Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Lucy

477 views

Published on

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Lucy

  1. 1. O PROCESO DEHOMINIZACIÓN EHUMANIZACIÓN
  2. 2. LUCY En 1974, en Etiopía, o paleoantropólogo D. Johanson exhumou un conxunto de osos fosilizados. Coñecido como Lucy, é o esqueleto de homínido máis completo da súa época, e o máis famoso Australopithecus afarensis, suposto antepasado de todos os homínidos posteriores, incluídos nós. Á esquerda, recreación dun macho de Australopithecus afarensis.
  3. 3. A. AFARENSIS As súas cadeiras, xeonllos e nocellos, permitíanlles andar como os humanos. Pero os seus largos e fortes antebrazos, os seus dedos curvos nos pes e mans, e os seus ombros subidos, indican que tamén trepaban ás árbores. Os machos, acadaban 1,5 m de altura e uns 45 kg de peso, uns 30 cm máis altos e 2/3 máis pesados que as femias.
  4. 4. RECONSTRUCCIÓN A.AFARENSIS I A partir dos restos dun cranio, sobre un molde de resina plástica, aplícanse músculos de plastilina. As marcas óseas indican unha grande actividade de masticación, unha nariz ancha e chata, meixelas abucinadas, boca tipo fuciño e orellas na parte posterior da cabeza.
  5. 5. RECONSTRUCCIÓN A.AFARENSIS II e III Engádense capas de graxa e pel. Para os toques finais, imaxínase a cor da pel e o tipo de pelo. Introducíronse mechóns de pelo de oso cunha agulla. Para os ollos verquéronse varias capas de plástico acrílico, e pintouse o iris e a córnea en diferentes capas.
  6. 6. HOMO HÁBILIS O Homo habilis era unha especie de homínido cun aspecto moito máis humano que o que presentaban os Australopithecus. Tiña un cranio de 650 cm3 a 800 cm3, máis redondeado que o doutros homínidos. Pénsase que o H. habilis era un carnívoro oportunista que se alimentaba de prea cando podía.
  7. 7. HOMO HÁBILIS Tiña unha altura parecida á do A. Africanus, de 1.30 metros cun peso medio estimado en 40 kg. Con eles xorde, por primeira vez, a transformación dos materiais en ferramentas.
  8. 8. HOMO HÁBILIS A posición bípede coa que se desprazaban provocou nas femias unha redución na pelve, o que ocasionou un adianto nos partos. Isto implicaría un maior tempo adicado á crianza (debido á prematurización do neonato). O que, a súa vez, fixo necesario establecer vínculos sociais fortes que implicaron un desenvolvemento da cultura.
  9. 9. HOMO ERGASTER Maior capacidade cranial (900 cm3), toro supraorbital moi marcado, ósos nasais que proxectarían o nariz cara adiante, mandíbula pequena e un esqueleto similar ao dos humanos actuais. A novidade máis importante que proporcionaron foi a súa maior capacitación técnica. O tallado das lascas é máis elaborado, pois modificábanse ambas caras (bifaces).
  10. 10. HOMO ERGASTER Considérase, como hipótese, que os H. E. poderían ser os primeiros homínidos en establecer relacións sociais complexas, facilitadas polos inicios de linguaxe oral articulado. O seu cerebro estaría capacitado para elaborar abstraccións rudimentarias. Por ex., se observaban a pegada dun animal é moi probable que rapidamente poideran imaxinar a que animal correspondía aquela pegada.
  11. 11. HOMO ERECTUS Habitou principalmente en Asia oriental. Experimentou unha gran dispersión xeográfica. Posuía un volume cranial bastante variable que ía dos 800 aos 1200 cm3. Este volume aumentou co transcorrer da historia do Homo erectus. Tiña un toro supra-orbitario bastante marcado, ademáis dunha mandíbula forte carente de queixo e dentes pequenos.
  12. 12. HOMO ERECTUS Femia de Homo Erectus. O seu dimorfismo sexual era maior que no home moderno.
  13. 13. HOMO ERECTUS Este homínido era bastante robusto e posuía unha talla de casi 1.80 metros. Miles de ferramentas de tipo lítico foron atopadas en relación co H. Erectus. O H. erectus usaba o lume para cociñar, xa que nas súas covas atopáronse restos de cinzas e carbón vexetal, xunto con sementes queimadas e osos de animais.
  14. 14. HOMO ERECTUS Comparativa H. Erectus, Australopitecus afarensis e Homo sapiens
  15. 15. HOMO ANTECESSOR Considerada a especie homínida máis antiga de Europa. Son individuos altos, fortes, e co rostro máis moderno, aínda que o seu cerebro era máis pequeno que o do home actual. A definición desta especie é froito dos máis de 80 restos atopados no antigo xacimento de Gran Dolina, na Serra de Atapuerca (Burgos).
  16. 16. HOMO ANTECESSOR Na actualidade, a validez desta denominación como especie diferente é defendida polos seus descubridores e outros expertos, que consideran que H. A. precede a H. Heidelbergensis e, polo tanto, é antepasado do Home de Neandertal. Sen embargo, parte da comunidade científica considéraa unha simple denominación, non específica, para referirse a restos atopados en Atapuerca, que eles asignan á especie H. H., ou ben a consideran unha variedade de H. Erectus/H. Ergaster.
