Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Artropodos

61 views

Published on

Descrición, clasificacións, exemplos...

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Artropodos

  1. 1. artrópodosartrópodos
  2. 2. Invertebrados co corpo segmentado e protexido por un exoesqueleto formado por placas separadas e articuladas desde o interior e cun número variable de patas. Reprodúcense por ovos, con fecundación interna e medran por medio de mudas.
  3. 3. ARTRÓPODOS QUELICERADOS PICNOGÓNIDOS CRUSTÁCEOS HEXÁPODOSMIRIÁPODOS
  4. 4. Artrópodos co corpo dividido en dúas partes (prosoma, sen cabeza individualizada) e opistoma, sen antenas e cun par de apéndices con función prensil (quelíceros) e catro pares de patas. Desénvólvense sen metamorfose. Coñécense (50.000 especies) QUELICERADOS
  5. 5. boca fígado glándulas da seda aparato circulatorio sistema nervosoquelícero pulmón ovario ollos aparato dixestivo tráqueas
  6. 6. QUELICERADOS MEROSTOMOS corpo amplo, rematado nunha espiña caudal, ollos compostos, un par de quelíceros e cinco pares de patas locomotoras. ARACNIDOS corpo dividido claramente en dúas partes, un par de quelíceros, un par de pedipalpos e catro pares de patas locomotoras cangrexo tixola
  7. 7. As arañas producen seda cunhas glándulas especiais do abdome. Emprégana para cazar, desprazarse. protexer ás crías...
  8. 8. arañeiras
  9. 9. Arañas cangrexo, arañas das flores. Non constrúen teas e aproveitan a súa cor mimética para capturar as presas. Mixumena vatia Thomisus onustus
  10. 10. Epeira, araña de xardín (Araneus diadematus). Frecuente nos xardíns. Recoñécese polas arañeiras poligonais tendidas en vertical.
  11. 11. Argiope bruennichi. Frecuente na vexetación de herbas altas onde constrúe a súa tea a rente do chan.
  12. 12. Dúas arañas comúns nas casas. Tegenaria
  13. 13. Trombidium Os ácaros son un grupo moi numerosos e variado de arácnidos de pequeno tamaño que viven en todos os ambientes incluídos os acuáticos. Hainos de vida libre e parásitos de plantas e animais. Algúns son responsables de pragas na agricultura e outros poden causar alerxias e problemas respiratorios e transmitir enfermidades.
  14. 14. Colonia de ácaros sobre unha planta protexidos pola súa tea.
  15. 15. Carracho (Ixodes ricinus), antes e despois de alimentarse de sangue.
  16. 16. Os opilións teñen a división do corpo pouco marcada e as patas moi longas
  17. 17. Mitopus
  18. 18. ESCORPIÓNS. Teñen o opistoma dividido en dúas zonas, a última a xeito de cola rematada en aguillón. En Galiza hai dúas especies.
  19. 19. Corpo dividido en cefalón (con quelíceros, pedipalpos e ovíxeros), tórax, con apéndices locomotores e pequeno abdome. Viven no mar. PIGNOGÓNIDOS aparato circulatorio sistema nervosoboca ollos aparato dixestivo
  20. 20. Son artrópodos con moi diferentes aspectos e características, xeralmente de vida acuática, maiormente mariños. -Corpo dividido en cefalón (con dous pares de antenas e apéndices bucais), pereión e pleón. -Coñécense unhas 40.000 especies. CRUSTÁCEOS
  21. 21. pinzas abdome antenas cefalotórax (cacho) patas maxilípedos ollos
  22. 22. boca ano glándula dixestiva aparato circulatorio sistema nervoso bránquias gónadas ollos aparato dixestivo
  23. 23. CICLO REPRODUTIVO DA NÉCORA cópula larva megalopa larva zoea ovos no abdome da femia xuvenil
  24. 24. CEFALOCÁRIDOS -Corpo comprimido na zona cefálica, tórax con oito segmentos. -Pequenos e bentónicos.
