5. A poesía galega entre 1936 e 1976

13,913 views

Published on

Panorámica xeral da poesía galega deste período. Principais autores. Inclúe algúns textos, arquivos de son, ligazóns de vídeo e actividades

Published in: Education
2 Comments
5 Likes
Statistics
Notes
• Moi bo traballo!! Gustoume moitísimo, colgueino no meu blog e usareina na aula se non hai problema.
grazas polo traballo e parabéns, porque está xenial!!!
Reply
Are you sure you want to  Yes  No
Your message goes here
• parabéns! Gustoume moito
Reply
Are you sure you want to  Yes  No
Your message goes here
No Downloads
Views
Total views
13,913
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
8,863
Actions
Shares
0
Downloads
168
Comments
2
Likes
5
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

5. A poesía galega entre 1936 e 1976

1. 1. Recoméndase realizar o visionado desta presentación estando conectado a Internet. Deste xeito poderá accederse ás ligazóns que ao longo dela se propoñen Clicando sobre estes símbolos obterase a seguinte in- formación, procedente de distintos recursos web ou cargadas na propia presentación: Información sobre un autor citado Información complementaria sobre un determinado asunto ou texto literario Ligazón a un arquivo de vídeo Arquivo de audio: poema musicado, lectura dun texto... Definición ou explicación dun concepto
2. 2. TEMA 5. A POESÍA ENTRE 1936 E 1976 LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI
3. 3. CONTEXTO HISTÓRICO Este período literario aparece fondamente marcado pola Guerra Civil e as consecuencias políticas e sociais que dela se derivaron. Encontramos tamén as influencias das correntes estéticas e de pensamento imperantes en Europa ► Grande represión cultural e lingüística durante a ditadura fran- quista ► Imposibilidade de publicar en galego até a década dos 50. Im- portancia da actividade cultural do exilio ► Desenvolvemento da literatura comprometida, integrada con co- rrentes máis amplas da época: existencialismo, marxismo, paci- fismo... ► A partir dos anos 50 e 60 reactívase a actividade literaria,so- cial e política en Galiza ► Prodúcese un importante movemento de renovación da expresión formal e da temática da narrativa
4. 4. TRADICIÓN MEDIEVAL TRADICIÓN DO SÉCULO XIX NORIEGA VARELA CABANILLAS BOUZA BREY Á. CUNQUEIRO HILOZOÍSMO RURALISMO AMADO CARBALLO CRECENTE VEGA G U E R R A C I V I L NEOTROBADORISMO CLASICISMO A. CUNQUEIRO ÁLV. BLÁZQUEZ EMILIO PITA IGLESIA ALVAR. DÍAZ CASTRO C.E.FERREIRO M. MARÍA L. SEOANE L. VARELA M. MARIÑO L. PIMENTEL Á. CUNQUEIRO IGL. ALVARIÑO CARB. CALERO PAISAXISMO UXÍO NOVONEYRA MANUEL MARÍA ESCOLA DA TEBRA CUÑA NOVÁS A. TOVAR B. GRAÑA ESC.NEOTROBADOR. ESC. HILOZ. RURALISMO POESÍA SOCIAL INTIMISMO TENDENCIAS POÉTICAS (1900-1976) VANGARDISMO MANUEL ANTONIO ÁLVARO CUNQUEIRO Paisaxismo Poesía combativa Intimismo Cancioneiros
5. 5. LUÍS PIMENTEL A pesar de que a súa obra foi publi-cada na posguerra, está claramente vinculado á promoción das vangardas. Mestura elementos de carácter su-rrealista e simbolista cun marcado lirismo intimista. No plano formal destaca o uso do verso libre. Triscos (1950)‏ Sombra do aire na herba (1959) Logo botábaos a voar e ríase de velos topar contra o valado da súa casa, con un ruído moi triste ....................... Creceu e foi de aquiles. Aquil neno pincháballe os ollos ós paxaros; e gustáballe ver saír esa gotiña de aire e de lus, ise rocío limpo de mañanciñas frescas. ....................... XOGO RUÍN ( Sombra de aire na herba )
