SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
deaula
OllOs ANO II - Nº 15 - Xuño 2014
Revista para as familias do alumnado
Demasiadas
vacacións?
Pódese aprobar
o curso en
dous meses?
Xa está aquí o
verán!
2
Revista editada pola CGENDL
www.coordinadoraendl.org
ollosdeaula@gmail.com
Deseño-maquetación:tallerDD.com
A Coordinadora
Galega de Equipos
de Normalización
e Dinamización
Lingüística
deséxavos a todos
e a todas unhas
boas vacacións!
Unha noticia para
pensar: nas Illas
Baleares tres de cada
catro familias elixen o
catalán como primeira
lingua na escola
http://ir.gl/21b53b.
Orgullosos da súa
lingua!
Para estar ao tanto da
música galega e da
axenda de concertos
deste verán, deberías
visitar
www.gzmusica.com
Este verán Os Bolechas
percorren Galicia co
Sabichón! Se tes un
fillo/a entre 3 e 9 anos,
non o podes perder.
Consulta a axenda en
http://ir.gl/84872c
Gústache andar?
Queres saír coa
familia á natureza?
Entón busca a
túa ruta en www.
roteirosgalegos.es/
e goza das nosas
paisaxes!
Todas as
dúbidas que
teñas sobre a
ortografía, o
significado ou a
pronunciación
dunha palabra
podes resolvelas on line no
Dicionario da Real Academia
Galega http://ir.gl/9b9314
Grandes e pequenos precisamos desconectar das rutinas dos horarios, dos
traballos, do estudo… non só para descansar e repoñer forzas, senón tamén
para gozar e aprender facendo cousas diferentes, en contextos distintos dos
habituais, con menos presión. Por iso as vacacións son importantes.
As vacacións escolares non son moitas, o problema é que están mal distribuí-
das. Os tempos de traballo e de descanso deberían repartirse equilibradamen-
te ao longo do curso para favorecer unha maior continuidade dos tempos
educativos, pero esta cuestión habería que abordala, cando menos, repensan-
do tres ideas.
A primeira, necesitamos con urxencia maior flexibilidade nos horarios de
traballo e nos escolares, de xeito que as familias poidamos garantir o noso
dereito –e necesidade- a compartir tempos, a relacionarnos, a convivir, a
acompañar ás nosas fillas e fillos máis aló das présas para chegar a todas as
actividades e labores cotiás.
A segunda, non podemos confundir os tempos escolares cos tempos de tra-
ballo do profesorado, pois son cuestións diferentes. Os centros educativos
teñen que abrir as súas portas máis aló dos horarios escolares, deben incor-
porar outros profesionais e transformarse en espazos educativo-culturais co-
munitarios.
A terceira, fai falta un maior compromiso social para que, sobre todo as ad-
ministracións, ofrezan oportunidades interesantes
para eses tempos de vacacións escolares que
non acaban de encaixar coas laborais. Non
todas as familias teñen as mesmas posi-
bilidades e cómpre evitar que
as vacacións se convertan
en tempos de exclusión,
especialmente
nesta etapa
de involución
das políticas
públicas.
3
A pregunta
?
Responde: Belén Caballo Villar
[Profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago]
Teñen os nenos/as demasiadas vacacións?
Pódese recuperar
o curso no verán?
Cando para algúns
alumnos/as remata
o curso, para
outros/as comeza.
En dous meses teñen
que recuperar aquilo
que non puideron ou
non quixeron facer en
nove. A orientadora
Cristina Galdo
ofrécenos ás familias
algunhas claves para
poder axudarlles
aos nosos fillos/as a
conseguilo.
4
O tema
Cristina Galdo Leal
[Orientadora]
Poder, pódese. Pero custa. Moito máis do que
tería custado durante o curso. Por iso, a primeira
reflexión que cómpre facer é: logo de nove me-
