Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

T.7. A arte paleocristiá

975 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

T.7. A arte paleocristiá

  1. 1. TEMA VII A ARTE PALEOCRISTIANA
  2. 2. A arte paleocristiana ÍNDICE 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. Contexto histórico As primeiras manifestacións da arte cristiá A arquitectura paleocristiá A escultura paleocristiá Os mosaicos paleocristiáns A pintura paleocristiá Vocabulario Actividades Comentario de texto A arte e o cine Modelo de examen Para consultar e ampliar
  3. 3. 1. Contexto histórico CARACTERÍSTICAS CARACTERÍSTICAS XERAIS 1. A cultura paleocristiana espallouse polo Mediterráneo occidental 2. Trala caída do imperio romano no século III d.C. e a posterior invasión dos pobos bárbaros do norte de Europa no século V. d.C. • A nivel político esta zona do continente caracterizouse polo establecemento de diferentes reinos que non chegaron a ser Estados políticamente organizados e acabaron seguindo as estructuras romanas. • Económicamente adicábanse á agricultura e á gandería. 3. A arte paleocristiana desenvolveuse durante os cinco primeiros séculos da nosa era nas terras do antigo imperio romano. • A súa sociedade era estamental e cada pobo tiña unha estructura diferente para organizarse. 4. Non é unha arte de un pobo ou zona concreta senón que se trata da arte dos primeiros cristianos. • Na arte a súa contribución máis importante centrouse nos campos da miniatura, a ourivería e as artes decorativas: fíbulas, broches, colares,etc.. • O cristianismo influiu notablemente na cultura destes pobos.
  4. 4. 2. As primeiras manifestacións da arte cristiá CARACTERÍSTICAS XERAIS CARACTERÍSTICAS • Os cristiáns non aceptan incineración; é necesario lugar para enterrar mortos • Xurden as catacumbas • Partes das catacumbas: • ambulacri: galerías excavadas no solo • loculi: nichos que se abren nos muros das galerías para enterrar • cubiculum: cámaras nas que desembocan as galerías. Eran lugar de reunión e rituais • arcosolium: nicho composto nos cubiculum sobre o que se dispón un arco a modo de bóveda: Lugar ideal para realización de pinturas • Nas pinturas das catacumbas úsase a técnica de fresco • Pinturas de temática ambivalente • Imaxes que carecían de sentido para os non iniciados pero sí para os cristiáns
  5. 5. 2. As primeiras manifestacións da arte cristiá EXEMPLOS DE CATACUMBAS CATACUMBAS CATACUMBAS DE PRISCILIA.DESCOÑECIDO. SÉCULO III. CAPELA DA VELATIO.ROMA.ITALIA
  6. 6. 2. As primeiras manifestacións da arte cristiá EXEMPLOS DE CATACUMBAS CATACUMBAS Arcosalium CATACUMBAS DE PRISCILIA.DESCOÑECIDO. SÉCULO III. CAPELA DA VELATIO.ROMA.ITALIA
  7. 7. 2. As primeiras manifestacións da arte cristiá EXEMPLOS DE CATACUMBAS CATACUMBAS Loculi Criptas (galerías) CATACUMBAS DE SAN CALISTO .DESCOÑECIDO. SÉCULO III .ROMA.ITALIA
  8. 8. 2. As primeiras manifestacións da arte cristiá CATACUMBAS EXEMPLOS DE CATACUMBAS CATACUMBAS DE DOMITILA .DESCOÑECIDO. SÉCULO III .ROMA.ITALIA CATACUMBAS DE SANTA SABINA .DESCOÑECIDO. CATACUMBAS DE SAN MARCELINO.DESCOÑECIDO SÉCULO III .ROMA.ITALIA SÉCULO III .ROMA.ITALIA
  9. 9. 3. A arquitectura paleocristiá CARACTERÍSTICAS XERAIS CARACTERÍSTICAS •A arquitectura paleocristiana ten dúas etapas ben diferenciadas: •1- Antes do Edicto de Milán (313). Os cristiáns non teñen liberdade para manifestar as súas crenzas e son perseguidos, polo que os seus templos son lugares ocultos (catacumbas). •2- Despois do Edicto de Milán (313). A arte manifestouse libremente mediante unha nova arquitectura e unha linguaxe simbólica. •- Destacaron as catacumbas antes de 313. •- Destacaron as basílicas tralo Edicto de Milán 313. diferentes cores. - Ao lado das basílicas adoitan construír os baptisterios de planta circular adicados ó bautismo. Eran de planta circular e no centro situabas a pila - Tamén fóra das basílicas están os martyrium que son pequenas igrexa adicadas a venerar os restos dun mártir. Son xeralmente edificios copiados do romanos de planta circular e no centro sitúase o sarcófago ou restos do difunto e as reliquias.