6. 6. Os poetas deste período poden agruparse en tres promo-cións sucesivas, atendendo a un criterio cronolóxico Participan na Guerra Civil, que está moi presente na súa obra. Cultivan tendencias de preguerra e desenvol-ven as temáticas social-realista, inti-mista radical e clasicista Iglesia Alvariño Díaz Castro Celso E. Ferreiro María Mariño XERACIÓN DO 36 Nacidos entre 1909 e 1920 Inícianse baixo a influencia da poesía española. De formación autodidacta, móvense entre o intimismo e a angus-tia existencial da “Escola da tebra” Antón Tovar Luz Pozo Garza M. Cuña Novás PROMOCIÓN DE ENLACE Nacidos entre 1920 e 1930 De formación universitaria e influí-dos polas correntes literarias euro-peas, cultivan unha poesía compro-metida onde se mesturan social-rea-lismo e existencialismo Uxío Novoneyra Méndez Ferrín Manuel María Bernardino Graña XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS Nacidos en 1930 e 1940
7. 7. AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO Destaca pola temática de paisaxismo rura-lista, continuadora de Noriega Varela. Gran coñecedor da poesía grega e latina, emprega con mestría a métrica clásica: so-netos, hendecasílabos brancos... Na parte final da súa obra, cobra máis pe-so a temática angustiada e de reflexión existencial. Señardá (1930)‏ Cómaros verdes (1947) Lanza de soedá (1961) XERACIÓN DO 36 Esta é a mar dos solpôres recendentes a mazás coloradas. Debaixo, asolagados, fondos vales e alboradas con páxaros de rabos longos de silencio. Este é a mar, triste sombra desgazada de altísmos montes cheos de neve, que pelengrinaron soles inmensos e senlleiros. Xa nin montes de neve nin soles recén nados. Mais a súa sombra, sí, mar sin consolo. A súa sombra de auga, amargues bágoas. A súa sombra leal, triste lamento e longa noite. Ónde aqueles montes altísmos que aconchegaban contra o teu seo o rebrilo das súas craras cabeleiras? [...] ESTA É A MAR DOS SOLPORES ( Cómaros verdes )
8. 8. XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO Ademais do paisaxismo ruralista, no seu único libro ofrece unha profunda reflexión sobre a natureza humana, mostrando unha concepción tráxica da vida. Aborda tamén a temática relixiosa, pouco frecuente na literatura galega, desde unha perspectiva ascética. Nimbos (1961)‏ XERACIÓN DO 36 Un paso adiante i outro atrás, Galiza, i a tea dos teus sonos non se move. A espranza nos teus ollos se esperguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol como unha uva; pro tí envólveste en sabas de mil anos i en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron: Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, Xesús-María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono o tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. Un paso adiante i outro atrás, Galiza! PENÉLOPE ( Nimbos )
9. 9. CELSO EMILIO FERREIRO XERACIÓN DO 36

