Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

A descricion

17,451 views

Published on

A descrición de espazos, obxectos e persoas

Published in: Education
  • Be the first to comment

A descricion

  1. 1. O cuarto Van Gogh Cazo esmaltado Pablo PicassoRetrato de Dora MaarPablo PicassoA DESCRICIÓN
  2. 2. A DESCRICIÓN DE LUGARES Ao describir unha paisaxe ou un lugar calquera, osescritores adoitan presentar primeiro unha visión xeral do lugar. Despois van localizando nese lugar os distintos elementosutilizando palabras que indican situación no espazo.  Antes de escribir, debes ordenar as túas ideas, é dicir, saber por onde vas empezar, por onde vas seguir e como vas rematar.  Debes situar os obxectos no espazo con precisión. Utiliza palabras como: á dereita, diante de, xunto a, ao lado de, ao fondo, detrás de, no centro, no medio de, arredor de...O cuartoVan Gogh  Procura transmitir a impresión que produce o lugar: alegría, tristura, misterio, terror...
  3. 3. A DESCRICIÓN DE OBXECTOSEstas son algunhas preguntas que poden orientarte á hora derealizar a descrición dun obxecto: De que obxecto se trata? Para que serve? Cazo esmaltado Pablo Picasso Como é? ( Que forma ten, quecor, que tamaño, como é a súatextura, o seu sabor, o seu olor...) Que elementos o compoñen ouque partes ten?Onde está situado?
  4. 4. A DESCRICIÓN DE PERSOAS:O RETRATO Cando describimos a unha persoa, non só nos referimos aoseu físico, senón que intentamos reflectir a súa forma de ser e de actuar, e tamén o que nós pensamos dela. Observar e seleccionar os trazos máis destacados tanto físicos coma de carácter (non acumular demasiados trazos, só os máis característicos). PARA Describir os trazos en orde. Primeiro os físicos e despois FACER as calidades, a forma de actuar, etc.UN BO Presentar ao personaxe nun ambiente, para que cobreRETRATO vida e sexa máis crible. Elixir ben as palabras e utilizar recursos expresivos para dar viveza e forza á descrición.
  5. 5. PASOS QUE DEBES SEGUIR PARA DESCRIBIR UNHA PERSOA 1. Presentación xeral da persoa: novo, atractivo... 2. Caracterización do aspecto físico: Cabeza / Corpo / Características xerais /Indumentaria 3. Trazos psicolóxicos: alegre, simpático ,apaixonado...Retrato de Dora MaarPablo Picasso 4. Gustos e afeccións: encántalle camiñar polo bosque no outono...
  6. 6. RECURSOS EXPRESIVOS PARA DESCRIBIR baixo, corpulento, fraco, alegre, cariñoso, túzaro, tímido, ADXECTIVOS inquedo, doce... Movíase coma un parrulo. Os seus ollos eran negrosCOMPARACIÓNS coma o acibeche IMAXES Celia é un verdadeiro ciclón. METÁFORAS Entre os seus beizos lucía unha fileira de perlas.
  7. 7. ADXECTIVOS PARA A DESCRICIÓN FÍSICA E PSICOLÓXICA DOS PERSONAXES CARAAncha, redonda, delgada, cadrada, alongada, colorada, alegre, risoña,infantil, pálida... Doce, desconfiada, simpática, amable, xovial, risoña, pálida, triste, expresiva, dura, intelixente, inexpresiva... Cara de circunstancias / Cara de poucos amigos / Cara de pau OLLOS Doces, vivos, saltóns, amendoados, achinesados, espertos, expresivos, inexpresivos, resgados, chorosos, grandes, pequenos, claros, escuros, tristes, verdes, negros, marróns, azuis, vivos, brillantes, apagados... Ollos coma pratos Negros coma o acibeche Negros coma o carbón Cor azul ceo
  8. 8. FRONTE NARIZ PELO Ancho, fino, estreita, ampla, cor..., cano, longo, curto, alongado, chato, engurrada... brillante, limpo, sucio, redondo,coidado, descoidado, rizado, puntiagudo,aquilino, ondulado, solto, recollido, torcido, recto, curto, alborotado, mollado, grande, pequeno... húmido... BEIZOS / BOCA Finos, grosos, estreitos, CELLAS carnosos, rosados,Finas, grosas, arqueadas, vermellos, brillantes, rectas, espesas, delgados… separadas, xuntas, risoña, expresiva, sorrinte, delgadas, poboadas, triste, recta, ancha, despoboadas... pequena, grande, vermella… MEIXELAS Repoludas, redondas, suaves, DENTES afundidas, vermellas... grandes, pequenos, brancos, picados, rotos, postizos, saíntes ...
  9. 9. ADXECTIVOS PARA A DESCRICIÓN DO CARÁCTER Amable, alegre, simpático, educado, enxeñoso, antipático, apaixonado, atento, esixente, entusiasta,atrevido, traballador, atordado… xeneroso, túzaro, intratable, estúpido, extravagante, malhumorado, malicioso, inexpresivo, listo… mentireiro, rosmón, valente,burlón, esperto, fanático, chulo, dócil, intelixente, presumido, desvergoñado… orgulloso, aberto, rebelde, risoño, medroso, prudente, parvo, chorón, triste, zopenco, bruto, calmoso, tímido, confiado, contestatario, extravertido...covarde, serio, culto, sincero, sensato, solitario, soñador, decidido, desordenado, E MOITOS divertido … MÁIS…

×