  10. 10. 3. A arquitectura paleocristiá AS BASÍLICAS CARACTERÍSTICAS • Planta derivada dos romanos con tres naves e cabeceira en forma de ábsida • Espacio procedido de un adro, espacio exterior xeralmente porticado á entrada da básilica. • No nártex, parte porticada do adro, sitúanse os catecúmenos, perosonas que aínda non recibiran o bautismo • Interior dividido en tres ou cinco naves separadas por columnas con arcos de medio punto • As columnas sosteñen entaoamentos lisos ou artesonados, aínda que a teitume exterios soe ser a dúas augas. • A nave central é a máis alta a a máis ancha. • Nas naves laterais sitúanse os matronium, espacio para ás mulleres. • Sobre as arcadas das naves laterais e sobre o matronium adoitan por o triforio, galería de ventás que permitía a entrada de luz e cumplían ademais unha función decorativa. • A ábsida é semicircular e está abovedada no seu interior onde se atopa o altar • A igrexa era á vez morada de Deus, recinto para o culto e lugar de reunión para a comunidade. • Non se utilizan abovedamientos nesta basílicas, eso propicia que as paredes sexan máis lixeiras. Só a ábsida está abovedada ás veces. • Uso de construccións artesonadas para os interiores, que no exterior se traducen en construcción a dúas augas • No exterior presentan un aspecto pobre, sen decoración. • No interior hai rica decoración con murais e pinturas. Ademais úsanse materiais ricos como o mármore de diferentes cores. - Ao lado das basílicas adoitan construír os baptisterios e os martyrium
  11. 11. 3. A arquitectura paleocristiá CARACTERÍSTICAS XERAIS PLANTAS BASÍLICAS Estructura dunha basílica paleocristiá Casa de comunidade cristiá en Doura-Europos. Ca. 230. Roma. Italia Plantas basilicais
  12. 12. 3. A arquitectura paleocristiá SANTA SABINA EDIFICACIÓNS IMPORTANTES • Nome: Santa Sabina • Autor: anónimo • Data: 422-432 d.C. • Lugar: Roma, Italia • Material: pedra, mármore e madeira • Características propias: – Inspirada en basílicas romanas – Mantén dos romanos: • proporción nas formas • modelado ou canon • equilibrio e simetría • harmonía estética e visual – Partes: • Adro ou atrio exterior porticado • Nártex ou pórtico na entrada principal dedicado aos catecúmenos • Na fachada flaqueando á entrada principal ten dúas torres unha a cada lado da porta. Función: lugar de vixiancia e defensa de posibles ataques e asaltos • Planta rectangular con tres naves: – A nave central ou principal e máis alta e máis ancha cas laterais – As naves laterais discorren paralelas á principal. Están separadas desta por un sistema lonxitudinal de columnas corintias que sosteñen arcos de medio punto peraltado e un entaboamento con unha ringleira de ventás na parte superior • Testeiro ou cabeceira cóncavo ten un ábside semicircular con: – Presbiterio: banco semicircular corrido para o clero, cátedra do bispo e altar con tres ventás na súa parede traseira que simbolizan a TRINIDADE (Pai, Fillo e Espíritu Santo) – DIACONICUM (sacristía) – PRÓTASIS ( lugar par preparación da Eucaristía) – ICONOSTASIO: parede ou verxa a modo de reixa que separa a nave central do altar (presbiterio) • Cuberta. O teito é arquitrabado e o tellado está feito a dúas augas cunha estructura interna en madeira e externa de tella – Fiel ao esquema orixinal de basílica paleocristiá
  13. 13. 3. A arquitectura paleocristiá EDIFICACIÓNS IMPORTANTES SANTA SABINA Atrio porticado Inspiración en basílicas romanas (edificios con funcións xudiciais e comerciais) Dúas torres flanquean entrada Nártex Galería columnada destinada aos catecúmenos O iconostasio separa o presbiterio das naves *1 Cuberta adintelada ( a diferencia das basílicas romanas que preferían a bóveda de cañón) Aproveitan maior altura da nave central para abrir vanos Tres naves separadas por arquerías de medio punto peraltados sostidas por columnas corintias Construida en s. V é a única que se conserva bastante fiel ao estilo orixinal Tres naves *1 (central máis ancha e elevada) Debaixo do altar solía haber cripta con restos de mártires Equilibrio, proporción, ritmo, simetría, etc. Planta rectangular ou cruciforme Testeiro *2 Ábside semicircular e con bóveda Tres ventás (símbolo de Santisima Trinidade) *2 Banco semicircular corrido adosado ao muro para clero presbiterio Cátedra do bispo Altar Diaconicum (sacristía) Prótasis (preparación eucaristía) Santa Sabina. Anónimo. 422-432 d.C. Roma, Italia. Perpiaño pedra. Templo da arquitectura paleocristiá Salas laterais
