Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Lourizán, Xardín Botánico

113 views

Published on

O Pazo e finca de Lourizán están situados no lugar de Herbalonga da parroquia de Lourizán (Pontevedra), mirando cara á ría.
A finca conta con 52 hectáreas de xardín, leira e arboredo no que se aprecian os distintos usos que tivo ao longo do tempo: granxa, xardín señorial e centro de investigacións forestais.
O XARDÍN BOTÁNICO DE LOURIZÁN foi creado no ano 1949 baixo a denominación de Arboreto cun obxectivo de investigación e experimentación e, ao mesmo tempo, cunha finalidade didáctica e recreativa. Complétase co antigo Xardín do Pazo onde se conservan numerosas especies ornamentais, plantadas na súa maior parte, na época de Montero Ríos.

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Lourizán, Xardín Botánico

  1. 1. LOURIZÁN Xardín Botánico
  2. 2. O Pazo e finca de Lourizán están situados no lugar de Herbalonga da parroquia de Lourizán (Pontevedra), mirando cara á ría.
  3. 3. A finca conta con 52 hectáreas de xardín, leira e arboredo no que se aprecian os distintos usos que tivo ao longo do tempo: granxa, xardín señorial e centro de investigacións forestais. O edificio do pazo é de estilo romántico con influencia modernista e foi obra de Genaro de la Fuente Domínguez. Foi construído por Montero Ríos, xunto co invernadoiro e os xardíns entre finais do século XIX e comezos do XX. Complétase cun invernadoiro de vidro con estrutura de ferro, unha grande mesa de granito dunha peza, un pombal, un hórreo cunha eira, un lavadoiro, varias fontes (A Cuncha, Os Tres Canos, O Patio e A Gruta dos Espellos) covas e fervenzas artificiais e varias estatuas e outros elementos decorativos.
  4. 4. Eira e hórreo
  5. 5. Invernadoiro
  6. 6. Unha das fervenzas artificiais
  7. 7. Gruta e fervenza de Echegaray
  8. 8. Fonte dos Tres Canos e lavadoiro
  9. 9. Estanque
  10. 10. Gruta dos Espellos
  11. 11. Gruta dos espellos
  12. 12. Gruta dos Espellos
  13. 13. Gruta dos Espellos e xardín de camelias
  14. 14. Parque das Rías
  15. 15. HISTORIA A finca de Lourizán foi habilitada como granxa (“Granxa da Serra”) no século XV e desta época conserva o pombal, o hórreo e a eira. No século XIX pertenceu a Buenaventura Marcó del Pont e máis tarde convertiuse en casa residencial e lugar de veraneo do político galego Montero Ríos.
  16. 16. A Deputación de Pontevedra adquire o inmoble en 1941 mercándollo á Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra e á marquesa viúva de Alhucema. En 1943 a Deputación firma un convenio co Ministerio de Educación cedendo as instalacións para Centro Rexional de Ensinanzas, Investigacións e Experiencias Forestais. En 1946 convértese en Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Montes. Actualmente está integrado na estrutura do Centro de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente.
  17. 17. O Centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lourizán ten por obxectivos principais a protección, conservación e mellora do patrimonio forestal de Galiza. -DEPARTAMENTO DE SILVICULTURA E MELLORA -DEPARTAMENTO DE PROTECCIÓN FORESTAL (incendios, cambio climático, pragas...) -DEPARTAMENTO DE ECOSISTEMAS
  18. 18. CENTRO DE FORMACIÓN EXPERIMENTACIÓN AGROFORESTAL DE LOURIZÁN -Ciclo superior de formación profesional: Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos -Ciclo medio de formación profesional: Traballos Forestais e de Conservación do Medio Natural. Ademais de cursos, congresos, conferencias, publicacións...