ses a razón de seis horas diarias entre as paredes
do instituto, por que o voso fillo/a non acadou os
obxectivos? Canto tempo dedicou fóra do centro ao
traballo académico, e como organizou ese tempo?
Todas estas cuestións deberían levar a facer unha
avaliación do acontecido que lle permita corrixir os
erros e que a situación non se volva repetir o ano
que vén. Queda moito traballo por diante, pero é
posible conseguilo. Velaquí van algunhas claves:
OBXECTIVOS
Que se fixe metas realistas.
Non hai cousa máis frus-
trante ca non ser quen de
cumprir os obxectivos que
un mesmo se fixa. Que pla-
nifique a curto prazo –que
vai facer hoxe–, pero tamén
a medio –que vai facer esta
semana–, e xa coa vista pos-
ta nos exames, a longo prazo
–que quere acadar de aquí a
setembro–. Que organice a
materia de xeito que a poida
ver toda e deixe varios días
para un repaso final.
PLANIFICACIÓN
Ten que pensar que materias,
das que lle quedaron, lle van
esixir máis horas, para repartir
ben o tempo. Que organice
as sesións de estudo tendo en conta a
curva da concentración: hai un período
de quecemento no que é mellor estu-
dar contidos de dificultade media, un
pico de concentración que debemos
reservar para o máis difícil e, por últi-
mo, unha fase na que o cansazo se vai
notando, na que pode abordar o que
lle resulte máis doado.
CONSTANCIA
Debe estudar todos os días –pode es-
tablecer o–. O cerebro funciona como
un músculo, haino que ter adestrado
para que sexa capaz
de render. Se un
día decides facer
deporte e pasas
6 horas no xim-
nasio, ao día se-
guinte terás tales
maniotas que
abandonarás a
idea de adestrar.
O mesmo sucede
co estudo, se
non se ten o há-
bito adquirido, o
ideal é empezar
con menos tem-
po e aumentalo
progresivamen-
te.
AVALIACIÓN
Que faga pro-
bas escritas
de cando en vez, ou que lle pida
a alguén que lle pregunte a ma-
teria de xeito oral. Que cambie os
datos dos problemas que fixo na
clase e que os repita varias veces.
Ir avaliando o seu propio progreso
daralle unha idea clara de como
vai, en que aspectos ten que me-
llorar ou volver a incidir. Ademais,
se o toma como un xogo e se vai
poñendo retos de maior complexi-
dade, pode avaliar o seu progreso
e ao mesmo tempo quitarlle algo
de rutina ao traballo.
DESCANSO
Tan importante como planificar o
tempo de estudo é ter estableci-
dos períodos de lecer e descanso.
Loxicamente, isto non o poderá
facer igual se suspendeu unha
materia que se foron nove, pero
incluso neste caso cómpre ter
todos os días tempo para facer al-
gunha actividade, preferiblemente
ao aire libre. Durante as sesións
de estudo, debe parar, polo me-
nos, cinco minutos cada hora para
evitar a fatiga excesiva.
CONFIANZA
Pódeo facer. De verdade. Confía
nas súas posibilidades e transmí-
telle esa confianza. Se traballa
arreo, os resultados chegarán,
seguro!
6
Lines Salgado
Palabras do ensino
{RECUPERAR…O SUSPENSO}
Remata o curso, e con el os apuros dos últimos días
de exames e recuperacións. E xa co boletín de notas
na man, paramos un anaco a pensar na utilidade dese
papeliño.
As notas tratan de informarnos sobre o traballo
realizado e tamén sobre o nivel de coñecementos
adquirido durante o ano. Son basicamente iso,
información. E como tal deberamos recibilas. “A
información é poder”, di a frase. As cualificacións
finais teñen que servir para analizar situacións dun
xeito honesto e, polo tanto, rectificar erros e perseverar
en acertos. Nin máis nin menos. Mágoa que
algo tan obvio resulte tan complicado. E
é que temos andazo: a “suspensofobia”.
