Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

EXPERIMENTOS

1,579 views

Published on

Presentación dos experimentos CEIP Cespón

Published in: Business
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

EXPERIMENTOS

  1. 1. Biblioteca Avelaiona Luíña Curso 2013/2014
  2. 2. CURSOS: experimento realizado co 3º ciclo de primaria. MATERIAIS: -Vaso de precipitados -Mel -Aceite -Moeda de 1 € -Auga -Uva -Cortiza PROCESO: vertemos con coidado no vaso de precipitados, e por esta orde, unha capa de mel, outra de aceite e outra de auga. Deixamos repousar ata que se estabilizan. A continuación deixamos caer unha uva e observamos que pasa. Despois deixamos caer unha cortiza e voltamos a fixarnos. SINXELA EXPLICACIÓN: dependendo da densidade das substancias, as cousas terán diferente comportamento. Así a moeda afundirá de todo, a uva quedará flotando sobre o mel e a cortiza manterase na superficie da auga.
  3. 3. Proceso realizado polo alumnado de sexto de primaria Tomamos notas agardando a que repousen as substancias. Vertemos as 3 capas no vaso de precipitados.
  4. 4. Introducimos a moeda, a uva e a cortiza, pouco a pouco. Iremos observando o que acontece, tomando nota e tirando conclusións.
  5. 5. O alumnado de quinto realiza o mesmo experimento
  6. 6. CURSOS: experimento realizado co 2º ciclo de primaria. MATERIAIS: -Probeta -Culleriña -Funil -Vinagre -Bicarbonato -Globo PROCESO: vertemos vinagre nunha probeta. Coa axuda da culleriña e do funil, vertemos bicarbonato dentro do globo. Colocamos a boca do globo na boca da probeta e vertemos o bicarbonato do globo dentro da probeta. O globo ínflase. SINXELA EXPLICACIÓN: o bicarbonato reacciona co vinagre, dando lugar a auga e unha sal (que queda disolta na auga). Neste proceso despréndese dióxido de carbono, que é o que infla o globo.
  7. 7. Proceso realizado polo alumnado de terceiro de primaria Vertemos vinagre na probeta. Coa axuda do funil botamos bicarbonato dentro do globo.
  8. 8. Colocamos a boca do globo rodeando a da probeta e levantamos o globo, vertendo o bicarbonato dentro da probeta.. Prodúcese unha reacción química que desprende dióxido de carbono, enchendo o globo. Neste primeiro intento, o globo explotou, provocando as risas do alumnado.
  9. 9. O alumnado de cuarto realiza o mesmo experimento
  10. 10. O alumnado vai tomando nota de todo o proceso nunha ficha.
  11. 11. CURSOS: experimento realizado co 1º ciclo de primaria e infantil. MATERIAIS: -Matraz Erlenmeyer -Funil -Vaso de precipitados -Auga temperada -Colorante alimenticio vermello -Vinagre -Bicarbonato -Plastilina PROCESO: construímos un volcán rodeando de plastilina o matraz. Vertemos diluíndo auga temperada, bicarbonato e colorante alimentario vermello no vaso de precipitados. Poñemos o funil no “volcán” e vertemos esa disolución. Por último engadimos o vinagre no volcán, que ao reaccionar desprende burbullas vermellas, simulando a lava. SINXELA EXPLICACIÓN: o bicarbonato reacciona co vinagre, dando lugar a auga e unha sal (que queda disolta na auga). Esta reacción crea burbullas que saen pola boca do volcán ao exterior.
  12. 12. Proceso realizado polo alumnado de primeiro ciclo de primaria Construímos o volcán con plastilina sobre un matraz. Mesturamos auga temperada, bicarbonato e colorante alimentario.
  13. 13. Alumnado de 2º realizando o experimento.
  14. 14. Botamos vinagre no matraz. Tras xuntar todo, prodúcese a “erupción” do noso volcán, saíndo lava vermella.
  15. 15. O alumnado de infantil realiza o mesmo experimento
  16. 16. CURSOS: experimento realizado co 1º ciclo de primaria e infantil. MATERIAIS: -2 matraces Erlenmeyer -Caraveis brancos -Auga -Colorante alimenticio amarelo e azul -Coitelo PROCESO: mesturamos auga con colorante alimentario azul nun matraz e auga con colorante alimentario amarelo no outro. Cortamos algo o talo dos caraveis e poñemos 3 caraveis brancos en cada matraz. Deixamos os caraveis na auga durante 1 día. Observamos o resultado. SINXELA EXPLICACIÓN: os caraveis absorben auga con colorante, que chega ás follas. Estas quedan tinguidas de amarelo-azul (segundo a cor do colorante).
  17. 17. Proceso realizado polo alumnado de primeiro ciclo de primaria Prepárase a mestura de auga e colorante nos matraces. Cortamos algo o talo dos caraveis e poñemos 3 en cada matraz.
  18. 18. Tras agardar un día...
  19. 19. E da man de Luíña “viviremos a Ciencia” Seguiremos realizando experimentos ao longo do curso

×