  19. 19. O XARDÍN BOTÁNICO DE LOURIZÁN foi creado no  ano 1949 baixo a denominación de Arboreto cun obxectivo de  investigación e experimentación e, ao mesmo tempo, cunha  finalidade didáctica e recreativa. Complétase co antigo Xardín  do Pazo onde se conservan numerosas especies ornamentais,  plantadas na súa maior parte, na época de Montero Ríos. 
  20. 20. Conta con diferentes áreas especializadas:  COLECCIÓN DE CASTIÑEIROS (CASTANETUM) (1) Hai rodais do castiñeiro xaponés (Castanea crenata) e castiñeiro chinés (Castanea mollissima), bancos clonais de híbridos entre especies, fundamentalmente C. crenata × C. sativa, e unha colección de variedades tradicionais galegas (Castanea sativa) enxertadas.  COLECCIÓN DE EUCALIPTOS (EUCALYPTETUM) (2) 56 especies coa finalidade de  coñecer como se desenvolven no territorio. Foron plantados  a partir de 1949. COLECCIÓN DE CONÍFERAS (CONIFERETUM) (3) O obxectivo desta colección é coñecer as posibilidades de introdución dos distintos  xéneros e especies en áreas forestais do clima atlántico. As distintas especies deste gran  grupo proceden das súas principais áreas de biodiversidade: América do Norte, Caribe,  Asia e Europa. Hai 118 taxóns (61 do xénero pinus). FLORA DE TAIWAN (4) Por intercambio con xardíns botánicos de Taiwan, obtivéronse sementes de varias especies  que son raras en Galiza e incluso en Europa. PARQUE DAS AUTONOMÍAS (5) Inaugurado con motivo do 1º Congreso Forestal Español-Lourizán 1993. Conta con plantas  procedentes das distintas comunidades autónomas españolas. Destaca a Tetraclinis auriculata, que na Península Ibérica medra só nas provincias de Murcia e Almeria; os  exemplares existentes seguramente corresponden ós máis altos da Península.
  21. 21. http://www.lourizan.com/ 4 3 2 1 5
  22. 22. BIODIVERSIDADE BOTÁNICA A finca de Lourizán acolle máis  de 700 especies forestais e  ornamentais, cun bo número  de espécimes sobresaíntes,  varias delas incluídas no  Catálogo Galego de Árbores  Senlleiras.
  23. 23. Buganvilla (Bougainvillea spectabilis) -95 cm de perímetro
  24. 24. Glicinia (Wisteria sinensis)
  25. 25. Ave do paraíso branca (Strelitzia augusta) 
  26. 26. Fento  (Cyathea cooperi)
  27. 27. Árbores senlleiras Ulmeiro (Ulmus x hollandica)  Actualmente desaparecida.
  28. 28. Abeleira, abraira, avelaneira  (Corylus avellana) Un dos exemplares máis vellos de Galiza,  con máis de 200 anos.  -2,40 m de perímetro Incluída no Catálogo de árbores senlleiras  da Xunta de Galiza.
  29. 29. Abeleira púrpura  (Corylus maxima ”Purpurea”)
  30. 30. Arce americano (Acer negundo) -3,09 m de perímetro.
  31. 31. Arce xaponés (Acer palmatum)
  32. 32. Buxo (Buxus sempervirens) Con máis de 200 anos.
  33. 33. Castiñeiros chineses e  xaponeses Castanea crenata Castanea mollisima -17 a 22 m de altura. Incluídos no Catálogo de  árbores senlleiras da Xunta  de Galiza.
  34. 34. Castiñeiros chineses  Castanea mollissima
  35. 35. Castiñeiros xaponeses Castanea crenata
  36. 36. Carballo (Quercus robur) 3,57 m de perímetro.
  37. 37. Carballo (Quercus robur) 3,17 m de perímetro. Carballo (Quercus robur) 3,16 m de perímetro.
  38. 38. Carballo americano (Quercus rubra) -2,79 m de  perímetro. 3,12 m de  perímetro.
  39. 39. Casuarina (Casuarina cunninghamiana) -2,67 m de perímetro
  40. 40. Magnolia (Magnolia grandiflora)  -3,97 m de perímetro.
  41. 41. Magnolia (Magnolia grandiflora)  -3,42 m de perímetro.
