Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
PRODUCIÓN       Edición de vídeo e son (I)                                 CREADO E              www.gabit.org            ...
Folla de ruta1. Introdución2. A creación de películas educativas3. Como obter recursos4. Gravación e edición de son5. Grav...
1. Introdución Hoxe en día existen múltiples formas de elaborar recursos educativos que                        fagan uso d...
Introdución: FormatosOs dispositivos de que dispoñemos vannos proporcionar un arquivo que podemospasar ao ordenador. Os fo...
Introdución: Reprodutores   Unha vez temos o arquivo nun formato no ordenador podemos visualizalo cun    reprodutor de víd...
Introdución: ConceptosCódecs: Formatos de COdificación e DECodificación dos vídeos para reducir oseu tamaño e facelos máis...
Introdución: ConceptosPodemos ver os parámetros dun arquivo de vídeo ou son facendo clic co botóndereito sobre o arquivo e...
2. A creación de películas educativas Antes de poñernos a crear películas educativas como tolos, hai algúns pasos que debe...
3. Como obter recursosSobre todo nos vídeos, pero tamén nos contidos de son que elaboremos podemos incorporarrecursos de f...
Como obter recursos¿Onde se poden obter recursos con licenzas que nos permitan empregalos nas nosaspresentacións? Sitios o...
Como obter recursos     ITE: http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/Paisaxe
Como obter recursosBusca avanzada de Google: http://www.google.com/advanced_search?hl=es                                  ...
Actividade: Descarga de materias primas  O obxectivo será buscas diferentes recursos de cada tipo,orientados por exemplo á...
4. Gravación e edición de sonDispoñemos de varias formas de gravar son, tanto sons de fondo ou ambiente, como a unhaou var...
Gravación e edición de sonImos ver como gravar son cun micrófono conectado ao ordenador. Valen tamén cascos conmicrófono o...
Gravación e edición de sonEn Gnome, e a maioría de contornos, as ferramentas que imos instalar para este tema, estaránna c...
Gravación e edición de son» O primeiro paso será conectar o micrófono ao ordenador» O segundo será comprobar que funciona ...
Gravación e edición de sonSe todo vai ben abrinos e conseguimos gravarnos, perfecto, podemos abrir o Audacity. Senónhaberá...
Gravación e edición de sonA voz e demais sons propáganse a través do aire na forma de ondas sonoras, que varíansegundo det...
Gravación e edición de sonCando grave un son correctamente aparecerá representado na pista e poderemos pasar atraballar co...
Gravación e edición de sonAgora podemos corrixir o son, recortando zonas, replicándoas, aplicando efectos ou inserindonova...
Gravación e edición de sonNo menú “Editar” (1) dispoñemos de máis opcións...   (2) Opcións para eliminar partes da pista  ...
Gravación e edición de sonCopiamos, eliminamos e movemos ata que quede perfecto e podemos aplicar efectos...  (1) Seleccio...
Gravación e edición de sonEfectos• Amplificar son• Aparecer progresivamente• Esvaecer progresivamente• Eco• Inverter• Comp...
Gravación e edición de sonSeleccionando a nova pista imos a (1) “Ficheiro → Importar → Son” e seleccionamos unarquivo exte...
Gravación e edición de sonCando xa teñamos a pista dúas adaptada “Ficheiro → Importar aplicados demais, podemosSeleccionan...
Gravación e edición de sonEn resumo...          Gravar                                              Gardar como           ...
Actividade: Elaboración dun PodcastO obxectivo será preparar un mini-Podcast dun minutiño a xeito de presentación do que s...
5. Gravación e obtención de vídeosComo acontecía co son, dispoñemos de varias formas de gravar ou crear un vídeo, xa que h...
Gravación e obtención de vídeosImos ver o último tipo, como gravar do escritorio, o que nos permitirá a elaboración devide...
