Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Parque Natural Monte Aloia

40 views

Published on

Un espazo de montaña que remata a serra do Galiñeiro polo sur.
Ten un grande interese paisaxístico, xeolóxico, botánico e histórico-etnográfico.
Concellos: Tui

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Parque Natural Monte Aloia

  1. 1. Parque NaturalParque Natural MONTE ALOIAMONTE ALOIA
  2. 2. Un espazo de montaña que remata a serra do Galiñeiro polo sur. Ten un grande interese paisaxístico, xeolóxico, botánico e histórico-etnográfico.
  3. 3. SITUACIÓN: No Sur da Serra do Galiñeiro, na comarca do Baixo Miño. SUPERFICIE: 746,29 ha CONCELLOS: Tui VALORES NATURAIS: paisaxe, especies forestais, flora e fauna autóctonas, patrimonio arqueolóxico e etnográfico.
  4. 4. PROTECCIÓN -Declarado Sitio Natural de Interese Nacional en 1935 -Parque Natural (1978). -Zona especial de conservación (ZEC) de 783 ha.
  5. 5. CLIMA Atlántico suave, con veráns secos.
  6. 6. XEOLOXÍA O relevo é accidentado, con fortes desniveis, con cotas que van dos 80 aos 629 m. As rochas máis comúns son os granitos nos que a erosión formou grandes penedos nos cumes.
  7. 7. Penedos na Cabaciña
  8. 8. Penedos na Cabaciña
  9. 9. Penedos na ruta do Rego de Pedra
  10. 10. MONTE ALOIA Cume que acada un máximo de 629 m de altitude no alto de San Xiao. Accedese desde Tui.
  11. 11. O Aloia desde a outra beira do Miño, con Tui no primeiro plano
  12. 12. Vista sobre o Val do Miño. Un dos valores máis importantes do Monte Aloia son as vistas sobre o territorio que o rodea: Val do Louro e Gándaras de Budiño, Val do Miño, Serra do Galiñeiro...
  13. 13. Vista sobre o Val do Miño.
  14. 14. Tui desde o monte Aloia
  15. 15. Vista sobre o Val do Miño (Tui e Valença).
  16. 16. Vista sobre o Val do Miño.
  17. 17. Vista sobre Porriño e os montes de Budiño.
  18. 18. Vista cara a Tomiño e Portugal
  19. 19. Alto de San Xiao
  20. 20. REDE FLUVIAL No Aloia nacen varios regatos afluentes dos ríos Louro (Deique, Rebordáns e San Simón) e do Tripes, Cotarel ou Seixal (As Tabernas e Udencias). Os ríos teñen percorridos curtos e con moito desnivel e sofren unha importante seca no verán. Hai algunhas pozas creadas por presas nalgúns cursos fluviais (Cabanas, Clavildo e Paredes).
  21. 21. Rego das Udencias
  22. 22. Pozas da Cabana. Unha das paraxes máis agradables do monte Aloia.
  23. 23. Pozas da Cabana
  24. 24. Rego das Tabernas
  25. 25. Poza no rego das Tabernas
  26. 26. Poza no rego das Tabernas
  27. 27. Fervenza no río Tripes en Frinxo
  28. 28. HÁBITATS MÁIS DESTACADOS -Rochedos graníticos -Pasteiros terofíticos -Regatos e ribeiras fluviais -Pozas e lugares temporalmente anegados -Mato -Carballeiras -Sobreirais -Piñeirais -Formacións arbóreas exóticas -Camiños e beirais
  29. 29. FLORA As áreas arboradas ocupan máis do 80% da superficie total do Parque. Quedan algúns restos de caducifolio autóctono nas carballeiras da Ermida e Rego da Pedra, aparecendo tamén mesturados en repoboacións de piñeiros con acivros, castiñeiros, abruñeiros, estripos, érbedos e pereiras bravas. A sobreira tamén está ben representada no Parque.