  14. 14. 3. A arquitectura paleocristiá EDIFICACIÓNS IMPORTANTES SANTA SABINA SANTA SABINA. ANÓNIMO. 422-432 D.C. ROMA.ITALIA. PERPIAÑO PEDRA. TEMPLO DA ARQUITECTURA PALEOCRISTIÁ
  15. 15. 3. A arquitectura paleocristiá EDIFICACIÓNS IMPORTANTES SANTA CONSTANZA • • • • • • Nome: Santa Constanza Autor: anónimo Data: ca. 350 d.C. Lugar: Roma, Italia Material: perpiaños de pedra Características propias: – Trátase dun MAUSOLÉO ou MARTYRIUM – lugar adicado aos mártires-. – Partes: • Adro ou atrio exterior porticado • Nártex ou pórtico na entrada principal dedicado aos catecúmenos • Planta ortogonal ou circular con unha sóa nave: – A nave central ou principal e máis alta e máis ancha e alberga o sarcógado do mártir – Ao arredor hai un pasillo de teito máis baixo que rodea a zona do sarcófago chamado DEAMBULATORIO e que se separa desta por unha fila de columnas pareadas de inspiración corintia que se unen en circulo que sosteñen arcos de medio punto peraltado e un entaboamento con unha ringleira de ventás na parte superior • Cuberta. O teito é abobedado e o tellado está feito a dúas augas sobre unha estructura de madeira que se apoia na cúpula central que cubre a estancia principal do edificio. • Destaca moito o grande contrate entre o exterior de materiais sobrios e sen decoración e o interior rico en ornamentación e con uso de mármores de cores diferentes .
  16. 16. 3. A arquitectura paleocristiá SANTA CONSTANZA EDIFICACIÓNS IMPORTANTES SANTA CONSTANZA. ANÓNIMO. CA. 350 D.C. ROMA (ITALIA). PERPIAÑO DE PEDRA. MARTYRIUM OU MAUSOLEO DA ARQUITECTURA PALEOCRISTIÁ
  17. 17. 3. A arquitectura paleocristiá EDIFICACIÓNS IMPORTANTES SAN XOÁN DE LETRÁN • • • • • • Nome: San Xoán de Letrán Autor: anónimo Data: ca. 313 d.C. Lugar: Roma, Italia Material: perpiaños de pedra Características propias: – Trátase dun BAPTISTERIO – lugar adicado ao bautismo dos primeiros cristiáns. – Partes: • Adro ou atrio exterior • Nártex ou pórtico na entrada principal dedicado aos catecúmenos • Planta ortogonal ou circular con unha sóa nave: – A nave central ou principal e máis alta e máis ancha e alberga unha gran pila bautismal – Ao arredor hai un pasillo de teito máis baixo que rodea a zona da pila bautismal chamado DEAMBULATORIO e que se separa desta por unha fila de columnas pareadas de inspiración corintia que se unen en circulo que sosteñen unha arquitrabe e outra fila de columnas con outra arquitrabe antes do teito – Cuberta. O teito é abobedado e o tellado está feito a dúas augas sobre unha estructura de madeira que se apoia na cúpula central que cubre a estancia principal do edificio. • Destaca moito o grande contrate entre o exterior de materiais sobrios e sen decoración e o interior rico en ornamentación e con uso de mármores de cores diferentes.
  18. 18. 3. A arquitectura paleocristiá EDIFICACIÓNS IMPORTANTES SAN XOÁN DE LETRÁN SAN XOÁN DE LETRÁN. ANÓNIMO. CA. 313 D.C. ROMA (ITALIA). PERPIAÑO DE PEDRA. BAPTISTERIO DA ARQUITECTURA PALEOCRISTIÁ
  19. 19. 3. A arquitectura paleocristiá EDIFICACIÓNS IMPORTANTES BASÍLICA DE SAN PEDRO • • • • • • Nome: Basílica de San Pedro Autor: anónimo Data: século IV d.C. Lugar: Roma, Italia Material: perpiaños de pedra Características propias: • Trátase da antiga e desaparecida basílica de San Pedro de Roma. – Agrupación de distintos tipos de edificios ( basílica, martyrium e baptisterio) – Planta basilical –rectangular– Partes: • Adro ou atrio exterior • Nártex ou pórtico na entrada principal dedicado aos catecúmenos • Planta con cinco naves: – A nave central ou principal e máis alta e máis ancha – As naves laterais máis baixas e máis estreitas ( 2 a cada lado) – Na parte superior das naves laterais está o matronium con ventás á nave principal – Ábsida semicircular que na súa parte occidental únese a un cementerio ou martyrium –posible lugar no que repousaron os corpos de algúns dos primeiros apóstolos de Xesús. ( San Pedro?) – Tamén contaba cun baptisterio adosado nesta zona occidental – Cuberta. O teito é abobedado e o tellado está feito a dúas augas sobre unha estructura de madeira que se apoia na cúpula central que cubre a estancia principal do edificio.
