sesión de avaliación.  Levar ás sesións de avaliación o borrador da acta de avaliación coas cualificacións do alumnado.  Coordinar as informacións que o profesorado posúe do alumnado do grupo e dar información disponible sobre as características académicas ou personais -con incidencia educativa- de cantos alumnos/as o compoñen.  Recoller en acta os acordos que adopte o equipo docente na sesión de avaliación.  Comprobar que está debidamente cumprimentada a acta de avaliación coas cualificacións e que está asinada por todo o profesorado do grupo correspondente.  Entregar á xefatura de estudos a acta de avaliación coas cualificacións.  Entregar á xefatura de estudos a acta de asistencia da sesión de avaliación.  Entregar en secretaría os informes individualizados -de ser o caso- para adxuntar ao expediente e dar unha copia ao alumnado correspondente.  Asinar e entregar os boletíns coas cualificacións ao alumnado do grupo.  Orientar ao alumnado que o solicite sobre as reclamacións ás cualificacións finais (Orde do 12 de xullo de 2011).  Realizar a Memoria final do ciclo, que incluirá as Memorias finais de módulo correspondentes ao equipo docente da súa titoría, e entregar en prazo e forma á xefatura do departamento. (Orde do 12 de xullo de 2011) TAREFAS AO LONGO DO CURSO. 1. Control de faltas e comunicación aos pais ou titores legais segundo a lexislación vixente, no caso do alumnado menor de idade. 2. Trasladar a quen compete todas as baixas, renuncias, validacións, exencións e perda de avaliación continua que se produzan no seu grupo de alumnado. 3. Fomentar a participación do alumnado nas actividades do centro. 4. Encauzar as demandas e inquietudes do alumnado e mediar en colaboración co delegado/a e subdelegado/a do grupo ante o equipo docente e o equipo directivo nos problemas que se susciten. 5. Recoller e arquivar todas as xustificacións das faltas de asistencia que lle entreguen ao alumnado cos seus respectivos documentos. 6. Manter co alumnado do grupo as entrevistas que sexan precisas, por decisión propia ou a petición destes. 7. Trasmitir ao grupo as informacións e peticións que solicite a dirección do centro.

×