  25. 25. REMÍPEDOS Sen separación entre tórax e abdome, cegos e con veleno nas mandíbulas.
  26. 26. BRANQUIÓPODOS Teñen apéndices laminares na parte posterior da rexión cefálica. A maioría son de auga dóce e nadan do revés. Daphnia aparato dixestivo corazón cámara de incubación antenas
  27. 27. OSTRÁCODOS Microscópicos, co corpo cuberto dunha cuncha de dúas valvas e os segmentos abdominais pouco desenvolvidos. aparato dixestivoantenas músculo abductor
  28. 28. reprodución CIRRÍPEDOS: crustáceos maxilópodos sedentarios e filtradores.
  29. 29. Percebe (Pollicipes cornucopia). En estadio adulto vive fixado ás rochas das costas expostas. Ten un pé carnoso cuberto dunha pel rugosa e flexible e os órganos móbiles protexidos por pezas calcáreas (unllas). As patas transformadas en órganos plumosos (cirros), sérvenlle para capturar o alimento.
  30. 30. Arneirón (Elminius modestus). Crustáceo cirrípedo de ata 1 cm de diámetro que vive fixado nas rochas da zona intermareal. É orixinario de Australia e colonizou as nosas costas a partir de 1940. Arneirón (Balanus perforatus) Arneirón (Chathalamus stellatus)
  31. 31. Percebe da madeira (Lepas anatifera). Vive fixado a obxetos que aboian
  32. 32. Saculina carcini. Crustáceo cirrípedo co corpo espido que parasita aos cangrexos.
  33. 33. MALACOSTRÁCEOS teñen oito segmentos torácicos e seis segmentos abdominais.
  34. 34. DECÁPODOS: teñen cinco pares de patas locomotrices. Camarón (Palaemon serratus). Un crustáceo decápodo co abdome estendido. Vive nas costas rochosas de augas tranquilas, desde o nivel do mar ata os 40-50 m de profundidade.
  35. 35. Lombrigante (Homarus gammarus). Crustáceo decápodo que pode acadar ata 50 cm de lonxitude. Vive en zonas rochosas preto da costa. Cigala (Nephrops norvegicus). Crustáceo decápodo que vive a partir dos 50 m de profundidade Lagosta (Palinurus elephas). Crustáceo decápodo que vive nos fondos de area e pedras.
  36. 36. Dous crustáceos que viven no interior dos moluscos.
  37. 37. Cangrexo de río (Astacus…). Cada vez é máis escaso debido á presenza do cangrexo de río americano. Aínda se atopa nalgúns ríos da Galiza oriental. Santiaguiño (Scyllarus arctus) Cangrexo americano
  38. 38. Queimacasas (Pachygrapsus marmoratus). Crustáceo decápodo. Vive nos buratos das pedras no límite da marea, nas costas libres de contaminación.
  39. 39. Boi (Cancer pagurus). Crustáceo decápodo. Vive en fondos areosos e rochosos desde a beiramar ata os 100 m de profundidade. O cacho pode acadar ata 30 cm.
  40. 40. Centolo/centola (Maja squinado). Crustáceo decápodo. Vive en fondos rochosos e areosos, desde a faixa litoral ata os 50 m de profundidade. O cacho pode acadar os 18 cm. abdome dun macho cos apéndices copuladores
  41. 41. Cangrexo (Carcinus maenas)
  42. 42. Cangrexo real (Geryon affinis) Cangrexo cornilongo Conguito (Macropipus corrugatus)
  43. 43. Nécora (Necora puber). Un crustáceo decápodo común em Galicia, moi valorado para o consumo humano. femia ovada
  44. 44. Calappa granulata. Un curioso cangrexo que aparece ocasionalmente nas nosas costas. Cangrexos de porcelana Xahntho incisus
  45. 45. Os cangrexos ermitáns son crustáceos decápodos co abdome brando protexido por unha cuncha de caracola na que se refuxia.
