Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Descripción que fai strabón dos pobos do noroeste da iberia

344 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Descripción que fai strabón dos pobos do noroeste da iberia

  1. 1. Descripción que fai Strabón dos pobos do noroeste da Iberia, a quen chama montañeses. "Todos estes habitantes da montaña son sobrios: non beben senón auga, dormen polo chán, e levan cabelos longos ó modo feminino, aínda que para combater cinguen a frente cunha banda. Comen principalmente carne de castrón; a Ares / deus da guerra / sacrifícanlle castróns e tamén captivos e cabalos. Adoitan facer hecatombes de cada especie de víctima, á moda grega, e por diciloo ó modo de Píndaros, "inmolan todo un centenar". Practican loitas gymnicas, hoplíticas e hípicas como exercicio para o puxilato, a carreira, as escaramuzas e as batallas en campo aberto. Nas tres cuartas partes do ano, os montañeses non se nutren senón de landras que, secas e trituradas, moen para faceren un pan que pode gardarse moito tempo. Beben "zythos" /cervexa/, e o vñto, que escasea, despois de feito, consómeno de seguida nos grandes festexos familiares. No canto do aceite, usan pingo. Comen sentados sobre escanos construidos ó redor das paredes, alineándose neles segundo as idades e dignidades. Os alimentos fanse circular de man en mano Mentres tanto, beben, danzan os homes ó son das flautas e trompetas, brincando en alto e caendo de xeonllos" . Strabón, Xeografía da Iberia. 111, 3, 7.

×