Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Incorporación do Dereito de Sociedades ao Blockchain: especial referencia ás ICO - Xoán Gónzalez Dafonte

69 views

Published on

Na tradición xurídica americana, en concreto sendo pioneiro o Estado de Delaware, comeza a ser unha realidade a incorporación da tecnoloxía Blockchain ao Dereito de Sociedades.
Pola súa banda, as Institucións Europeas veñen de anunciar a creación dun Fórum de estudo do Blockchain, coa fin de definir un marco estábel de regulación.
Neste senso, o dereito aplicado a este novo paradigma operacional é todo un mundo por descubrir, e especialmente a súa relación co Dereito Mercantil e, dentro deste, co Dereito Societario.
Coa fin de achegar unha aproximación á temática apuntada, centraremos o noso relatorio na Initial Coin Offering (chamada ICO), como instrumento de financiamento de proxectos. Procederemos a explicar os seus conceptos básicos, as súas fases e funcionamento interno, así coma a súa regulación tanto en España coma no estranxeiro.
Debido ás estafas producidas o abeiro das ICOs e para tentar aliñar os intereses dos distintos axentes que concorren en ditas organizacións, xurdiron varios proxectos de gobernanza das mesmas. Neste contexto, tentarase situar o lugar do Dereito societario ante tal fenómeno.

Autor: Xoán González Dafonte
https://www.abogados504.es

#Galeg@lTIC
#Galeg@lCHAIN

Published in: Law
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Incorporación do Dereito de Sociedades ao Blockchain: especial referencia ás ICO - Xoán Gónzalez Dafonte

