Celia Díaz Núñez
Onte ovo,
hoxe capuchiño;
mañá voarei
coma un paxariño.
Moitas monxiñas
no seu convento;
visitan flores
e fan doce dentro.
Cucurrico non ten ollos,
nin cu, nin bico.
E os fillos de Cucurrico
teñen ollos,
cu
e bico.
A miña amiga e mais eu
andamos a un compás,
coas pernas para adiante
e os ollos para atrás.
Alto me vexo
no meu capelexo;
por unha risada
perdín a miña anada.
Alta me vexo
no meu lugarexo;
Mouros vexo vir
e non lles podo fuxir.
Levo a casa ao lombo,
ando sen ter unha pata;
vou marcando o pasiño
deixando un camiño de prata.
Un pratiño de abelás,
que acordan pola noite
e déitanse pola mañá.
Unha saba branca
sen algodón
que cobre a terra
toda
Alto Pepiño
redondo molete,
que chova, que neve,
que non se derrete.
Eu son o amo
que manda aquí,
teño unha crencha de cor rubí,
e o neno guapo esperto así:
Qui qui riqui qui!
Vive na montaña,
dúas sílabas ten
e polos dous lados
o mesmo se le.
Verde coma o mato
e mato non é;
fala coa xente
e xente non é.
Que cousa
cousiña é ?
Adiviña, adiviña,
cal é o bicho pequeño
sen óso nin espiña?
Voarei onde me mandes,
sexa onde sexa irei,
aínda que non teña ás,
aínda que non teña pés.
A pesar de ter patas
non me podo mover;
teño ás costas a comida
e non a podo comer.
Cen damas mouras
van polo camiño,
nin erguen po
nin fan bulicio
ata deixar
a carga do trigo.
Dúas torres
altas,
dous miradores,
un espantamoscas
e catro
andadores.
Fume e ruído produce
ao subir, cortando o aire,
pero aínda fai máis barullo
ao final da súa viaxe.
Anda de burato en
burato
coas tripas de
arrastro…
Entre trinta e dúas pezas
brancas
está unha moura encantada;
que chova, que vaia sol,
ela sempre está mollada.
Eran sete irmáns,
moraban sós nunha rúa;
cando un erraba a casa
todos erraban a súa.
Son moi bonito por
diante
e moi feo por atrás;
cambio a cada intre
e arremedo aos demais.
Campo branco,
flores negras,
un arado
e cinco eguas.
Catro monxas
nun convento
onde non entra
nin luz nin vento.
Que é, que é?
Unha cousiña marela
Sen porta nin xanela?
Por sombreiro ten
un sombreiro verde,
saia amarela
que está baixo a terra.
Que dona é ela?
Desde Santiago á Coruña
sen moverse alá chegou;
se choveu, mollouse abondo,
se non, enxoito quedou.
Camiño branco,
verde pradeira,
casa encarnada
e veciñas negras.
Igrexiña pequeniña,
sacristán rebulidor.
Os santiños que están dentro
sonche da mesma color.
Nunha estancia abobedada
onde...
As nosas adiviñas
Creamos, inventamos,
poñemos a proba a nosa
imaxinación...
Un xigante con tres ollos
cada un da súa cor,
ábreos e péchaos lixeiro
e axuda ao condutor.
Un xigante con tres ollos,
que...
1. Eliximos un obxecto común, do noso
contorno habitual.
2. Observámolo como se o vísemos por
primeira vez: a súa forma, c...
Algúns exemplos:
• Imaxinamos un semáforo e buscamos
metáforas ou personificacións para
describilo
1)
Sempre está chiscando os ollos,
cando a rúa vou cruzar...
2)
Sempre está chiscando os ollos,
cando a rúa vou cruzar.
Po...
1)
Unha árbore sen follas...
2)
Unha árbore sen follas,
de luces iluminada...
3)
Unha árbore sen follas,
de luces iluminad...
E agora ti...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Adivinas (2013)

1,002 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,002
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Adivinas (2013)

