Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Prosa medieval

2,519 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Prosa medieval

  1. 1. PROSAMEDIEVAL
  2. 2. INTRODUCIÓNA prosa literaria galego-portuguesa é máis escasa, serodia e menosorixinal que a lírica. Os primeiros textos datan do XIII e foron versión detextos bíblicos con afán divulgativo ou escritos de tipo notarial.A prosa literaria aparecerá máis tarde, cara finais do XIII, e claramentevinculada ás cortes reais, que exerceron de mecenas para copiar, traducirou versionar textos inspirados na cabalería feudal ou cristiá.Falaremsos de catro tipos de prosa: LITERARIA, HISTÓRICA,HAXIOGRÁFICA e TABELIONÍCA.
  3. 3. PROSA LITERARIA CICLO DA MATERIA DE BRETAÑAAs lendas bretonas xiran arredor da figura do mítico rei Artur e os Cabaleiros da TáboaRedonda. Conservamos fragmentos de: Libro de Xosé de Arimatea: historia do xudeu que recolle o sangue de Cristo nunhacunca, o Santo Grial, caliz empregado na última cea. Libro de Merlín: Fragmento que conta as profecías do mago anunciando os tempos docabaleiro predestinado ao rescate do Grial. A Demanda do Santo Grial: narra as aventuras dos cabaleiros do rei Arturo, Perceval,Galaaz e Boor, que saen na busca do Grial. Libro de Tristán e Isolda: fragmento que narra os amores tráxicos dos amantes. segue
  4. 4. PROSA LITERARIA MATERIA DE TROIAA guerra de Trioa tivo tamén grande éxito na Europa do século XII como materia narrativaa través das falsas traducións. Nelas inspirouse Benoît de Sainte-Maure cara 1165 par acompoñer Le Roman de Troie, que dará lugar as versións medievais europeas.As traducións realizáronse en Betanzos o Pontedeume por mandato do conde FernánPérez de Andrade. Crónica troiana: Tradución do castelán rematada en 1373. Historia Troiana: Tradución do castelán de final do XIV.
  5. 5. PROSA HISTÓRICANa historiografía galega consérvanse textos que tiñan carácter propagandístico. Crónica Xeral Galega: Tradución da castelán Cronica General de Castilla.General Estoria: É unha versión galega da castelá de Afonso X, na que se narra ahistoria dende a aparición do home ata a era do monarca. Crónica do Mouro RasísCrónica Galega de 1404: Escrita orixinalmente en galego.Crónica de Santa María de Iria: Obra do XV, feita por Rui Vasques.
  6. 6. PROSA HAXIOGRÁFICASon textos que tratan do culto, vida e milagres dos santos, de gran tradición desde oscomezos do cristianismo. Conservamos algúns na prosa galego-portuguesa: Os Milagres de Santiago: Tradución incompleta do Códice Calixtino, manuscritolatino do XII, redactada a finais do XIV ou comezos do XV por tres escribas difetentes.Vida de Barlaan e Josafat: Atribuído a Hilario Lurinhã; é do séc. XIV. Adaptacióncristiá da vida de Buda.
  7. 7. PROSA TABELIÓNICAAgrupamos aquí escritos variados pero con finalidade sempre utilitaria:1. TEXTOS XURÍDICOS: O galego foi empregado con normalidade na documentación pública e privada nos séculos XIV e XV. Conservamos: a) Livro da Teença do Orreo (1438) b) Regra da Confraría de Santa Tegra da Guarda (comezos XVI) c) Livro dos Cambeadores de Santiago e Ordenanzas dos Acibecheiros de Santiago d) As Sete Partidas de Afonso X, fragmentos de tradución galega e portuguesa2. TEXTOS DIDÁCTICOS:Tratado de Albeitaría, tratado sobre a cura de cabalos.3. OUTROS TEXTOS: Fragmentos da Arte de Trobar, traducións da Biblia, entre outros.

×