  17. 17. HOMOHEIDELBERGENSISApodado Individuos moi altos (1,75) e moi fortes (100 kg.). “Goliath”. Considerado ancestro do Home de Neandertal. Tiñan grandes cranios moi aplanados, mandíbulas saíntes e gran abertura nasal. Na Serra de Atapuerca (concretamente na Sima dos ósos) foron atopados máis de 5.000 fósiles, que pertencen a un grupo duns 30 individuos de todas as idades e sexos. Entre os restos humanos recuperados destaca o nº 5, o cranio de H. Heidelbergensis mellor conservado do mundo. Recibe o nome de “Miguelón” en honra a Miguel Indurain.
  18. 18. HOME DE NEANDERTAL Era rechoncha, de constitución adecuada para soportar o frío, forte, e cun cerebro maior co noso; os científicos chamaron a esta muller neandertal Krapina 3, pola cova dos Balcáns onde desenterraron o seu cranio. Nesta cova atopáronse cranios con cortes: para algúns significa que lles gustaba a carne humana, outros pensan que se trata de marcas cerimoniais
  19. 19. HOME DE NEANDERTAL Tiñan un cerebro máis grande co noso, pero neste caso, o maior tamaño non significa necesariamente maior intelixencia. Algúns expertos cren que os neandertais necesitaban máis neuronas para coordinar a súa masa corporal extra. Tal vez non usaban unha linguaxe tan completa coma a nosa, pero podían comunicarse entre si.
  20. 20. HOME DE NEANDERTAL Os Neandertais obrigaban aos uros, especie extinguida de bóvidos xigantes, a dirixirse ás ciénagas antes de rodealos e matalos.
  21. 21. HOME DE NEANDERTAL Algúns estudosos compararon as lesións dos neandertais cas das poboacións modernas, e , ao parecer, son os xinetes de rodeo quen sofren traumatismos similares en cabeza e pescozo. Parece que eran incapaces de concibir proxectiles. Clavar as lanzas en lugar de lanzalas poñía aos cazadores nunha situación perigosa.
  22. 22. HOME DE NEANDERTAL Catro dos seis esqueletos de neandertais adultos atopados nunha cova en Irak, presentan deformacións por enfermidades ou lesións. Un individuo, chamado Shanidar I sufriu feridas por aplastamento na perna, o nocello e o pe dereitos, un golpe no cranio que probablemente o deixou cego dun ollo, e a amputación do brazo dereito por riba do cóbado. Todas as feridas amosan signos de curación, o que indicaba que o grupo alimentaba, protexía e axudaba aos enfermos ou lisiados.
  23. 23. HOME DE NEANDERTAL Os enterros supoñen outro fito na historia da humanidade: un sentido da inmortalidade. A persoa máis anciá de Shanidar viviu uns 45 anos. A maioría dos neandertais non acadaban os 30.
  24. 24. HOME DE NEANDERTAL Tal vez neandertais e humanos modernos viviron xuntos durante decenas de miles de anos. Fai uns 50.000 anos, apareceron follas máis delgadas e armas arroxadizas, novas tecnoloxías asociadas aos humanos modernos. Pode ser que houbera unha mutación (quizais novas conexións neurolóxicas) nos cerebros dun grupo de humanos anatomicamente modernos, que vivían en África ou Oriente Medio.
  25. 25. HOME DE NEANDERTAL Non sabemos por que desapareceron os neandertais. Arredor de 10.000 anos despois da chegada dos homes modernos a Europa, acaba todo indicio de vida neandertal. É posible que os humanos modernos conquistaran e destruíran aos neandertais. Pode ser que aqueles introduciran novas enfermidades mortais. Quizá houbo un cruce entre ambos. Ou ben extinguíronse lentamente, incapaces de competir cuns humanos máis adaptables ao medio.
  26. 26. HOME DE NEANDERTAL Hoxe en día podemos descartar unha das hipóteses anteriores. Moi recentemente, un grupo de científicos españois secuenciaron o primeiro ADN mitocondrial de restos neandertais na península ibérica, de 43.000 anos de idade, achados no xacemento asturiano de El Sidrón. O traballo conclúe que non houbo intercambio entre neandertais e sapiens, xa que ningún europeo ten nada no seu ADN que sexa parecido ao destes.
  27. 27. HOME DE NEANDERTAL Unha exposición no Museo Neandertal de Erkrath, Alemania, rende honras ao Neandertal.
  28. 28. HOME DE NEANDERTAL A península Ibérica (Xibraltar), quizais foi o último refuxio dos Neandertais. Non se aventuraron máis alá, aínda que África estea a uns poucos kms. ao outro lado do Estreito. Este é un máis dos misterios dos neandertais xa que, naquelas datas, os humanos cruzaban no resto do mundo distancias acuáticas moito maiores. Tal vez non eran curiosos? O que podemos afirmar é que, durante máis de 200.000 anos os neandertais adaptáronse a un mundo duro e desafiante. Poderemos nós dicir o mesmo?
