Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Cocodrilos p

15 views

Published on

O morcego Roque amósanos os crocodilos do mundo

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Cocodrilos p

  1. 1. crocodilianos MonDaporta COUSIÑAS FEITAS NA CASA AS LIDEIRAS DE ROQUE
  2. 2. -Un caimán… -Un crocodilo! -Un caimán… -Un crocodilo. Escoitou Roque, ao pasar, porfiar a dous amigos.
  3. 3. E el que, ata o de aquela, pensaba que eran iguais, para sacarse de dúbidas púxose a investigar.
  4. 4. E nas consultas e pesquisas. Logo de ver aquí e acolá. Despois de dar varias voltas… mirade o que foi atopar.
  5. 5. Son un orden de grandes saurópsidos (reptiles) arcosaurios que ocupan hábitats de auga doce (ríos, lagos, humedais…) e, en ocasións, de auga salobre (marismas e esteiros) ou salgada, das áreas tropicais e subtropicais do mundo. crocodilios (Crocodilia).
  6. 6. Son os réptiles máis grandes da actualidade (os machos sempre son de maior tamaño e peso que as femias). Teñen a pel escamenta, dura e seca. Poden vivir de 50 a 80 anos.
  7. 7. Aliméntanse de vertebrados, sobre todo, peixes e mamíferos, pero tamén de réptiles, anfibios, e invertebrados (moluscos e crustáceos). A pesar de seren grandes devoradores, un crocodilo duns 2 m pode vivir cunha cantidade de carne equivalente a dun polo á semana.
  8. 8. Os crocodilos son ovíparos. As femias cavan un furado, no que poñen os ovos, que logo tapan con herba e follas. Os ovos son incubados pola temperatura do ambiente que tamén determina o sexo das crías. As femias de moitas especies vixían e coidan o niño durante o tempo que dura a incubación (uns dous meses) e algunhas transportan ás crías ata a auga ao naceren
  9. 9. O orde inclúe os crocodilos (familia Crocodylidae), os aligátores e os caimáns (familia Alligatoridae), e os gaviais (familia Gavialidae); que se diferencian a simple vista pola forma da cabeza, do fuciño e os dentes que se descubren na vista lateral da cabeza. Crocodilo: cabeza triangular co fuciño estreito e agudo, polo lado vense dentes superiores e inferiores. Caimán: cabeza triangular co fuciño ancho e redondeado, polo lado non se ven dentes inferiores. Gavial: cabeza triangular co fuciño longo e estreito, polo lado vense dentes superiores e inferiores.
  10. 10. E xa metido na allada sigueu a investigar… cantos eran e de onde?
  11. 11. E logo foinos buscar.
  12. 12. Os crocodilos do mundo Nas súas idas e voltas. Nos traballos que pasou. Con todas as viaxes que fixo… isto foi o que xuntou!
  13. 13. crocodilo anano (Osteolaemus tetraspis). É o máis pequeno dos crocodilos. Mide entre 1 e 2 m. Vive nos ríos e pantanos dos países das ribeiras do Golfo de Guiné, no occidente de África. É un animal solitario que se alimenta de pequenos animais cunha dieta que inclúe mamíferos, anfibios e outros bechos acuáticos pequenos. Cázanse como alimento e para aproveitárllela pel.
  14. 14. crocodrilo americano, crocodrilo narigudo, crocodrilo agulla ou caimán da costa (Crocodylus acutus). Vive nas ribeiras dos países do Golfo de México e ao longo da costa do Pacífico, desde México ata o Perú. Pode medir ata 5 m e pesar máis de 500 kg. Nalgúns países atópase en perigo de extinción por exceso de caza para aproveitárllela pel
  15. 15. crocodrilo de fuciño estreito africano (Crocodylus cataphractus). Atópase, en zonas de vexetación densa, nos ríos, ata nas desembocaduras, das proximidades do Golfo de Guiné, no oeste de África. Pode medir ata 4 m. Aliméntase principalmente de peixes, anfibios e pequenos réptiles.
  16. 16. crocodrilo ou caimán do Orinoco (Crocodylus intermedius). É endémico da cunca do río Orinoco, en Venezuela. Atópase maiormente nos ríos grandes e de augas turbas.
  17. 17. crocodrilo de Johnston (Crocodylus johnstoni) pode medir de 2 a 3 m de lonxitude. Vive en ríos e humidais do norte de Australia. Aliméntase de peixes, anfibios, paxaros e pequenos réptiles.
  18. 18. crocodilo filipino ou crocodilo de Mindoro (Crocodylus mindorensis). Endémico das Filipinas. Atópase en perigo de extinción. Pode medir ata 2,5 m. Só se atopa en ríos e pantanos de Mindanao e algunhas illas próximas. Crese que so hai entre 500 e 1.000 en estado silvestre.
  19. 19. Crocodilo de Morelet ou Crocodilo mexicano (Crocodylus moreletii). Atópase en hábitats de auga doce de zonas illadas de América Central e da costa do Golfo de México. Pode medir ata 3 m de lonxitude
