Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
200 anos da  Guerra da Independencia   en Galicia 1808-2008 Presentación confeccionada a partir de información compilada p...
Manuel Godoy (Goya) O 27 de outubro de 1807 Manuel Godoy, primeiro ministro do rei Carlos IV, asinou o  Tratado de Fontain...
Proclamación de Fernando VII  na Praza Maior de Madrid Motín de Aranjuez Instigado polo herdeiro da Coroa, o príncipe Fern...
Carlos IV (Bayeu) Os franceses ocuparon Madrid o día 23, con grande entusiasmo do pobo que os cría aliados.  Malia as prom...
Napoleón (Louis David) O 10 de abril Fernando marchou a Baiona coa intención de obter o apoio de Napoleón fronte ao seu pa...
Xosé Bonaparte O 6 de xullo o novo rei promulgou o  Estatuto de Baiona , redactado por un grupo de colaboracionistas, no q...
Murat (François Gérard) Combates fronte o Pazo Real e no Paseo de El Prado de Madrid  (T.L. Enguidanos) Mentres, o 2 de ma...
O dous de maio ou a carga dos mamelucos na Porta do Sol (Francisco de Goya) As protestas desembocaron nunha cruel batalla ...
Malasaña loita con un coraceiro francés sobre o corpo da súa filla Manuela (E. Álvarez Dumont) No enfrontamento participar...
Un dos lugares onde a loita resultou máis dura foi o parque de artillería de Monteleón, onde os capitáns Luis Daoiz e Pedr...
A  represión da sublevación foi brutal.  O 3 de maio 43 persoas foron fusiladas por orde de Murat no lugar da Moncloa, ás ...
Pazo da Capitanía Xeral de A Coruña Acaudillada polo fabricante de selas de montar, Sinforiano López, a sublevación antifr...
Rendición do xeneral Dupont ao xeneral Castaños tras a batalla de Bailén (José Casado del Alisal) A derrota do xeneral Dup...
Carga dun rexemento de dragóns británicos Sir John Moore (Thomas Lawrence) Atendendo a petición dos comisionados españois,...
Retirada da Brigada Lixeira do Brigadier Craufurd co 95 rexemento de rifles e os 43 e 52 de infantería lixeira  (J.P. Bead...
Sir John Moore (Thomas Lawrence) Xeneral Baird Xeneral Paget Ao chegar Á Coruña, Moore tivo que agardar pola maior parte d...
Mariscal Soult (Louis Henri de Rudder) Xeneral Lefebvre-Desnouettes Xeneral Franceschi Despois de saquear brutalmente Beta...
Na tarde do día 16 de xaneiro, temendo o embarque inglés, Soult ordenou o ataque.
Dragóns franceses e infantería francesa e inglesa en combate
O 42 de Highlanders loitando en Elviña Fusileiros dos rexementos 60 e 95
Moore cae ferido de morte na batalla da Coruña A aldea de Elviña foi tomada varias veces por ambos os dous bandos, que pro...
Moore foi trasladado á cidade, e aloxado no nº 16 do Cantón Grande, onde faleceu. Para non prexudicar o ánimo das tropas, ...
Despois dunha dura xornada de combate, con cerca de 900 baixas por cada bando, o resultado da batalla ficou indeciso. O ex...
Seguindo as instrucións de Moore, o xeneral Hope, ordenou o embarque, tras entregar a cidade ao xeneral español Alcedo.  C...
Arsenal de Ferrol Despois do embarque dos británicos, o xeneral Alcedo entregou A Coruña sen loitar. Entón, as tropas fran...
José de Mazarredo Navío español de tres pontes entrando en Ferrol (Aledo) En Ferrol achábanse once navíos, catro fragatas ...
Tras a ocupación das principais cidades de Galicia, Soult partiu á conquista de Portugal, no entanto Ney encargábase da re...
Pedro Caro Sureda, Marqués de la Romana Mentres o Marqués de la Romana mantiña os restos do exército de Galicia nas montañ...
Infantes de marina e tripulantes da Royal Navy (Haythornewaite e Younghusband) Despois da retirada de Moore, a mariña brit...
Chafarotes (Cutlass) Fusiles (muskets) Ademais de diñeiro, o goberno británico proporcionou uniformes e armas, sobre todo,...
Vista de Vigo no século XIX Fragata británica Coa axuda de dúas fragatas inglesas o cura de Valadares logrou cercar a guar...