INTIMISTA : inconformismo, desacougo existencial, fugacidade da vida, identificación coa terra, saudade da infancia e vivencia do amor

SOCIAL : solidariedade cos oprimidos, defensa do idioma, denuncia dos males sociais (fascismo, guerra, inxustiza, emigración...)

SATÍRICA : moi relacionada coa anterior; fortemente corrosiva, seguindo a corrente satírica medieval, critica condutas sociais contrarias ao comportamento ético

Liñas temáticas O soño sulagado (1954) Longa noite de pedra (1962) Viaxe ao país dos ananos (1968) Terra de Ningures (1969) Cantigas de escarnio e maldecir (1968) Paco Pixiñas (1970) Antipoemas (1972) Cimenterio privado (1973) Onde o mundo se chama Celanova (1975) É o autor máis importante desta xeración e o principal representante da poesía social. A súa poesía comprometida foi un referente básico na resistencia antifranquista. De gran aceptación social, a súa poesía popularizouse en gran medida grazas aos cantautores de Voces Ceibes. Os estúpidos pais, as prostitutas, as grandes damas da beneficencia, magnates e mangantes, grandes cruces, altezas, escelencias, eminencias, cabaleiros cubertos, descubertos, nada serán meu ben, si a bomba ven, nada o amor, e nada a morte morta con bendiciós e plenas indulxencias. ¡Qué ben, que a bomba ven! Nun instantiño a amable primavera faise cinza de vagos isotopos placentarios, de letales surrisas derretidas baixo un arco de átomos triunfaes. A bomba, ¡bong! A bomba co seu bombo de setas e volutas abombadas, axiña ven, vela ahí ven, bon amigo. ¡Estános ben! ¡Está ben! ¡Está bon! ¡¡¡Booong!!! ¡Qué ben, que a bomba ven co seu rebombio! A bomba, ¡bong!, a bomba, bon amigo. A bomba con aramios, con formigas, con fornos pra asar meniños loiros. A bomba ten lombrices, bombardinos, vermes de luz, bombillas fluorescentes, peixes de chumbo, vómitos, anémonas, estrelas de plutonio plutocrático, esterco de cobalto hidroxenado, martelos, ferraduras, matarratos. A bomba, bong. A bomba, bon amigo. Con átomos que estoupan en cadeia e creban as cadeias que nos atan: Os outos edificios. Os outos funcionarios. Os outos fiñanceiros. Os outos ideais. ¡Todo será borralla radioaitiva! As estúpidas nais que pairen fillos polvo serán, mais polvo namorado. POEMA NUCLEAR ( O soño sulagado ) Esta mudo o reixiñol que outrora cantar solía. Non importa, agardarei polo albor dun novo día. Que esta comigo a esperanza fiando, fía que fía... Ela fía i eu confío no albor dun novo día Teño o corazón senlleiro e orfo na noite fría. Non importa, agardarei polo albor dun novo día. Teño lobos, teño sombras, teño a sorte fuxidía. Non importa, agardarei polo albor dun novo día. 13 ( Viaxe ao país dos ananos )
10. 10.

Obra de gran popularidade, que se converteu nunha referencia de culto da resistencia contra a ditadura franquista. O título é unha metáfora da situación que se vive durante o réxime

Sinxeleza expresiva, rexistro ás veces coloquial

Importancia da mensaxe: a poesía é unha arma de concienciación social que debe ser accesíbel a calquera lector

Emprego do humor, da ironía e do sarcasmo como ferramentas para a crítica

Temáticas:

Longa noite de pedra DENUNCIA DA INXUSTIZA ANTIBELICISMO SOLIDARIEDADE COS OPRIMIDOS DEFENSA DA LINGUA LIBERDADE Os corazós dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra. I eu, morrendo nesta longa noite de pedra. O teito é de pedra. De pedra son os muros i as tebras. De pedra o chan i as reixas. As portas, as cadeas, o aire, as fenestras, as olladas, son de pedra. LONGA NOITE DE PEDRA ( Longa noite de pedra ) ai, que soliña quedache, María Soliña. As gueivotas sobre Cangas soños de medo tecían: ai, que soliña quedache, María Soliña. Baixo os tellados de Cangas anda un terror de auga fría: ai, que soliña quedache, María Soliña. Polos camiños de Cangas a voz do vento xemía: ai, que soliña quedache, María Soliña. Nos areales de Cangas, muros de noite se erguían: ai, que soliña quedache, María Soliña. As ondas do mar de Cangas acedos ecos traguían: MARÍA SOLIÑA ( Longa noite de pedra ) Si dixese que só, que todo está moi ben, que o mundo está moi bon, que cada quen é cada quen... Conformidá. Ademiración... Calar, calar, calar, e moita precaución. Si dixese que acaso as cousas son esí, porque sí, veleí, e non lle demos voltas. NON ( Longa noite de pedra ) (Si aquil está enriba i aquil outro debaixo é por culpa da vida. Si algunhos van de porta en porta cun saco de cinza ás costas é porque son unhos docas). Si dixera que sí... Entón sería o intre de falar seriamente da batalla de froles nas festas do patrón. Pero non.
11. 11. ANTÓN TOVAR A súa obra está marcada por unha forte pegada existencialista , cunha reflexión, en ton pesimista, sobre o sentido da vida e da morte. A finais dos 60,a súa poesía adquire unha preocupación social intensa, cunha ex-presión caracterizada polo prosaísmo e a sinxeleza. PROMOCIÓN DE ENLACE Non (1967)‏ O vento no teu colo (1974) Calados esconxuros (1980) Teño merlos de sombra nas pólas da canseira e ceos a choveren sobre un río de carne; non teño máis terreos, só teño esa orballeira, unha cántiga triste sobre os prados e as árbores. Levos ás costas saudade mesturada de anceios , saudade como néboa na lama das congostras; un acio de silencio no que se pousa o medo como se pousa o mar dos náufragos das costas. Vou nun leito de toxos co meu corpo ferido, o sangue esparexido polas veas do vento, o pulso dunha arela a latexar camiños, e a cántiga da angustia que me colleu ben cedo. Puiden ser unha nube como as alas dun anxo, ou un grilo, unha rosa, unha xestiña leda, non cheguei máis que a sombra e néboa, bágoa, pranto, bolboreta da morte coas dúas alas nas tebras. O QUE TEÑO ( Non )
12. 12. LUZ POZO GARZA Fronte ao ton pesimista dos seus compa-ñeiros de xeración, cultiva unha poesía intimista de gran forza vitalista,onde se mesturan o amor, a sensualidade, o ero-tismo, as lembranzas... Nos últimos libros si aparece unha temá-tica máis desacougante e algunhas tra-zas de social-realismo. PROMOCIÓN DE ENLACE O paxaro na boca (1952)‏ Verbas derradeiras (1972) Códice calixtino (1986) En tódolos pobos hai un neno murcho, sin niños, nin merlos, nin píos. Un neno que coñece as esquinas tristes, cidades sumerxidas, peixes mortos i o laiar da noite como un anxo negro. Polo vento morno bulen os paxaros i as pedras reloucan embaixo das herbas. Os peixes máis craros esbaran. Hai festas nos prados, mais en todas partes hai un neno murcho. As arbres son gaitas, mais en todas partes hai un neno murcho. As rapazas fían, mais en todas partes hai un neno murcho. Roca bullangueira, En tódolos pobos hai un neno murcho. O NENO MURCHO ( O paxaro na boca )
13. 13. MANUEL CUÑA NOVÁS É o iniciador da denominada “ Escola da Tebra ”, poesía de base existencialista e nihilista que reflicte un mundo angustia-do, presa do medo e a desesperanza. Ademais desta temática,de imaxes her-méticas e omnipresenza da escuridade, cultiva tamén, no seu primeiro libro, al-gunhas correntes de preguerra (imaxi-nismo e neotrobadorismo). PROMOCIÓN DE ENLACE Frauta na noite (1947)‏ Fabulario novo (1952) Agoiro de frauta antiga que namorou a lúa medoñenta das rodas dos camiños e os anelos das cobras. Ainda un oco de soma é lar e faise medo. O sapo era como un paxaro triste en col de un ramaxe núo que refrexou a xerfa; seu laído na tébra aluarado rompeu os nidos segredos da noite. Pólos derradeiros sonos rodaba cristaíño un degaro de azas novas. Nos arañeiros doídos tece prantos a choviña e o silenzo faise fonte na silveira. [...] ( Frauta na noite )
14. 14. UXÍO NOVONEYRA O máis salientábel da súa lírica é a te-mática paisaxista, presentada como un diálogo co medio natural desde unha perspectiva transcendente,ás veces mís-tica e panteísta. A natureza convértese nun instrumento para reflexionar sobre a natureza humana. Tamén presenta unha vertente social, comprometida con Galiza e coa loita an-tiimperialista e antibelicista. XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS Os eidos (1955)‏ Elexías do Caurel (1966) Os eidos 2 (1974) Poemas caligráficos (1979) PANOS brancos esfiañados da nebra ouveando polos vales polos soutos i as devesas marelas en busca dun caborco ou dunha valiña outa que os acolla i os faga acougar! Fiañas da nebra rubindo e baixando á gaiola do aire polas serras érmedas e polos soutos despidos do Nadal! ( Os eidos )
15. 15. XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN Actual presidente da Real Academia Galega, Ferrín, ademais de ser un principais narrado-res da actualidade, representa unha referen-cia esencial na poesía deste período. Constitúe o gupo Brais Pinto, xunto con Ber-nardino Graña, Alexandre Cribeiro e outros autores. Iníciase na poesía seguindo a corrente estéti-ca da “Escola da Tebra”,manifestando sempre unha predileción pola poesía comprometida. XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS Voce na néboa (1957)‏ Con pólvora e magnolias (1976) Poesía enteira de Heriberto Bens (1980) O fin dun canto (1981)
16. 16.

