Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Hai un elefante rosa no salón

378 views

Published on

Exercio para traballar os privilexios de sexo, xénero, orientacion sexual, cis, de clase, de raza, de capacidade ou procedencia

Published in: Education
  • Login to see the comments

  • Be the first to like this

Hai un elefante rosa no salón

  1. 1. Hai un elefante rosa no salón
  2. 2. Podo ter a confianza de que ninguén pensará que conseguín un traballo polo meu sexo.
  3. 3. Podo estar segura de que sempre que viaxe vou atopar produtos para o meu cabelo ou cosméticos da miña cor de pel.
  4. 4. Podo demostrar afecto pola miña parella sentimental, estea onde estea, sen medo a ser incomodada ou a vivir un episodio de violencia.
  5. 5. Sei con seguridade que se non promociono ou ascendo nun traballo, non será nunca por nada relacionado co meu xénero.
  6. 6. Nunca vivín unha situación na que se burlaran ou ridiculizaran o meu acento.
  7. 7. Nunca fun a única persoa da miña raza ou orientación sexual nun traballo ou nunha clase.
  8. 8. Teño nacionalidade española.
  9. 9. Onde vivo os días festivos son os da miña relixión.
  10. 10. Non precisei nunca de bolsa de estudos.
  11. 11. Nunca se atribuíron os meus erros a algo que non tivera que ver coa miña habilidade ou aptitudes individuais.
  12. 12. A miña nai ou o meu pai non traballaban noites nin fins de semana.
  13. 13. Se decido non ter descendencia a miña identidade de xénero non será posta en dúbida.
  14. 14. Se teño crianzas e lles proporciono os coidados básicos, recibirei afagos se son lixeiramente competente.
  15. 15. As posibilidades de que as miñas representantes electas sexan coma min son moi altas. Canto máis alto e prestixioso sexa o posto, máis certo será.
  16. 16. De crianza nunca tiven que buscar referentes positivos, activos e non estereotipados con quen identificarme alén das canles convencionais.
  17. 17. Podo ter a confianza de que, na grande maioria dos casos, se pido ver «á persoa responsable» será alguén con quen me identifico.
  18. 18. Non se espera que estea constantemente defendendo as miñas decisións médicas.
  19. 19. A seguridade social non me exclúe específicamente de recibir determinados tratamentos ou beneficios a causa da miña identidade de xénero ou orientación sexual.
  20. 20. Se teño un mal día ninguén me vai preguntar polo estado do meu ciclo hormonal.
  21. 21. Non teño que preocuparme sobre se poderei atopar un baño ou vestiario seguro e accesible.
  22. 22. A miña identidade de sexo, xénero ou orientación sexual nunca foi considerada unha enfermidade mental.
  23. 23. Non se espera que estea constantemente defendendo as miñas decisións médicas.
  24. 24. Se teño que mudarme, podo estar segura de que poderei alugar ou mercar unha vivenda nunha zona na que poida permitirme vivir e desexe vivir.
  25. 25. A validez da miña identidade non se basea en canto me operei.
  26. 26. Persoas que non coñezo non asumen que poidan preguntarme cómo son os meus xenitais nin cómo manteño relacións sexuais.
  27. 27. Se teño descoidos na miña condución non será atribuído ao meu sexo.
  28. 28. Se non entro nun canon normativo de beleza, as desvantaxes serán pequenas e facilmente ignorables.
  29. 29. Podo berrar sen que ninguén me califique de histérica.
  30. 30. A decisión de contratarme nunca estará baseada en suposicións sobre a miña decisión de ter ou non descendencia.
  31. 31. Cando comparto as tarefas domésticas cunha persoa do sexo contrario ao meu é posible que a outra faga a maior parte do traballo, en particular as tarefas máis repetitivas e desagradecidas.
  32. 32. Non recibo constantes mensaxes sociais para que adelgace.
  33. 33. Se manteño relacións con moita xente, non serei cuestionada nin ninguén se burlará de min.
  34. 34. Podo conectar a televisión ou botar un vistazo aos xornais e ver a xente do meu sexo sobrerrepresentada.
  35. 35. E ti, que privilexios tes??

×