  20. 20. 3. A arquitectura paleocristiá EDIFICACIÓNS IMPORTANTES SAN PEDRO DO VATICANO Testeiro Diaconicum (sacristía) nártex Prótasis (Preparación Eucaristía) Naves lonxitudinais Atrio SAN PEDRO DO VATICANO. ANÓNIMO. SÉCULO IV D.C. ROMA (ITALIA). PERPIAÑO DE PEDRA. BASÍLICA DA ARQUITECTURA PALEOCRISTIÁ
  21. 21. 3. A arquitectura paleocristiá EDIFICACIÓNS IMPORTANTES SAN PEDRO DO VATICANO SAN PEDRO DO VATICANO. ANÓNIMO. SÉCULO IV D.C. ROMA (ITALIA). PERPIAÑO DE PEDRA. BASÍLICA DA ARQUITECTURA PALEOCRISTIÁ
  22. 22. 3. A arquitectura paleocristiá OUTRAS EDIFICACIÓNS SAN PAULO EXTRAMUROS SAN PAULO EXTRAMUROS. ANÓNIMO. SÉCULO IV D.C. ROMA (ITALIA). PERPIAÑO DE PEDRA. BASÍLICA DA ARQUITECTURA PALEOCRISTIÁ
  23. 23. 3. A arquitectura paleocristiá OUTRAS EDIFICACIÓNS SANTA MARÍA A MAIOR SANTA MARÍA A MAIOR. ANÓNIMO. SÉCULO IV D.C. ROMA (ITALIA). PERPIAÑO DE PEDRA. BASÍLICA DA ARQUITECTURA PALEOCRISTIÁ
  24. 24. 4. A escultura paleocristiá CARACTERÍSTICAS XERAIS CARACTERÍSTICAS • • • • • • • • • • Detallismo e minuciosidade Non importan as formas senón a mensaxe Formas desproporcionadas e sen canon Horror vacui Certo rexeitamento pola escultura nos inicios da arte paleocristiana – Vinculada á idolatría e ao paganismo Copia de formas dos temas clásicos Introdución de significado novos aos temas clásicos. – Exemplo: Bo Pastor Carácter simbólico – Vide = sangue de Cristo – Peixe= alusión a Xesús – Golfiño = Resurrección – Pomba cunha ramiña de olivo na boca= Resurrección Destaca o Crismón: – Monograma de Cristo: XP (dúas oprimeiras letras do seu nome en grego que se representan cruzadas) – Evoluciona e acaba levando aos lados as letras alfa e omega ( principio e final do alfabeto grego) – Todos estes símbolos aparecían rodeados cun círculo símbolo da eternidade Tipos : – Relevos dos sarcófagos e en marfil – Escultura exenta: case inexistente
  25. 25. 4. A escultura paleocristiá RELEVOS DOS SARCÓFAGOS CARACTERÍSTICAS • • • • • • • Ao principio están decorados con temática pagana A partir do 313 introducen temas novos Escenas separadas en dúas franxas horizontais separadas entre sí En cada frnaxa as escenas son independentes e están separadas por columnas, árbores, círculos e/ou arcos Conservamos unha grande variedade: • De producción local –Roma • Importados Periodos ou evolución: • PRECONSTANTINIANO: • Relevos escultóricos en sarcófagos anteriores ao 313 (Edicto de Milán) • Repertorio de imaxes do Antigo Testamento • Tamén imaxes simbólicos ou ambiguas con alusión a temas cristiáns. • CONSTANTINIANO: • Abarca do 313 a mediados do século IV • Engaden temas da vida pública de Cristo excepto do ciclo da Paixón • Temas maioritarios: milagres realizados por Xesús • POSTCONSTANTINIANO: • Da segunda metade do século IV ata o século V • Engaden aos temas anteriores os da Paixón de Cristo (representación dos episodios que transcorren entre a chegada de Cristo a Xerusalén e a Resurrección) • O episodio da Crucifixión é o último en ser tratado Exemplos de sarcófagos: • Sepulcro de Xunio Basso (ca. 359)
  26. 26. 4. A escultura paleocristiá RELEVOS DOS SARCÓFAGOS EXEMPLOS: SARCÓFAGO DE XUNIO BASSO • • • • • • NOME: SARCÓFAGO DE XUNIO BASSO AUTOR:ANÓNIMO DATA: ca. 359 LUGAR: CRIPTAS VATICANAS. ROMA, ITALIA MATERIAL: MÁRMORE E PEDRA CARACTERÍSTICAS PROPIAS: • FRONTAL: • Escenas do Antigo Testamento • Adán e Eva • Moisés • Abraham • Daniel • Escenas do Novo Testamento • Xesús ante Pilatos • Entrada de Xesús en Xerusalén • Escenas separadas con columnas • Figuras desproporcionadas • Importa a mensaxe non a forma • Gran detallismo e minuciosidade
