Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Exposición oral

548 views

Published on

  • Be the first to comment

Exposición oral

  1. 1. CONSELLOS PARA REALIZAR UNHA EXPOSICIÓN ORAL 2012-2013
  2. 2. QUE É UN TEXTO EXPOSITIVO? Un tipo de texto explicativo que aporta información de forma rigorosa e obxectiva sobre un tema coa finalidade de aumentar os coñecementos que sobre este ten o receptor.
  3. 3. QUE DEBEDES FACER? Escoller un tema, preparar un texto expositivo que dure de 3 a 5 minutos, ensaialo previamente e explicalo diante da clase.
  4. 4. PASOS A SEGUIR: ELECCIÓN DO TEMA PLANIFICACIÓN DO TRABALLO PROCURA DE INFORMACIÓN PREPARACIÓN E ORGANIZACIÓN ENSAIO PRESENTACIÓN ANTE O PÚBLICO
  5. 5. 1. PLANIFICACIÓN Debes ter en conta: – Onde vas falar? – Para quen vas falar? – Con que motivo? – Que tema vas tratar?
  6. 6. Elección e preparación do tema. Escolle un tema que che interese e que lles interese ás persoas que te van oír. Decide que aspectos vas tratar. Mellor poucas ideas e claras que moitas e confusas. Prepara o tema e a exposición
  7. 7. Preparación da exposición Busca información veraz. Utiliza diferentes fontes e fai referencia a elas. Elabora o texto que vas desenvolver. Se queres, utiliza recursos dixitais ou escritos de apoio visual: fichas, carteis, presentacións, carteis, imaxes… O máis importante é o que dis e como o dis, non o número de imaxes que amosas.
  8. 8. Cada recurso de apoio debe ser relevante e explicado.Fai un guión cos datos básicos para axudarte del.Controla o tempo de exposición.É recomendable ensaiar a exposición previamente.
  9. 9. A EXPOSICIÓN1. Condución do tema Intenta captar a atención do público. Indica clara e brevemente o tema.
  10. 10.  Explica a túa escolla. Expón as ideas O ESQUÍ principais e secundarias e relaciónaas entre si. Pecha a intervención axeitadamente. MODALIDADES HISTORIA REGRAS COMPETICIÓNS
  11. 11. 2. Produción do texto Fala con corrección e fluidez. Coida os aspectos non verbais (xestos, ton de voz, miradas…)
  12. 12.  Evitaas repeticións e as palabras imprecisas (cousa, facer, tema…) Non te limites a ler en voz alta, explica os datos.
  13. 13. QUE DEBES FACER? Mirar o auditorio Ser agradable Interactuar co público Coidar a entoación
  14. 14. QUE DEBES FACER? Falar nun ton adecuado Ser natural Manter unha Xesticular postura comedidamente correcta
  15. 15. QUE NON DEBES FACER? LER E NON EXPLICAR METER AS MANS NOS PETOS, RIR, USAR UN TONMIRAR AO CHAN OU USAR PALABRAS MOVERTE MONÓTONO AO INFINITO COMODÍN NERVIOSAMENTE, E ABURRIDO SENTAR NA MESA…
  16. 16. A ACTITUDE DO PÚBLICO As persoas que hoxe escoitan, mañá terán que falar. Polo tanto a actitude ten que ser sumamente respectuosa. Deben manter a compostura: non interromper, non falar nin molestar, agardar ao turno de preguntas, etc.
  17. 17.  Seé necesario podemos tomar anotacións, pero non apuntamentos. Aodirixirse á persoa que expón, debemos ser correctos e respectuosos
  18. 18.  As preguntas que fagamos non poden ser inadecuadas ao contexto. Debemos valorar de forma obxectiva e imparcial o traballo dos demais. Ao atendermos aos demais aprendemos estratexias para expoñer nós.
  19. 19. QUE SE VAI VALORAR? Estrutura e orde DatosCONTIDO Claridade Argumentación Linguaxe FluidezEXPRESIÓN Ton de voz Elementos non verbais Tranquilidade

×