Supón un auténtico revulsivo na poesía galega da década dos 70

Renova a poesía de reivindicación social, dándolle un enfoque menos tópico e “panfletario” e intro-ducindo elementos estéticos novidosos e abun-dantes referencias culturais

O libro combina dúas vetas: a da proclama polí-tica (a pólvora) e a da introspección persoal e intimista (as magnolias)

Ademais da liña comprometida, están moi presen-tes no poemario o erotismo, o gozo da vida, o pa-so do tempo e a morte

Formalmente, destaca polo versolibrismo, as lon-gas series estróficas e a alternancia de prosaís-mo narrativo e expresión máis refinada

Con pólvora e magnolias No vento de mazán que se desfraga nos cons e pedregullo solar de cabo de Home e Punta do Cabalo de Fora reclamo a libertade pró meu pobo. No meniño que dorme no edredón dos teus ollos reclamo a libertade pró meu pobo. Nas vellas mans agrarias, nas loias amorosas dos estíos reclamo a libertade pró meu pobo. Nos bicos acedísimos e tenros dos meus fillos inmensos reclamo a libertade pró meu pobo. [...] ( Con pólvora e magnolias )
17. 17. Comeza a súa obra poética desde os presu-postos intimistas e existenciaistas da “Escola da Tebra”. Posteriormente, decántase cara ao descriti-vismo paisaxista e a poesía de compromiso social: defensa das clases populares, reivin-dicación nacional de Galiza e crítica da tira-nía e do imperialismo. A sinxeleza da expresión e a temática popu-lar contribúen á súa grande aceptación social. MANUEL MARÍA XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS Muiñeiro de brétemas (1950)‏ Morrendo a cada intre (1952) Terra chá (1954) Documentos personaes (1958) Os soños na gaiola (1968) Prohíbese,por orde da Alcaldía, que medren porque si as rosas do xardín municipal. Desde agora as pombas teñen que pedir licencia para voar. Prohíbeselle á lúa que é unha tola andar ceiba no ceo, que a lúa é unha tola que anda espida e dando mal exemplo. Están fóra da Lei a primavera, as flores e os carballos, as estrelas, os peixes e os paxaros. Desde agora as pombas teñen que pedir licencia para voar. Pagarán duros trabucos os poetas. Prohíbese soñar, prohíbese tamén derramar bágoas e pódese chorar... e pódese chorar cando hai sequía para que enchan os pantanos. Desde agora as pombas teñen que pedir licencia para voar. E un só se pode emocionar os xoves e domingos, cando toca... cando toca a banda do concello, a banda do concello no quiosco. Dáse este bando en tal e cal para que se cumpra de orde do Alcalde. Firmado e rubricado. BANDO ( Documentos personaes ) Primeiro Portomarín, logo Castrelo do Miño. ¡Dispois tocoulle As Encrobas sufrir parello destiño! Raposos capitalistas que non deixan un torrón, sementan todo de lixo, porcallada e polución. Nas nosas terras labregas, fértiles e feiticeiras, queren erger celulosas que cheiran como esterqueiras Queren encher a Galicia de industrias contaminantes e que o noso povo siga a producir emigrantes. As terras son dos labregos dende tempo inmemorial mais agora, sin razón, rouballas o capital. Cando o povo pide o seu con voz valente e baril mándanlle, pra contentalo, cabaleiros de servir. Hai pouco foi nas Encrobas, ás portas de Xove están, Si a algún lugar non chegaron axiña aparecerán. CANTIGA DAS ENCROBAS A FALA O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo. O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor. O idioma é o tempo, é a voz dos avós e ese breve ronsel que deixaremos nós. O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maxicamente vello, eternamente novo. O idioma é a patria, a esencia máis nosa, a creación común meirande e poderosa. O idioma é a forza que nos xungue e sostén. ¡Se perdemos a fala non seremos ninguén! [...]
18. 18. BERNARDINO GRAÑA Presenta unha traxectoria común á maioría dos membros da súa xeración: inicio na órbi-ta da “Escola da Tebra” e posterior achega-mento á poesía social e a outras temáticas máis intimistas. A súa poesía, de marcado ton vitalista, trata de maneira singular o tema do mar; nas últi-mas obras adquire maior peso a vivencia amorosa e o sentimento de alienación do ser humano nunha sociedade mercantilizada en exceso. XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS Profecía do mar (1966)‏ Non vexo Vigo nin Cangas (1975) Se o noso amor e os peixes... (1980) Que non o saiba o vento namorado que vai agarimando, unha a unha, as praias. Non é siroco, ningún vento seco o que nos ceifa a vida dos pequenos, o que arrasa as casoupas, o que rouba as forzas das mulleres entregadas ao diario labor, o que desgarra as carnes das nacións sacrificadas en aras do progreso da falacia. Non é o vento cruel, nin a arrogancia de tiranos gordechos e ignorantes sobre tribos humildes e selváticas cubertos de ouro e peles de animalias. Nin son nenos famentos, nin obreiros os que andan a estragar, a desangrarnos, a machucar as rosas e os ensoños, a macular a gloria da alborada.[...] ( Se o noso amor e os peixes... )
19. 19. A POESÍA ENTRE 1936 E 1976 ESQUEMA PARA IMPRIMIR PROMOCIÓNS DE POETAS