  27. 27. 4. A escultura paleocristiá RELEVOS DOS SARCÓFAGOS EXEMPLOS: SARCÓFAGO DOGMÁTICO • NOME: SARCÓFAGO DOGMÁTICO • AUTOR: ANÓNIMO • DATA: SÉCULO IV • LUGAR: MUSEO PÍO CLEMENTINO. VATIANO. ROMA. ITALIA • MATERIAL: MÁRMORE • CARACTERÍSTICAS PROPIAS: – Escenas en dúas faixas horizontais – Narran escenas bíblicas • Xuízo de Salomón • Adán e Eva • As vodas de Caná • A adoración dos Reis Magos • Daniel entre os leóns – Non se separan as escenas de cada faixa con columnas senón que se mezclan – Horror vacui – Detallismo e minuciosidade – Falta de canon e proporcións – Arcaísmo
  28. 28. 4. A escultura paleocristiá RELEVOS DOS SARCÓFAGOS OUTROS EXEMPLOS SARCÓFAGO MARMOLLOS SARCÓFAGO TRADITIO LEGIS SARCÓGAFO DE MOISÉS E DAVID
  29. 29. 4. A escultura paleocristiá RELEVOS EN MARFIL CARACTERÍSTICAS • • • • Consérvans e sobre todo en dípticos Destacan as escenas de temática relixiosa Perviven algunhas escenas profanas de temática romana Tamén hai relevos de marfil nas PIXIS • Caixiñas cilíndricas destinas a gardar as hostias • Están decoradas cos mesmos temas cos sarcófagos • Antigo Testamento : Adán e Eva, Moisés e Abraham, etc • Novo Testamento: milagres de Xesús, entrada en Xerusalén, Crucifixión, etc
  30. 30. 4. A escultura paleocristiá ESCULTURA EXENTA CARACTERÍSTICAS • • • • É escasa porque ao principio asociábase ao paganismo e á idolatría por influencia romana Céntrase na representación de Xesucristo Dúas formas de representar a Xesús: • BO PASTOR: • Mozo imberbe • Con túnica curta • Porta sobre os ombreiros un cordeiro • Aparece rodeado normalmente por un rabaño • Simboliza a Xesús como guía dos cristiáns hacia Deus Pai • CRISTO DOUTOR: • Mozo imberbe • Sentado • Aparece co rolo dos evanxelistas na man • Simboliza a Xesús mestre e difusor da Palabra de Deus Aparecen tamén crismóns • Obras móviles • Teñen símbolos cristiáns con formas paganas – Monograma de Cristo: XP (dúas primeiras letras do seu nome en grego) – Evoluciona e acaba levando aos lados as letras alfa e omega ( principio e final ) – Rodeados cun círculo símbolo da eternidade
  31. 31. 4. A escultura paleocristiá ESCULTURA EXENTA EXEMPLOS: O BO PASTOR • • • • • • NOME: O BO PASTOR AUTOR: ANÓNIMO DATA: SÉCULO IV LUGAR: ROMA. ITALIA MATERIAL: MÁRMORE CARACTERÍSTICAS PROPIAS: – – – – – – – – – Escultura exenta Mozo imberbe Con túnica curta Leva cordeiro nos ombreiros Simboliza a çxesús que guía aos cristiáns hacia Deus Naturalismo Contraposto Detallismo en roupa, cabelo e cordeiro Transmite seguridade, decisión e fortaleza
  32. 32. 4. A escultura paleocristiá ESCULTURA EXENTA OUTROS EXEMPLOS: CRISMÓNS Iesus (Xesús) Krhistus (Unxido) Theou (de Deus) Yos (Fillo) Iconos de anclas. Símbolo de cruz e solidez Relevo de paloma (Símbolo da alma) Anagrama e acróstico de peixe (ICHTHYS en grego) Soter (Salvador)
  33. 33. 5. Os mosaicos paleocristiás CARACTERÍSTICAS XERAIS CARACTERÍSTICAS • Séguense usando os mosaicos pavimentais propios da arte romana • Novidade: empézase a usar o mosaico para decorar bóvedas, cúpulas, ábsidas,paredes, teitos, etc • Clímax: no século IV • Materiais: teselas de mármore e vidrio • Escenas dispostas sobre fondos dourados que simbolizaban o ceo e o esplendor divino • Centros de producción: – Roma – Rávena • Destacan os de: – Santa María a Maior (Roma) – Mausoleo de Gala Placídia (Rávena)
  34. 34. 5. Os mosaicos paleocristiás EXEMPLOS DE MOSAICOS EXEMPLOS