Fuximos do suspenso coma da peste. Nin
os profes queremos poñelos nin os pais
recibilos. Outorgámoslles demasiado
poder: o poder de xulgarnos como
pais e como docentes. Porén,
as notas son información
poderosa, pero,
sobre todo, para
corrixir rumbos.
Son a alarma
necesaria que nos
anticipa problemas, que,
de non seren tratados,
chegarán a converterse
en dificultades insalvables.
Se hai infección, hai febre.
Tapando a febre curamos a
infección?
Boas vacacións!!
As redes de Inés [Elvira Riveiro. Ed. Xerais]. Non esque-
zamos a poesía no verán. Elvira Riveiro ofrécenos mediante
a editorial Xerais un poemario sobre un oficio tradicional.
A protagonista do poemario é Inés, unha redeira que herda
e que leva baixo o seus ombreiros o pasado mariñeiro do
pobo. Poemas curtos, rimados, xogando coas palabras e a
súa expresividade. Léxico propio mariñeiro co que apren-
deremos os que somos do interior e que degustaremos se
somos da costa. Un libro ilustrado por Fino Lorenzo que
nos achegará ao mar en plenas vacacións.
7
CADENCIASGracia Santorum
Para ler e escoitar
Para escoitar e bailar
Para ler e recitar
Estamos no verán!!! [Xoán Curiel e Charo Pita. Ed.
Galaxia]. Orixinal proposta da editorial Galaxia, unha
novela-disco con texto de Charo Pita, música de Xoán
Curiel e ilustracións de Iván R. Un diario dun mozo que
no verán é quen de realizar o seu soño, que non é outro
que ter un grupo de música. E como o verán está cheo
de maxia e de amizade, compartiremos a música co seu
diario. Pero... volver ás aulas non é tan malo!
Brinca Vai! [Paco Nogueiras. Ed. Kalandraka].
Da editorial Kalandraka chega a proposta dun
disco-álbum de Paco Nogueiras con ilustracións
de David Pintor. Unha ducia de cancións que per-
corren momentos tradicionais do noso país coma
o Samaín ou o Magosto, con variedade de estilos
que van dende o tecno ao rap, do pop ao rock ou da
música electrónica  á tradicional… Iso, si, sempre
baixo unha ledicia cómplice que nos contaxia den-
de o primeiro momento.
Da lingua
A lingua do ascenso
8
Aínda que somos reticentes a falar de fútbol, pola súa abafante pre-
senza nos medios de comunicación, desde Ollos de aula queremos
brindar tamén polos éxitos deportivos dos dous equipos galegos
que compiten na elite: dunha banda, o Celta de Vigo, que asegu-
rou unha temporada máis a súa continuidade na primeira división,
e doutra, o Deportivo da Coruña, que conquistou o seu dereito a
xogar na máxima categoría da liga profesional.
Celebramos, sobre todo, o éxito persoal do adestrador Fernando
Vázquez, nado en Castrofeito,  pois vén de confirmar, unha vez
máis, non só a súa excelente traxectoria como técnico, senón, sobre
todo, o seu compromiso coa lingua propia de Galicia, pois, de modo
natural e consciente, úsaa como un signo distintivo en todas as súa
roldas de prensa, a carón doutros idiomas que, por suposto, coñece,
usa e respecta.
E esta actitude lingüística de Fernando Vázquez dá pé a unha re-
flexión de carácter xeral: o idioma galego, para seguir existindo, non
precisa de grandes declaracións de amor nin de estudos científicos
que demostren a súa utilidade. Moi polo contrario, só precisa de
aplicarmos a táctica que o adestra-
dor do Deportivo ensaiou co seu
equipo: orgullo e profesionalidade,
agarimo e confianza nas propias
capacidades, para así acadar a gloria
do ascenso.
Por iso, alegrámonos de que a nosa
lingua ocupe os gran-
des estadios, para com-
petir sen complexos tanto
en Riazor como en Ba-
laídos, sentimento de
primeira con afouteza
e corazón.