Guerrilleiro galego de 1809 (Isidoro Brocos ) Guerrilleiro facendo a descuberta (Díaz) As guerrillas galegas foron gañando...
Recollendo as súas tropas da Coruña e Ferrol, o mariscal Ney tratou de reconquistar Vigo. En Pontesampaio, o exército espa...
Mariscal Ney (Eugène Bataille ) Monumento aos heroes da Batalla de Pontesampaio (Pontevedra) Despois da batalla de Pontesa...
Como responsable das atrocidades cometidas contra a poboación civil, a xenreira contra Ney perdurará durante longo tempo. ...
1.- Coronel de Estado Maior.  2.- Cabo de Alarmas Galegas.  3.- Artilleiro das Alarmas Galegas. A loita contra os francese...
Lord Wellington (Thomas Lawrence) A insurrección galega impediu que Ney apoiara a Soult no seu intento de conquistar Portu...
Na guerra participarán persoas de toda idade e condición.  Unha parte do clero loitará a carón de soldados e paisanos nas ...
Fame en Madrid (José Aparicio ) A guerra tivo efectos desastrosos sobre a poboación civil. Ademais dos saqueos e asasinato...
Los desastres de la Guerra (Goya) As mulleres participaron na loita contra a invasión, chegando en ocasións a combater. As...
O xuramento das Cortes de Cádiz (José Casado del Alisal) As Cortes reunidas en Cádiz  redactaron e promulgaron o 19 de mar...
Fernández de Moratín (Goya) Meléndez Valdés Francisco Cabarrús (Goya) A retirada dos exércitos napoleónicos de España supu...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

1,172 views

Published on

Published in: Education
  • Be the first to comment

200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

  1. 1. 200 anos da Guerra da Independencia en Galicia 1808-2008 Presentación confeccionada a partir de información compilada polos alumnos de 4º da ESO
  2. 2. Manuel Godoy (Goya) O 27 de outubro de 1807 Manuel Godoy, primeiro ministro do rei Carlos IV, asinou o Tratado de Fontainebleau polo que España e Francia decidían a ocupación e partición de Portugal, no caso de que Lisboa non aceptase o ultimato de abandonar a súa alianza con Gran Bretaña. O tratado permitía a entrada en España de 40.000 soldados, pero ao abeiro deste tratado 100.000 franceses pasaron a fronteira procedendo a ocupar boa parte dos lugares estratéxicos do país.
  3. 3. Proclamación de Fernando VII na Praza Maior de Madrid Motín de Aranjuez Instigado polo herdeiro da Coroa, o príncipe Fernando, o 17 e o 19 de marzo de 1808 produciuse o motín de Aranjuez, que provocou a caída e prisión de Godoy. O rei Carlos IV abdicou a prol do seu fillo Fernando, que foi proclamado rei de España, coas tropas francesas a piques de entrar en Madrid.
  4. 4. Carlos IV (Bayeu) Os franceses ocuparon Madrid o día 23, con grande entusiasmo do pobo que os cría aliados. Malia as promesas que lle fixera o embaixador Beauharnais, Fernando non obtivo o recoñecemento do xeneral francés, Murat, polo que seu pai revocou a súa abdicación. Fernando VII (Goya)
  5. 5. Napoleón (Louis David) O 10 de abril Fernando marchou a Baiona coa intención de obter o apoio de Napoleón fronte ao seu pai, pero este obrigouno a devolverlle a coroa o 1 de maio. Despois, Carlos IV será forzado a ceder todos os seus dereitos ao emperador de Francia. O 4 de xuño Napoleón proclamou rei de España ao seu irmán Xosé.
  6. 6. Xosé Bonaparte O 6 de xullo o novo rei promulgou o Estatuto de Baiona , redactado por un grupo de colaboracionistas, no que presuntamente concedía algunhas liberdades aos españois. Malia esta exhibición de boas intencións e de pretender instaurar medidas reformistas como a abolición da Inquisición e da tortura ou dos dereitos señoriais, e a igualdade ante a lei para todos os cidadáns, o novo monarca carecerá de autoridade real fronte aos mariscais do exército do seu irmán. O seu reinado será pouco máis que a fachada propagandística dunha ocupación, que suporá o saqueo do país e o asasinato brutal de gran número dos seus súbditos. O propio estatuto de Baiona establecía unha supeditación perpetua de España a Francia.