  29. 29. HOMO SAPIENS
  30. 30. HOMO SAPIENS A hipótese máis sostida hoxe en día afirma que os humanos modernos surdiron en África fai uns 500.000 anos, e dende alí, expandíronse polo mundo. Os restos máis antigos, atopados no Lago Turkana, Kenia, pertencen a un Homo sapiens arcaico que viviu fai 270.000 anos. Outros fósiles máis recientes son os achados en Etiopía (uns 200.000 anos), Sudáfrica e Israel (duns 100.000 a 90.000 anos de antigüidade)
  31. 31. HOMO SAPIENS Naquela época, o norte de Europa, Siberia, Australia e toda América estaban deshabitadas. O Homo sapiens ocupaba boa parte do continente africano, os neandertais (especie autóctona europea) estendíanse desde a Península Ibérica ata Uzbekistán, Asia Central, e no sudeste asiático vivía o primitivo Homo Erectus, cuxo representante máis importante é o home de Xava. A esquerda, esqueleto de cromagnon atopado na República checa.
  32. 32. HOMO FLORESIENSES Un descendente do home de Xava, o Homo floresienses, evolucionou dunha forma moi particular na pequena illa Indonesia de Flores, fai 18.000 anos. Tiña unha altura aproximada de case 1 m., e un peso duns 25 kg. Tiña brazos relativamente largos e un cerebro pequeno, 380 cm3, fronte aos nosos 1600. Coñecía o lume e usaba ferramentas de pedra. De feito, unha análise da superficie interior do seu cranio, descuberto en 2003, pon de manifesto que posuía un cerebro complexo, creativo e innovador, capaz, por exemplo, de realizar ferramentas líticas complexas.
  33. 33. HOMO SAPIENSpoboacións eran moi As tres primitivas en canto a ferramentas, conduta, e limitada capacidade de innovación. Nada facía pensar que ningunha se impuxera sobre as demais. Pero nalgún momento da última glaciación, o desexo de expansión apoderouse do Homo sapiens e abandonou o seu berce africano. Fai 40.000 anos estendeuse por Eurasia. Moitos autores sosteñen que incluso chegou a Australia antes, fai máis de 50.000 anos. Pero o que é seguro é que tiveron que utilizar algún tipo de embarcación para atravesar os 100 km que separaban Australia e Asia. Estes individuos similares a nós, son coñecidos como Home de Cro-Magnon.
  34. 34. HOMO SAPIENS Co Homo sapiens, a tecnoloxía acadou o seu máximo expoñente, cunha extensa variedade de instrumentos, moi especializados, fabricados con tal mestría que, a igualdade de peso, eran dez veces máis afiados cos anteriores. Por primeira vez, tállase o oso, a cornamenta e o marfil e combínanse diferentes materiais para fabricar utensilios máis eficaces.
  35. 35. HOMO SAPIENS Arriba observamos a fabricación basta de machadas de pedra correspondentes aos H. Erectus. Máis abaixo aparece a máis mellorada i eficiente tecnoloxía Neandertal. Na anterior diapositiva aparece unha elaboración moito máis complexa, que require de varias ferramentas. As súas machadas eran cómodas de manexar, de corte limpo, lixeiras... O tempo de preparación oscilaba entre 1 hora e 2 semanas. Aparece, así, a especialización.
  36. 36. HOMO SAPIENS Os cromagnons inventaron armas de caza e artes de pesca que permitían cobrar todo tipo de pezas a distancia e, polo tanto, con maior seguridade. O home converteuse, así, nun eficaz depredador. A extinción de moitos animais que sobreviviran a anteriores glaciacións puido ser causada, en boa parte, pola actividade cinexética do ser humano. Así, desapareceu o mamut, os grandes búfalos, os canguros xigantes... Arriba, arroxa-lanzas, abaixo, punta de lanza separable en tres segmentos.
  37. 37. HOMO SAPIENS A mellor adaptación ao medio permitiu a expansión demográfica dos cromagnons e a súa expansión polos cinco continentes. A colonización das xélidas Rusia e Siberia foi posible grazas ao invento da agulla, a construción de cabanas con osos e cabeiros de mamut cubertos con pel de animais, e cun lugar especial para o lume... Cara o nordeste, a emersión do estreito de Bering dou acceso a unha América deshabitada. Fai uns 27.000 anos, o home chegou a Alaska e, en apenas dous milenios, acadou a Tierra del Fuego.
  38. 38. A EVA DE ÉBANO Os estudios xenéticos parecen confirmar a evidencia fósil sobre a orixe africana da humanidade. En 1987 publicouse un traballo comparativo do ADNmt, presente nas mitocondrias –as fábricas de enerxía no interior das células, que se transmiten de nais a fillos-, de 147 persoas pertencentes a cinco poboacións xeográficas de África, Asia, Australia, Nova Guinea e Europa. A conclusión foi que os humanos temos unha orixe africana feminina común datado datado nuns 200.000 anos: a Eva negra ou Eva mitocondrial.
  39. 39. RETRATO DE FAMILIA

×