More Related Content

What's hot

Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de SeuAxenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de SeuCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega. Elaborado polo EDLG do I...
Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega. Elaborado polo EDLG do I...Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega. Elaborado polo EDLG do I...
Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega. Elaborado polo EDLG do I...Agrela Elvixeo
 

What's hot (10)

Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21
 
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de SeuAxenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
 
Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
Guia Ed
Guia EdGuia Ed
Guia Ed
 
Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega. Elaborado polo EDLG do I...
Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega. Elaborado polo EDLG do I...Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega. Elaborado polo EDLG do I...
Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega. Elaborado polo EDLG do I...
 

Viewers also liked

Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Maternidade Xela Arias
Maternidade Xela AriasMaternidade Xela Arias
Maternidade Xela Ariascarmemoure
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Coordinadora Galega ENDL
 
Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaCoordinadora Galega ENDL
 

Viewers also liked (6)

Antigo Réxime. Víctor e Nati
Antigo Réxime. Víctor e NatiAntigo Réxime. Víctor e Nati
Antigo Réxime. Víctor e Nati
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Maternidade Xela Arias
Maternidade Xela AriasMaternidade Xela Arias
Maternidade Xela Arias
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
 
Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 
Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüística
 

Similar to Ollos de aula. Nº 15

Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Plan de Mellora Lingua 6.pdf
Plan de Mellora Lingua 6.pdfPlan de Mellora Lingua 6.pdf
Plan de Mellora Lingua 6.pdfMara372891
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020anxovila
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019ceipmontemogos
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19Cid22
 

Similar to Ollos de aula. Nº 15 (20)

Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 13
Ollos de aula. Nº 13Ollos de aula. Nº 13
Ollos de aula. Nº 13
 
Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
 
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
 
Ollos de aula. nº 1
Ollos de aula. nº 1Ollos de aula. nº 1
Ollos de aula. nº 1
 
Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6
 
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Plan de Mellora Lingua 6.pdf
Plan de Mellora Lingua 6.pdfPlan de Mellora Lingua 6.pdf
Plan de Mellora Lingua 6.pdf
 
O paso á eso
O paso á eso O paso á eso
O paso á eso
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020
 
Folleto acollida para blog
Folleto acollida para blogFolleto acollida para blog
Folleto acollida para blog
 
Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
 
Folleto acollida para blog
Folleto acollida para blogFolleto acollida para blog
Folleto acollida para blog
 
Folleto ep
Folleto epFolleto ep
Folleto ep
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019
 
O paso á eso
O paso á eso O paso á eso
O paso á eso
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
 
Benvidos á escola.
Benvidos á escola.Benvidos á escola.
Benvidos á escola.
 
O paso á eso
O paso á eso O paso á eso
O paso á eso
 

More from Coordinadora Galega ENDL

Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 

More from Coordinadora Galega ENDL (11)

Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío NovoneyraHoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 
17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
 
Melodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o NadalMelodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o Nadal
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 