  7. 7. Murat (François Gérard) Combates fronte o Pazo Real e no Paseo de El Prado de Madrid (T.L. Enguidanos) Mentres, o 2 de maio, ante a noticia de que o último membro da familia real española ía ser conducido a Francia, comezara unha protesta que as tropas de Murat reprimiron cunha descarga de fusilería contra a multitude.
  8. 8. O dous de maio ou a carga dos mamelucos na Porta do Sol (Francisco de Goya) As protestas desembocaron nunha cruel batalla entre as tropas do exército francés e os madrileños, mentres que a maior parte das autoridades españolas permanecían inactivas. Os combates máis violentos terán lugar na “Calle de Alcalá”, na “Carrera de San Jerónimo” e na “Puerta do Sol”. Entre os soldados que combatían no exército de Napoleón, encontrábanse os mamelucos, xinetes exipcios, pero había tamén numerosos italianos, alemáns ou polacos.
  9. 9. Malasaña loita con un coraceiro francés sobre o corpo da súa filla Manuela (E. Álvarez Dumont) No enfrontamento participaron persoas de todos os grupos sociais. Algunhas mulleres chegaron a guindar macetas ou aceite fervendo polas ventás. Entre as heroínas do día destacou Manuela Malasaña, quen morreu na loita. O Conde de Toreno, presente en Madrid ese día, calcula que as baixas de ambos os dous bandos sumaron aproximadamente 1.200 mortos.
  10. 10. Un dos lugares onde a loita resultou máis dura foi o parque de artillería de Monteleón, onde os capitáns Luis Daoiz e Pedro Velarde e o tenente Ruiz, axudados por numerosos paisanos, loitaron ata a morte contra os invasores. Defensa do parque de Monteleón (Sorolla)
  11. 11. A represión da sublevación foi brutal. O 3 de maio 43 persoas foron fusiladas por orde de Murat no lugar da Moncloa, ás aforas de Madrid. Entre eles o frade Francisco Gallego, que aparece no cadro pintado por Goya. Só un dos condenados logrou fuxir . Os fusilamentos da Moncloa (Goya)
  12. 12. Pazo da Capitanía Xeral de A Coruña Acaudillada polo fabricante de selas de montar, Sinforiano López, a sublevación antifrancesa do 30 de maio na Coruña, dará paso a formación dunha Xunta de Defensa, que enviará embaixadores a Londres na procura de axuda económica e militar. Como consecuencia, formarase o Exército de Galicia, que partirá a combater en León e en Castela.
  13. 13. Rendición do xeneral Dupont ao xeneral Castaños tras a batalla de Bailén (José Casado del Alisal) A derrota do xeneral Dupont polo español Castaños na batalla de Bailén (19 de agosto de 1808) provocou que os franceses abandonaran os cercos de Zaragoza e Xerona e, asemade, fuxida de Madrid de Xosé Bonaparte. Foi a primeira derrota do exército francés nunha batalla a campo aberto e acabou coa lenda de ser invencible. En novembro, Napoleón, co mellor das súas tropas, invadiu por segunda vez España.
  14. 14. Carga dun rexemento de dragóns británicos Sir John Moore (Thomas Lawrence) Atendendo a petición dos comisionados españois, o goberno británico enviara á Península un exército de 30.000 homes mandado por Sir John Moore, pero debido á súa inferioridade numérica, o 31 de decembro, decidiu retirarse á Coruña e Vigo para reembarcar cara a Inglaterra.
  15. 15. Retirada da Brigada Lixeira do Brigadier Craufurd co 95 rexemento de rifles e os 43 e 52 de infantería lixeira (J.P. Beadle) A retirada baixo a chuvia e a neve a través das montañas de León e de Lugo, resultou moi penosa, tanto para o exército británico como para os seus aliados españois. Perseguidos polas tropas francesas dos mariscais Soult e Ney, os ingleses cometeron actos de indisciplina e saqueo, chegando o día 5 de xaneiro a Lugo. Tras un amago de combate, retiráronse durante a noite cara a Betanzos.
  16. 16. Sir John Moore (Thomas Lawrence) Xeneral Baird Xeneral Paget Ao chegar Á Coruña, Moore tivo que agardar pola maior parte da flota, que viña de Vigo, e atopara un temporal no Cabo Fisterra. Dispuxo parte do seu exército sobre o terreo para protexer o embarque, mentres os coruñeses lle proporcionaban aloxamento, comida, fusiles novos e pólvora seca.