  30. 30. En 1910 comezou a repoboación do monte con piñeiros (do país, rubio e radiata) e plantáronse grupos de árbores exóticas (acacias, cedros, cipreses, pinsapos, eucalitos...). Hai exemplares de bo porte de acacia negra, alcipreste de Lawson, abeto de Douglas, cedro xaponés, eucaliptos, faia...
  31. 31. Sobreira (Quercus suber)
  32. 32. Pradairo (Acer pseudoplatanus) -2,97 m de perímetro
  33. 33. Eucalipto (Eucalyptus pulchella)
  34. 34. Eucalipto vermello (Eucaliptus camaldulensis) -4,20 m de perímetro
  35. 35. Abeto branco (Abies alba) -3,79 m de perímetro
  36. 36. Acacias (Acacia melanoxylon)
  37. 37. Acacia (Acacia melanoxylon) -3,30 m de perímetro Acacia (Acacia melanoxylon) -3,80 m de perímetro
  38. 38. Piñeiro de Monterrei (Pinus radiata) -27 m de altura e 3,80 m de perímetro.
  39. 39. Piñeiro de Oregón (Pseudotsuga menziesii) -4,30 m de perímetro.
  40. 40. Faia (Fagus sylvatica) -3,16 m de perímetro
  41. 41. Piñeiros rubios e de repoboación
  42. 42. Criptomerias, cedros do Xapón (Criptomeria japonica)
  43. 43. Breixo (Erica cinerea) O mato está dominado por toxo, breixo, xesta, queiruga e carpaza. Toxo (Ulex europeus)
  44. 44. Tomelo rastreiro (Thymus caespititius) Un endemismo do noroeste peninsular e das Illas dos Azores.
  45. 45. Xensá (Gentiana pneumonanthe). Estalotes (Digitalis purpurea).
  46. 46. Nas ribeiras fluviais mellor conservadas, os carballos mestúranse con salgueiros, ameneiros, e sanguiños aos que acompañan numerosas plantas vasculares, pteridófitos e briófitos.
  47. 47. Violetas, fentos e brións Violeta (Viola palustris)
  48. 48. Fentos no río Tripes
  49. 49. Callitriche stagnalis Baldellia alpestris O inventario botánico do Monte Aloia inclúe polo menos 500 taxons vexetais. ESPECIES DE INTERESE: Endemismos galaico-portugueses ou ibérico- occidentais: -Coincya monensis subespecie puberula -Carduus asturicus -Carex acuta subespecie reuteriana -Toxo portugués (Ulex micranthus) -Toxo gateño (Ulex galli susp. breoganii) Endemismos do parque natural: -Centaurea aloiana -Halimium lasianthum subespecie Alyssoides Flora acuática: -Callitriche stagnalis -Montia fontana subespecie amporitana -Ranunculus tomiophyllus -Scirpus fluitans. -Baldellia alpestris -Myosotis secunda. -Dianthus laricifolius subespecie caespitosifolius (propio da conca do Miño-Sil e en perigo de extinción en Galiza).
  50. 50. FAUNA A fauna é a típica de monte, do mato e dos cursos fluviais. Nalgunhas áreas do parque e nos montes próximos viven vacas e cabalos en semiliberdade.
  51. 51. Esquío (Sciurus vulgaris) MAMÍFEROS: Raposo, coello, ourizo cacho, esquío, xabarín, xeneta, morcego grande de ferradura, morcego pequeno de ferradura, morcego anano.
  52. 52. Cabalo galego
  53. 53. Miñato (Buteo buteo) AVES: Perdiz, miñato común, miñato abelleiro, lagarteiro, azor, unha grande variedade de paxaros nidificantes (ferreiriño cristado, petos, gaio...), tordo, ubalo, merlo azul, cruzabico...
  54. 54. Lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus)
  55. 55. Ferreiro abelleiro (Parus major)
  56. 56. Lagarta galega (Podarcis bocagei) RÉPTILES: Lagarto das silveiras, lagarta galega, lagarta dos penedos, víbora de Seoane ...