Gravación e obtención de vídeosRecordMyDesktop, é moi doado e abondará para as gravacións que poidamos facer...(1) Selecci...
Gravación e obtención de vídeosAgora teríamos o noso vídeo gravado en formato OGV, pero vemos que o programaRecordMyDeskto...
Gravación e obtención de vídeosAdemais de gravar a pantalla, realizar unha gravación con videocámara ou webcam oudescargar...
Gravación e obtención de vídeos                      Plugins para Firefox:https://addons.mozilla.org/es-ES/firefox/addon/v...
Gravación e obtención de vídeos» Unha vez instalado oplugin e reiniciado Firefoxaparecerá o botón ao ladodo título dos víd...
Gravación e obtención de vídeos    Sitio web de Filsh: http://www.filsh.net/
Gravación e obtención de vídeos                    Rematada a conversión...Filsh descarga vídeos pero tamén converte os ví...
6. Conversión de formatosDe entre os conversores de formato libres destacan WinFF e Arista. O primeiro érecomendable para ...
6. Conversión de formatos Arista» Conversor para dispositivos» Comezamos unha conversión (1)» Engadimos o arquivo (2)» Sel...
Actividade: Elaboración dun VideotitorialO obxectivo será preparar pequeno videotitorial dun minutiño sobre como se abre u...
8. Ampliando a bibliotecaPara ver máis polo miúdo a edición de vídeo e son:➔    Sitio web oficial para descarga de Audacit...
Ampliando a bibliotecaBancos de recursos:➔    Wikimedia: http://wikimediafoundation.org/➔    Open Clip Art Library: http:/...
Rematando ...Ideas, dúbidas, cuestións?
Agradecementos  @ Grazas a Luca Rossato pola imaxe da diapositiva 8@ Grazas a Creative Commons pola imaxe da diapositiva 9...
Máis presentacións, artigos e publicacións:    Na web:http://www.gabit.org@   Facebook:https://www.facebook.com/pages/Gabi...
PRODUCIÓN       Edición de vídeo e son (I)                                 CREADO E              www.gabit.org            ...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Edición de Vídeo e Son con software libre (I)

1,438 views

Published on

Edición de Vídeo e Son.

Juan Marcos Filgueira

(Versión en galego)

Published in: Education
  • Be the first to comment

Edición de Vídeo e Son con software libre (I)

  1. 1. PRODUCIÓN Edición de vídeo e son (I) CREADO E www.gabit.org DIRIXIDO POR DATA ESCEAS TOMA 10.10.2010 Moitas 1Edición de vídeo e son con software libre (I)Juan Marcos Filgueira Gomis, 2012/2013
  2. 2. Folla de ruta1. Introdución2. A creación de películas educativas3. Como obter recursos4. Gravación e edición de son5. Gravación e obtención de vídeos6. Conversión de formatos7. Actividades8. Ampliando a biblioteca
  3. 3. 1. Introdución Hoxe en día existen múltiples formas de elaborar recursos educativos que fagan uso de son ou vídeo.Grazas ao estendido uso das cámaras dixitais, webcams, móbiles con cámara e que gravan son e vídeo, reprodutores mp4 e outro longo etcétera de dispositivos, o apartado técnico de como obter a gravación deixa de ser un problema. Por outra banda as ferramentas de edición de software libre e outras aplicacións e servizos da web 2.0 vannos permitir realizar o proceso de edición e acabado dos recursos de xeito doado e completamente gratuíto.
  4. 4. Introdución: FormatosOs dispositivos de que dispoñemos vannos proporcionar un arquivo que podemospasar ao ordenador. Os formatos de arquivo (identificados pola súa extensión: .avi, .mp3, .mpg, ...) máis habituais que imos atopar son:Formatos de son (1) WAV (Máxima calidade pero tamén tamaño) (2) MP3 e o aberto OGG (Ideais para web) (3) Midi (Secuencias de sintetizadores)Formatos de vídeo (1) AVI e MPG 1/2/4 (Os máis habituais) (2) Windows Media Vídeo (propietario) (3) OGG (Aberto) (4) FLV (Vídeo Flash, para web) (5) Outros: MOV, RM, 3GP, ...