  46. 46. Aa arañas de mar viven entre as algas en lugares abrigados. Araña de mar (Inachus)
  47. 47. Cangrexo das illas Galápagos.
  48. 48. ISÓPODOS Teñen o corpo aplanado, sen cacho. Piollo dos peixes Bopyrus squillarum
  49. 49. Cochinilla de humidade (Porcellia...). Crustáceo isópodo terrestre moi común que podemos atopar nos lugares húmidos. De día permanece agochada en grupos numerosos e pola noite sae na procura de alimento. Enrólase en forma de bola para defenderse. Cochinillas na praia (Ligia oceanica)
  50. 50. Idotea baltica. Isópodo que se atopa en augas de pouca fondura entre algas e detritus.
  51. 51. ANFÍPODOS: crustáceos co corpo comprimido lateralmente, sen cacho Saltóns (Talitrus e Gammarus).
  52. 52. Caprella linearis. Atópase entre as algas e nas cordas das bateas.
  53. 53. USOS Moitos crustáceos son empregados como alimento para as persoas. En Galiza hai un importante sector marisqueiro e pesqueiro dedicado a esta actividade.
  54. 54. MIRIÁPODOS -Corpo formado por moitos segmentos con patas en cada un deles, con antenas e pezas bucais no primeiro segmento (cabeza). -Desenvolvemento con metamorfose parcial (cada vez que mudan aumentan o número de segmentos).
  55. 55. boca gónadas aparato circulatorio sistema nervoso quelícero ano aparato excretor antenas aparato dixestivo
  56. 56. Cempernas (Cryptops hortensis). É un cazador activo de vida nocturna que se atopa agochado debaixo de distintos obxectos ou entre as follas secas.
  57. 57. Polidesmus
  58. 58. Scutigera coleoptrata
  59. 59. Milpernas (Lulius...). Atópase nas zonas húmidas. Aliméntase de plantas e restos de animais mortos. Como mecanismo de defensa desprende un olor desagradable e enrola o corpo en espiral.
  60. 60. Artrópodos terrestres co corpo dividido en cabeza (con antenas, ollos e pezas bucais), tórax (con seis patas e xeralmente ás) e abdome. As crias desenvólvense con metamorfose, algunhas na auga. Son o grupo zoolóxico co maior número de especies (máis de un millón). INSECTOS (HEXÁPODOS)
  61. 61. REPRODUCIÓN metamorfose da bolboreta metamorfose do grilo
  62. 62. ESPECIALIZACIÓN DOS APARELLOS BUCAIS trompa perforadora trompa lambedora pezas cortadoras trompas chupadoras tubo perforador
  63. 63. eirugas e crisálida
  64. 64. Peixiño de prata (Lepisma) TISANUROS Tórax máis ancho que o abdome, sen ás. Metamorfose incompleta. Efémera EFEMERÓPTEROS As fases xuvenís son acuáticas e a vida adulta moi breve. Metamorfose incompleta. PLECÓPTEROS As larvas son acuáticas, os adultos teñen catro ás membranosas que, en repouso, repregan sobre o abdome. Viven en augas limpas. Metamorfose incompleta.
  65. 65. ODONATOS -Abdome longo e fino, catro ás membranosa., -Metamorfose incompleta. cabalos do demo, libeliñas, gaiteiros... En Galiza están documentadas 44 especies de odonatos, das que tres son exclusivas e catro están protexida pola Unión Europea.
  66. 66. Libeliña (Calopterix virgo) vive á beira de regatos rápidos e limpos con vexetación dentro dos que se desenvolven as súas larvas.