  1. 1. INCORPORACIÓN DO DEREITO DE SOCIEDADES AO BLOCKCHAIN: ESPECIAL REFERENCIA ÁS ICOS Xoán González Dafonte Nerus Abogados 2018
  2. 2. INITIAL COIN OFFERING
  3. 3. QUÉ SON AS ICOS?  ICO é un acrónimo que significa Initial Coin Offering, e dicir, oferta inicial de moneda.  A súa finalidade principal ten que ver co finanzamento dun proxecto empresarial.  Xeneralmente empreganse para financiar proxectos basados na tecnoloxia blockchain (inda que realmente pode financiar calquera producto empresarial).  Para obter ese financiamento, dito proxecto ofrece os inversores unhas criptomoedas ou tokens en troque de outras criptomoedas.
  4. 4. OBXECTO DA PRESENTACIÓN  FASES DUNHA ICO. Elementos que a compoñen e factores relevantes a hora escoller unha ICO.  DEREITO COMPARADO. Lexislación doutros países sobre o tema e previsión da lexislación que se lle aplicara as ICOs en España.  DEREITO MERCANTIL. Pequena aproximación do dereito societario a gobernanza das ICOs co fin de alinear intereses de inversores e iniciadores da ICO.
  5. 5. IDEAS RESPECTO DAS ICOS  SERVEN PARA FINANCIAR EMPRESAS E CONSIDÉRANSE PRODUCTOS DE INVERSIÓN. Logo veremos que isto ten as súas consecuencias lexislativas.  A SÚA ESTRUCTURA ARGÁLLASE NA PLATAFORMA ETHEREUM. Isto é debido a que na Plataforma Bitcoin só se pode programar funcións relacionadas co diñeiro, en concreto o seu bloqueo e liberación.  A PLATAFORMA ETHERUM E MOITO MÁIS PROGRAMABLE. O Ether ten catro funcións distintas, aínda que a máis utilizada é o protocolo CR20.  PERDIDA DO CONTROL DA INVERSION AO ADQUIRIR OS TOKENS. Perdemos o control da xestión sobre a nosa inversión en cryptos, xa que pasan a ser da ICO.
  6. 6. COMO VALORAR UNHA ICO É importante ter moi en conta os seguintes factores:  A súa idea.  O White Paper.  O equipo da ICO.  O tipo de Token que ofrece.  O código que vai a usar a ICO. Importante se está en Gibhub.  Como distribuirán o capital recaudado.  Ver se o proxecto ten comunidade e de que tipo é.  Auditoria.  Termos e condiciones. CONSULTADO DENDE A PÁXINA DE ICOFUNDING
  7. 7. FASES DUNHA ICO  PREICO O PRE PRE SALE (TRADICIONAL): as persoas que queren facer unha ICO saben que esta vai ter uns custos moi altos, por exemplo porque van ter problemas regulatorios (custos legais). Neste sento poderá comprobarse que España e pouco ICOfriendly polo que xeralmente elixense paises como Suiza, Estonia ou Singapur, entre outros.  Nesta fase débese facer marketing e os programadores comezar a desenrolar o Smart contract.  Na labor de marketing é importante que xa esté listo o WHITE PAPER, documento similar a un resumo do proxecto que fai mención, entre outras cousas, a:  Obxecto do proxecto.  Tokens da ICO.  Montaxe de proxecto,  Prediccións sobre a viabilidad económica. ALGUNHAS PARTES EXTRAÍDAS DO PODCAST BLOCKCHAIN MINUTES (ALTAMENTE RECOMENDADO)
  8. 8. FASES DUNHA ICO  ROADSHOW: Campaña de visitas internacionais na busqueda de inversores para o proxeco. Non esquezamos que agora pode invertir en ICOs calquera persoa do mundo. Pódense ofrecer descontos a quenes estén interesados.  PRE SALE: Nesta fase véndense tokens de maneira privada con descontos importantes. Isto está pensado para inversores que van poñer unha cantidade de capital significativa ou para socios estratexicos que á ICO lle resulte útil. Despois de esta fase, escomenzarase a distribuir tokens durante un tempo a determinar pola ICO, xa de maneria pública.  CROWDSALE: Unha vez aberta oferta pública de Cryptos ou tokens, a xente interesada na ICO cambiara Ethers por tokens. Para isto abrese un prazo que soe oscilar entre duas semanas e un mes. Neste senso, o que adquiren as personas que interveñen no Crowdsale e o dereito a usar os tokens adquiridos nesta fase nunha plataforma online. ALGUNHAS PARTES EXTAÍDAS DO PROGRAMA BLOCKCHAIN MINUTES (ALTAMENTE RECOMENDADO)
  9. 9. ADQUISICIÓN DE TOKENS  INTERCAMBIO DE BTC OU ETH POR TOKENS.  CASAS DE CAMBIO. En caso de non ter Cryptos, ou non querer empregalos, podes usar unha casa de cambio “centralizada” como Coinbase, transferindo cartos da tua conta bancaria a conta de Coinbase.  Carteira de Cryptos online. Non tódalas contas de intercambio poden participar nas ICOs, polo que ter unha carteira de Cryptos online. Se temos en conta que a gran maioiria de ICOs van “montadas” en Ethereum é importante que esa carteira online sexa de Ethereum.  Cando escomence o Crowdsale ou venta de tokens debes enviar ETH a dirección que obtiveches do equipo que organiza a ICO. CONSULTADO DENDE A PÁXINA DE ICOFUNDING