Ollos de aula. Nº 15

  • 1. deaula OllOs ANO II - Nº 15 - Xuño 2014 Revista para as familias do alumnado Demasiadas vacacións? Pódese aprobar o curso en dous meses? Xa está aquí o verán!
  • 2. 2 Revista editada pola CGENDL www.coordinadoraendl.org ollosdeaula@gmail.com Deseño-maquetación:tallerDD.com A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística deséxavos a todos e a todas unhas boas vacacións! Unha noticia para pensar: nas Illas Baleares tres de cada catro familias elixen o catalán como primeira lingua na escola http://ir.gl/21b53b. Orgullosos da súa lingua! Para estar ao tanto da música galega e da axenda de concertos deste verán, deberías visitar www.gzmusica.com Este verán Os Bolechas percorren Galicia co Sabichón! Se tes un fillo/a entre 3 e 9 anos, non o podes perder. Consulta a axenda en http://ir.gl/84872c Gústache andar? Queres saír coa familia á natureza? Entón busca a túa ruta en www. roteirosgalegos.es/ e goza das nosas paisaxes! Todas as dúbidas que teñas sobre a ortografía, o significado ou a pronunciación dunha palabra podes resolvelas on line no Dicionario da Real Academia Galega http://ir.gl/9b9314
  • 3. Grandes e pequenos precisamos desconectar das rutinas dos horarios, dos traballos, do estudo… non só para descansar e repoñer forzas, senón tamén para gozar e aprender facendo cousas diferentes, en contextos distintos dos habituais, con menos presión. Por iso as vacacións son importantes. As vacacións escolares non son moitas, o problema é que están mal distribuí- das. Os tempos de traballo e de descanso deberían repartirse equilibradamen- te ao longo do curso para favorecer unha maior continuidade dos tempos educativos, pero esta cuestión habería que abordala, cando menos, repensan- do tres ideas. A primeira, necesitamos con urxencia maior flexibilidade nos horarios de traballo e nos escolares, de xeito que as familias poidamos garantir o noso dereito –e necesidade- a compartir tempos, a relacionarnos, a convivir, a acompañar ás nosas fillas e fillos máis aló das présas para chegar a todas as actividades e labores cotiás. A segunda, non podemos confundir os tempos escolares cos tempos de tra- ballo do profesorado, pois son cuestións diferentes. Os centros educativos teñen que abrir as súas portas máis aló dos horarios escolares, deben incor- porar outros profesionais e transformarse en espazos educativo-culturais co- munitarios. A terceira, fai falta un maior compromiso social para que, sobre todo as ad- ministracións, ofrezan oportunidades interesantes para eses tempos de vacacións escolares que non acaban de encaixar coas laborais. Non todas as familias teñen as mesmas posi- bilidades e cómpre evitar que as vacacións se convertan en tempos de exclusión, especialmente nesta etapa de involución das políticas públicas. 3 A pregunta ? Responde: Belén Caballo Villar [Profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago] Teñen os nenos/as demasiadas vacacións?
  • 4. Pódese recuperar o curso no verán? Cando para algúns alumnos/as remata o curso, para outros/as comeza. En dous meses teñen que recuperar aquilo que non puideron ou non quixeron facer en nove. A orientadora Cristina Galdo ofrécenos ás familias algunhas claves para poder axudarlles aos nosos fillos/as a conseguilo. 4 O tema Cristina Galdo Leal [Orientadora] Poder, pódese. Pero custa. Moito máis do que tería custado durante o curso. Por iso, a primeira reflexión que cómpre facer é: logo de nove me- ses a razón de seis horas diarias entre as paredes do instituto, por que o voso fillo/a non acadou os obxectivos? Canto tempo dedicou fóra do centro ao traballo académico, e como organizou ese tempo? Todas estas cuestións deberían levar a facer unha avaliación do acontecido que lle permita corrixir os erros e que a situación non se volva repetir o ano que vén. Queda moito traballo por diante, pero é posible conseguilo. Velaquí van algunhas claves: OBXECTIVOS Que se fixe metas realistas. Non hai cousa máis frus- trante ca non ser quen de cumprir os obxectivos que un mesmo se fixa. Que pla- nifique a curto prazo –que vai facer hoxe–, pero tamén a medio –que vai facer esta semana–, e xa coa vista pos- ta nos exames, a longo prazo –que quere acadar de aquí a setembro–. Que organice a materia de xeito que a poida ver toda e deixe varios días para un repaso final. PLANIFICACIÓN Ten que pensar que materias, das que lle quedaron, lle van esixir máis horas, para repartir ben o tempo. Que organice
  • 5. as sesións de estudo tendo en conta a curva da concentración: hai un período de quecemento no que é mellor estu- dar contidos de dificultade media, un pico de concentración que debemos reservar para o máis difícil e, por últi- mo, unha fase na que o cansazo se vai notando, na que pode abordar o que lle resulte máis doado. CONSTANCIA Debe estudar todos os días –pode es- tablecer o–. O cerebro funciona como un músculo, haino que ter adestrado para que sexa capaz de render. Se un día decides facer deporte e pasas 6 horas no xim- nasio, ao día se- guinte terás tales maniotas que abandonarás a idea de adestrar. O mesmo sucede co estudo, se non se ten o há- bito adquirido, o ideal é empezar con menos tem- po e aumentalo progresivamen- te. AVALIACIÓN Que faga pro- bas escritas de