  35. 35. 6. A pintura paleocristiá CARACTERÍSTICAS XERAIS CARACTERÍSTICAS • • • • • • Destaca en bóvedas e teitos de catacumbas Teñen unha clara influencia clásica en: • Temática • Modelaxe suave • Naturalismo das formas A partir do século V : • As figuras perden volume e proporción • Amósanse monumentais • Con liñas moi expresivas • Sobre un fondo dourado –aire de espiritualidade• A temática: • Abandona o simbolismo inicial • Uso de iconografía descriptiva de fácil identificación • Temas do Novo Testamento A ábsida : • lugar destacado na igrexa con bóveda • leva a imaxe de Cristo As naves laterais: • Resto de temas cristiáns Importante desenvolvemento en Oriente: • Siria cos códices • Exipto con teas, frescos, iconas....
  36. 36. 6. A pintura paleocristiá EXEMPLOS EXEMPLOS ADÁN E EVA CRISTO ORANTE Tendencia ao antinaturalismo: expresionismo dos ollos, esquematización, fondos planos, simplificacion de vexetación, etc. Carácter alegórico PINTURA DO BO PASTOR
  37. 37. 6.Vocabulario • Ábsida: parte da igrexa situada nacabeceira. Xeralmente ten planta semicircular e soe ir cuberto con bóveda de forno. Tamén ode presentar planta poligonal. • Aparello: forma na que se dispoñen os elementos empregados na construcción dun muro. • Arco: elemento sustentante detinado a franquear un espacio máis ou menos grande por medio dun traxecto xeralmente curvo. • Arco apuntado: arco que consta de dúas procións de curva que forman na clave e cun intradorso cóncavo. •Arco conupial: arco que posúe forma de quilla invertidae está trazado mediante varios centros. • Artesonado: teito de madeira ao descuberto en forma de artesa invertida • Bóveda:obra de fábrica que describe un arco de círculo e serve para cubrir espacios comprendidos entre muros, piares ou columnas. •Bóveda de aresta: bóveda formada pola intersección en ángulo recto de dúas bóvedas de canón •Bóveda de canón:bóveda xerada polo desprazamento dun arco de medio punto ao longo dun eixe lonxitudinal •Bóveda de crucería: bóveda que reforza as súas arestas con nervios
  38. 38. 6.Vocabulario • Bóveda de casquete ou de cuarto de esfera: bóveda que xeralmente cubre o espacio da ábsida e que é semicircular. •Cancelo: cerca que nas igrexas separa o presbiterio das naves nas igrexas •Canon: regra de proporcións humanas conforme a un tipo ideal •Cedeirado: conxunto de cadeiras unids e fixas na parede usadas no coro das igrexas. •Casetón: recadro oco que xeralmente se sitúa nos frisos e se decora cun rosetón. •Clípeo: ornamento arquitectónico consistente nun medallón circular e alombado •Criselefantino: realizado en ouro e marfil •Crismón: monograma de Cristo formado polas súas dúas primeiras letras en grego (X, P) ás que poden engadirse as letras alfa e omega que representan o principio e fin de todas as cousas. •Cruceiro: espacio dun templo no que se cruzan a nave principal e outra menor transversal. Transepto. •Cúpula: bóveda semiesférica que xeralmente cobre un espacio cadrado. •Díptico: traballo feito en dúas follas que poden pecharse como un libro •Deambulatorio: corredor xeralmente semicircular tras o altar maior das igrexas. •Diacónicon: ábsida lateral da basílica paleocristiá que serve como sacristía para gardar as ofrendas