  5. 5. Introdución: Reprodutores Unha vez temos o arquivo nun formato no ordenador podemos visualizalo cun reprodutor de vídeo/son. O reprodutor levará unha serie de Códecs que lle vídeo/son permiten “entender” o arquivo e representalo en pantalla. Algunhas opcións son:Principais reprodutores:(1) VLC Player (Libre, todo tipo de códecs)(2) Totem (Libre, de serie co Gnome, moi bo)(3) Windows Media Player (Nos sistemas Windows)(4) Banshee, Rhythmbox, Amarok (Libres, para son)(5) Outros: Real Player, Divx, Quicktime, ...
  6. 6. Introdución: ConceptosCódecs: Formatos de COdificación e DECodificación dos vídeos para reducir oseu tamaño e facelos máis manexables. Ex.: Divx, Xvid, Cinepack, MPEG 1/2/4,etc..Streaming: Tecnoloxía que busca optimizar a visualización de vídeos porInternet. Realiza unha descarga progresiva do vídeo segundo o imos vendo, asínon hai que esperar a telo todo. Tamén transmite por secuencias, así podemospoñernos en calquera parte do vídeo para velo sen problema.Tamaño dos vídeos: O tamaño dos vídeos depende de moitos factores, ocódec, a resolución, nº de canles de cor, a taxa de bits, etc... os editores déixannosxogar con estes parámetros para que o vídeo coa menor perda posible se vexaben.Podcast: Subscrición periódica a un servizo de publicación de contidos enformato multimedia (aínda que se asocia máis a só son) perante tecnoloxías comoRSS.
  7. 7. Introdución: ConceptosPodemos ver os parámetros dun arquivo de vídeo ou son facendo clic co botóndereito sobre o arquivo e seleccionando “propiedades”:
  8. 8. 2. A creación de películas educativas Antes de poñernos a crear películas educativas como tolos, hai algúns pasos que debemos considerar sempre. Isto é, crear unha película educativa é como preparar unha clase, debemos ter uns obxectivos e para chegar a eles elaborar un guión.I. Obxectivos ¿Para que facemos a película? ¿Que queremos transmitir? ¿Utilidade para os alumnos/as?II. Guión (1) Presentación, títulos (2) Pasos do contido (Documental, entrevista, titorial, ...) (3) Despedida e créditos
  9. 9. 3. Como obter recursosSobre todo nos vídeos, pero tamén nos contidos de son que elaboremos podemos incorporarrecursos de fontes xa elaborados, gravacións doutras películas, imaxes, sons de efectosespeciais, e moitos máis... Aqueles que o indiquen explicitamente (Copyleft) Licenzas GNU/GPL, Creative Commons, Coloriuris, ou licenza de Arte Libre Conceptos chave: ✔ Liberdade total ✔ Uso comercial ✔ Atribución de autoría ✔ Modificación
  10. 10. Como obter recursos¿Onde se poden obter recursos con licenzas que nos permitan empregalos nas nosaspresentacións? Sitios ou directorios específicos: → Wikimedia Commons → Open Clip Art Library → Banco de sons e recursos do ITE → Jamendo → BlipTV → ccMixter → Youtube → Vimeo Buscadores de propósito xeral: → Busca avanzada de Google → Flickr → SpinXpress
  11. 11. Como obter recursos ITE: http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/Paisaxe
  12. 12. Como obter recursosBusca avanzada de Google: http://www.google.com/advanced_search?hl=es Castelo Castelo 1)1) Buscamos un termo ou frase2)-5) Seleccionamos un dereito de uso axeitado6) Buscamos
  13. 13. Actividade: Descarga de materias primas O obxectivo será buscas diferentes recursos de cada tipo,orientados por exemplo á materia que impartas. (1) Crea un cartafol «Recursos» que conteña á súa vez outros 4: «Imaxes», «Vídeos», «Sons», «Os meus arquivos» (2) Descarga dous arquivos de cada tipo (Imaxe, Vídeo e Son) e gárdaos no cartafol correspondente Nota: O cartafol «Os meus arquivos» será para gardar os arquivos que creemos nós máis tarde.