  20. 20. crocodrilo do Nilo (Crocodylus niloticus) Vive en lagos e ríos de auga doce de toda África ao sur do Saharae na illa de Madagascar. Pode acadar os 6 m de longo e pesar máis de 700 kg.
  21. 21. crocodrilo de Nova Guiné (Crocodylus novaeguineae). Endémico da illa de Nova Guiné. De hábitos nocturnos, vive nos humidais e nos lagos do interior da illa. Chega a medir ata 3,5 m.
  22. 22. crocodrilo das marismas, cocodrilo iraní, hindú ou persa (Crocodylus palustris). Atópase case sempre en zonas de auga doce, lagos, ríos, e marismas de toda a India e en áreas próximas dos países veciños. Pode medir máis de 3 m e pesar ata 400 kg.
  23. 23. crocodrilo mariño, crocodrilo de esteiro, crocodrilo poroso ou de mar (Crocodylus porosus). É o crocodilo máis grande. Atópase en ríos, lagos, pantanos e esteiros próximos á costa. do surleste de Asia e o norte de Australia. Pode medir de 6 a 7 m de lonxitude e pesar entre 900 e 1.500 kg. É bo nadador e métese habitualmente no mar para alimentarse ou migrar a outros lugares
  24. 24. crocodrilo cubano (Crocodylus rhombifer). Só se atopa no surleste de Cuba. Pode medir ata 3,5 m de lonxitude. É a especie co hábitat máis reducido e ten hábitos bastante terrestres.
  25. 25. crocodrilo siamés (Crocodylus siamensis). Atópase en ríos do surleste de Asia continental e das illas de Borneo e Java. É unha especie moi ameazada polo exceso de caza, calcúlase que só hai uns 5.000 en libertade. Non mide máis de 3 m de lonxitude.
  26. 26. crocodrilo africano occidental ou crocodrilo do deserto (Crocodylus suchus). Atópase na maioría dos países do centro e do oeste de África.
  27. 27. aligátor chinés o aligátor do Iangtsé (Alligator sinensis).Vive nuns poucos ríos do leste de China. Mide ata uns 2 m de longo. Só quedan uns 300 en estado silvestre, polo que se considera en grave perigo de extinción.
  28. 28. aligátor americano ou caimán do Mississippi (Alligator mississippiensis). Vive nos ríos, pantanos e marismas do sur dos Estados Unidos. Mide ata 5 m de lonxitude e pode pesar máis de 400 kg.
  29. 29. caimán de Cuvier, caimán anano ou iacaré anano (Paleosuchus palpebrosus). Atópase en ríos coas beiras cubertas de vexetación das áreas tropicais e subtropicais de América do Sur. E o crocodilo máis pequeño. Os machos apenas pasan de 1,5 m de lonxitude.
  30. 30. caimán postruso, cachirre ou dirin-dirin (Paleosuchus trigonatus). É un dos crocodrilos máis pequenos, non pasa dos 2 m. Vive na cunca do Amazonas. Aliméntase de réptiles, aves e pequenos mamíferos.
  31. 31. iacaré negro, llacaré, ou caimán de Paraguai (Caiman yacare). Vive nas zonas tropicais e subropicais de Sudamérica, Uruguai, Paraguai, Bolivia, Brasil e Arxentina. Pode medir ata 3 m de lonxitude. Aliméntase de animais acuáticos.
  32. 32. caimán de anteollos, cachirre, babilla, blanco, guagipal ou baba (Caiman crocodilus). Vive en ríos, pantanos e zonas húmidas do sur de México, Centroamérica e o noroeste de América do Sur. Os máis grandes acadan os 2,5 m de lonxitude. Recoñécense varias subespecies.
  33. 33. iacaré overo (Caiman latirostris). Vive en zonas de vexetación densa das áreas pantanosas e lacustres, de clima tropical, das cuncas dos ríos Amazonas, Paraguai e Paraná. Pode medir ata 3 m de longo e pesar máis de 90 kg.
  34. 34. caimán negro ou caimán negro do Orinoco (Melanosuchus niger). É nativo da rexión amazónica. É de cor escura case negra. Poden medir ata 6 m, polo que pode devorar animais grandes que vivan preto da auga.
  35. 35. gavial (Gavialis gangeticus). Habita en zonas pantanosas do norte da India. Pode medir ata 6 m de longo. Atópase en perigo crítico de extinción, quedan menos de 200; desaparece pola falta de peixes como consecuencia da pesca excesiva.
  36. 36. gavial malaio, falso gavial ou falso gavial malaio (Tomistoma schlegelii). Vive en pantanos de auga doce e ríos de Malasia e Indonesia Occidental. Mide ata 4 m. Atópase gravemente ameazado por perda do hábitat, pola caza para aproveitárllela pel e a carne, e pola colleita dos ovos.
  37. 37. As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta, 2017 E como non hai máis, que se saiba, nin sitios nos que buscar, deu por rematada a leria e marchou a descansar.

×