Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Xenebreiro

0 views

Published on

Juniperus communis e outros

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Xenebreiro

  1. 1. Xénero Juniperus Comprende entre 50 e 67 especies coñecidas como xenebreiros (os que teñen sempre follas xuvenís) ou sabinas (que só teñen follas xuvenís os primeiros anos). Poden ser árbores de 20 a 30 m de altura ou arbustos rastreiros, de folla perenne e xeralmente dioicos, que se atopan amplamente distribuidos por todo o hemisferio norte, desde o Ártico ata África e Asia tropicais e as montañas de Centroamérica.
  2. 2. As follas poden ser aciculares de ata 2,5 cm de longo, ou escamas de 3 ou 4 mm, opostas ou verticiladas. Os conos masculinos son pequenos, ovais e aparecen nas puntas das ponlas. Os femininos (gálbulos) son globosos ou ovoides, sempre carnosos (arcestidas) e moitas veces olorosos polo que se usan como aromatizante e como condimento.
  3. 3. CLASE pinopsida ORDE pinales FAMILIA cupresáceas Xenebreiro Juniperus communis
  4. 4. Pequena árbore ou arbusto que pode acadar máis de 10 m de altura. Hai tres subespecies: -Juniperus communis subsp. Communis Arbusto ou pequena árbore coa copa cónica estreita. É a subespecie máis espallada por Europa. Juniperus communis subsp. alpina (xenebreiro rastreiro) Arbusto de zonas alpinas e subalpinas que se atopa en áreas subárticas e, en altitude, en áreas temperadas. En Galiza aparece nos Ancares, Pena Trevinca... Juniperus communis subsp. hemisphaerica Arbusto de 3 ou 4 metros, aínda que tamén pode ter un porte deitado. Atópase nas montañas do Mediterráneo.
  5. 5. Xenebreiro cimbro Juniperus communis subsp. alpina enebro common juniper genévrier commun genebreiro, zimbro
  6. 6. Xenebreiros en Pena Trevinca
  7. 7. Xenebreiros no Maluro
  8. 8. Xenebreiros no Mostallar (Os Ancares)
  9. 9. TALO Toro curto ramificado desde a base coa tona de cor gris que se desprende en pequenas tiras. A copa é irregular.
  10. 10. FOLLAS Aciculares e agudas, de 1 a 1,15 cm de lonxitude, dispostas en verticilos alternos de tres.
  11. 11. FLORES Os conos masculinos son pequenos, ovais e aparecen nas axilas das follas. Os conos femininos son globosos, de cor verde azulada e aparecen en grupos de tres.
  12. 12. CONOS (GÁLBULOS) Son globosos, carnosos (arcestidas) e olorosos, de cor azul-negra coa pel cerosa.
  13. 13. Xenebreiro común Juniperus communis subsp. communis Arbusto ou pequena árbore de copa cónica. As follas son máis grandes (de 8 a 20 mm de lonxitude), formando un ángulo máis aberto e cos verticilos máis separados.
  14. 14. Xenebreiro común Juniperus communis Pobra de Sanabria.
  15. 15. Xenebreiro común (Juniperus communis) Serra do Gerês.
  16. 16. Xenebreiro chorón, xenebreiro do himalaia Juniperus recurva Nativo do Himalaia. Arbusto ou árbore que pode acadar os 20 m de altura, coa copa cónica ou redondeada e as ponlas novas colgantes.
  17. 17. Xenebreiro do Himalaia Juniperus recurva Xardín de Padrón -0,70 m de perímetro
  18. 18. Sabinas  Especies de Juniperus que  cando son adultos teñen as  follas en forma de escama.
  19. 19. USOS Os gálbulos empréganse para  aromatizar xenebra e outros licores,  para elaborar mollos e como  condimento. Uso medicinal: a infusión dos froitos  ou a decocción das ponlas emprégase  como diurético, antirreumático,  carminativo... Emprégase habitualmente como  especie ornamental.
  20. 20. MONTAXE: Adela Leiro  IMAXES: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet Agosto 2015

×