  17. 17. Mariscal Soult (Louis Henri de Rudder) Xeneral Lefebvre-Desnouettes Xeneral Franceschi Despois de saquear brutalmente Betanzos, as tropas francesas de Soult, chegaron ás aforas da Coruña na tarde do 15 de xaneiro.
  18. 18. Na tarde do día 16 de xaneiro, temendo o embarque inglés, Soult ordenou o ataque.
  19. 19. Dragóns franceses e infantería francesa e inglesa en combate
  20. 20. O 42 de Highlanders loitando en Elviña Fusileiros dos rexementos 60 e 95
  21. 21. Moore cae ferido de morte na batalla da Coruña A aldea de Elviña foi tomada varias veces por ambos os dous bandos, que protagonizaron unha loita encarnizada con sensibles perdas, caendo no combate o propio sir John Moore e o xeneral francés Goulois. Ademais resultaron gravemente feridos o segundo xefe inglés, Baird, e o xeneral francés Lefebvre.
  22. 22. Moore foi trasladado á cidade, e aloxado no nº 16 do Cantón Grande, onde faleceu. Para non prexudicar o ánimo das tropas, será enterrado durante a noite.
  23. 23. Despois dunha dura xornada de combate, con cerca de 900 baixas por cada bando, o resultado da batalla ficou indeciso. O exército francés na batalla de Elviña (H. Lecomte)
  24. 24. Seguindo as instrucións de Moore, o xeneral Hope, ordenou o embarque, tras entregar a cidade ao xeneral español Alcedo. Cando os franceses se decataron da retirada, bombardearon a flota británica, malia o cal, a meirande parte dos barcos lograron regresar a Inglaterra baixo o mando do vicealmirante Berkeley, no que constituíu a máis grande operación anfibia que se realizara ata entón. George Cranfield Berkeley (1753-1818) Explosión dos depósitos de pólvora da Coruña. (gravado sobre un deseño de sir Robert Ker Porter)
  25. 25. Arsenal de Ferrol Despois do embarque dos británicos, o xeneral Alcedo entregou A Coruña sen loitar. Entón, as tropas francesas dirixíronse a Ferrol para apoderarense do arsenal e da parte da flota española, alí ancorada. Pese ao desexo do pobo de Ferrol de combater, as autoridades decidiron renderse despois dunha resistencia de catro días.
  26. 26. José de Mazarredo Navío español de tres pontes entrando en Ferrol (Aledo) En Ferrol achábanse once navíos, catro fragatas e outros buques menores, que estiveron a piques de ser trasladados a Francia. O almirante Mazarredo, que se pasara ao partido dos franceses, logrou con todo que a maior parte dos barcos non saíran do porto.
  27. 27. Tras a ocupación das principais cidades de Galicia, Soult partiu á conquista de Portugal, no entanto Ney encargábase da represión dos insurxentes. Entre as localidades destruídas ou saqueadas estiveron Monforte, Muros, Corcubión, Betanzos e Verín.
  28. 28. Pedro Caro Sureda, Marqués de la Romana Mentres o Marqués de la Romana mantiña os restos do exército de Galicia nas montañas de Ourense, evitando unha batalla en campo aberto que acabaría con el, alentaba a loita das guerrillas contra os franceses. Para isto, enviou algúns oficiais de enlace a diferentes zonas de Galicia.
  29. 29. Infantes de marina e tripulantes da Royal Navy (Haythornewaite e Younghusband) Despois da retirada de Moore, a mariña británica fixo o posible por apoiar os insurxentes galegos. O seu papel resultou especialmente importante na liberación das Rías Baixas e na fracasada insurrección de Corcubión.
  30. 30. Chafarotes (Cutlass) Fusiles (muskets) Ademais de diñeiro, o goberno británico proporcionou uniformes e armas, sobre todo, fusiles e chafarotes .
  31. 31. Vista de Vigo no século XIX Fragata británica Coa axuda de dúas fragatas inglesas o cura de Valadares logrou cercar a guarnición francesa de Vigo. Máis tarde varios oficiais do exército asumiron o mando lográndose a rendición da praza. Vigo era a primeira cidade de Europa continental que se lle reconquistaba ás tropas de Napoleón.
  32. 32. Guerrilleiro galego de 1809 (Isidoro Brocos ) Guerrilleiro facendo a descuberta (Díaz) As guerrillas galegas foron gañando eficacia conforme pasaba o tempo, especialmente na captura de correos e acoso a columnas de tropas. Acaudilladas xeralmente por curas e fidalgos, lograron que as diversas guarnicións francesas ficaran illadas entre elas e que calquera desprazamento esixira gran cantidade de efectivos para ter éxito .