Con Luís Pimentel ( Sombra de aire na herba ) como autor de enlace coa xeración de preguerra, os poetas desta etapa poden dividirse, seguindo un criterio cronolóxico en:

► XERACIÓN DO 36 (nacidos entre 1909 e 1920): Participan na Guerra Civil, que está moi presente na súa obra. Cultivan tendencias de preguerra e desenvolven as temáticas social-realista, intimista e clasicista

Autores : Iglesia Alvariño ( Cómaros verdes ), Díaz Castro ( Nimbos ), Celso Emilio Ferreiro ( Longa noite de pedra )

► PROMOCIÓN DE ENLACE (1920-1930): Inícianse baixo a influencia da poesía española. De formación autodi- dacta, móvense entre o intimismo e a angustia existencial da “Escola da tebra”

Autores : Antón Tovar ( Calados esconxuros ), Luz Pozo Garza ( O paxaro na boca ), M. Cuña Novás ( Fabulario novo )

► XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS (1930-1940): De formación universitaria e influídos polas correntes literarias europeas, cultivan unha poesía comprometida onde se mesturan social-realismo e existencialismo Autores : Uxío Novoneyra ( Os eidos ) , Xosé Luís Méndez Ferrín ( Con pólvora e magnolias ) , Manuel María ( Muiñei- ro de brétemas ) , Bernardino Graña ( Se o noso amor e os peixes... )

É o autor máis importante desta xeración e o principal representante da poesía social. A súa poesía comprometida foi un referente básico na resistencia antifranquista. As temáticas reivindicativas (solidariedade cos oprimidos, defensa do idioma, denuncia dos males da sociedade: fascismo, guerra, inxustiza, emigración) compleméntanse con outras liñas intimista e satírica

Principais obras: O soño sulagado , Viaxe ao país dos ananos , Longa noite de pedra . Esta última, de gran populari- dade, converteuse nunha obra de culto da loita contra a ditadura. O título é unha metáfora da situación que se vive durante o réxime (sinxeleza expresiva, rexistro ás veces coloquial; importancia da mensaxe: a poesía é unha arma de concienciación social que debe ser accesíbel a calquera lector)

