Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Xéneros%20menores.[1]

1,538 views

Published on

Published in: Education
• Be the first to comment

Xéneros%20menores.[1]

1. 2.

A pastorela é un xénero de orixe provenzal que glosa o encontro entre un cabaleiro e unha pastora nun ambiente bucólico (a primavera e o campo).

Conservamos 8 textos con estrutura semellante:

Comezo narrativo que explica o encontro.

Establecemento dun diálogo

Aceptación ou rexeitamento final da pastora.

Estes textos considéranse xéneros híbridos ou contaminados:

Temas e léxico comúns á cantiga de amigo.

Recursos e punto de vista masculino igual que a cantiga de amor.

Carácter narrativo igual que a cantiga de escarnio.

A marca definidora de xénero será a palabra PASTOR , que aparece nos primeiros versos.

PASTORELA
2. 3.

O sirventés moral adoita incluírse na cantiga de escarnio e maldicir, pero non ten finalidade burlesca nin é un ataque persoal.

Expresa:

un rexeitamento radical pola marcha do mundo e lamenta a dexeneración e corrupción dos costumes en que cae a sociedade da época.

a desaparición de virtudes ou valores específicos: a verdade, o amor, etc.

Deixan un pouso de melancolía e amargura.

Os autores demostran refinamento e erudición, varios deles son do ámbito eclesiástico.

SIRVENTÉS
3. 4. O lai : conservamos 5 textos transmitidos polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa que coñecemos como “ lais de Bretaña ”, que traducen libremente ao galego-portugués poemas franceses incluídos no Libro de Tristán . A temática é amorosa e as voces líricas son os personaxes do ciclo artúrico. LAI
4. 5.

O pranto : son lamentos fúnebres, a súa orixe remóntase ao planctus latino e ao planh provenzal.

Segue un esquema moi ríxido coas seguintes partes:

Invitación ao lamento pola perda do defunto.

Eloxio hiperbólico das virtudes do defunto.

Enumeración dos que choran a súa perda.

Oración pola alma do falecido.

Breve loanza final ao sucesor.

En galego-portugués conservamos só 5 textos; catro de Pero da Ponte e unha dun xograr leonés. A escaseza pode deberse á prohibición da igrexa das manifestacións de dor nas honras fúnebres.

PRANTO
5. 6.

A tenzón é unha composición dialogada , na que interveñen dúas voces que van defendendo, de estrofa en estrofa e/ou de fiinda en fiinda, a súa posición sobre un tema.

O autor da primeira cobra, o retador, establece o tipo de estrofa, as medidas dos versos e o esquema de rima que o outro debe seguir.

O interlocutor retoma o tema e os trazos formais da primeira cobra e constrúe a súa réplica.

Os temas máis comúns son semellantes aos das cantigas de burla pero con series léxicas propias:

Aldraxes de xograres.

Afirmacións presuntuosas dos trobadores.

Censuras de distintas persoas.

Cando os textos dialogados debaten algún punto relativo ao tema do amor cortés chamámoslle PARTIMEN ou JOI-PARTIT , conservamos 2 textos.

TENZÓN
6. 7. O descordo provén do descort provenzal. Formalmente, presenta isometría estrófica. Polo tema, podemos dicir que é unha variedade da cantiga de amor, na que o trobador expresa a turbación interior froito dun sufrimento desesperado. Na nosa tradición literaria só o texto de Nuno Eanes Cerzeo “ Agora me quero eu ja espedir” se axusta ás características do descordo. DESCORDO
7. 8.

A cantiga de seguir é un xénero popular que segue o modelo doutro texto.

E pode facelo de tres maneiras:

Seguir a melodía e estrutura silábica doutra composición.

Seguir os versos , as rimas , a estrutura métrico-estrófica e a música do modelo.

Seguir as palabras da composición orixinal, pero cun significado diferente.

Para captar o sentido mimético e paródico, a composición orixinal debe ser coñecida polo público. Este carácter humorístico fai que, tematicamente, as relacionemos coas cantigas de escarnio.

CANTIGA DE SEGUIR