Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Deseño tarefa gloria

112 views

Published on

Un libro de receitas creado entre todos-as os alumnos.-as de 4º de primaria do CEIP Canicouva.

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Deseño tarefa gloria

  1. 1. CURSO: 4º ÁREAS: Lingua Galega, Ciencias Naturais TEMPORALIZACIÓN: Segundo trimestre TÍTULO: “O LIBRO DE RECEITAS DE 4ºB” DESCRICIÓN: Elaboración de receitas creativas, exposición do proceso, degustación e valoración das mesmas. PRODUTO: Libro de receitas creativas Actividade 1: Creación por parte de cada alumn@ dunha receita o máis creativa posible. - Visualización en Internet e en libros de receitas de diversas receitas. - Escoller unha á que se lle poida engadir algún elemento ou ingrediente que la faga diferente. - Escribir a receita en Word. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE: LGB2.5.1. Utiliza, de forma guiada, as tecnoloxías da información. LGB3.5.1. Usa, de xeito guiado, programas informáticos de procesamento de texto. L.G.B.2.1.3. Busca, localiza e selecciona información concreta dun texto sinxelo, adecuado a súa idade. Actividade 2: Elaboración da receita na casa con axuda da súa familia. - Cociñar cada alumn@ a receita na súa casa. - Sacar fotos do proceso. - Enviar as fotos do proceso ao correo electrónico da aula. - Elaborar, ao tempo que fai a receita, o guión para a exposición oral. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE: L.G.B.3.1.1.Planifica a elaboración do texto, antes de comezar a escribir, xerando ideas, seleccionando e estructurando a información. Actividade 3: Exposición oral da receita - Expoñer oralmente a receita por parte de cada alumn@ explicando cada unha das imaxes do seu proceso de elaboración: ingredientes e modo de elaboración. - Darlle a proba aos seus compañeir@s - Sacar fotos dese momento - Valoración por escrito dos compañeir@s da receita presentada.
  2. 2. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE: L.G.B.1.6.1. Planifica e elabora un discurso oral coherente, na secuencia de ideas ou feitos utilizando un vocabulario adecuado á súa idade. LGB1.5.3. Emprega unha postura e xestualidade adaptada ao discurso, para reforzalo e facilitar a súa comprensión. LGB1.5.4. Exprésase cunha pronuncia e dicción correctas: articulación e volume. C.N.B.2.3.1. Clasifica e diferencia alimentos en función dos nutrientes principais. Actividade 4: Elaboración do libro de receitas - Organizar cada nen@ un dossier coa súa receita na que se incluia: a receita, imaxes da sua elaboración, imaxes da exposición e da degustación e as valoracións por escrito dos seus compañeir@s. - Recopilar todos os dossier e facer o libro de receitas ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE: C.N.B.1.1.2. Presenta os traballos, en soporte dixital ou papel, de maneira ordenada, clara e limpa.

×