  14. 14. 4. Gravación e edición de sonDispoñemos de varias formas de gravar son, tanto sons de fondo ou ambiente, como a unhaou varias persoas falando. Desde dispositivos capturadores de son (Móbiles, reprodutores MP3 e MP4, e outros dispositivos gardan directamente o son a un arquivo e poderemos copialo a un ordenador, por exemplo vía USB, para traballar con el) Micrófono conectado ao ordenador (Infinidade de programas de gravación permítennos gardar o son nun ficheiro a partir dun micrófono interno ou externo conectado a un PC/Notebook/Tablet e incluso editalo) Desde dispositivos capturadores de vídeo (Podemos editar o arquivo con posterioridade e extraer o son, xa que vai nunha pista independente) Texto a voz (Algunhas utilidades e programas converten texto a voz, máis ou menos robotizada)
  15. 15. Gravación e edición de sonImos ver como gravar son cun micrófono conectado ao ordenador. Valen tamén cascos conmicrófono ou o micrófono interno dalgúns dispositivos se vai máis ou menos ben. Audacity » Programa de software libre multiplataforma (Windows, Mac, Linux, ...) » Editor de gravación e son » É raro que veña de serie nunha distro, haberá que instalalo » Exporta a case todos os formatos de audio/son » Ademais das ferramentas de edición trae filtros/efectos e opcións de análise
  16. 16. Gravación e edición de sonEn Gnome, e a maioría de contornos, as ferramentas que imos instalar para este tema, estaránna categoría «Son e vídeo»Nota: En moitos sistemas poderemos ver tamén un programiña chamado “Gravadora deson”, normalmente será a gravadora do sistema, coas funcionalidades básicas degravación.
  17. 17. Gravación e edición de son» O primeiro paso será conectar o micrófono ao ordenador» O segundo será comprobar que funciona correctamente, para iso podemos abrir a“Gravadora de son”, xa que é máis rápido e doado que o Audacity (1) Podemos configurar a entrada de son e a calidade coa que se vai gravar (2) Premer para gravar (3) Premer para deter a gravación ou reprodución (4) Reproducir o son que se gravou (Ogallá se oia algo) (5) Gardar o son nun ficheiro
  18. 18. Gravación e edición de sonSe todo vai ben abrinos e conseguimos gravarnos, perfecto, podemos abrir o Audacity. Senónhaberá que revisar a conexión do micrófono, ver se o temos silenciado, ou ben se temos variasentradas no equipo e temos configurada a que non é. No Audacity, repetimos a proba... (1) A primeira vez que abrimos o programa aparece unha pista baleira (2) Pode estar configurado o micrófono noutro dispositivo, así que deberemos revisalo (3) Premer para comezar a gravación (4) Deter a gravación/reprodución (5) Reproducir o son que se gravou (a ver se tamén se oe algo)
  19. 19. Gravación e edición de sonA voz e demais sons propáganse a través do aire na forma de ondas sonoras, que varíansegundo determinados parámetros. O micrófono captará esa onda e a transmitirá ao Audacitypara que a represente.