  67. 67. Aeschna cianea
  68. 68. Calopterix haemorhoidales
  69. 69. Calopterix splendens (femia e macho)
  70. 70. Ichnura elegansLeste sponsa
  71. 71. Sympetrum sanguineum
  72. 72. Phyrrosoma ninfula (macho e femia)
  73. 73. Onychogonphus uncatus
  74. 74. Orthetrum
  75. 75. MANTOIDEOS -Teñen as patas anteriores modificadas para cazar. -Metamorfose incompleta. Barbantesa (Mantis religiosa)
  76. 76. Barbantesa (Empusa pennata ). Un cazador de insectos aos que espera entre a vexetación camuflado pola cor e as prolongacións que deforman a súa figura.
  77. 77. ORTÓPTEROS -Poden ter catro ás (as dúas primeiras duras cubrindo ás outras) ou ningunha. -Aparello bucal mastigador. -Terceiro par de patas forte, en xeral adaptado ao salto. -Metamorfose incompleta. -En Galiza coñécense 20 familias de ortóperos (saltóns e grilos). Ninfa de saltón verde
  78. 78. Grilo común (Gryllus campestris), coñecido polo canto do macho. Vive nos prados en galerías que escava no chan.
  79. 79. Carricanta (Ephippigera ephippiger)
  80. 80. Lagosta. Nalgunhas zonas forman enormes bandos que acaban cos cultivos.
  81. 81. saltóns
  82. 82. Bicho pau (Bacillus rosii) Carausius morosus FÁSMIDOS -Adoptan aspectos que os confunden coa vexetación: folla, paus, ponlas... -Metamorfose incompleta. -Son os insectos máis grandes e máis pesados.
  83. 83. HEMÍPTEROS -Moitos teñen as ás anteriores (hemiélitros) divididas nunha parte dura e outra branda. -Teñen un aparato bucal chupador para alimentarse de saiba ou sangue. -Metamorfose incompleta. Chinches (Graphosoma lineatum)
  84. 84. Palomena prasina chinches Ligaeus Dolicoris braccarum
  85. 85. Cigarra (Ciccadetta montana) Barqueiro (Notonecta glauca)
  86. 86. Patinador, zapateiro (Gerris lacustris)
  87. 87. Pulgóns
  88. 88. Cochinillas
  89. 89. NEURÓPTEROS -Dous pares de ás membranosas con nervos en retículo. -Metamorfose completa. Formiga león (Myrmelon formicarius)
  90. 90. COLEÓPTEROS -Dous pares de ás, as dianteiras duras (élitros) cubrindo o corpo. -Metamorfose completa. Escaravello da pataca (Leptnotarsa decemlineata). Adulto e larva.
  91. 91. Crisomelas. Os crisomélidos son unha familia moi numerosa de escarabellos de cores vistosas que se alimentan de vexetais sobre os que se poden converter en pragas. Hai localizadas en Galiza 300 especies.
  92. 92. Vacaloura (Lucanus cervus). É o insecto máis grande da fauna galega. Vive intimamente ligado ás carballeiras vellas nas que a larva, que se alimenta de madeira en descomposición, tarda entre 3 e 5 anos en completar o desenvolvemento macho e femia
  93. 93. Escaravello rinoceronte (Oryctes nasicornis)
  94. 94. Escaravello da madeira
  95. 95. Cerambícidos Iberocardión seoanei Cerambix cerdo Chlorophorus trifasciatus Iberocardión s.p.
  96. 96. Corymbia stragulata
  97. 97. Escarabellos de area (Eurynebria complanata) viven enterrados na area das praias.
  98. 98. Aceiteira (Meloe proscarabeus). Femia.
  99. 99. Mylabris Rhagonycha fulva
  100. 100. Cicindela campestris
  101. 101. Oedemerído
  102. 102. Vagalume (macho) Lampyris noctiluca femia alumeando
  103. 103. Cárabus hortensis
  104. 104. Cascudos (Blaps mortisaga) Cetonia aurata Escaravello bosteiro (Geotrupes stercorarius)
  105. 105. Xoaniña (Coccinella septempunctata) larva
  106. 106. Gorgullos
  107. 107. MECÓPTEROS Corpo alongado, pezas bucais chupadoras moi longas. Metamorfose completa. Mosca escorpión (Panorpa communis) macho femia
  108. 108. Lucilia caesar e as súas larvas DÍPTEROS Ás posteriores reducidas a halterios (balancíns) Metamorfose completa, larvas vermiformes sen patas.