  57. 57. ANFIBIOS: Están citadas 11 das 14 especies coñecidas en Galiza: píntega, tritón ibérico, tritón xaspeado, píntega rabilonga, ra patilonga... Ra verde (Rana perezi)
  58. 58. PEIXES Destaca a presenza do peixe (Chondrostoma arcasii), un endemismo ibérico.
  59. 59. Libeliña (Pyrrhosoma ninphula) Vacaloura menor (Dorcus parallelipipedus) INVERTEBRADOS Escaravellos, saltóns, gaiteiros, libeliñas, patinadores, bolboretas (máis de 50 especies, efémeras...
  60. 60. Bolboreta (Cynthia cardui)
  61. 61. ACTIVIDADES -Lecer, agrogandaría, actividades forestais... Dispón dunha extensa rede de camiños, 6 miradoiros e multitude de áreas de lecer. Conta cun Centro de Recepción de Visitantes, onde proporcionan información sobre a área, e itinerarios marcados para poder visitar os puntos máis interesantes. Unha das rutas no monte Aloia
  62. 62. HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL -O monte Aloia estivo ocupado deste tempos moi antigos. Na zona atopáronse restos arqueolóxicos como machados, muíños de man, cerámica, mámoas, petróglifos... O monte foi refuxio, para a poboación de Tui, contra o ataque de diferentes pobos. Conserva unha citanía, restos dun poboado prehistórico (castro do alto dos Cubos), e unha muralla ciclópea. Castro do alto dos Cubos
  63. 63. Muralla ciclópea de 2.250 m de lonxitude que rodea a meseta superior do pico San Xiao.
  64. 64. O Monte Aloia foi o primeiro Parque Natural de Galiza. Os terreos pertencen á entidade local menor de Pazos de Reis e á Comunidade Veciñal de Montes en man común de Rebordáns.
  65. 65. LENDAS A CAMA DE SAN XIAO. Asegúrase que nesta pedra repousou o corpo sen vida deste santo. Neste lugar non medra a herba. Para aliviar as migrañas e as dores nas cervicais hai que deitarse sobre a pedra apoiando a cabeza. Tamén ten a virtude de aliviar a infertilidade. As égoas do monte Aloia son fecundadas polo vento... Fálase da existencia dunha pedra da auga e dunha pedra do sol nas que realizar peticións mitolóxicas ou rituais para favorecer as colleitas. Se precisaban que o tempo fose seco, levaban o santo ata a rocha do sol e se, polo contrario, querían que chovese, levaban o santo ata a rocha da auga. Cama de San Xiao
  66. 66. Acacia negra (Acacia melanoxylon), unha especie invasora orixinaria de Australia PROBLEMAS -Incendios forestais. -Especies invasoras
  67. 67. Senda botánica PUNTOS DE INTERESE -Miradoiros -Ermida de San Xiao -Muralla ciclópea -Restos do poboado protohistórico, no Alto dos Cubos. -Casa Forestal do Monte Aloia, actual sede do Centro de Interpretación, data de 1921. O enxeñeiro de montes tudense Rafael Areses Vidal foi o responsable do seu curioso deseño. -Pozas das Cabanas -Muíños do río Tripes e de Paredes
  68. 68. Ermida de San Xiao, reconstruída no 1713 sobre un templo románico. En xaneiro celébrase a romaría de San Xiao, obxecto de devoción na comarca polas súas virtudes miragreiras que favorecen as colleitas e curan enfermidades.
  69. 69. O “Rego de Pedra”. Condución de auga realizada polos veciños ata o lugar de Frinxo.
  70. 70. Conxunto de muíños no río Tripes, nas abas do Monte Aloia, perto de Frinxo.
  71. 71. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta actualizado en setembro de 2017

×