  20. 20. Gravación e edición de sonCando grave un son correctamente aparecerá representado na pista e poderemos pasar atraballar con el. (1) Aparece a representación do son na pista (2) Agora podemos xogar coas opcións de zoom para centrala no editor Nota: Se o temos configurado en estéreo aparecerán as dúas pistas
  21. 21. Gravación e edición de sonAgora podemos corrixir o son, recortando zonas, replicándoas, aplicando efectos ou inserindonovas partes en calquera posición da pista. (1) Seleccionamos unha zona (2) Podemos cortala/copiala e situándonos noutro punto pegala (Atallo CTRL+X/CTRL+C CTRL+V) (3) Recortar, quedándonos só coa parte seleccionada (4) Silenciar, eliminar todo o son (incluído o ruído) da parte seleccionada
  22. 22. Gravación e edición de sonNo menú “Editar” (1) dispoñemos de máis opcións... (2) Opcións para eliminar partes da pista (3) Opción de duplicar (copia a zona seleccionada a unha nova pista) (4) Opcións para gardar área, que almacena a selección (5) Máis opcións de configuración
  23. 23. Gravación e edición de sonCopiamos, eliminamos e movemos ata que quede perfecto e podemos aplicar efectos... (1) Seleccionamos unha zona, por exemplo a do final (2) Menú “Efecto” (3) Efecto “Esvaecer” que reduce progresivamente o volume para rematar en silencio a pista
  24. 24. Gravación e edición de sonEfectos• Amplificar son• Aparecer progresivamente• Esvaecer progresivamente• Eco• Inverter• Compresor/igualador• Cambiar velocidade/tempo/ton• Supresión de ruído• Moitos máis...
  25. 25. Gravación e edición de sonSeleccionando a nova pista imos a (1) “Ficheiro → Importar → Son” e seleccionamos unarquivo externo para importar, por exemplo unha canción que teñamos descargada en Mp3. O novo son aparecerá na pista (2). Como se pode ver a súa duración é moito maior que a gravación que estaba gardada na pista 1. Agora habería que recortala, axustala e pode que aplicarlle algún efecto.
  26. 26. Gravación e edición de sonCando xa teñamos a pista dúas adaptada “Ficheiro → Importar aplicados demais, podemosSeleccionando a nova pista imos a (1) á primeira, cos efectos → Son” eeseleccionamos unreproducir (1) as dúas a un tempo exemplo unha quedaría.arquivo externo para importar, por para ver como canción que teñamos descargada en Mp3. Se xa nos vale, podemos gardar o proxecto dende (2) “Ficheiro → Gardar proxecto” para a continuación exportar o son a un arquivo no formato que especifiquemos (WAV, MP3, Midi, Ogg, MP2, WMA, ...) dende (2) “Ficheiro → Exportar”.
  27. 27. Gravación e edición de sonEn resumo... Gravar Gardar como proxecto editable WAV MP3 OGG Importar Exportar como Midi arquivo de son MP2 WMA
  28. 28. Actividade: Elaboración dun PodcastO obxectivo será preparar un mini-Podcast dun minutiño a xeito de presentación do que seráunha serie de audiotitoriais. P.ex.: “Son fulano, profesor de tal, e vos vou falar deste tema...” (1) Prepara o guión sobre o que se falará ese minuto. (2) Nun proxecto de Audacity, gravar a través do micrófono a locución do escrito no guión. (3) Nunha pista paralela engadir unha pequena música de fondo tamén de 1m de duración. (4) Axustar e aplicar efectos ata que quede ben feitiño. (5) Exportar a saída a un arquivo “Podcast1.mp3” en formato MP3. (6) Move o arquivo “Podcast1.mp3” ao cartafol «Recursos › Os meus arquivos»
  29. 29. 5. Gravación e obtención de vídeosComo acontecía co son, dispoñemos de varias formas de gravar ou crear un vídeo, xa que hoxeen día está integrado en moitos dispositivos...Desde dispositivos capturadores de vídeo(Móbiles, videocámaras ou cámaras de fotos dixitais confunción de vídeo, gardan directamente o vídeo a unarquivo e poderemos copialo a un ordenador, porexemplo vía USB/Firewire, para traballar con el)Webcam conectada ao ordenador(Infinidade de programas de gravación permítennos gardaro vídeo nun ficheiro a partir dunha webcam interna ouexterna conectada a un PC/Notebook/Tablet e inclusoeditalo con pequenos efectos)Gravación do escritorio(Existe software que permite realizar unha gravacióndirectamente da pantalla do ordenador, que poden ademaisindicar con efectos eventos como clics de rato, as teclas, ...)