  109. 109. Stromoxis calcitrans
  110. 110. Mosca azul (Calliphora vicina)
  111. 111. Bombylius major
  112. 112. Eristalis tenax
  113. 113. Hermetia ilucens
  114. 114. Típula
  115. 115. Asílido Sarcophaga carnaria Myaitropa florea
  116. 116. TRICÓPTEROS -Dous pares de ás cubertas de pelos, larvas acuáticas con estoxos de area e restos vexetais. -Metamorfose completa. Larvas de tricópteros nos seus estoxos.
  117. 117. LEPIDÓPTEROS -Dous pares de ás membranosas cubertas de escamas. -Aparato bucal chupador (trompa enrolada). -Metamorfose completa, as larvas chámanse eirugas. -En Galiza coñécense 155 especies de bolboretas. Bolboreta (Charaxes jasius). Está ligada aos érbedos nos que pon os ovos e dos que se alimentan as súas eirugas.
  118. 118. Papillio machaon
  119. 119. EIRUGAS esfinxe das leiteiras alacrán dos piñeiros
  120. 120. EIRUGAS Calliteara pudibunda
  121. 121. Bolboreta da verdura (Pieris brassicae)
  122. 122. Captocala nupta Aglais urticae Argymnis paphia Closiana selene
  123. 123. Aporia crataegui
  124. 124. Lasiocampa quercua Argymnis paphia Esfinxe do chopo
  125. 125. Cópula de cigonas (Huebneriana loniceraea). En Galiza coñécense 13 especies de ciguénidos que destacan polas vivas cores.
  126. 126. abellón HIMENÓPTEROS -Dous pares de ás membranosas, as posteriores máis pequenas, boca chupadora ou lambedora -Metamorfose completa.
  127. 127. Abella (Apis melifica)
  128. 128. Abellón azul (Xylocopa violacea)
  129. 129. vésporas
  130. 130. vésporas
  131. 131. formigas
  132. 132. IMPORTANCIA DOS INSECTOS Algunha especies úsanse como alimento directo ou para producir alimentos e outros produtos: cera, mel, substancias químicas, seda… Teñen unha enorme influencia na agricultura, na economía e na saúde. Son imprescindibles para a polinización das plantas e para a loita biolóxica, e tamén son pragas que destrúen cultivos e materiais e contribúen a difundir enfermidades.
  133. 133. DIPLUROS Moi semellantes aos insectos, co abdome rematado nunha doble cola. -Cabeza con dúas antenas divididas en segmentos con músculos independentes, sen ollos, coas pezas bucais encaixadas dentro dun suco na parte inferior da cabeza. Abdome con dez segmentos
  134. 134. COLÉMBOLOS semellantes aos insectos, de pequeno tamaño, cun tubo ventral (colóforo), e abdome dividido en seis segmentos. Teñen un apédice retráctil para impulsarse (furca). Viven no solo e entre a vexetación. Pode haber 62.000 individuos nun m2 de solo. gónadas aparato dixestivo boca aparato circulatorio sistema nervoso furca músculo
  135. 135. PROTUROS Semellantes aos insectos, de pequeno tamaño, sen antenas, aparato bucal encaixado na parte inferior da cabeza, tórax de tres segmentos e abdome con apéndices articulados. Viven no solo. gónadas aparato dixestivo boca aparato circulatorio sistema nervoso ano
  136. 136. MONTAXEe FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Luchi Leiro DEBUXOS: Mon Daporta Revisado en marzo de 2018

×