  10. 10. ADQUISICIÓN DE TOKENS  A propia transación ten un custe de gas que básicamente son ETH para accionar transaccións e darlle velocidade as mesas.  Unha vez realizaches a transacción podes recibir os tokens xusto o realizar a transacción, nuns días ou excepcionalmente, terás que canxear os tokens de forma manual. CONSULTADO DENDE A PÁXINA DE ICOFUNDING
  11. 11. TIPOS DE TOKENS Existe varios tipos de tokens, pero os mais habituais nas ICOs son:  “SECURITY TOKENS”, que segundo a CNMV serían: “Generalmente otorgan participación en los futuros ingresos o el aumento del valor de la entidad emisora o de un negocio”. E dicir, representan capital, débeda de posta en marcha da empresa ou participación en ingresos futuros da empresa. Neste caso, tratase dunha inversión.  “UTILITY TOKENS”, tamén definidos pola CNMV: “Dan derecho a acceder a un servicio o recibir un producto, sin perjuicio de lo cual con ocasión de la oferta se suele hacer mención a expectativas de revalorización y de liquidez o a la posibilidad de negociarlos en mercados específicos”. Inda que da dereito a usar un servicio, o CNMV introducelle unha función especulativa para “move-lo” token. Xeralmente, as ICOs que emiten estes tokens son as ICOs participativas. CONSIDERACIONES DE LAS CNMV SOBRE "CRIPTOMONEDAS" E "ICOS" DIRIGIDAS A PROFESIONALES DEL SECTOR FINANCIERO 08/02/2018
  12. 12. DEREITO COMPARADO USA  A Financial Crimes Enforcement Network (FinCEN) pronunciouse e di que ás criptomonedas débeselles aplicar a lei de segredo bancario, en concreto se lles debe aplicar os exchanges e os administradores de criptos (Isto poderá afectar as ICOs ali constituidas).  A SEC (a Comisión de Bolsa e Valores​​ de Estados Unidos) considera que é de aplicación os tokens a Securities Act de 1933 (Securities Act). E dicir, os considera unha “securitie” (un activo financieiro como pode ser un bono, unha acción, etc), de xeito que deben ser rexistrados conforme as leis federais das securities. E máis, a SEC tamén considera que aquelas ICOs que ofrezan tokens sen rexistrarse estarán infrinxindo a Act de 1933.
  13. 13. DEREITO COMPARADO Respecto a estados concretos de USA sinalar:  NEVADA: aprobou leis conforme as cales os Smart Contract teñen recoñecemento legal e están libres de impostos.  CONNECTICUT: esixiu a aqueles que operen con cryptos obter unha licencia para poder operar coas mesmas (tanto para posesión como para administración).  NEW HAMPSHIRE: aplicará a aqueles que operen con moedas virtuais a obriga de rexistrarse como transmitente de diñeiro (considerándose profesionais)
  14. 14. DEREITO COMPARADO AUSTRALIA  A Australian Securities and Investments Commission considera que dependendo das circunstancias que concorran na ICO, esta pode ser considerada unha oferta pública de accións, transaccións de derivados ou esquema de inversión xestionado.  Establécese así como un producto financieiro, polo tanto se lle deben aplicar as leis correspondentes a plataforma na que se venden (no noso caso a ICO) e polo tanto dita plataforma debería obter unha licencia de mercado concedida polo mercado Australiano.
  15. 15. DEREITO COMPARADO SINGAPUR  En outubro de 2017 a asociación de bancos de Singapur (ABS) incorporou tres modelos de sotfware para implementar nos bancos un sistema de pagamentos descentralizado conservando a privacidade das transaccións. REINO UNIDO  Considera as ICOs un producto financieiro e altamente especulativo, pero a nivel xurisdiccional di que estudiará as ICOs caso por caso.
  16. 16. DEREITO COMPARADO ISO  A organización mundial para a estandarización estableceu o Comité Técnico 307 para redactar os estandars do Blockchain e o DLT. Nese senso, no desenrolo da ISO 22739 para o Blockchain e DLT existen 5 subcomités que se centran no seguinte: I. Taxonomia y ontologia (lenguaje documental) II. Casos de uso. III. Seguridade e privacidade IV. Identidade V. Smart Contracts