  30. 30. Gravación e obtención de vídeosImos ver o último tipo, como gravar do escritorio, o que nos permitirá a elaboración devideotitoriais para os alumnos sobre como realizar tarefas no ordenador. Temos variasalternativas libres, dispoñibles por exemplo no Centro de Software de Ubuntu... RecordMyDesktop » Capturador de audio e vídeo a partires do escritorio » Permite seleccionar unha ventá ou área » Se falamos polo micrófono xa se almacena no vídeo » Configúranse os parámetros para a calidade da gravación » Garda o vídeo en formato OGV RecordItNow » Capturador de audio e vídeo a partires do escritorio » Permite seleccionar unha ventá/área/escritorio completo » Configúranse máis parámetros (rato, teclado, zoom, atallos, ...) » Garda o vídeo en formato OGV » Da a opción de subir directamente a Youtube ou Blip.tv
  31. 31. Gravación e obtención de vídeosRecordMyDesktop, é moi doado e abondará para as gravacións que poidamos facer...(1) Seleccionamos a ventá ou área a capturar(2) Podemos seleccionar unha área ou parte da ventá(3) Configuramos a calidade coa que se gardará(4) Comezamos a gravar e detemos ao rematar dende a icona denotificación(5) Gardamos en formato OGV (Formato libre OGG Vídeo)
  32. 32. Gravación e obtención de vídeosAgora teríamos o noso vídeo gravado en formato OGV, pero vemos que o programaRecordMyDesktop (igual que outros capturadores de pantalla) quédasenos algo curto para...¿Outros formatos? Algúns programas, sitios web, ou dispositivos pídennos formatos específicos como AVI ou MPG. O vídeo sempre podemos convertelo a outro formato con programas conversores específicos como Arista e WInFF ou editores de vídeo como Openshot ou Kino. ¿Editar o vídeo? Como vimos no editor de son, teríamos que eliminar partes, inserir vídeos externos, aplicar efectos e facerlle algúns retoques máis para deixalo perfecto, o que precisaremos será entón empregar un Editor de Vídeo como Openshot ou Kino para deixalo perfecto.
  33. 33. Gravación e obtención de vídeosAdemais de gravar a pantalla, realizar unha gravación con videocámara ou webcam oudescargar un vídeo podemos descargarnos de Internet vídeos en formato Flash dendeservizos da Web 2.0 como Youtube ou Vimeo para engadir partes dos mesmos nas nosaspropias creacións.¿Como descargar un vídeo de Youtube?Temos varias formas de facelo:» A través de plugins de descarga integrados no navegador: VideoDownloadHelper, Youtube Downloader, ...» A través de programas xestores de descarga como: JDownloader, VDownloader,aTube Catcher, VideoTodo, TubeMaster, ...» A través de servizos 2.0 como: iDesktop.tv ou filsh
  34. 34. Gravación e obtención de vídeos Plugins para Firefox:https://addons.mozilla.org/es-ES/firefox/addon/video-downloadhelper/
  35. 35. Gravación e obtención de vídeos» Unha vez instalado oplugin e reiniciado Firefoxaparecerá o botón ao ladodo título dos vídeos e nabarra de ferramentasprincipal» Para descargar un vídeodespregamos calquera dosbotóns e prememos“Download” para descargar
  36. 36. Gravación e obtención de vídeos Sitio web de Filsh: http://www.filsh.net/
  37. 37. Gravación e obtención de vídeos Rematada a conversión...Filsh descarga vídeos pero tamén converte os vídeos, deixándonosengadirlle unha lista de vídeos que se irán convertendo en secuencia.