  39. 39. 6.Vocabulario • Entrelazo:tipo de decoración na que os motivos animais e vexetais estilizados se entrelazan e entretecen de forma ornamental •Escorzo: modo de representar unha figura que na realidade estaría disposta perpendicular ou oblicuamente ao plano en que ten sido representada, polo que algunha das súas dimensións aparecen considerablemente reducidas por mor da perspectiva •Estuco: mestura de cal morto e po de mármore, alabastro ou xeso, de numerosas aplicacións •Fresco: técnica de pintura mural que consiste en aplicar pigmentos disoltos en auga sobre a revodacura (recebo) aínda fresca •Frontal: panel anterior do altar cristián e ornamento do mesmo •Gravado: arte ou técnica de gravar, de reproducir imaxes mediante unha matriz traballada en relevo (gravado en madeira) en oco (gravado en metal) ou plana (litografía, serigrafía) •Icona: imaxe figurativa. Termo empregado na igrexa de Oriente`para designar á pintura sobre táboa en oposición á mural •Iconografía: ciencia que estudia a orixe, formación e desenvolvemento dos temas figurados e as súas variacións no tempo e nos diversos ámbitos culturais •Iconoloxía: interpretación dos significados conceptuais, simbólicos e alegóricos subxacentes ás imaxes
  40. 40. 6.Vocabulario • Iconostasio:biombo colocado entre o presbiterio e a nave. Sirve para ocultar ao oficiante no momento da consagración . •Lauda:Cuberta ou tampa dun sarcófago ou sepulcro, xeralmente gravada. •Mural:pintura sobre muro, sexa cal sexa a súa técnica •Nártex (nártice): atrio que na basílica paleocristiana está reservado aos catecúmenos •Paramento:aspecto ou disposición dos elementos dun muro •Peralte: altura que un arco ou bóveda supera a semiluz •Perpiaño:bloque de pedra de forma rectangular son seis caras sen picar usado en construcción. Tamén parede feita con este tipo de bloques. •Presbiterio: espacio reservado ao clero nunha igrexa e que circunda o altar maior. Está separado da nave ou naves por bancadas ou cancelo •Planta:debuxo arquitectónico dun edificio representado en sección horizontal. •Portico: lugar cuberto e columnado situado ante un edificio e xeralmente unido a el •Relevo: escultura non exenta desenvolvida sobre unha superficie plana, cóncava ou convexa que lle serve de fondo.Altorrelevo: relevo que sobresae máis da metade do vultoMediorrelevo: relevo que sobresae a metade do vultoBaixorrelevo: relevo que sobresae menos da metade do vulto
  41. 41. 6.Vocabulario •Retablo: peza que cubre o muro tras o altar, realizado en madeira, pedra, metal que soe estar decorada con pinturas ou esculturas •Tesela: cada unha das pequenas pezas cuadrangulares de mármore, terra cocida, vidrio, etc coas que se fan os masaicos •Testeiro: cabeceira dun templo. Parede dun edificio enfrente da entrada principal •Tracería: decoración arquitectónica formada por combinacións de figuras xeométricas. Se a tracería é calada denomínase crestería. •Transepto: cruceiro •Tribuna:galería sobre a as naves laterais dunha igrexa que comunica ou está aberta á nave central •Triforio: serie ventás practicadas no groso dos muros da nave central por enriba dos arcos formeiros . •Van:espazo oco nunha parede. •Vulto redondo: figuras escultóricas executadas en tres dimensións e iiladas no espacio, de maneira que se poden contemplar dende calquera punto de vista ao seu arredor
  42. 42. 7. Actividades 1. Explica de que maneira infllúe o Edicto de Milán do ano 313 na arte paleocristiá e indica que tipoloxías arquitectónicas existiron con anterioridade e posterioridade ao mesmo. 2. Compara a planta dunha basílica romana e unha paleocristiá. Enumera as súas principais diferenzas. 3. Describe unha basílica paleocristiá determinando a súa planta e as partes desta. 4. Indica cal é o fundamento e o legado en que se inspira a arte paleocristiá. Pon algún exemplo. 5. Define os siguientes conceptos: artesonado, ábsida, diacónicum, tribuna, nártex, adro, baptisterio, martyrium, matronium, icona, crismón, testeiro, criuceiro, transepto 6. Comenta a imaxe seguinte seguindo o modelo habitual de comentario. 