  17. 17. DEREITO COMPARADO LEXISLACIÓN EN EUROPA  En febreiro de 2017 o Parlamento Europeo, en concreto a sección de Avaliación de Opcións de Ciencia e Tecnoloxia (STOA acrónimo inglés) identificou o grande potencial do Blockchain e estableceu que debe comenzarse a investigación de sistemas de votación e de sistemas de tracking de medios dixitais e contratos comerciais, todos eles basados nesta tecnoloxía.  Ademáis, fai poucas semanas estableciase un Forum permanente de Blockchain a nivel Europeo onde estarán, entre outras persoas, a avogada Cristina Carrascosa.
  18. 18. DEREITO EN ESPAÑA  En febreiro de 2018 a CNMV, emitiu os documentos “Consideraciones de la CNMV sobre “criptomonedas” e “ICOs” dirigidas a los profesionales del sector financiero”, neles veñen a facerse as seguintes consideracións: 1. Se a ”cripto” ou “token” atribue dereitos ou expectativas de dereitos de participación potencial en rentabilidade ou dereitos parecidos a accións, obigacións ou outros instrumentos, isto posicionaría a ICO no artigo 2 da Ley de Mercado de Valores. 2. Se a “cripto” ou “token” concede o dereito a acceder a servicios, entendese que non sería considerado un valor negociable, agás que se tivera a expectativa de que se revalorizase ese token comerciando con él no mercado de cryptos.
  19. 19. DEREITO EN ESPAÑA  Conclusión, a ollos da CNMV os tokens emitidos son considerados valores negociables, polo tanto lles resultaría de aplicación:  Ley de Mercado de Valores.  Real Decreto 217/2008, de 15 de febrero (Ley de Servicios de Inversión).  Normativa MIFID II.  Directiva de folletos.  Lei de consumidores e usuarios.  Lei de protección de datos.  O problema para as Pymes e que non dispoñen de equipo para cumprir os requisitos que esixen as normas anteriores. Por exemplo a elaboración do folleto.  Neste senso as ICOs deberán estar autorizadas polo CNMV e cumprir as requisitos legais propios das ofertas públicas.
  20. 20. BLANQUEO DE CAPITAIS  As leis de prevención de blanqueo de capitais poden meter nun problema a ICO de realizarse pagos de máis de 1000€ en efectivo. En concreto a Lei de prevención de blanqueo de capitais e financiación do terrorismo define pago en efectivo a: “Cualquier otro medio físico, incluidos los electrónicos, concebido para ser utilizado como medio de pago al portador”.  Pagar en cryptos (para obter os tokens), considerase un medio de pago e non deixa claro cal e o orixe dos fondos nin o seu destino. ¿Solución para os ICO launchers?, o pago con tarxetas, transferencias ou cheques nominativos.
  21. 21. DEREITO SOCIETARIO
  22. 22. INTEGRACIÓN NO DEREITO  Dende finales de 2017 en Delaware existe lexislación que ampara o uso do Blockchain no Dereito societario, en concreto unha lei que modificará a Ley de Sociedades neste ámbito.  En EEUU existe problema de ausencia de rexistros publicos para obter información, cousa que en España non pasa co Rexistro Mercantil.  En primer termo aplicará “smart records” ou rexistros intelixentes para automatizar as normas relativas de retención e destrucción de archivos.  Axilizará as transaccions entre empresas.  Solucionará os problemas dos rexistros de accionistas nas Compañias radicadas en Delaware.
  23. 23. AS ESTAFAS COMO CONTINXENCIA  Retomando unha das ideas inciais, unha obtindos os tokens pérdese o control sobre a inversión e o resultado do financiamento do proxecto. Para evitar isto crearonse as DAO, o proxecto DAICO e System Coin Gobernance.  O esquema dos anteriores sistemas consiste en que o diñeiro investido na ICO vaise liberando gradualmente, e no momento en que un dos usuarios da ICO pon una queixa, o diñeiro deixa de liberarse para realizar unha votación sobre o funcionamiento do proxecto. Quen perde a votación perde diñeiro e quen gaña votación o recibe.  A idea sería incorporar os estatutos un sistema de votación de acordos para as inversións mensuais ou semanais da sociedade, posibilitando e reequilibrando as posicións dos socios minoritarios.
  24. 24. AS ESTAFAS COMO CONTINXENCIA  Para conseguilo necesitaríamos uns estatutos sociais que explicasen de maneira detallada o sistema de votación, basado en blockchain, dos proxectos.  Cómprenos establecer o Smart Contract da votación para integrar o sistema e os asuntos que se van votar.  No caso de que se teñan que verificar datos de fora da blockchain precisarase un oráculo

×