  38. 38. 6. Conversión de formatosDe entre os conversores de formato libres destacan WinFF e Arista. O primeiro érecomendable para conversións rápidas e o segundo para conversións específicas para undeterminado servizo ou dispositivo.WinFF» Interface gráfica para a utilidade FFmpeg» Engadimos un, ou máis, arquivos en secuencia (1)» Seleccionamos o formato de saída (2): AVI, WMV, DVD, VCD, para móbiles, ...» Como opcións adicionais permite recortar o vídeo e sincronizar son (3)» Converter e listo! (4)
  39. 39. 6. Conversión de formatos Arista» Conversor para dispositivos» Comezamos unha conversión (1)» Engadimos o arquivo (2)» Seleccionamos o dispositivo desaída (3):● Móbiles Android● Ipad, Ipod, Iphone● Reprodutores DVD● Consolas PSP, PS3● PDA● Móbiles por marca (Nokia,Samsung, Sony, HTC, ...)● Flash vídeo● Youtube/Vimeo● Formatos web● Outros formatos para ordenador
  40. 40. Actividade: Elaboración dun VideotitorialO obxectivo será preparar pequeno videotitorial dun minutiño sobre como se abre unprograma, o Audacity, por exemplo. (1) Prepara o guión sobre o que se falará ese minuto. (2) Co programa RecordMyDesktop realiza a gravación do vídeo. (3) Converte o vídeo do formato OGV a AVI co programa WinFF (4) Garda os dous arquivos (OGV e AVI) no cartafol «Recursos › Os meus arquivos»
  41. 41. 8. Ampliando a bibliotecaPara ver máis polo miúdo a edición de vídeo e son:➔ Sitio web oficial para descarga de Audacity: http://audacity.sourceforge.net/?lang=es➔ Sitio web oficial con documentación en español de Audacity: http://wiki.audacityteam.org/wiki/Spanish_Front_Page➔ Páxina do ITE do curso Multimedia e Web 2.0: http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/155/cd/indice.htm➔ Sitio web oficial de RecordMyDesktop: http://recordmydesktop.sourceforge.net➔ Sitio web oficial de Arista: http://www.transcoder.org/➔ Sitio web oficial de WinFF: http://winff.org/html_new/
  42. 42. Ampliando a bibliotecaBancos de recursos:➔ Wikimedia: http://wikimediafoundation.org/➔ Open Clip Art Library: http://openclipart.org/➔ ITE: http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/➔ Jamendo: http://www.jamendo.com/es/➔ CCMixter: http://ccmixter.org/➔ Blip.tv: http://blip.tv➔ Youtube: http://youtube.esBuscadores xerais:➔ Flickr: http://www.flickr.com/creativecommons/➔ Google: http://www.google.com/advanced_search?hl=es➔ SpinXpress: http://spinxpress.com/
  43. 43. Rematando ...Ideas, dúbidas, cuestións?
  44. 44. Agradecementos @ Grazas a Luca Rossato pola imaxe da diapositiva 8@ Grazas a Creative Commons pola imaxe da diapositiva 9@ Grazas a Candy Nightmare pola imaxe da diapositiva 19 @ Grazas a Paloma Chen pola imaxe da diapositiva 24
  45. 45. Máis presentacións, artigos e publicacións: Na web:http://www.gabit.org@ Facebook:https://www.facebook.com/pages/Gabit/420853864605648@ Twitter:https://twitter.com/InfoGabit@ Slideshare:http://www.slideshare.net/marcosfilgueira
  46. 46. PRODUCIÓN Edición de vídeo e son (I) CREADO E www.gabit.org DIRIXIDO POR DATA ESCEAS TOMA 10.10.2010 Moitas 1 THE ENDEdición de vídeo e son con software libre (I)Juan Marcos Filgueira Gomis, 2012/2013

×