  43. 43. 7. Actividades 7. Elabora unha evolución da escltura paleocristiá. 8. Intenta localizar o significado especial que para un cristián terían as imaxes do Bo Pastor, un peixe ou a representación dun cervo bebendo. ¿Con que relacionas ao Bo Pastor? ¿ Por que? 9. Realiza un pequeño traballo de investigación e fai unha relación dos principais restos da época paleocristiá conservados en Galiza. 10. Fai o comentario da seguinte obra seguindo o modelo habitual de comentario:  
  44. 44. 8. Comentario de texto LEE OS TEXTOS E CONTESTA: 1. ¿Que influencia romana herdan as artes figurativas paleocristiás? ¿Por qué crees que herdarían esto? 2. ¿Que cambios se experimentaron na arte paleocristiá á hora de representar á Virxe? ¿Por qué crees que ocorre esto? 3. Razoa e xustifica se houbo ou non escultura paleocristiá propiamente dita. 1. A estética das artes figurativas paleocristiás “O que pertence ben á influencia paleocristiá é a ausencia de escenas tristes e desagradables. Non é que os artistas cristiáns retrocedan diante das escenas da vida real, senón que seguindo a costume antiga rexeitaban todo aquilo carente de serenidade. Ata na representación das accións máis dolorosas, a expresión dos rostros permanece sorrinte, ou polo menos, serena. Nas necróples cheas de martirizados, a representacións dos martirios case non ten exemplos; en todo caso, as figuras son xoves, nobres, atraíntes, gardando, a pesar da endeblez xeral da execución técnica, o imperecedeiro recordo da beleza sempre soberana; por todas partes, nese lugar de tristeza, imaxes de alegría e de esperanza, flores e follaxes, palmas e palomas”. Leclerq, H. : Manuel d’ Archeologie chrétienne. París, 19007, I pág. 180 1. A iconografía da virxe na arte paleocristiá “A arte cristiá, ata a reunión do Concilio de Éfeso, é decir, anterior ao século V, creou dúas modalidades iconográficas fundamentais da Virxe. Unha ten un carácter descriptivo: María, sentada e co Neno ao peito, en plena e realista actuación maternal, como unha pintura que os artistas chamarían de xénero. A outra modalidade iconográfica ten un sabor máis ben dogmático e conceptuoso, á maaneira dunha imaxe de culto, e é a de María representada como orante, de pé e os brazos en alto..... Entón, pasada a metade do primeiro milenio cristalizaron os elementos fundamentais da iconografía mariana. .... Ambos abandonan a primitiva movilidade e naturalidade descriptivas e cristalizan nunha solemne e augusta simetría na que María aparece como raíña ou Emperatiz. Ambos responden a dous conceptos e a dous matices da arte. Un é aquel no que a Virxe e o Neno conservan a indumentaria clásica, latina, chea de simplicidade e elegancia. O outro é o da Virxe baixo aspecto de emperatriz bizantina. A súa indumentaria, recargada de bordados e pedrería, convírtese nunha suntuosa armadura que afoga ao corpo. María cingue coroa eimprial ricamente adornada. Nótase que ámbalas dúas representacinóns a Virxe sostén na man esquerda un manípulo ou pano de man, imposto pola etiqueta civil da época. Este pano desaparece rapidamente da iconografía mariana occidental”. Trens, M. : María. Iconografía da Virxe na arte española. Madrid, 19046, págs. 39- 42
  45. 45. 9. A arte e o cine
  46. 46. 10. Modelo de examen NOME: Nº: APELLIDOS: CURSO: EXAMEN TEMA 5: A ARTE PALEOCRISTIÁ 1. Elixe unha das seguintes imaxes e fai o comentario da mesma: (4 ptos) a) Identificar obra b) Contexto histórico e artístico c) Contexto estilístico e formal 2. Elixe unha das seguintes imaxes e fai o comentario da mesma: (4 ptos) a) Identificar obra b) Contexto histórico e artístico c) Contexto estilístico e formal 3. Elixe catro dos seguintes conceptos e defíneos: (2 ptos) martirium. Matronium, icona, presbiterio, lauda, diaconicum, iconostasio, crismón
  47. 47. 11. Para consultar e ampliar BIBLIOGRAFÍA a) BECKWITH, J.: Arte paleocristiana e bizantina. Cátedra. Madrid.1997 b) GRABAR, A.: As vías de creación da iconografía cristiá. Alianza. Madrid. 1991 c) GRABAR, A.: A primeira arte cristiá. “O universo das formas”. Ed. Aguilar. Madrid. 1967 d) GRABAR, A.: A Idade de Ouro de Xustiniano. Dende a morte de Teodosio ata o Islam. “O  universo das formas”. Ed. Aguilar. Madrid. 1966 e) KIRSEHBAUM, E.; JUNYENT, E., E VIVES, J.: A tumba de San Pedro e as catacumbas  romanas. B.A.C. Madrid, 1954 f) KRAUTHEIMER, R.: Arquitectura paleocristiá e bizantina.Cátedra. Madrid. 1996 g) PALOL, P. de: Arte paleocristiá en España. Ed. Polígrafa. Barcelona h) PALOL, P. de: Arqueoloxía cristiá da España romana. CSIC. Madrid- Valladolid. 1967 INTERNET FILMOGRAFÍA

×