cando en vez, ou que lle pida a alguén que lle pregunte a ma- teria de xeito oral. Que cambie os datos dos problemas que fixo na clase e que os repita varias veces. Ir avaliando o seu propio progreso daralle unha idea clara de como vai, en que aspectos ten que me- llorar ou volver a incidir. Ademais, se o toma como un xogo e se vai poñendo retos de maior complexi- dade, pode avaliar o seu progreso e ao mesmo tempo quitarlle algo de rutina ao traballo. DESCANSO Tan importante como planificar o tempo de estudo é ter estableci- dos períodos de lecer e descanso. Loxicamente, isto non o poderá facer igual se suspendeu unha materia que se foron nove, pero incluso neste caso cómpre ter todos os días tempo para facer al- gunha actividade, preferiblemente ao aire libre. Durante as sesións de estudo, debe parar, polo me- nos, cinco minutos cada hora para evitar a fatiga excesiva. CONFIANZA Pódeo facer. De verdade. Confía nas súas posibilidades e transmí- telle esa confianza. Se traballa arreo, os resultados chegarán, seguro!
  • 6. 6 Lines Salgado Palabras do ensino {RECUPERAR…O SUSPENSO} Remata o curso, e con el os apuros dos últimos días de exames e recuperacións. E xa co boletín de notas na man, paramos un anaco a pensar na utilidade dese papeliño. As notas tratan de informarnos sobre o traballo realizado e tamén sobre o nivel de coñecementos adquirido durante o ano. Son basicamente iso, información. E como tal deberamos recibilas. “A información é poder”, di a frase. As cualificacións finais teñen que servir para analizar situacións dun xeito honesto e, polo tanto, rectificar erros e perseverar en acertos. Nin máis nin menos. Mágoa que algo tan obvio resulte tan complicado. E é que temos andazo: a “suspensofobia”. Fuximos do suspenso coma da peste. Nin os profes queremos poñelos nin os pais recibilos. Outorgámoslles demasiado poder: o poder de xulgarnos como pais e como docentes. Porén, as notas son información poderosa, pero, sobre todo, para corrixir rumbos. Son a alarma necesaria que nos anticipa problemas, que, de non seren tratados, chegarán a converterse en dificultades insalvables. Se hai infección, hai febre. Tapando a febre curamos a infección? Boas vacacións!!
  • 7. As redes de Inés [Elvira Riveiro. Ed. Xerais]. Non esque- zamos a poesía no verán. Elvira Riveiro ofrécenos mediante a editorial Xerais un poemario sobre un oficio tradicional. A protagonista do poemario é Inés, unha redeira que herda e que leva baixo o seus ombreiros o pasado mariñeiro do pobo. Poemas curtos, rimados, xogando coas palabras e a súa expresividade. Léxico propio mariñeiro co que apren- deremos os que somos do interior e que degustaremos se somos da costa. Un libro ilustrado por Fino Lorenzo que nos achegará ao mar en plenas vacacións. 7 CADENCIASGracia Santorum Para ler e escoitar Para escoitar e bailar Para ler e recitar Estamos no verán!!! [Xoán Curiel e Charo Pita. Ed. Galaxia]. Orixinal proposta da editorial Galaxia, unha novela-disco con texto de Charo Pita, música de Xoán Curiel e ilustracións de Iván R. Un diario dun mozo que no verán é quen de realizar o seu soño, que non é outro que ter un grupo de música. E como o verán está cheo de maxia e de amizade, compartiremos a música co seu diario. Pero... volver ás aulas non é tan malo! Brinca Vai! [Paco Nogueiras. Ed. Kalandraka]. Da editorial Kalandraka chega a proposta dun disco-álbum de Paco Nogueiras con ilustracións de David Pintor. Unha ducia de cancións que per- corren momentos tradicionais do noso país coma o Samaín ou o Magosto, con variedade de estilos que van dende o tecno ao rap, do pop ao rock ou da música electrónica  á tradicional… Iso, si, sempre baixo unha ledicia cómplice que nos contaxia den- de o primeiro momento.
  • 8. Da lingua A lingua do ascenso 8 Aínda que somos reticentes a falar de fútbol, pola súa abafante pre- senza nos medios de comunicación, desde Ollos de aula queremos brindar tamén polos éxitos deportivos dos dous equipos galegos que compiten na elite: dunha banda, o Celta de Vigo, que asegu- rou unha temporada máis a súa continuidade na primeira división, e doutra, o Deportivo da Coruña, que conquistou o seu dereito a xogar na máxima categoría da liga profesional. Celebramos, sobre todo, o éxito persoal do adestrador Fernando Vázquez, nado en Castrofeito,  pois vén de confirmar, unha vez máis, non só a súa excelente traxectoria como técnico, senón, sobre todo, o seu compromiso coa lingua propia de Galicia, pois, de modo natural e consciente, úsaa como un signo distintivo en todas as súa roldas de prensa, a carón doutros idiomas que, por suposto, coñece, usa e respecta. E esta actitude lingüística de Fernando Vázquez dá pé a unha re- flexión de carácter xeral: o idioma galego, para seguir existindo, non precisa de grandes declaracións de amor nin de estudos científicos que demostren a súa utilidade. Moi polo contrario, só precisa de aplicarmos a táctica que o adestra- dor do Deportivo ensaiou co seu equipo: orgullo e profesionalidade, agarimo e confianza nas propias capacidades, para así acadar a gloria do ascenso. Por iso, alegrámonos de que a nosa lingua ocupe os gran- des estadios, para com- petir sen complexos tanto en Riazor como en Ba- laídos, sentimento de primeira con afouteza e corazón.