  42. 42. Magnolia (Magnolia grandiflora)
  43. 43. Camelia (Camellia japonica)
  44. 44. Flores de Camellia japonica variedade Cidade de Vigo variedade Alba Plena variedade Lady Hume
  45. 45. Camelias
  46. 46. Plátano de sombra (Platanus hispanica)
  47. 47. Plátano de sombra (Platanus hispanica) -4,44 m de perímetro
  48. 48. Sófora do Xapón Sophora japonica -1,87 m de perímetro. Incluída no Catálogo de árbores senlleiras da Xunta de Galiza.
  49. 49. Brazalete, árbore de tona de papel (Melaleuca armillaris)
  50. 50. Paulownia imperial (Paulownia tomentosa)
  51. 51. Kauri (Agathis australis) Conífera nativa de Nova Zelandia escasamente cultivada fora da súa área de orixe
  52. 52. Alcipreste de Lawson (Chamaecyparis lawsoniana) -3,04 m de perímetro
  53. 53. Falso alcipreste hinoki (Chamaecyparis obtusa)
  54. 54. Rimu (Dacrydium cupresinum) Especie de interese forestal e ornamental nativa de Nova Zelandia escasamente cultivada fora da súa área de orixe.
  55. 55. Alerce (Larix decidua) -1,73 m de perímetro
  56. 56. Araucaria excelsa (Araucaria heterophylla) -33 m de altura, 3,62 m de perímetro. Tens uns 120 anos.
  57. 57. Araucaria do Brasil, piñeiro do Paraná (Araucaria angustifolia) -33 m de altura, 3,62 m de perímetro. Plantada en 1889
  58. 58. Cedro do Líbano (Cedrus libani) -32,3 m de altura; 5,45 m de perímetro. Ten uns 150 anos. Incluído no Catálogo de árbores senlleiras da Xunta de Galiza.
  59. 59. Criptomeria Cedro do Xapón (Cryptomeria japonica) -3,12 m de perímetro. Dous exemplares plantados en 1887 Incluída no Catálogo de árbores senlleiras da Xunta de Galiza.
  60. 60. Metasecuoia Metasequoia glyptrostroboides -33,2 m de altura; 2,74 m de perímetro. Incluída no Catálogo de árbores senlleiras da Xunta de Galiza.
  61. 61. Piñeiro patula, piñeiro amarelo mexicano (Pinus patula)
  62. 62. Piñeiro canario (Pinus canariensis)
  63. 63. Sabina de Cartaxena (Tetraclinis articulata) Cupresácea que en Europa continental so aparece nos arredores de Cartaxena (Murcia).
  64. 64. Secuoia vermella Sequoia sempervirens -3,75 m de perímetro. Incluída no Catálogo de árbores senlleiras da Xunta de Galiza.
  65. 65. Totara (Podocarpus totara) Especie de interese forestal nativa de Nova Zelandia.
  66. 66. Tsuga de montaña (Tsuga mertensiana)
  67. 67. EUCALIPTOS
  68. 68. Eucalipto menta negra (Eucalyptus amygdalina) -3,20 m de perímetro.
  69. 69. Eucalipto (Eucalyptus calophylla) -3,15 m de perímetro.
  70. 70. Eucalipto Menta piperita de follas anchas (Eucalyptus dives) -3,0,3 m de perímetro
  71. 71. Eucalipto fastixiata (Eucalyptus fastigata) -3,15 m de perímetro.
  72. 72. Eucalipto de flores vermellas Eucalyptus ficifolia Corymbia ficifolia -3,05 m de perímetro.
  73. 73. Eucalipto azul (Eucalyptus globulus) -5,15 m de perímetro.
  74. 74. Eucalipto azul (Eucalyptus globulus) -60 m de altura e 4,57 m de perímetro.
  75. 75. Eucalipto rosado (Eucalyptus grandis)
  76. 76. Eucalipto (Eucalyptus longifolia) -3,48 m de perímetro.
  77. 77. Eucalipto (Eucalyptus microcorys)
  78. 78. Eucalipto (Eucalyptus obliqua) -3,48 m de perímetro.
  79. 79. Eucalipto de neve (Eucalyptus pauciflora)
  80. 80. Eucalipto (Eucalyptus risdonii)
  81. 81. Eucalipto robusto (Eucalyptus robusta)
  82. 82. Eucalipto (Eucalyptus sieberi) -3,15, m de perímetro.
  83. 83. Eucaliptos (Eucalyptus sieberi) -o máis grande mide 3,15, m de perímetro.
  84. 84. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta xuño de 2015

×