CELSO EMILIO FERREIRO
20. 20. XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS ► UXÍO NOVONEYRA : O máis salientábel da súa lírica é a temática paisaxista, presentada como un diálogo co medio natural desde unha perspectiva transcendente, ás veces mística e panteísta. A natureza convértese nun instrumento para reflexionar sobre a natureza humana. Tamén presenta unha vertente social, comprometida con Galiza e coa loita antiimpreialista e antibelicista. Obras : Os eidos , Elexías do Caurel , Os eidos 2, Poemas caligráficos ► MÉNDEZ FERRÍN Iníciase na poesía seguindo a corrente estética da “Escola da Tebra”,manifestando sempre unha predileción pola poesía comprometida. O seu libro Con pólvora e magnolias supón un auténtico revulsivo na poesía galega da década dos 70. Renova a poesía de reivindicación social, dándolle un enfoque menos tópico e “panfletario” e introducindo elementos estéticos novidosos e abundantes referencias culturais. O poemario combina dúas vetas: a da proclama política (a pólvora) e a da introspección persoal e intimista (as magnolias). Obras : Voce na néboa ‏ , Con pólvora e magnolias, Poesía enteira de Heriberto Bens, O fin dun canto ► MANUEL MARÍA : Comeza a súa obra poética desde os presupostos intimistas e existencialistas da “Escola da Tebra”. Posteriormente, decántase cara ao descritivismo paisaxista e a poesía de compromiso social: defen- sa das clases populares, reivindicación nacional de Galiza e crítica da tiranía e do imperialismo. A sinxeleza da expresión e a temática popular contribúen á súa grande aceptación social. Obras : Muiñeiro de brétemas ‏ , Morrendo a cada intre, Terra chá, Documentos personaes, Os soños na gaiola ► BERNARDINO GRAÑA : Presenta unha traxectoria común á maioría dos membros da súa xeración: inicio na órbita da “Escola da Tebra” e posterior achegamento á poesía social e a outras temáticas máis intimistas. A súa poesía, de marcado ton vitalista, trata de maneira singular o tema do mar; nas últimas obras adquire maior peso a vivencia amorosa e o sentimento de alienación do ser humano nunha sociedade mercantilizada en exceso. Obras : Profecía do mar, Non vexo Vigo nin Cangas, Se o noso amor e os peixes...
21. 21. A POESÍA ENTRE 1936 E 1976 ACTIVIDADES 1 1 .- Clasifica cada fragmento na liña poética correspondente e intenta deducir o seu autor a partir das características que presenta: Cimo da Devesa! Alto da Lucenza Formigueiros Montouto Pía-Paxaro Tesos cumes do Courel! Pobos probes ardidos de tristura mouros de queimados! Punteiros da gaita acompañábano. O pai, de negro; no mar, unha vela branca. Os amiguiños levábano. Non pesaba nada. Eu canto dende dentro [do meu .pobo Tido, metido, prometido, comprometido cos homes, meus irmáus, meus camaradas na loita pola libertá Sobor da nada, ser, e fronte á nada e contra a nada, xurdir; [...] Xurdir disa saraiba de estrelas que amenaz o desamparo, o inútil desamparo da luz que nos reflexa [...] arrincando cos dentes e coas mans, cos ollos, istes muros de intrana, sangue e néboa, [...] caíndo como cinza nos ollos enxoitados polo espanto 1.“Escola da Tebra” 2. Poesía social 3. Paisaxismo 4. Ecos do vangardismo Corrente: Autor: Corrente: Autor: Corrente: Autor: Corrente: Autor: 1. Celso E. Ferreiro 2. Uxío Novoneyra 3. Luís Pimentel 4. Cuña Novás
22. 22. A POESÍA ENTRE 1936 E 1976 ACTIVIDADES 2 2 .- Realiza o exercicio interactivo sobre a poesía deste período que se propón na seguinte páxina:[ IES OTERO PEDRAYO ] 3 .- Relaciona autores e obras: 4 .- Le o POEMA NUCLEAR de Celso Emilio Ferreiro e responde ás seguintes cuestións: ► Temática do poema. É a máis representativa do autor? Finalidade pragmática do poema ► Identifica os recursos literarios e lingüísticos (aliteracións, xogos de palabras, enumeracións caó- ticas, ironía, humor, referencias intertextuais...) dos que se serve o autor para realizar unha crí- tica satírica do belicismo Muiñeiro de brétemas Nimbos Fabulario novo Longa noite de pedra O paxaro na boca Se o noso amor e os peixes ... Os eidos Calados esconxuros Cómaros verdes Sombra do aire na herba Con pólvora e magnolias Luís Pimentel Aquilino Iglesia Alvariño Xosé María Díaz Castro Celso Emilio Ferreiro Antón Tovar Luz Pozo Garza Manuel Cuña Novás Uxío Novoneyra Xosé Luís Méndez Ferrín Manuel María Bernardino Graña
23. 23. PROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADAS Colocando o punteiro sobre as imaxes, vense as referencias das páxinas web de onde foron tiradas. Picando nelas, accédese directamente a esas páxinas