Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

A sereiña copia

300 views

Published on

Conto lido e ilustrado por nenas e nenos do 1º ciclo de primaria

Published in: Education
  • Be the first to comment

A sereiña copia

  1. 1. As Sereíñas
  2. 2. Chovían chuzos de punta na rúa. Pasaramos do coche aopatio dun salto para evitar bañarnos pero, ao cruzar aporta, comprobamos que toda a casa estaba inundada.Roi e máis eu vimos como lle cambiaba a cara ao papá.
  3. 3. -Ide ao cuarto e poñede o pixama, por favor. Isto é moi grave.
  4. 4. O papá colleu a fregona e o caldeiro e, mentres nós poñíamos o pixama, comezou a recoller auga de todos os recunchos. Roi deitouse e adormeceu deseguida.
  5. 5. A min custoume un pouquiño máis e, mentres oía apapá fregar, mirei para o chan onde había unha pociña.Pareceume ver algo que se movía por enriba.
  6. 6. Extrañada, acendín a luz da mesa de noite. E alí estaban diante de min, nadando no charquiño contentos coma cucos. Eran media ducia de homiños e mulleriñas con cara de peixe que non debían ser máis grandes ca un dos meus dedos.
  7. 7. -Ai, mi madriña! -dixo unha das criaturas-. Xa vos dixen que nos vería! -Axiña! Desapareceremos! -dixo outro mergullándose. -Non, non! Esperade -dixen eu-. Non vos vou facer mal!A criatura que se mergullara sacou a cabeciña e dixo: -Os teus perseguíronnos sempre. Non nos podemos fiar de ninguén. -De min si, chámome Uxía. Quen sodes?
  8. 8. -Somos as sereiñas. Normalmente vivimos nas tubaxes da auga, pero encántanos a chuvia e, cando podemos , saímos nadar ás pozas.-Vaites! Queres dicir que bebemos a auga onde vivides?
  9. 9. -Non, non. Esa ten moito cloro. Nós vivimos nas tubaxes da auga de auga de chuvia e nas presas dos muíños. Gústanos a auga pura -calou ao oír o ruído do pai, que se achegaba-. Ímonos , vén un xigante!
  10. 10. -Esperade,! Gustaríame vervos outra vez...-Se nos prometes que non o dirás, verémonos coas próximas chuvias.-E onde nos veremos? Espero que non se volva inundar a casa.-Tranquila, xa te buscaremos nós. Lembra, cando chova...
  11. 11. De súpeto, tal como apareceran, desapareceron. O pai entrou deseguida no cuarto para quitar a pociña que había debaixo da cama. -Non a vira... Que, fas que non dormes? - díxome. -Non podía durmir. -Non teñas medo, filla. Non hai nin-guén máis na casa. Sorrín mentres lle daba un biquiño: -Claro, papá, claro... non hai ninguén máis na casa.
  12. 12. FIN

×