  33. 33. Recollendo as súas tropas da Coruña e Ferrol, o mariscal Ney tratou de reconquistar Vigo. En Pontesampaio, o exército español, integrado sobre todo por milicias galegas, mandado polo Conde de Noroña, derrotou os franceses que tiveron que dar volta, ao non seren quen de cruzar o río Verdugo .
  34. 34. Mariscal Ney (Eugène Bataille ) Monumento aos heroes da Batalla de Pontesampaio (Pontevedra) Despois da batalla de Pontesampaio, os franceses optaron por retirarse, deixando atrás un gran número de baixas, despois de só seis meses de ocupación. Galicia foi a primeira rexión europea en liberarse dos exércitos napoleónicos.
  35. 35. Como responsable das atrocidades cometidas contra a poboación civil, a xenreira contra Ney perdurará durante longo tempo. Dende aquela quedou en Galicia o costume de poñerlles aos cans o nome deste mariscal . Caricatura na que se critica a actitude servil de Ney respecto de Napoleón
  36. 36. 1.- Coronel de Estado Maior. 2.- Cabo de Alarmas Galegas. 3.- Artilleiro das Alarmas Galegas. A loita contra os franceses no sur de Galicia deu como resultado a organización de varias unidades militares de notable eficacia, como a División do Miño ou o Rexemento de Lobeira.
  37. 37. Lord Wellington (Thomas Lawrence) A insurrección galega impediu que Ney apoiara a Soult no seu intento de conquistar Portugal e permitiu ao xeneralísimo inglés Wellesley (futuro Lord Wellington) reconquistar a cidade do Porto e expulsalo dese país. Wellesley incorporou parte das tropas galegas ao seu exército, chegando a dicir delas ao resto dos seus soldados: “ Guerreiros do mundo civilizado, aprendede a selo dos individuos do IV Exército español que teño a ledicia de mandar [...] Españois dedicádevos a imitar os infatigables galegos”.
  38. 38. Na guerra participarán persoas de toda idade e condición. Unha parte do clero loitará a carón de soldados e paisanos nas situacións máis desesperadas. Mesmo as monxas abrirán as súas clausuras para acoller os feridos na loita en cidades como Madrid ou Xirona. En Galicia, os franciscanos mostraranse particularmente activos no sitio de Vigo. Defensa do convento de Santa Engracia de Zaragoza (Lejeune)
  39. 39. Fame en Madrid (José Aparicio ) A guerra tivo efectos desastrosos sobre a poboación civil. Ademais dos saqueos e asasinatos, a fame afectou de xeito especialmente cruel ás cidades cercadas.
  40. 40. Los desastres de la Guerra (Goya) As mulleres participaron na loita contra a invasión, chegando en ocasións a combater. As violacións e abusos fixeron delas as vítimas máis vulnerables . Durante o ataque dos guerrilleiros a Pontevedra do 28 de febreiro de 1809 un grupo de mulleres do arrabalde da Moureira fixeron retroceder a croiazos a garda francesa que custodiaba a porta da muralla, e asaltaron o seu cuartel no convento de San Domingos, onde colleron un bo número de mochilas e fusiles.
  41. 41. O xuramento das Cortes de Cádiz (José Casado del Alisal) As Cortes reunidas en Cádiz redactaron e promulgaron o 19 de marzo de 1812 a primeira Constitución da Historia de España, na que se recollían os fundamentos esenciais do réxime político liberal: soberanía nacional, división dos poderes do Estado (executivo, lexislativo, xudicial), e dereitos e deberes dos cidadáns (liberdade de opinión, reunión, participación política, etc.) A Guerra da Independencia trouxo consigo o inicio da loita dos españois polos seus dereitos como cidadáns, que se prolongaría de modo sanguento durante boa parte do século XIX.
  42. 42. Fernández de Moratín (Goya) Meléndez Valdés Francisco Cabarrús (Goya) A retirada dos exércitos napoleónicos de España supuxo a saída para o exilio dos españois que colaboraran cos Bonaparte, coñecidos co nome de afrancesados. Calcúlase que o seu número foi duns 14.000. Entre eles contábanse funcionarios, políticos, e escritores como Moratín ou Meléndez Valdés.

×