  1. 1. Celia Díaz Núñez
  2. 2. Onte ovo, hoxe capuchiño; mañá voarei coma un paxariño.
  3. 3. Moitas monxiñas no seu convento; visitan flores e fan doce dentro.
  4. 4. Cucurrico non ten ollos, nin cu, nin bico. E os fillos de Cucurrico teñen ollos, cu e bico.
  5. 5. A miña amiga e mais eu andamos a un compás, coas pernas para adiante e os ollos para atrás.
  6. 6. Alto me vexo no meu capelexo; por unha risada perdín a miña anada.
  7. 7. Alta me vexo no meu lugarexo; Mouros vexo vir e non lles podo fuxir.
  8. 8. Levo a casa ao lombo, ando sen ter unha pata; vou marcando o pasiño deixando un camiño de prata.
  9. 9. Un pratiño de abelás, que acordan pola noite e déitanse pola mañá.
  10. 10. Unha saba branca sen algodón que cobre a terra toda
  11. 11. Alto Pepiño redondo molete, que chova, que neve, que non se derrete.
  12. 12. Eu son o amo que manda aquí, teño unha crencha de cor rubí, e o neno guapo esperto así: Qui qui riqui qui!
  13. 13. Vive na montaña, dúas sílabas ten e polos dous lados o mesmo se le.
  14. 14. Verde coma o mato e mato non é; fala coa xente e xente non é. Que cousa cousiña é ?
  15. 15. Adiviña, adiviña, cal é o bicho pequeño sen óso nin espiña?
  16. 16. Voarei onde me mandes, sexa onde sexa irei, aínda que non teña ás, aínda que non teña pés.
  17. 17. A pesar de ter patas non me podo mover; teño ás costas a comida e non a podo comer.
  18. 18. Cen damas mouras van polo camiño, nin erguen po nin fan bulicio ata deixar a carga do trigo.
  19. 19. Dúas torres altas, dous miradores, un espantamoscas e catro andadores.
  20. 20. Fume e ruído produce ao subir, cortando o aire, pero aínda fai máis barullo ao final da súa viaxe.
  21. 21. Anda de burato en burato coas tripas de arrastro…
  22. 22. Entre trinta e dúas pezas brancas está unha moura encantada; que chova, que vaia sol, ela sempre está mollada.
  23. 23. Eran sete irmáns, moraban sós nunha rúa; cando un erraba a casa todos erraban a súa.
  24. 24. Son moi bonito por diante e moi feo por atrás; cambio a cada intre e arremedo aos demais.
  25. 25. Campo branco, flores negras, un arado e cinco eguas.
  26. 26. Catro monxas nun convento onde non entra nin luz nin vento.
  27. 27. Que é, que é? Unha cousiña marela Sen porta nin xanela?
  28. 28. Por sombreiro ten un sombreiro verde, saia amarela que está baixo a terra. Que dona é ela?
  29. 29. Desde Santiago á Coruña sen moverse alá chegou; se choveu, mollouse abondo, se non, enxoito quedou.
  30. 30. Camiño branco, verde pradeira, casa encarnada e veciñas negras.
  31. 31. Igrexiña pequeniña, sacristán rebulidor. Os santiños que están dentro sonche da mesma color. Nunha estancia abobedada onde o eco se recrea, un batallón de soldados repartidos en dúas reas. Non son máis fortes os machos, que son máis fortes as femias, e, unha muller, entre eles, por faladora, está presa. Entre tellas e tellados, hai unha dama encantada. Que chova, que faga sol, sempre a dama está mollada. Entre moitas pedras brancas, hai unha moura encantada. Que chova, que faga sol, sempre a dama está mollada. Igrexiña pequeniña, abade revolvedor, e todos os seus fregueses Sentadiños arredor. (Xulio Cobas, Adiviñas para xogar)
  32. 32. As nosas adiviñas Creamos, inventamos, poñemos a proba a nosa imaxinación...
  33. 33. Un xigante con tres ollos cada un da súa cor, ábreos e péchaos lixeiro e axuda ao condutor. Un xigante con tres ollos, que sen cesar se iluminan; e os que van pasar a rúa, todos, todiños o miran. Un xigante con tres ollos, Ben espetado no chan que sempre os vai chiscando aos que veñen e aos que van.
  34. 34. 1. Eliximos un obxecto común, do noso contorno habitual. 2. Observámolo como se o vísemos por primeira vez: a súa forma, color, volume, olor, función… Preguntámonos con que outro obxecto o podemos comparar. Deste modo, creamos metáforas, comparacións, personificacións… 3. Elaboramos unha definición dese obxecto mediante estes recursos expresivos e escríbímola en forma de estrofa de 4 versos, con rima nos pares.
  35. 35. Algúns exemplos: • Imaxinamos un semáforo e buscamos metáforas ou personificacións para describilo
  36. 36. 1) Sempre está chiscando os ollos, cando a rúa vou cruzar... 2) Sempre está chiscando os ollos, cando a rúa vou cruzar. Porque el é o meu amigo e axúdame a pasar.
  37. 37. 1) Unha árbore sen follas... 2) Unha árbore sen follas, de luces iluminada... 3) Unha árbore sen follas, de luces iluminada, que a todos nos axuda para cruzar a calzada.
  38. 38. E agora ti...

×